Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Adquirir unha visión global da historia da cidade de Lugo.
• Comprender os principais conceptos, dinámicas e procesos da historia económica, social, política e cultural da cidade.
• Valorar o patrimonio herdado.
A materia ofrece un percorrido pola historia social, económica, política e cultural de Lugo desde as súas orixes ata o final da época moderna.
1. Introdución
2. A poboación
3. A economía
4. A sociedade
5. A organización político-administrativa e o goberno
6. A cultura popular e a cultura letrada
7. Os comportamentos relixiosos
8. Arte e urbanismo
ABEL VILELA, Adolfo de (1999): Urbanismo y arquitectura en Lugo. La Plaza Mayor. Sada - A Coruña: Ediciós do Castro.
ABEL VILELA, Adolfo de (2009). Guía da Catedral de Lugo. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
ABEL VILELA, Adolfo de (2009): La ciudad de Lugo en los siglos XII al XV. Urbanismo y Sociedad. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.
ABEL VILELA, Adolfo de (2011): A muralla romana de Lugo na documentación dos séculos XVI ao XX. Lugo: Deputación Provincial.
ARIAS VILAS, Felipe; NOVO CAZÓN, José Luís; BURGO LÓPEZ, Concepción; SOUTO BLANCO, María Jesús (2001). Historia de Lugo. A Coruña: Ed. Vía Láctea.
BARREIRO FERNÁNDEZ, Xosé Ramón (1992). La Galicia del Antiguo Régimen. Enseñanza, ilustración y política. Galicia, Historia. Vol. IV. A Coruña.
CORTÉS LÓPEZ, Miriam Elena (coord.) (2024). Entre murallas. Lugo. Patrimonio y arte. Santiago de Compostela: Alvarellos.
PALLARES MÉNDEZ, María del Carmen; PORTELA SILVA, Ermelindo (1991). Galicia en la época medieval. Galicia, Historia. Vol. II. A Coruña.
PORTELA SILVA, María José; GARCÍA ORO, José (1997). La Iglesia y la ciudad de Lugo en la Baja Edad Media. Los señoríos. Las instituciones. Los Hombres. Santiago de Compostela.
RODRÍGUEZ COLMENERO, Antonio (2011): Lvcvs Avgvsti. A cidade romano-xermánica da fisterra ibérica. Xénese e evolución histórica (14 a. C.-711 d. C.). Lugo: Concello de Lugo.
SAAVEDRA FERNÁNDEZ, Pegerto (1991). La Galicia de Antiguo Régimen. Economía y sociedad. Galicia, Historia. Vol. III. A Coruña.
SOBRADO CORREA, Hortensio (2001): La ciudad de Lugo en el Antiguo Régimen. Lugo: Servicio de Publicaciones Diputación Provincial.
SOBRADO CORREA, Hortensio (2001): Las tierras de Lugo en la Edad Moderna Economía campesina, familia y herencia, 1550-1860. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.
VÁZQUEZ VARELA, José Manuel; ACUÑA CASTROVIEJO, Fernando (1991). Prehistoria e historia antigua. Galicia, Historia. Vol. I. A Coruña.
VÁZQUEZ VARELA, José Manuel; RODRÍGUEZ COLMENERO, Antonio. Arte prehistórico y romano. Galicia, Arte. Vol. IX. A Coruña.
VILA JATO, María Dolores (1989). Lugo Barroco. Diputación Provincial Lugo.
• Capacitar ao alumno/a para identificar os distintos períodos cronolóxicos da Historia de Lugo desde as súas orixes ata o final do período moderno.
• Capacitar ao alumno/a para interpretar fontes documentais.
• Capacitar ao alumno/a para interpretar o patrimonio histórico-artístico.
Cada clase terá unha duración de dúas horas, dividida en dúas metades con descanso no intermedio. Ambas mesturarán o corpo expositivo da materia, dirixida polo profesor, co práctico a base de proxeccións, comentarios, lecturas e debates.
O material de estudo será subministrado polo profesor cunha semana de antelación á clase correspondente na Aula Virtual co que, o alumnado, poderá traballar por adiantado nos contidos da clase seguinte.
Durante o desenvolvemento da materia o alumnado deberá ir elaborando un traballo persoal obrigatorio (dirixido polo profesor), a entregar o último día de clase do mes de decembro.
Na avaliación teráse en conta:
• A realización dun traballo dirixido polo profesor a elixir polo alumno/a entre varias modalidades (50%).
• Un exame final ou proba tipo test (25%).
• A asistencia e a participación na aula e actividades programadas (25%).
A asistencia ás clases e ás actividades complementarias, así como tamén a realización do traballo dirixido é suficiente para superar a materia.
Recoméndase a participación nas clases e a lectura da bibliografía recomendada para ampliar os coñecementos.
Terá lugar unha saída coa correspondente autorización da Dirección do IV Ciclo.
Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Mario Sixto Puente
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- mario.sixto.puente [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Tomas Manso Fraga
- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Teléfono
- 881812707
- Correo electrónico
- tomas.manso.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 5512 Aula 3 planta baixa Facultade de Ciencias |