Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A Astronomía, logo de máis de vinte e cinco anos de docencia, está consolidada como materia do Cuarto Ciclo dado o interese amosado polo alumnado durante todo este tempo. Trátase dunha ciencia que, malia a atracción que esperta, os seus fundamentos son ata certo punto descoñecidos por moita xente. Por iso, este curso ten como obxectivo que os participantes adquiran coñecementos básicos sobre o ceo e o que podemos atopar nel, pero tamén cuestións teóricas, que transmitidas dun xeito sinxelo e atractivo, axudan a súa comprensión. O curso complétase con sesións de observación astronómica e obradoiros e visitas ao Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC e máis cunha práctica de campo.
OBXECTIVOS:
•	Obter coñecementos de Astronomía en xeral.
•	Aprender a usar instrumentación astronómica básica.
•	Coñecer os obxectos que podemos ver no ceo.
PRIMEIRA PARTE
•	A Astronomía. As súas partes.
•	Unidades de distancia en Astronomía e conceptos relacionados con elas.
•	Magnitudes estelares.
•	O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC.
•	Breve historia da Astronomía.
•	As constelacións e a súa identificación co planisferio.
•	A elipse.
•	Leis de Kepler e lei de Gravitación.
•	A Terra. Coordenadas xeográficas.
•	Movementos da Terra. A esfera celeste.
•	Equinoccios e solsticios.
•	Coordenadas astronómicas.
•	Medida do tempo.
 SEGUNDA PARTE
•	Os obxectos que podemos observar no ceo: 
•	O Sol
•	A Lúa
•	Os Planetas
•	Os planetas ananos, asteroides, cometas e meteoroides. Meteoritos.
•	Eclipses e tránsitos.
•	As estrelas: Tipos e características físicas. Evolución estelar.
•	As estrelas dobres e múltiples. Planetas extrasolares.
•	Cúmulos estelares y nebulosas.
•	A Vía Láctea e outras galaxias.
Prácticas
•	Manexo do planisferio.
•	Sesión bibliográfica.
•	Observacións nocturnas con telescopio.
•	Práctica de campo
 
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
•	R. M. Aller. Astronomía a simple vista. Serv. Publ. USC. 2014
•	R. M. Aller. Astronomía a ollo ceibe. Serv. Publ. USC. 2016.
•	J. Bell. El libro de la Astronomía. Ed. Librero. 2014.
•	R. Burham, A. Dyer, R. A. Garfinkle, M. George, J. Kanipe, D. H. Levy. Observar el cielo II. Ed. Planeta. 1998.
•	G. Cornelius. Manual de los cielos y sus mitos: guía práctica para observar el cielo nocturno, sus mitos y símbolos. Ed. Blume. 1998.
•	J.A. Docobo, P.P. Campo, J.R. González Romay . Astronomía en galego para aprender e desfrutar. Ed Lápices 4. Santiago de Compostela. 2023
•	M. A. Garlick. Astronomía. Libros Cúpula. 2004
•	J. Lopesino. Aprender Astronomía con 100 ejercicios prácticos. Ed. Marcombo. 2013.
•	S. P. Maran. Astronomía para dummies. Ed. Planeta. 2013.
•	C.A. Ronan. Los amantes de la Astronomía. Ed. Blume. 1982.
•	Rükl. Estrellas y Planetas. Ed. Susaeta. 1992
•	Rükl. Astronomía. Guía para el aficionado. Ed. Susaeta. 1992
-
METODOLOXÍA
•	Clases teóricas.
•	Clases prácticas na aula
•	Sesións de observación cos telescopios do Observatorio. 
•	Práctica de campo.
SISTEMA DE AVALIACIÓN 
•	Asistencia activa ás sesións teóricas e prácticas. 70%
•	Traballos realizados polo alumnado. 30%
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…). 
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS: os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
-
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: 
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. 
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. 
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. 
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. 
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo "@rai.usc.gal".
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Jose Angel Docobo Durantez
Coordinador/a- Departamento
 - Departamento externo de 4º Ciclo
 - Área
 - Área externa de 4º Ciclo
 - Teléfono
 - 881815027
 - Correo electrónico
 - joseangel.docobo [at] usc.es
 - Categoría
 - Profesor/a área externa
 
Jose Ramon Gonzalez Romay
- Departamento
 - Departamento externo de 4º Ciclo
 - Área
 - Área externa de 4º Ciclo
 - Correo electrónico
 - joseramon.gonzalez1 [at] rai.usc.es
 - Categoría
 - Profesional área externa_máx. 30 h
 
Luca Piccotti
- Departamento
 - Departamento externo de 4º Ciclo
 - Área
 - Área externa de 4º Ciclo
 - Correo electrónico
 - l.piccotti [at] usc.es
 - Categoría
 - Profesional área externa_máx. 30 h
 
| Mércores | |||
|---|---|---|---|
| 18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 5512 Aula 6 Facultade Bioloxía |