Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
•	Introducir ó alumno no manexo dos ordenadores e as novas tecnoloxías
•	Capacitar ó alumno no emprego de ferramentas informáticas de uso común
Bloque I: Sistema Operativo
•Compoñentes básicos dun ordenador
•Familiarización co Escritorio.
•Utilidades do sistema (capturas pantalla, calculadoras, …).
•Localización de programas e a súa execución. 
Bloque II: Arquivos e cartafoles
• Como organizar a información: xestión de arquivos e cartafoles. 
• Manipulación do sistema de arquivos en dispositivos de almacenamento externos
Bloque III: Internet
• Introdución a Internet.
• Os navegadores. 
• Correo electrónico. 
• Almacenamento de información na nube
Bloque IV: Ofimática básica
• Edición de textos con Word: 
 o	Entorno e configuración básica
 o	Instrumentos básicos de traballo: Selección, copia-pega, búsqueda, etc. 
 o	Formatados: parágrafos, aliñamentos, espazamentos 
 o	Configuración de páxina e saída a impresión.
 o	inserción de imaxes e creación de táboas sinxelas.
• Folla de cálculo Excel: 
 o	O entorno e configuración básica. 
 o	Operacións básicas sobre unha folla de cálculo. 
 o	Inserción e manipulación de datos.
 o	Gráficos básicos
•Presentacións co Powerpoint: 
 o	O entorno e configuración básica. 
 o	Construción dunha diapositiva
 o	Creación de presentacións con texto e imaxes.
 o	Manexo de deseños preconfigurados
Bibliografía Básica:
-	 Curso de Informática (http://pedroreina.net/curso/)
Bibliografía complementaria:
-	 Guía de windows 10 (https://www.aulaclic.es/guia-windows-10/)
-	 Manual de Windows 10 (https://zofti.com/manual?idm=2809)
-	 Manual de Office 365 (https://www.pdf-manual.es/office/192-manual-de-office-365.html)
•	Ser capaz de aproveitar as oportunidades que ofrece a informática na súa vida cotiá.
•	Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as tecnoloxías e fontes de información.
•	Traballo en grupo.
•	Exposición de contidos teórica mediante medios audiovisuais
•	Docencia práctica baseada en pequenos proxectos
•	Exposición oral en grupo dos proxectos realizados
•	Asistencia e participación nas clases (10%)
•	Realización dun proxectos por cada tema (60%)
•	Desenvolvemento das tarefas na clase (30 %)
Actividades non presenciais (estimativo):
Lectura e preparación de temas 	 24
Realización de exercicios 12 
Elaboración de traballos de curso 12 
Preparación de probas de avaliación 12
• Recoméndaselles asistir ás clases e intervir de xeito activo nelas, así coma no resto de actividades interactivas.
• Tratar de levar o estudo da materia ao día.
• Realizar unhas boas prácticas e esforzarse nos traballos que decida levar a cabo ao longo do curso.
• Resolver por un mesmo os exercicios que se propoñen para resolver na casa. Aconsellase formar un grupo de traballo para levar a cabo esta actividade e non caer no desánimo ante as dificultades.
• Utilizar os apuntamentos e o libro que se aconsella como de texto e logo completalo con outras fontes recomendadas polo profesor en cada bloque temático. 
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Xose Ramon Fernandez Vidal
Coordinador/a- Departamento
 - Física Aplicada
 - Área
 - Física Aplicada
 - Teléfono
 - 881816428
 - Correo electrónico
 - xose.vidal [at] usc.es
 - Categoría
 - Profesor/a: Titular de Universidade
 
| Mércores | |||
|---|---|---|---|
| 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 5512 Aula informática 7 EPSE |