Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Transmitir e fomentar o coñecemento no campo do Dereito civil, en especial no Dereito de Obrigas e de responsabilidade civil.
2. Lograr que o estudante se familiarice cos textos que conteñen o Dereito positivo en materia de Obrigas e de responsabilidade civil., singularmente cos textos legais e as decisións xurisprudenciais.
3. Proporcionar ao estudante unha información e unha formación sobre o contido da materia que lle permitan resolver con corrección teórica e argumentación axeitada os problemas xurídicos reais.
4. Proporcionar ao estudante as habilidades necesarias para afrontar de forma axeitada os problemas da práctica xurídica real, tanto na elaboración das normas, coma na resolución de casos prácticos ou no consello profesional.
5. Conseguir un primeiro nivel na preparación de profesionais especializados no ámbito do Dereito de Obrigas e de responsabilidade civil.
GRUPO A PROF. JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO
GRUPO B (JAVIER LETE ACHIRICA)
GRUPO C. PROFs: Mª PAZ GARCÍA RUBIO/ JULIA AMMERMAN YEBRA /ERNESTO SARRION
TEORÍA XERAL DA OBRIGACIÓN
Lección 1.- O Dereito de obrigacións e de contratos.- As fontes xuridicas do Dereito das Obrigacions.- A necesaria modernización do Código civil.- Concepto de obrigación. – O crédito e a débeda. - As cargas de colaboración e as obrigacións do acredor. -Débeda e responsabilidade como elementos da obrigación.
Lección 2.- O nacemento da relación obrigatoria. - As fontes das obrigacións no Código civil: a lei, os contratos, os cuasicontratos, a responsabilidade civil. - A declaración unilateral de vontade. – A obrigación natural. - O enriquecemento sen causa (remisión)
Lección 3. - Estrutura da relación obrigatoria. - Os suxeitos: acredor e debedor. - Pluralidade de suxeitos: solidariedade e mancomunidade. - A regra de no presunción de solidariedade. - A pluralidade de acredores. - A pluralidade de debedores: débedas conxuntas e débedas solidarias.- Especial consideración da solidariedade pasiva.
Lección 4.- O contido da relación obrigatoria: a prestación e as suas modalidades. Obrigacións de dar, facer e de non facer. – Obrigacións de medios e obrigacións de resultado. - Obrigacións de tracto único e de tracto sucesivo. - Obrigacións específicas e xenéricas. - Obrigacións alternativas. - Obrigacións facultativas. - Obrigacións divisibles e indivisibles.– Obrigacións unilaterais e sinalagmáticas. Obrigacións puras, condicionais e a prazo.
Lección 5.- As obrigacións pecuniarias.-Tipoloxía.- As débedas de diñeiro.- O principio nominalista e as medidas correctivas do nominalismo. As cláusulas de estabilización.- A obrigación de intereses. Clases de intereses. Especialmente os intereses remuneratorios e os intereses moratorios.- O anatocismo
Lección 6. - Pago ou cumprimento. - Os suxeitos do pago. - Pago por terceiro. – A subrogación no pago- Persoas que poden recibir o pago: o pago ao acredor aparente e o pago a un terceiro. - Requisitos de cumprimento: a integridade e identidade do pago.- Lugar e tempo de cumprimento. Cláusulas de vencemento anticipado. - Recibo do pago, gastos e imputación do pago.
Lección 7. -Os subrogados do pago. - A dación en pago - O pago por cesión de bens: clases e efectos. – O ofrecemento de pago e a consignación. - A compensación.
Lección 8.- O incumprimento da obrigación. Concepto e modalidades- Os criterios de imputación ao debedor: dolo, culpa, risco contractual e a responsabilidade polos auxiliares no cumprimento.- A exoneración do debedor: en especial a forza maior.- Incumprimento verus modificación sobrevida das circunstancias e a dificultade extraordinaria para cumprir.
Lección 9. - Remedios ante o incumprimento. – A pretensión de cumprimento. A reparación e a substitución da prestación.- A redución do prezo.- O dereito a suspender o cumprimento.- A resolución: concepto e presupostos. Exercicio da facultade resolutoria e efectos da resolución, en especial, os efectos restitutorios. – A indemnización por danos e prexuízos. A liquidación anticipada do dano. A operación de reemplazo. O deber do acredor de mitigar o dano.
Lección 10. - Protección do dereito de crédito. - O principio de responsabilidade patrimonial universal. - As garantías da obrigación: concepto, natureza e tipos de garantía. a pena convencional – As arras - A fianza. - A acción subrogatoria:. - Acción directa. - Fraude aos acredores e acción revogatoria ou pauliana.
Lección 11.- Realización do crédito e insolvencia. - A modificación das obrigacións: tipoloxía. - O cambio de acredor e as súas formas: cesión de créditos e subrogación no crédito. - Cambios do debedor: asunción de débeda. - As causas de extinción das obrigacións.- A condonación.- A confusión. - A novación.
FONTES NON CONTRACTUÁIS
ENRIQUECEMENTO SEN CAUSA
Lección 12.- Enriquecemento sen causa.- Concepto, tipoloxía e reflexo no Código Civil.- Condictio por prestación (condictio indebiti, en particular) .- Condictio por intromisión Condictio por impensas.- A acción de enriquecemento sen causa: compatibilidade ou subsidiariedade.
RESPONSABILIDADE CIVIL EXTRACONTRACTUAL
Lección 13.- O acto ilícito como fonte de obrigacións. – O fundamento da responsabilidade civil. - As funcións da responsabilidade civil. - A responsabilidade civil derivada do delito.
Lección 14.- Os presupostos da responsabilidade civil. - Comportamento danoso: o autor. – O dano: concepto, tipoloxía, valoración e deber de mitigalo - A relación de causalidade: causalidade fisica e xurídica. - Interferencias na relación causal. A pluralidade de causantes e o dano causado por un membro indeterminado do grupo. - A culpa como criterio de imputación: significado e evolución. - Especial referencia á chamada capacidade de culpa.
Lección 15.- Responsabilidade obxectiva: concepto e evolución. - Supostos de responsabilidade obxectiva no Código Civil. - Suposicións de responsabilidade obxectiva nas leis especiais. Á responsabilidade civil por danos causados o medio ambiente. - Remisión á responsabilidade patrimonial das Administracións Públicas.
Lección 16. - A responsabilidade polo feito doutro. - A responsabilidade civil dos padres, titores e dos que prestan apoio ás persoas con discapacidade. – A responsabilidade civil do empleador polas actividades dos seus empregados. – A responsabilidade civil dos propietarios ou directores de centros educativos.
Lección 17. - Responsabilidade por danos causados por produtos defectuosos. - Concepto de produto.- Suxeitos responsables. - Suxeitos protexidos. - Concepto de produto defectuoso.- Danos indemnizables. - Causas de exención: referencia especial aos riscos de desenrolo. - Á responsabilidade civil e a intelixencia artificial.
Lección 18. Responsabilidade civil profesional. - A responsabilidade civil dos profesionais da saúde. - A responsabilidade civil dos profesionais do dereito.
É imprescindible para a preparación axeitada da materia que os estudantes estean en posesión dun Manual en cualquera dos seus formatos, papel ou dixital, en algúns casos dispoñibles na BUSC; ademáis, é necesario que dispoñan do Código Civil, da Lei de Dereito Civil de Galicia e da lexislación complementaria, igualmente en cualquera formato.
Os profesores poderán agregar lecturas recomendadas de traballos monográficos relacionados con un tema concreto publicados en libros ou en revistas especializadas que procurarán poñer a disposición dos estudantes.
BIBLIOGRAFÍA
Os estudantes poderán usar calquera dos seguintes manuais
- Albiez Dorhmann K.J./ Castillo Parrilla J.A, Teoría General de Obligaciones y Contratos. Contratos en particular. Derecho civil II. Granada, Fleming 2019.
-Bercovitz Rodríguez-Cano (coord.): Manual de Derecho Civil. Obligaciones, Madrid, Bercal, 2021.
-Carrasco Perera, Cordero Lobato y Marín López: Derecho de obligaciones y contratos en general, Madrid, Tecnos, 4ª. ed, 2019.
- Díez-Picazo L. / Gullón Ballesteros, A., Sistema de Derecho civil, Vol. II, T. 1. El contrato en general. Las relaciones obligatorias, 11ª. ed., Tecnos, Madrid, 2016.
-Díez-Picazo L. / Gullón Ballesteros, A., Sistema de Derecho civil Vol. II, T. 1, . Contratos en particular. Casi contratos. Enriquecimiento sin causa. Responsabilidad extracontractual, 12ª edición, Tecnos, Madrid, 2018.
- Lete del Río, J.M. / Lete Achirica, J., Derecho de obligaciones, vol. I, 2ª. edición, Thomson / Aranzadi, Cizur Menor (Navarra), 2022.
- Martínez de Aguirre y Aldaz, C. (coord.), Curso de Derecho Civil (vol. I). Teoría general de las obligaciones y el contrato, 5ª. ed., Edisofer, Madrid, 2018.
- Martínez de Aguirre y Aldaz, C. (coord.), Curso de Derecho Civil (vol. II). Contratos y responsabilidad civil, 5ª ed., Edisofer, Madrid, 2020.
- Roca Trías, E., Derecho de daños: textos y materiales, 8ª. ed., Tirant lo Blanch, Valencia, 2020.
- Yzquierdo Tolsada, M., Responsabilidad civil extracontractual. Parte general, 6ª. ed., Dykinson, Madrid, 2020.
Dispoñibles en liña no servizo BUSC
- Manual de Derecho civil. Derecho civil Patrimonial I, Tirant lo Blanch, 2019.
- Derecho Civil II. Obligaciones y Contratos, 4ª ed. 2019
-Curso de Derecho Civil II Derecho de Obligaciones, Contratos y Responsabilidad por Hechos Ilícitos 9ª Edición 2018 Tirant lo Blanch
Bibliografía complementaria:
Carrasco Perera, Á., Derecho de contratos, 2ª ed. act. y rev.Thomson Reuters-Aranzadi, Cizur Menor (Navarra), 2017.
- Díez-Picazo, L., Fundamentos del Derecho civil patrimonial I, Introducción. Teoría del contrato. Ed. Thomson-Civitas, Cizur Menor (Navarra), 2007
Fundamentos del Derecho civil patrimonial II, Las relaciones obligatorias. Ed. Thomson-Civitas, Cizur Menor (Navarra), 2008
Fundamentos del Derecho civil patrimonial V, La responsabilidad Civil extracontractual. Ed. Thomson-Civitas, Cizur Menor (Navarra), 2011.
- D. Looscherders, Derecho de Obligaciones. Parte general. 17ª ed., Traducción española. 17 ed., Madrid, BOE, 2021.
- Morales Moreno, A.M., Estudios de Derecho de Contratos, t I y II, Madrid, BOE, 2022.
CX1: Capacidade de comprensión, análise e síntese
CX2: Capacidade de organización e planificación
CX5: Capacidade de obtención e xestión da información
CX6: Capacidade de resolución de problemas
CX7: Capacidade de decisión
CX8: Razoamento crítico
CX9: Compromiso ético e deontolóxico
CX10: Traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar
CX12: Capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional
CX14: Aprendizaxe autónoma
CX15: Adaptación a novas situacións
CX16: Creatividade
CX17: Liderazgo
CX19: Iniciativa
CX20: Motivación pola calidade á excelencia profesional
CX21: Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental
CX22: Espíritu de superación
GRUPO A PROF. JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO
A metodoloxía empregada na impartición da materia vén determinada pola distribución da docencia en aulas expositivas – integradas pola totalidade do grupo- e aulas interactivas – para as que se crean dous subgrupos. Ambos tipos de aulas terán carácter presencial.
As aulas expositivas teñen por obxecto a transmisión clara e sintética das ideas fundamentais e dos conceptos básicos que presiden cada un dos temas, a fin de que o alumno/a posúa as ferramentas esenciais que lle permitan afondar de maneira independente no seu estudo. Co manexo dos textos legais e da xurisprudencia máis relevante, na clase analizaranse os contados mínimos de cada materia, nun intento de propiciar o coñecemento das institucións cunha visión práctica das mesmas. Resaltarase a ausencia de respostas unívocas nas situacións xurídicas máis controvertidas e se exporán as argumentacións que sosteñen as diversas teses defendibles ante os tribunais.
As aulas interactivas, acumuladas en catro semanas, teñen por obxecto o desenvolvemento polo alumno/a, co asesoramento e orientación da docente, de diferentes tipos de actividades, individuais e colectivas, que permitan a consolidación dos seus coñecementos teóricos mediante a súa aplicación a supostos da realidade práctica. Asemade, permiten acadar o obxectivo de potenciar a capacidade lóxica, discursiva e comunicativa do alumno/a. As actividades prácticas propostas facilitaranse a través da Aula Virtual e serán realizadas polos alumnos en horario de clase.
O Campus Virtual -xestionado polo Centro de Tecnoloxías para o Aprendizaxe (CETA)- servirá como ferramenta de apoio á docencia, tanto para facilitar ó estudante a consulta das principais sentenzas e resolucións analizadas no curso das explicacións teóricas como para poñer á súa disposición, con antelación suficiente, as actividades a desenvolver nas aulas interactivas. Poderá ser utilizado como plataforma de entrega polo alumno/a das actividades propostas.
GRUPO B (JAVIER LETE ACHIRICA)
GRUPO C (Mª PAZ GARCÍA RUBIO/ JULIA AMMERMAN YEBRA /ERNESTO SARRION)
A docencia será presencial. As titorías cos estudantes poderán ser presenciais ou virtuais, neste último caso, poderase utilizar tanto o correo electrónico como as posibilidades que dan a Aula Virtual institucional da USC e a aplicación Microsoft Teams.
A ensinanza inclúe clases expositivas, clases interactivas e titorías, segundo o calendario oficial publicado.
Clases expositivas
Consistirán na explicación do tema por parte das profesoras, no seu caso, co apoio dun esquema escrito que,unha vez finalizada a explicación completa, se poñerá á disposición dos estudantes na Aula Virtual.Os temas especialmente complexos ou formativos terán un tratamento máis detallado e o profesor escribiraos por completo e poñeraos a disposición dos estudantes na Aula Virtual. En temas menos relevantes, fomentarase a preparación autónoma por parte dos alumnos, sen prexuízo da revisión por parte do profesor.
Clases interactivas
Impartiránse co grupo dividido en dous subgrupos. A súa vez, poderán formar equipos máis pequenos en cada un dos grupos para a realización de tarefas colectivas.
Nestas clases, que serán presenciais, levaranse a caco algunas das seguintes actividades:
1. Resolución dun ou de máis casos prácticos
2. Resolución de hipóteses e problemas.
3. Redacción dunha demanda e dunha contestación á demanda.
4. Presentación dun tema previamente preparado por un grupo de estudantes.
5. Redacción dun ensaio corto sobre unha lectura recomendada, un comentario de sentencia ou un problema legal específico.
6. Discusión dun tema de actualidade relacionado con el Dereito de familia
7. Realización de test de autoavaliación.
GRUPO A (PROF. JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO)
Sistema de avaliación: valorarase a participación nas aulas, a entrega de actividades e o exame final.
A cualificación do exame, de carácter escrito, terá en conta o dominio dos coñecementos teóricos e a súa aplicación práctica. A esta proba corresponden 7 puntos posibles sobre o total da nota (70%), calculada sobre un máximo de 10 puntos.
A cualificación da asistencia e das actividades, con un máximo de 3 puntos (30%), súmase á nota obtida no exame a partir dunha puntuación mínima neste de 3 puntos. É necesario reunir un mínimo de 5 puntos para acadar o aprobado. Pero non poderá aprobarse a asignatura cunha pregunta do exame en branco ou cunha cualificación de 0.
Réximen para o alumnado con exención de docencia: a asistencia substituiráse pola entrega dun traballo académico.
Esta forma de avaliación é única para a primeira e segunda oportunidade. Para posteriores matrículas non se gardará nengunha nota.
NOTA IMPORTANTE:
Segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2 "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".
Igualmente e aos efectos da Normativa de permanencia nas titulacións de Grao e Máster, todas as actividades realizadas ao longo do curso serán valoradas. Para que o alumno figure como non presentado será necesario que non asista alomenos a un 80% das clases nin realice ningunha actividade. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
GRUPO B (JAVIER LETE ACHIRICA)
GRUPO C (Mª PAZ GARCÍA RUBIO/ JULIA AMMERMAN YEBRA / ERNESTO SARRIÓN)
Todas as actividades realizadas durante o curso académico serán medibles e avaliables de acordó cos seguintes criterios:
1. Avaliación contínua: asistencia e participación activa nas clases e realización de actividades programadas nas interactivas: 30% da cualificación final.
3. Proba final: 70% da cualificación final. En calquer caso será preciso aprobar a proba final para superar a materia.
A proba final será presencial. As actividades de Avaliación contínua poderán ser presenciais ou virtuais, segundo as circunstancias. Para o caso das virtuais, estará operativa a Aula Virtual da USC e a aplicación Teams.
Solo se avaliarán actividades nas que se garantice a autoría individual do estudante ou, no seu caso, do grupo ao que pertenza nos casos de tarefas colectivas. As profesoras arbitrarán os mecanismos que consideren convintes para asegurar a citada autoría (preguntas individuais sobre os traballos entregados, sobre o temario ou sobre o xeito en que teñen sido realizados).
Advírtese que no caso de que en algunha das actividades ou na proba final se probe unha actuación fraudulenta por parte do estudante, será de aplicación o recollido ao respecto pola Normativa de avaluación deo rendimento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións, con aplicación das pertinentes sancións.
ADVÍRTESE EXPRESAMENTE aos alumnos que de acordo coa normativa de permanencia vixente na Universidade de Santiago de Compostela para os estudos de Grao e Master (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera dos tres grupos de actividades referidos será obxecto de avaliación e, xa que logo, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de NON PRESENTADO.
En el caso de concesión de exención de docencia, o/a alumno/a terá que realizar un exame final que representará o 100 % da súa cualificación.
O exame do grupo B (Javier Lete Achirica) farase en forma oral.
- Traballo presencial na aula (clases expositivas, interactivas, titorías e exames): 72 h.
- Traballo persoal do alumno (estudo individual ou en grupo, resolución de casos prácticos ou outros traballos, lecturas recomendadas): 75 horas.
- Os estudantes deben utilizar os materiais da disciplina dende o comezo do curso; vólvese a reiterar que é preciso que conten cos textos legáis e con un Manual de referencia que resulta imprescindible e non é substituible polos apuntes de clase.
- A asistencia ás clases presenciais é necesaria para aclarar os conceptos, incluir las novidades da disciplina, consultar as dúbidas e tomar notas sobre as ideas expostas.
- Los estudantes deben estar atentos á Aula Virtual, onde se publicarán os materiais complementarios que o profesor considere útiles e pode ser vehículo de comunicación entre os profesores e os estudantes.
- O tempo adicado a estudar debe ser o máis contínuo posible. Recoméndase facer un seguimento, ao menos semanal, do que se explica nas clases e levar a cabo as tarefas indicadas indicadas polo profesor con dedicación e continuidade.
- É convinte utilizar as titorías se ben tamén se poden plantexar en clase todas as dúbidas ou problemas de comprensión que xurdan en torno ás materias estudadas.
- Debe evitarse a memorización de cuestións, conceptos ou respostas que non se teñan comprendido previamente.
- Os estudantes deben realizar traballos en equipo de apoio mutuo e aprendizaxe de habilidades propias do grupo. Lembre que tamén é unha actividade avaliable.
-É moi importante que os estudantes teñan superadas as materias de Dereito civil correspondentes aos semestres anteriores.
Julio Ignacio Iglesias Redondo
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Correo electrónico
- julioignacio.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Paz Garcia Rubio
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814648
- Correo electrónico
- mpaz.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Javier Lete Achirica
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814739
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Julia Ammerman Yebra
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Correo electrónico
- julia.ammerman [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ernesto Francisco Sarrion Hernandez
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Correo electrónico
- ernesto.sarrion [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
10:00-11:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 4 |
17:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 4 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 4 |
15:00-16:30 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 4 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 4 |
15:00-16:30 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 4 |
10.01.2025 10:00-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Aula 1 |
10.01.2025 13:00-15:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
10.01.2025 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Aula 1 |
12.06.2025 10:00-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Aula 1 |
12.06.2025 13:00-15:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
12.06.2025 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Aula 1 |