Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Comprender criticamente a natureza do Traballo Social como profesión e como disciplina, e as súas relacións coas diversas Ciencias Sociais.
• Coñecer os principais elementos da historia do Traballo Social e a acción social, e as tendencias actuais do mesmo.
• Coñecer as principais correntes teóricas constitutivas do Traballo Social como disciplina.
Tema I. Precedentes na Idade Media da Historia da Acción Social (S. V - XV)
Tema II. O Camiño cara á Acción Social Organizada: Idade Moderna (S. XVI- S. XVIII)
Tema III. Representantes da Acción Social Organizada en España: Idade Contemporánea (S. XIX)
Tema IV. O Traballo Social fora de España: o salto da acción social á profesionalización: Idade Contemporánea (S. XIX - S. XX)
Tema V. O Traballo Social en España: da beneficencia ao Traballo Social na Idade Contemporánea ( S. XX - S. XXI)
BÁSICA:
Addams, J. (2013). Hull House: el valor de un centro de acción social. Consejo General del Trabajo Social; Paraninfo.
Bastidas, V., Ginnett, K. e Obando, V. (2019). Octavia Hill y sus aportes en el origen de Trabajo Social en la Inglaterra del siglo XIX. Trabajo Social, 22; (1), 203-223.
Capilla, A. e Villadóniga, J. C. (2004). Los pioneros del Trabajo Social: Una apuesta por descubrirlos. Escuela Universitaria de Trabajo Social de Huelva.
Colomer, M. (2009). El trabajo social que yo he vivido. Impulso a la Acción Social.
Fernández García, T. e Lorenzo, de, R. (Coords.). (2014). Trabajo social: una historia global. McGraw-Hill Educación.
Herra, M. e Ahedo, J. (Coords.). (2013). El trabajador social del siglo XXI. Universidad de la Rioja.
Ioakimidis, V., e Wyllie, A. (Eds.). (2023). Social work’s histories of complicity and resistance: A tale of two professions. Policy Press.
Ioakimidis, V., e Trimikliniotis, N. (2020). Making sense of social work’s troubled past: Professional identity, collective memory and the quest for historical justice. The British Journal of Social Work, 50(6), 1890-1908.
López, A. (2004). Concepción Arenal. Bahía.
Martínez-Herrero, I. M., e Ioakimidis, V. (2020). Las “Historias oscuras” del trabajo social y su importancia desde el enfoque de los Derechos Humanos. En Los objetivos de desarrollo sostenible desde una perspectiva de derechos humanos, el trabajo social y la comunicación (pp. 185-206).
Miranda, M. (2004). De la caridad a la ciencia. Pragmatismo, interaccionismo simbólico y Trabajo Social;. Mira.
Moix, M. (2006). Teoría del Trabajo Social. Síntesis.
Nogal, E. (2008). Alice Salomon (1872-1948). Revista Trabajo Social Hoy, 173-180. http://www.comtrabajosocial.com/paginas/revista-trabajo-social-hoy/
Raya, E., Caparrós, N., Lorente, B. e Anaut, S. (2018). Ciencia y esencia en la práctica del trabajo social. Tirant humanidades.
Richmond, M.E. (2005). Diagnóstico Social. Siglo XXI.
COMPLEMENTARIA:
Addams, J. (1910). Twenty Years At Hull-House. The Macmillan Company.
Alemán, C. E. e Fernández, T. (2007). Introducción a los servicios sociales. Universidad Nacional de Educación a Distancia.
Ander-Egg, E. (1984). Historia del Trabajo Social. Humanitas
Arenal, C. (1993). El Visitador del Pobre: La Beneficencia, la Filantropía y la Caridad. Atlas.
Cebolla, O. (2022). Diez historias asombrosas de trabajadoras sociales. Canal de lo Social.
Consejo General del Trabajo Social. (1990). Trabajo social en España: situación y perspectivas. Revista de Servicios Sociales y Política Social, 20.
Consejo General del Trabajo Social. (2013). La intervención social en tiempos de malestares [Monográfico]. Revista de Servicios Sociales y Política Social.
Fernández García, T. e Alemán, C. (Coords.). (2003). Introducción al Trabajo Social. Alianza.
Moix, M. (1991). Introducción al Trabajo Social. Trivium.
Molina, M. V. (1994). Las enseñanzas del Trabajo Social en España 1932-1983. Universidad Pontificia de Comillas.
Muñiz, R. (1996). O pobo oculto. Pobreza e acción social en Galicia. A Nosa Terra.
Xenéricas:
. Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
Específicas:
. Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades, as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión
. Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
Transversais:
. Capacidade de análise e síntese
. Capacidade de comunicación oral e escrita
. Capacidade de razoamento crítico
. Capacidade de aprendizaxe autónoma
. Capacidade de motivación pola calidade
A metodoloxía utilizada combina a docencia de clases expositivas, interactivas, titoría en grupo reducido e o traballo persoal. Preténdese que o estudantado, individual e/ou en equipo, desenvolva actividades de participación activa: traballo con textos e/ou datos, estudo de casos, aplicación de teorías, técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, análise de vídeos, entre outras.
A finalidade das clases expositivas é a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecidos no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao estudantado a aprendizaxe autónoma e colectiva.
A docencia interactiva pretende que o estudantado, individual e/ou de forma grupal, desenvolva actividades de participación activa, como as sinaladas no primeiro parágrafo deste apartado.
Nas titorías presenciais en grupo reducido, dinamízase, orienta e supervísase o traballo autónomo do estudantado, á vez que permite facer un seguimento e orientación de tarefas e actividades de desenvolvemento individual e/ou colectivo da docencia expositiva e interactiva.
A avaliación da materia realízase mediante avaliación continua (parte práctica) e a superación de exames (parte teórica).
A avaliación mediante exame ten un peso do 75% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é do 25%. É necesario acadar unha puntuación igual ou superior a 1,25 sobre 2,5 puntos, na avaliación continua, para poder sumarlle a puntuación do exame. Ademais, tamén é necesario acadar a puntuación mínima de aprobado no exame (3,75 sobre unha puntuación máxima de 7,5 puntos) para sumar a puntuación de avaliación continua.
Esta avaliación continua realizarase mediante a participación e realización de traballos individuais e en grupo que consistirán na resolución de casos prácticos, lecturas e análise de textos, tamén se realizará análise de material audiovisuais e/ou casos a través doutros medios, etc. Na Guía da materia que se entrega ao comezo das clases especifícase o desenvolvemento da docencia e as indicacións relativas ás tarefas de avaliación continua.
No caso de non asistir ás clases, e de xustificarse as faltas de asistencia, estas tarefas poderán ser compensadas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados polo profesor. Unha vez confirmada a ausencia de asistencia, o estudantado deberá poñerse en contacto co profesor para asignarlle a tarefa compensatoria no caso de proceder algunha actividade puntuable. Unha vez realizado o informe en que conste a xustificación da ausencia(s), o estudantado dispón dun prazo de 5 días hábiles para solicitarlle ao profesorado a tarefa de compensación da puntuación correspondente.
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e master da USC (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de novembro de 2024).
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua, sempre que supere os 1,25 puntos, poderá conservarse para cursos posteriores. Polo tanto, o/a estudante que non supere a materia, e queira conservar a puntuación obtida no curso anterior deberá solicitarse ao profesor da materia a través dun correo electrónico (emurcia [at] euts.es (emurcia[at]euts[dot]es)).
DISPENSA DE ASISTENCIA
Poderá acollerse a esta modalidade o/a estudante que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases e teña concedida a dispensa de asistencia. O/a estudante que teña concedida a dispensa de asistencia deberá poñerse en contacto co profesor, preferentemente por correo electrónico, nun prazo non superior a 5 días hábiles contados desde a data de publicación da acta na que se recoñeza a dita concesión. As actividades de exención da asistencia, o sistema de avaliación e as pautas de entrega estarán dispoñibles na páxina web da materia de Traballo Social e Inclusión Social (www.euts.es)
SISTEMA DE RECUPERACIÓN
- A recuperación do exame realizarase nas datas oficialmente establecidas.
- Os traballos realizados nas clases só se poderán recuperar cando se teña unha resolución favorable da falta xustificada, é decir, mediante acta na que conste resolución favorable. O/a estudante ten un prazo de 5 días hábiles para porse en comunicación coa docente a través de correo electrónico (emurcia [at] euts.es (emurcia[at]euts[dot]es)).
- As persoas que non entreguen as actividades programadas nos prazos estipulados, salvo causas debidamente xustificadas e acreditadas, só poderán recuperalas na segunda convocatoria mediante unha proba que avaliará os contidos traballados nesta parte da materia.
- As notas das partes aprobadas na 1º convocatoria gardanse para a 2ª.
- Poderase solicitar que se garden as notas alcanzadas durante 1 curso académico. Para iso, o/a estudante debe solicitalo por escrito, mediante correo electrónico á docente (emurcia [at] euts.es (emurcia[at]euts[dot]es)). O prazo máximo estipulado para esta solicitude é o último día de setembro do curso académico seguinte.
Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 15 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 15 horas
Preparación de exposicións: 4 horas
Total: 99 horas
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para que o/a estudante sinta unha maior vinculación cos contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nos aspectos de maior interese.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Recoméndase ler a guía da materia que se facilita ao estudantado o primeiro día de clase, nela amplíanse os contidos do programa, en canto a planificación, datas importantes, actividades, puntuacións de estas, pautas de entrega de traballos, bibliografía, entre outros aspectos.
Evelia Murcia Álvarez
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- evelia.murcia [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
Venres | |||
10:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
21.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
01.07.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |