Créditos ECTS Créditos ECTS: 2
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 34 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 8 Total: 50
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Didácticas Aplicadas
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia Educación e Linguas en Galicia pretende introducir o futuro profesorado nos factores sociolingüísticos, psicopedagóxicos e lexislativos que condicionan a práctica educativa nun contexto con dúas linguas oficiais.
De xeito máis específico, os seus obxectivos son os seguintes:
1. Valorar a diversidade lingüística como patrimonio colectivo da humanidade e os esforzos individuais e institucionais para conservala.
2. Tomar conciencia dos factores sociolingüísticos e psicopedagóxicos que se deben ter en conta nun sistema escolar con varias linguas e coñecer os principais modelos de ensino bilingüe ou multilingüe.
3. Coñecer, analizar e valorar os principais indicadores da situación sociolingüística de Galicia e o seu reflexo no ámbito escolar.
4. Coñecer, analizar e valorar o modelo lingüístico escolar de Galicia e os aspectos fundamentais da lexislación que o regula.
5. Comprender a transcendencia da planificación lingüística no sistema educativo galego e ser quen de participar con criterio na elaboración do Proxecto Lingüístico de Centro.
TEMA 1: Unidade e diversidade lingüística nun mundo global. A Unión Europea e as linguas. Dimensión social e educativa do multilingüismo e do plurilingüismo.
TEMA 2: A planificación lingüística escolar en contextos multilingües. Modelos de ensino bilingüe ou multilingüe.
TEMA 3: A situación sociolingüística de Galicia: indicadores cuantitativos e cualitativos da súa evolución nas últimas décadas.
TEMA 4: As linguas no sistema educativo galego: lexislación e modelo lingüístico. Modelos lingüísticos noutras comunidades con dúas linguas oficiais.
TEMA 5: O papel dos centros na planificación lingüística: os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e o Proxecto Lingüístico de Centro.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Os materiais básicos para cada tema serán ofrecidos en consulta directa na aula virtual. Aquí cítanse só aqueles que aparecen en varios temas.
Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, DOG de 25 de maio de 2010. En https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type….
Dolz, J. e I. Idiazabal (coord) (2013). Enseñar (lenguas) en contextos multilingües. Universidad del País Vasco.
Gallego, I. (2023). "Reflexiones sobre la ecolingüística y su aplicación didáctica", en Pinilla, R. e I. Cruz (2023). Estudios de innovación docente como punto de encuentro de ciencias humanísticas y sociales. Dykinson, 41-55.
Monteagudo, H. (coord.) (2009): Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. Consello da Cultura Galega.
Silva, B., Rodríguez, X. e Vaquero, I. (coords.) (2010): Educación e linguas en Galicia. Universidade de Santiago de Compostela.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Consello da Cultura Galega (2011). O idioma galego na sociedade. CCG. Tamén en http://www.consellodacultura.org/mediateca/documento.php?id=1785
Consello da Cultura Galega (2012). A(s) lingua(s) a debate. CCG. Tamén en
http://www.consellodacultura.org/mediateca/documento.php?id=1790
Consello da Cultura Galega (2017). Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia. CCG. Tamén en http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4293
Fernández Paz, A., Lorenzo Suárez. A., Ramallo, F. (2007). A planificación lingüística nos centros educativos. Xunta de Galicia.
González, M., C. Guillén e J. M. Vez (2010). Didáctica de las lenguas modernas: competencia plurilingüe e intercultural. Síntesis.
Hermida Gulias, C. (2019). "A diversidade lingüística nos estados. O seu recoñecemento nos textos constitucionais", en A Trabe de Ouro, 112 (2019).
Hermida Gulias, C. (2020). "Percorrido pola presenza da diversidade lingüística nos sistemas educativos de Áfric, América, Asia e o Pacífico", en A Trabe de Ouro, 114 (2020).
Loredo, X. e B. Silva (2020). Avaliación da competencia bilingüe nos idiomas galego e castelán do alumnado de 4º da ESO. Real Academia Galega.
Lorenzo, F., F. Trujillo e J. M. Vez (2011). Educación bilingüe: integración de contenidos y segundas lenguas. Síntesis.
Monteagudo, H., Loredo, X., Vázquez, M. (2016): Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 1992-2013. Real Academia Galega
Siguán, M. (2004): Bilingüismo y lenguas en contacto. Alianza Editorial.
Silva, B., Rodríguez, X. e Vaquero, I. (coords.) (2011). A planificación para a normalización lingüística nos centros de ensino non universitarios. Universidade de Santiago de Compostela. Tamén en http://hdl.handle.net/10347/3598
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN
XERAIS
(CG3) Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
(CG13) Coñecer a normativa e a organización institucional do sistema educativo e dos modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros de ensino.
(CG16) Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
BÁSICAS
(CB6) Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
(CB7) Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contextos novos ou pouco coñecidos dentro de contornos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
(CB8) Ser quen de integrar coñecementos e de enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
(CB9) Saber comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
(CB10) Posuír as habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando dun xeito que deberá de ser, en gran medida, autodirixido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
(CT3) Potenciar a capacidade para o traballo en contextos cooperativos e pluridisciplinarios.
OUTRAS COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
(CE1) Promover accións de educación emocional, en valores e en formación cidadá.
(CE2) Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
(CE3) Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e das súas implicacións educativas.
No desenvolvemento desta materia tratarase de combinar tres principios metodolóxicos: a exposición -para facilitar os conceptos ou informacións básicas-, a interacción profesorado-alumnado e entre o estudantado -para contrastar opinións- e o traballo con documentos para asentar aprendizaxes.
De acordo co esquema organizativo previsto no Máster, as sesións de clase funcionarán en formato expositivo e interactivo. As primeiras utilizaranse para establecer pautas sobre o desenvolvemento didáctico da propia materia e para facilitar a información necesaria sobre os contidos do programa. As sesións interactivas servirán para analizar documentos ou casos prácticos e para debater sobre os aspectos nucleares do temario. Nas titorías aclararanse posible dúbidas e orientarase sobre tarefas individuais e grupais.
A documentación necesaria para o desenvolvemento das aulas aparecerá na aula virtual.
Combinarase a avaliación continua cunha proba final. Os instrumentos e a súa ponderación na cualificación final serán os seguintes:
- Participación (asistencia e dinámica de aula individual e de grupo): 20%
- Traballos individuais de síntese e reflexión sobre contidos: 40%
- Proba ou traballo de aplicación final: 40%
Para superar a materia deberase conseguir puntuación nos tres apartados. O control de asistencia ás sesións de clase rexerase polas normas xerais do Máster.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Conservarase a cualificación obtida no apartado “participación” da primeira oportunidade e poderanse recuperar os "traballos" e a "proba" coa ponderación que proceda segundo o escenario.
ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA OU DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS CLASES:
De haber algún alumno/a con dispensa de asistencia a clase, a súa avaliación realizarase da seguinte maneira:
- Traballos: 50%
- Proba final: 50%
Este alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos 10 primeiros días do semestre, contados a partir do inicio da actividade lectiva, para concretar o plan de traballo correspondente. Nese plan deberá constar tamén o cumprimento da asistencia a titorías docentes, seminarios, etcétera, se se considerase pertinente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" da Universidade de Santiago de Compostela.
O valor curricular da materia é de 2 créditos ECTS, o que se traduce en 50 horas de dedicación do estudante. Destas, 14 son horas presenciais en grupo de clase e o resto estarán ocupadas na realización de traballos, na orientación dos mesmos en sesións de titoría individual ou grupal e en actividades de avaliación.
Á parte da asistencia regular á clase (obrigatoria de acordo coa normativa do Máster) e da revisión dos materiais que se faciliten, recoméndase a participación activa nos debates de clase como procedemento básico de autoaprendizaxe e tamén de contribución á aprendizaxe dos demais.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da
aula virtual.
Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel,
debe cumprir os seguintes requisitos:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula
como nos traballos académicos encomendados.
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus
Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas
como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de
traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado
das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado
do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado,
enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o
estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
María Do Carme Hermida Gulías
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881816534
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Armando Requeixo Cuba
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- armando.requeixo.cuba [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Maria Lopez Sandez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- maria.sandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_05 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_04 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19:03-21:00 | Grupo /CLE_05 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLE_04 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:30-20:00 | Grupo /CLE_03 | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
09.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
09.01.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_03 | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_05 | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13.01.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_04 | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
18.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_03 | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_05 | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_04 | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
18.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |