Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Exercitar con eficiencia e eficacia a actividade profesional no ámbito da xestión de negocios e a actividade comercial por vía electrónica.
2. Interpretar a contorna, os elementos e as relacións que conforman a realidade económica, empresarial e comercial nos mercados globalizados.
3. Comunicar información, e expresar con fluidez e corrección, facendo uso do razoamento e a capacidade crítica, argumentos, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial e comercial tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e novas tecnoloxías de presentación de datos, información e coñecemento
1. O contrato: formación, estrutura e partes do contrato.
2. Condicións xerais de contratación.
3. A desistencia.
4. A firma electrónica.
5. A protección de datos de carácter persoal na contratación electrónica.
6. Resolución de conflitos
Bibliografía básica e complementaria
- Contratación electrónica y protección de los consumidores. Coordinador: Leonardo Bernardino Pérez Gallardo. Autores: Formentín Zayas, Ruggeri, Flamini y otros. Ed. Reus. Madrid. 2017
- Comercio electrónico en Internet. Dir. José Antonio Gómez Segade. Coord. Ángel Fernández-Albor Baltar y Anxo Tato Plaza. Ed. Marcial Pons. Madrid. 2001
- Contratación electrónica: la prestación del consentimiento en internet. Rodolfo Fernández Fernández. Ed. Bosch. 1ª ed. 2001.
-Derecho de Internet: la contratación electrónica y firma digital. Rafael Mateu de Ros Cerezo (coord), Juan Manuel Cendoya Méndez de Vigo (coord). Ed. Aranzadi. Madrid. 2000.
BÁSICAS E XENERAIS
CG1 - Adquirir un conxunto de coñecementos teóricos e prácticos en relación co proceso de creación e administración de empresas
na era dixital
CG3 - Aprender a planificar e implantar as novas tecnoloxías para contribuír á mellora da competitividade das empresas
CG5 - Capacidade de análise do comportamento dos axentes económicos e do funcionamento dos mercados e o seu papel nos
procesos de transformación dixital
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da
educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía
5.5.1.5.2 TRANSVERSAIS
CT1 - Pensar de forma integrada e crítica, e abordar os problemas desde diferentes perspectivas
CT4 - Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles
CT5 - Capacidade de resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica
CT9 - Capacidade para a aprendizaxe autónoma e autoavaliación
CT11 - Desenvolver a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor
ESPECÍFICAS
CE12 - Coñecer os fundamentos xurídicos do sistema económico e fiscal español e internacional que afectan á actividade
empresarial e as particularidades en relación coa contratación electrónica e a xestión da información
CE7 - Deseñar e xestionar a estratexia comercial e coñecer novas formas de comercialización nun contexto socioeconómico
dixital e globalizado
a. Docencia teórica (baseada no traballo autónomo): o profesorado indicará ao alumnado os libros, artigos, capítulos de libros etc. que considere máis adecuados para o seguimento da materia, e explicará os seus aspectos máis relevantes.
b. Docencia práctica (impartida presencialmente): consistirá na análise de casos, discusións e debates, resolución de problemas, realización de traballos con ou sen exposición, entre outras actividades.
c. Titorías individuais ou en grupo reducido: teñen como obxectivo orientar ao alumnado nas actividades que teñen que desenvolver na materia.
Participación activa na aula virtual (foros e debates, e outras ferramentas virtuais):10%
Actividades (traballos, exercicios, resolución de casos prácticos e exposicións): 30%
Exame final: 60%.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Réxime para o alumnado con exención de docencia: O 100% da cualificación será a determinada polo exame final. O alumno/a poderá asistir ao longo de todo o curso académico ás titorías que precise.
Normativa de permanencia: Advírtase que, segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela o 5 de xuño de 2012 (artigo 5.2), "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".”
Docencia expositiva: 17 horas. Tempo de estudo para o seguimento da materia, a adquisición de coñecementos teóricos e a superación do exame: 55 horas. Total horas docencia teórica: 72
Docencia interactiva: 22 horas. Tempo de preparación de casos, debates, resolución de problemas e realización de traballos: 12 horas. Total horas docencia interactiva: 34.
Titorías: 2 horas
Total horas de traballo presencial na aula e titorías: 24
Total horas de traballo autónomo do alumno/a: 84
Horas totais: 108
- Recoméndase que dende o inicio do semestre o estudante se faga coa bibliografía básica e complementaria que se lle facilitou.
- A asistencia ás actividades docentes imponse como o método máis adecuado para o seguimento da materia.
- O tempo de estudo debe ser o máis continuado e estandarizado posible, realizando un seguimento semanal da materia.
- Baixo ningún concepto débese memorizar contido algún, se non se entendeu previamente. Para iso a realización das prácticas é indispensable, xa que pon de manifesto a comprensión ou non das normas xurídicas.
María Paloma Fisac De Ron
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Correo electrónico
- paloma.fisac [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Seminario 1 |
09.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 1 |
12.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 1 |