Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 204 Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 48 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Dereito Común, Historia, Economía Aplicada
Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais, Dereito Internacional Privado, Historia Contemporánea, Economía Aplicada
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
De acordo co indicado no Plan de Estudos, o Traballo de Fin de Máster constitúe unha das materias obrigatorias do Máster Universitario en Estudos Internacionais cunha carga docente de 12 créditos. Todo alumno, para superar o Máster, deberá realizar e defender un traballo, que será valorado por un tribunal designado para ese efecto.
A elaboración deste traballo permitirá ao estudante combinar os coñecementos teóricos adquiridos ao longo do curso coa súa aplicación na práctica. Para iso realizará unha análise crítica de cuestións da realidade internacional que susciten un especial interese ou controversia, prestando unha especial atención á utilización correcta das técnicas e métodos de investigación científica en ciencias sociais e xurídicas.
Añado
Os diferentes aspectos da regulación dos Traballos de Fin de Máster áchanse contidos na Normativa de matrícula, elaboración e defesa dos traballos fin de grao e fin de máster na Universidade de Santiago de Compostela de 2 de maio de 2013.
O traballo deberá ser realizado baixo a dirección dalgún dos profesores do Máster, entregado por escrito e exposto oralmente ante un tribunal. Non se valorará ningún traballo por escrito que non sexa exposto oralmente.
O alumno e o director poranse de acordo sobre tema e o título concreto do traballo (salvo que o profesor ofertase unha lista de temas) e manterán as titorías que consideren oportunas para a supervisión dos diferentes aspectos relacionados coa elaboración do mesmo.
A extensión do traballo será dunhas 50 páxinas aproximadamente a espazo e medio e con letra Times New Roman 12 (en notas ao pé de páxina Times New Roman 10). Recoméndase que non exceda das 100 páxinas. A estrutura deberá responder ao modelo seguinte: Índice, Xustificación do tema obxecto de análise, Contido (Parte expositiva e Conclusións finais), Apéndice documental (bibliografía e outros materiais utilizados) e Resumo do mesmo.
Unha vez realizado o traballo o alumno entregará tres exemplares encadernados ao coordinador, que á súa vez os remitirá aos membros do tribunal para a súa lectura e avaliación. A entrega dos exemplares escritos realizarase cunha antelación de 7 días naturais á data de exposición oral.
Desenvolver unha capacidade de razoamento e argumentación sobre os
principais problemas e intereses que afectan á sociedade internacional
contemporánea cunha conciencia crítica e na que se integren as diferentes
perspectivas de análises
Aplicar os coñecementos adquiridos en novos contextos, identificando os
problemas que se poidan suscitar e formulando posibles solucións aos
mesmos
Capacidade de comunicación oral e escrita
Habilidades no uso das tecnoloxías da información e comunicación
Suscitar no estudante un interese polos estudos internacionais que lle permita continuar a súa formación no futuro con carácter permanente e de forma
autónoma
Capacidade para aplicar criterios de investigación científica no ámbito dos
estudos internacionais
Xunto ao traballo persoal do estudante, realizaranse seminarios e titorías nas cales os
titores iniciarán aos alumnos no manexo das diferentes técnicas e métodos
de investigación en ciencias sociais e xurídicas e farán un seguimento do
proceso de elaboración do traballo.
A cualificación do traballo de investigación realizarase por parte dun tribunal composto por tres profesores ante o cal o estudante fará unha exposición oral da análise
realizada e das conclusións alcanzadas e someterase ás cuestións que se lle expoñan por parte dos membros do devandito tribunal.
Os criterios que se terán en conta á hora de valorar o traballo de fin de máster son os seguintes:
a) Claridade, coherencia e estructuración dos traballos.
b) Presentación formal do traballo.
c) Utilización dunha metodoloxía e un manexo das fontes de coñecemento adecuados (utilización de bibliografía e documentación, recursos extraídos da rede, citas de carácter doutrinal, xurisprudencia, etc.).
d) Concisión e claridade na exposición oral, así como a capacidade de resposta ás cuestións suscitadas.
O tempo de traballo persoal que debe dedicar o estudante para superar esta materia está ao redor das 250 horas.
Recoméndase que o traballo vaia realizándose ao longo do segundo cuadrimestre e que non se espere a que finalicen os exames do resto das materias do Máster para levalo a cabo. Esta opción carrexará atrasos na presentación do traballo (e polo tanto na obtención do título de Máster) e afectará á súa calidade.
Ao comezo do curso publicaranse unhas directrices que regularán máis detalladamente os diferentes aspectos relacionados coa elaboración do traballo de fin de máster, no marco da normativa da USC e dos criterios contidos nesta guía docente.