Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 10.5 Clase Interactiva: 4 Total: 14.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía, Fisioloxía, Ciencias Morfolóxicas, Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Electrónica e Computación, Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría, Estatística, Análise Matemática e Optimización, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Organización de Empresas, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía, Fisioloxía, Anatomía e Embrioloxía Humana, Histoloxía, Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos, Nutrición e Bromatoloxía, Linguaxes e Sistemas Informáticos, Farmacoloxía, Medicina Legal e Forense, Obstetricia e Xinecoloxía, Pediatría, Estatística e Investigación Operativa, Enfermaría, Medicina Preventiva e Saúde Pública, Psiquiatría, Radioloxía e Medicina Física
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O Traballo Fin de Grao (TFG) ten como obxectivo a acreditación, por parte do/a estudante, dos coñecementos e destrezas adquiridos durante os estudos de grao, a través da elaboración, presentación e defensa dun traballo orixinal centrado nalgún aspecto da Enfermaría.
O TFG deberá integrar os coñecementos relativos á profesión enfermeira e demostrar competencias para planificar, desenvolver, avaliar e innovar a práctica profesional en calquera das vertentes da profesión.
-Integrar os coñecementos relativos á profesión enfermeira.
-Demostrar competencias para planificar, desenvolver, avaliar e innovar a práctica profesional.
-Desenvolver de forma sistemática un traballo orixinal.
-Coñecer a estrutura dunha publicación científica.
-Posuír espírito crítico para seleccionar e interpretar a literatura científica.
-Saber comunicar os resultados dun traballo orixinal.
Elaboración dun traballo orixinal no que se integren e desenvolvan os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridos durante os estudos do Grao en Enfermaría.
Estrutura do traballo:
-O TFG terá unha portada na que conste o título do traballo, o nome e apelidos da/o estudante e do/a titor/a (e cotitor/a, de ser o caso), a convocatoria e o ano.
A. No caso da modalidade "traballo de campo" ou "revisión bibliográfica", incluirá, alomenos, os seguintes apartados:
Índice
Resumo estruturado de máximo 300 palabras (introducción, obxectivos, metodoloxía, resultados e conclusións)
Introdución
Xustificación
Hipótese (se procede)
Obxectivos
Metodoloxía
Resultados
Discusión
Conclusións
Bibliografía
Anexos (se procede)
B. No caso da modalidade "proxecto de investigación" incluirá, alomenos, os seguintes apartados:
Índice
Resumo estruturado de máximo 300 palabras (introducción, obxectivos, metodoloxía)
Introdución
Xustificación
Hipótese
Obxectivos
Metodoloxía
Cronograma de tarefas
Viabilidade e costos
Resultados esperados
Bibliografía
Anexos (se procede)
-O número máximo de referencias bibliográficas será de 30.
-O TFG estará paxinado, cunha extensión máxima de 20 páxinas dende a Introdución ata as Conclusións. A Bibliografía xunto cos Anexos terán un límite de 10 páxinas adicionais.
-Estará escrito en fonte Times New Roman tamaño 12 (tamaño 10 para táboas e figuras), ou Arial tamaño 11 (tamaño 9 para táboas e figuras). O interliñado será de 1,5 no texto, e poderá ser menor nas táboas e figuras.
-As marxes superior e inferior serán de 3 cm, e a esquerda e dereita serán de 2,5 e 2 cm respectivamente.
A bibliografía será orientada pola titora ou titor do traballo.
En xeral, constará de documentos que se refiran a:
- o tema obxecto do traballo,
- métodos, procedementos e técnicas de investigación,
- orientación sobre a redacción e presentación de traballos académicos.
-Integra os coñecementos relativos á profesión enfermeira
-Demostra competencias para planificar, desenvolver, avaliar e innovar a práctica profesional
-Desenvolve de forma sistemática un traballo orixinal
-Coñece a estrutura dunha publicación científica
-Posúe espírito crítico para seleccionar e interpretar a literatura científica
-Sabe comunicar os resultados dun traballo orixinal
A/o titor/a orientará á/ao estudante no proceso de elaboración do traballo e poderá realizar sesións e titorías co fin de explicar as características xerais do TFG, así como identificar as necesidades formativas máis relevantes. Nas sesións de titorías estableceranse propostas que permitirán adquirir e/ou ampliar a formación en aspectos concretos relativos a coñecementos e habilidades para afrontar o traballo (procura documental, manexo de programas informáticos, etc). As titorías permitirán avaliar o grao de compromiso, responsabilidade e seguimento das orientacións establecidas pola/o titor/a, así como a capacidade de iniciativa e resolución de problemas.
As actividades de traballo autónomo a realizar polo estudante inclúen: lecturas para a definición do marco teórico, elaboración dun guión de contidos, procura, selección e tratamento da información, elaboración do traballo escrito e preparación da presentación oral.
CURSO DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS EN INFORMACIÓN PARA TFG. NIVEL AVANZADO. CIENCIAS DA SAÚDE.
Para a realización do TFG é altamente recomendable a realización deste curso gratuito, impartido pola Biblioteca de Medicina e Odontoloxía / Biblioteca de Enfermaría da USC en modalidade virtual e cunha inversión dunhas 25 horas por parte do estudantado.
A formación distribúese en cinco módulos cos contidos teóricos e as tarefas correspondentes, de carácter obrigatorio:
1. Cómo elaborar un TFG
2. Atopa a información que necesitas para o TFG
3. Avalía, selecciona e organiza a información para o teu TFG
4. Asegura a orixinalidade do teu TFG. Evita o plaxio
5. Seguridade e identidade dixital. Competencias dixitais
O estudantado considerado "apto" poderá solicitar na biblioteca do seu centro un certificado expedido pola USC que acredite a superación deste curso. A USC recoñece esta actividade con 1 crédito ECTS que será imputado no expediente a solicitude da persoa interesada. Non se recoñecerá o crédito a aquelas persoas que realicen un curso de Competencias en Información que non sexa o específico da súa titulación.
As pautas para a defensa do TFG, composición do tribunal, cualificacións, e convocatorias réxense pola normativa correspondente da Facultade de Enfermaría e da propia USC.
Tanto a solicitude de defensa como o depósito do traballo faranse a través da Secretaría virtual da/o estudante seguindo o procedemento e datas establecidos polo centro acorde ao calendario académico da USC.
A avaliación dos TFG farase na Facultade de Enfermería e, cando non sexa posible, noutros centros da USC a través da súa exposición oral e defensa pública diante dun tribunal.
O tempo máximo do que a/o estudante disporá para a súa defensa será de 10 minutos. Cada estudante, independentemente do xeito de elaboración, deberá defender a totalidade do seu TFG de xeito individual. A modalidade ordinaria de defensa pública dos traballos será a exposición individual realizada pola/o estudante de xeito presencial, tanto para os traballos individuais como realizados en grupo.
A cualificación estará vinculada á consecución das citadas competencias e farase seguindo os seguintes criterios:
-Informe do/a titor/a: 30%
-Memoria do traballo: 50% (25% adecuación dos contidos á estrutura proposta e 25% claridade da exposición dos contidos)
-Defensa: 20% (10% exposición oral e 10% resposta a preguntas / debate).
O TFG deberá respectar os dereitos de propiedade intelectual. En todo caso, segundo o artigo 12 do Regulamento correspondente da USC: "Os TFG e TFM deben ser traballos orixinais de elaboración propia e deben citarse debidamente as fontes que se tiveron en conta para a súa realización"; "O incumprimento do indicado no apartado anterior suporá a cualificación de "suspenso" na convocatoria".
Os tribunais cualificarán segundo a seguinte escala numérica, de 0 a 10, con expresión dun decimal, á que se engadirá a correspondente cualificación cualitativa, do seguinte xeito:
- Non Presentado
- 0-4,9: Suspenso
- 5,0-6,9: Aprobado
- 7,0-8,9: Notable
- 9,0-10: Sobresaliente
O TFG ten un valor de 6 créditos ECTS, o que equivale a un conxunto de 150 horas de traballo.
-Realización do curso de Competencias Informacionais impartido pola Biblioteca de Medicina/Enfermería da USC
-Traballo e seguimento mediante as titorías programadas
-Adecuada planificación e organización do tempo e recursos