Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 26 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O curso ten como propósito introducir o alumno aos conceptos e ao método de análise da economía e capacitalo para aplicar o razoamento económico no estudo de problemas de asignación de recursos ao nivel dos axentes económicos individuais, dos mercados e da economía no seu conxunto. En liña con este propósito xeral, o curso persegue os seguintes obxectivos específicos. Primeiro, que o alumno adquira unha perspectiva ampla das cuestións que aborda a economía. Segundo, que coñeza os conceptos, modelos e resultados básicos que se empregan en cada unha das distintas áreas da economía. Finalmente, que mediante o emprego de modelos sinxelos, o alumno se familiarice coas ferramentas e o método de análise da economía, así como coa súa aplicación á análise do comportamento do consumidor e da empresa e ao estudo do funcionamento das economías de mercado.
Pensar e traballar como un economista.
Como funciona o mercado: oferta e demanda.
O resultado do mercado: a eficiencia.
Os determinantes da actividade económica e a política fiscal
O diñeiro, os prezos e a política monetaria.
Bibiografía básica:
Begg, D., Fischer, S. y Dornbusch, R. (2006), Economía, 8a. edición, McGraw-Hill.
Krugman, P., Wells, R. y Olney, M. (2022), Fundamentos de Economía. 5ª edición, Ed. Reverté.
Mankiw, N. G. (2020), Principios de Economía. 8a. edición, Cengage Learning.
Mochón, Francisco. (2009), Economía, Teoría y Política. 6a. edición, McGraw-Hill.
Samuelson, Paul y Nordhaus, William. (2019), Economía. 19a. edición, McGraw-Hill.
Bibliografía complementaria:
Blanco, J. M. e Aznar, J. (2004): Introducción a la Economía, Teoría y Práctica. 4ª edición, McGraw-Hill.
CORE TEAM (2020): La Economía. Electric Book Works, dispoñible online en https://www.core-econ.org/the-economy/es/
Graue, Ana. (2009). Fundamentos de Economía. Pearson.
Lipsey, Richard y Chrystal, Alec. (1999), Introducción a la Economía Positiva. 13a. edición, McGraw-Hill.
Phelps, Edmund S. (1993). Economía política: un texto introductorio, Antoni Bosch, Barcelona
Tugores J. y otros (1993) Introducción a la Economía. Problemas y Cuestiones. 2ª edición. Vincens Vives.
Stiglitz, Joseph. y Walsh, Carl. (2009), Microeconomía. Barcelona, 4ª edición. Editorial. Ariel
Stiglitz, Joseph y Walsh, Carl. (2004), Macroeconomía. Barcelona, 3ª edición. Editorial. Ariel
Zabaleta,A. y Castejón, R. (2009). Introducción a la Economía. 2ª edición. Prentice-Hall.
C1. Comprender os fundamentos teóricos da economía desde o punto de vista da microeconomía ou da
macroeconomía.
C2. Comprender a contorna socioeconómica, os procesos de desenvolvemento económico, o papel das institucións
económicas e o deseño e elaboración de políticas económicas.
HD1. Examinar de maneira critica datos provenientes de diversas fontes co fin de adquirir coñecementos
adicionais e utilizalos para solucionar problemas e tomar decisións.
HD2. Comunicar oralmente e/o por escrito de forma efectiva, con precisión e claridade, co propósito de transmitir
coñecementos, metodoloxías, datos, resultados, dificultades e solucións.
HD7. Manexar distintas chécnicas matemáticas, estadísticas, econométricas e programas informáticos para a
visualización, o análisis e a modelización dos datos económico-empresariais.
CP1. Elaborar informes e proxectos das diferentes áreas funcionais da empresa, de gestión global ou sobre
situacións de mercados concretos para a toma de decisións.
CP10. Avaliar o impacto social, económico e ambiental da actividade empresarial.
As clases de encerado en grupo grande serán clases expositivas que consistirán basicamente en leccións impartidas polo profesor, dedicadas á exposición dos contidos teóricos e á resolución de problemas ou exercicios. Estas sesións estarán destinadas a representar e explicar de xeito simplificado a realidade usando os conceptos de equilibrio de mercado e comportamento racional dos axentes económicos. Utilizando as ferramentas matemáticas e a dedución lóxica, explicarase como levar a cabo análise económica utilizando estes modelos para comprender a economía real. As clases de encerado, ademais de transmitir coñecementos, teñen como propósito mostrar ao alumno o método e a forma en que traballa un analista económico; habilidades que o alumno terá que poñer posteriormente en práctica nas clases en grupo reducido e o tempo dedicado a traballar de xeito autónomo.
As clases de encerado en grupo reducido estarán destinadas a propoñer e resolver aplicacións da teoría, problemas, exercicios e a analizar caso e exemplos que ilustren as teorías. Esta sesións tamén servirán para facer unha revisión dos coñecementos adquiridos que permita a interacción en forma crítica e a discusión de dúbidas formuladas polos estudantes sobre os conceptos, método e técnicas de análises introducidas nas clases expositivas en grupo grande. Nestas sesións tamén se inclúen probas de avaliación.
Nas titorías dáse orientación ao alumno sobre as cuestións discutidas nas clases e sobre traballos ou exercicios que se realicen durante o curso. As titorías son presenciais e teñen lugar en días e horarios establecidos que están publicados na páxina web da facultade e na porta do despacho do profesor. Non darase resposta por correo electrónico a consultas realizadas por esa vía.
A avaliación da materia terá en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre considerando distintos aspectos da adquisición das competencias ás que contribúe a materia así como a claridade e capacidade expositiva, a creatividade e a iniciativa para a participación activa. O alumno será avaliado ao longo de todo o curso e ao termino de mesmo aplicarase un exame final. A nota da avaliación continua representará o 20% e o exame final o 80% da nota do curso.
A avaliación continua ao longo do curso levará a cabo durante as clases interactivas e contemplará distintos medios e modalidades de avaliación: preguntas, exercicios, cuestionarios de resposta curta e cuestionarios tipo test, que deberán facerse sen ningún tipo de auxilio externo. As respostas ás preguntas das probas tipo test, tanto as que se aplican na avaliación continua como no exame final, ponderan negativamente en caso de ser incorrectas de maneira que o valor esperado das probas en caso de responderse de maneira aleatoria é cero. Excepcionalmente, poderase optar por superar a materia coa nota obtida na avaliación continua renunciando expresamente a presentarse ao exame final cando a nota final da avaliación continua sexa aprobatoria e cúmpranse as seguintes tres condicións: asistir polo menos ao 88% das clases expositivas (14/16) e ao 85% das clases interactivas (11/13), que a xuízo do profesor os resultados das probas reflictan un conociminto suficiente e uniforme de todas as partes do curso e que o comportamento nas aulas haxa contribuído positivamente ao ambiente de aprendizaxe. Os criterios precisos para avaliar o cumprimento destas tres condicións están detallados na Guía docente da materia. Salvo este caso, con carácter xeral, a nota da avaliación continua representará o 20% e o exame final o 80% da nota do curso, tanto en primeira como en segunda convocatoria. A nota da avaliación computará como cero para a ponderación da nota final do curso para os alumnos que non se presenten a avaliación continua sen que lles fora concedida dispensa de clase.
A dispensa de asistencia está regulada polo Regulamento de asistencia a clases das enseñanzas oficiais de grao e máster. Ao alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase avaliaráselle co exame final que ponderará o 80% e unha proba adicional específica que supoñerá o 20% da nota do curso. Con todo, a modalidade de avaliación que suplirá á avaliación continua poderase modificar en cada caso, en función das circunstancias e do momento no que se prolduzca tal suposto, se así se acorda co profesor dentro do prazo de dúas semanas desde a data na que a dispensa fose concedida, para o que se debe contactar co profesor dentro dese prazo.
A asistencia a clase é obrigatoria e está regulada polo Regulamento de asistencia a clase de os ensinos de grao e máster. Será perceptivo asistir como mínimo ao 75% das clases expositivas (12/16) e ao 75% das clases interactivas (10/13) para poder presentarse ao exame final en calquera das súas convocatorias e ter a posibilidade de superar a materia por esa vía.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Sen prexuízo do anterior, cando esta práctica teña lugar en calquera proba de evaluación continua non será posible optar por superar a materia sen realizar o exame final pois se traducirá nunha nota de suspenso non superior a 3/10 na avaliación continua. Se a práctica ten lugar no exame final traducirase nunha nota de suspenso de cero na convocatoria correspondente.
Ademais das 50 horas de traballo presencial (24 horas de docencia expositiva e 26 horas de docencia interactiva) e de 1 hora de tutorización en grupo reducido, o alumno deberá dedicar 99 horas de traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo (individual ou en grupo), lecturas, realización de exercicios e a análise de problemas.
Recomendacións previas: álxebra a nivel de Bacharelato. Destreza no razoamento dedutivo e indutivo.
A asistencia a clase é obrigatoria e o cumprimento do requisito de asistencia mínima establecido no sistema de availación é condición necesaria para poder superar a materia. A obrigación non se cumpre coa mera presenza e a firma do rexistro de asistencia, senón mediante a realización da actividade que corresponda en cada momento durante o tempo que dura a clase. Mentres non se concedeu cambio de quenda ou dispensa de clase tense que asistir ás clases dos grupos expositivo e interactivo que se teñan asignados de maneira definitiva ou provisional.
Os contidos do materia están estruturados en catorce temas cuxo contido se detalla na guía docente do curso e nas guías docentes para cada tema. Estas guías, os boletíns de exercicios e o resto do material de apoio proporcionaranse a través da aula virtual do curso.
Na nota final do curso só consideraranse como "non presentados" aqueles alumnos que non se presenten a ningunha das actividades académicas avaliables conforme ao establecido na guía docente. O "non presentado" e todo o relativo ao esgotamento de convocatorias se rexe polo establecido no DOG Número 136 do 17 de xullo de 2012.
Non se permite o uso de dispositivos móbiles (teléfonos, tabletas, portátiles etc.) nas clases expositivas. Estes dispositivos deberán estar apagados durante todo o tempo desde que se accede á aula ata que se abandona. Nas clases interactivas o uso dos dispositivos móbiles está restrinxido á súa conexión ao campus virtual da USC exclusivamente para o acceso a os cuestionarios e probas con obxecto de introducir nos mesmos as respostas ás preguntas, exercicios e problemas.
Luis Enrique Arjona Bejar
Coordinador/a- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811682
- Correo electrónico
- l.arjona [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
José Manuel Amoedo Meijide
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811715
- Correo electrónico
- jm.amoedo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula A |
13:00-14:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aula B |
15:30-17:00 | Grupo /CLE_03 | Castelán, Galego | Aula A |
Martes | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula B |
Xoves | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula A |
12:30-14:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula B |
16:30-18:00 | Grupo /CLE_03 | Galego, Castelán | Aula A |
Venres | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula A |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_03 | Galego, Castelán | Aula A |
19.12.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
19.12.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
19.12.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
19.12.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
19.12.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
19.12.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
19.12.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
19.12.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
19.12.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
19.12.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
19.12.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula B |
19.12.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
19.12.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
19.12.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
19.12.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula B |
19.12.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
19.12.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
19.12.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
22.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
22.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
22.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
22.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
22.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
22.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
22.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
22.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
22.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
22.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
22.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
22.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
22.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
22.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula B |
22.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
22.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
22.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
22.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula B |