Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia Acción Socioeducativa nas Discapacidades pretende contribuír ao perfil profesional do educador social no ámbito das diversidades funcionais e, polo tanto, ao desenvolvemento de diversas competencias específicas e xenéricas coas que se relaciona. Para iso, inclúese dentro da área temática Educación Social e Diversidade, contribuíndo á formación de diversas competencias. O/a estudante ha de conseguir co estudo e traballo desta materia o afianzamento das competencias xenéricas universitarias correspondentes ao Grao de Educación Social, así como algunhas das súas competencias específicas.
Con este fin, os obxectivos de formación para a materia son os seguintes:
1. Adquirir unha conciencia crítica sobre o papel que como educadores sociais deben desempeñar na intervención socioeducativa con persoas con discapacidade/diversidade funcional.
2. Adquirir os coñecementos necesarios para poder interactuar e colaborar de maneira efectiva cos diferentes profesionais que traballan en equipo na intervención con persoas con diversidade funcional.
3. Crear un espazo de reflexión crítica que permita tomar conciencia das necesidades persoais, educativas e sociais derivadas das diferentes situacións vinculadas a persoas con discapacidade.
4. Asimilar as técnicas e estratexias de intervención que un educador ou educadora debe poñer en marcha ante persoas con diversidade funcional.
5. Afondar nunha reflexión sobre a diversidade funcional, impulsando unha actitude de cambio social a través do pensamento crítico, promovendo a sensibilización social e a eliminación de barreiras.
6. Desenvolver diferentes marcos e proxectos de intervención, adaptados á idade das persoas e á súa situación particular, con especial atención ás necesidades de persoas con diversidade funcional en contextos sociais e educativos.
Os contidos a abordar na devandita materia son os seguintes:
BLOQUE I: DISCAPACIDADE: CONCEPTUALIZACIÓN E CARACTERÍSTICAS
Tema 1: Modelos, clasificacións e situación da discapacidade
Tema 2: Trastornos e discapacidade
BLOQUE II: A EDUCADORA OU EDUCADOR SOCIAL E A DISCAPACIDADE
Tema 3: A intervención do educador social no ámbito da discapacidade
BLOQUE III: DISCAPACIDADE E CONTEXTOS DE INTERVENCIÓN: SOCIOCOMUNITARIO, FAMILIAR, ESCOLAR E SOCIOLABORAL
Tema 4: Afectividade e sexualidade das persoas con discapacidade
Tema 5: Emprego e inserción sociolaboral das persoas con discapacidade
Tema 6: Infancia e discapacidade
Tema 7: Benestar psicolóxico e calidade de vida
Tema 8: Turismo inclusivo, lecer e tempo libre
Tema 9: Problemáticas na familia da persoa con discapacidade
Tema 10: Muller e discapacidade (violencia, maternidade)
Tema 11: Discapacidade, envellecemento e morte
Tema 12: Relixión e discapacidade
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
-Suárez, J. M. (2011). Discapacidad y contextos de intervención. Sanz y Torres.
-Regueiro, B. (2022). Afectividade e sexualidade das persoas con discapacidade. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela. https://dx.doi.org/10.15304/9788419155177
-Regueiro, B. & Alonso-Ruido, R. (2022). Modelos, clasificacións e situación da discapacidade. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela. https://dx.doi.org/10.15304/9788418445910
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
-Arnau, S. (2012). El aborto eugenésico. Reflexiones ético -políticas desde la voz de la “bioética de la diversidad funcional”. Comunicación presentada en el XIX Congrés Valencià de Filosofia, Organizado por la Societat de Filosofia del País Valencià. Congreso Internacional “Edificar la Paz en el Siglo XXI” (Valencia, 29 -31 marzo de 2012).
-Asís, R. (2017). ¿Es la asistencia sexual un derecho? Revista Española de Discapacidad, 5(2), 7–18. https://doi.org/10.5569/2340-5104.05.02.01
-Berástegui, A., & Gómez-Bengoechea, B. (2006). Los menores con discapacidad como víctimas de maltrato infantil: una revisión. Intervención Psicosocial, 15(3). https://doi.org/10.4321/s1132-05592006000300004
-Bonilla, J. M. (2019). Los paradigmas y modelos sobre la discapacidad: evolución histórica e implicaciones educativas. Paradigma: Revista de Investigación Educativa, 26(42), 75–89. https://doi.org/10.5377/paradigma.v26i42.9019
-Conde, R. (2014). Evolución del concepto de discapacidad en la sociedad contemporánea: de cuerpos enfermos a sociedades excluyentes. Praxis Sociológica, (18), 127–148.
-García-Santesmases, A. (2020). El cuerpo en disputa: cuestionamientos a la identidad de género desde la diversidad funcional. Intersticios: Revista Sociológica de Pensamiento Crítico, 14, 351-382.
-Herrera-Castanedo, S., Vázquez-Barquero, J. L., & Gaite, L. (2008). La Clasificación Internacional del Funcionamiento, de la Discapacidad y de la Salud (CIF): aplicabilidad y utilidad en la práctica clínica. Rehabilitación, 42(6), 269–275. https://doi.org/10.1016/S0048-7120(08)75662-7
-Martín, M. C., Luque, E., & de la Fuente, Y. M. (2018). Turismo inclusivo para todas las personas. Una apuesta por la diversidad. Revista Electrónica de Investigación y Docencia (REID).
-Mora H., C, y Patiño L., M.E. (2019). Religión y discapacidad: tramas que construyen la calidad de vida de los creyentes. Psicología y Salud, 29(1), 125-137.
-Organización Mundial de la Salud (OMS). (2001). Clasificación Internacional del Funcionamiento, de la Discapacidad y de la Salud (CIF). OMS. Disponible en: https://apps.who.int/iris/bitstream/handle/10665/43360/9241545445_spa.p…
-Pié, A. & Riu, C. (2014). Violencia, mujer y diversidad funcional. La vulnerabilidad aumentada. Educació Social. Revista d’Intervenció Socioeducativa, 58, 45-64.
-Regueiro, B. & Alonso-Ruido, R. (2022). Problemáticas na familia da persoa con discapacidade. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela. https://dx.doi.org/10.15304/9788418445927
-Vidal, R. & Cornejo, C. (2016). Trabajo y discapacidad: una mirada crítica a la inclusión al empleo, Papeles de Trabajo, 31, 110-119.
-Villavicencio, C. E., Romero, M., Criollo, M. A., & Peñaloza, W. L. (2018). Discapacidad y familia: Desgaste emocional. Academo Revista de Investigación en Ciencias Sociales y Humanidades, 5(1), 89–98. https://doi.org/10.30545/academo.2018
Xerais:
CG4 - Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
Básicas:
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
Específicas:
CE1.3 - Avaliar as circunstancias persoais, institucionais e sociais que constitúen ao ser humano como protagonista da educación e das súas prácticas profesionais, desde a infancia ata a vellez.
CE2.1 - Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
CE2.2 - Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura de paz e á sustentabilidade.
CE2.3 - Facer uso de estratexias, procedementos, medios, técnicas, métodos, etc. que posibiliten unha intervención educativa directa con persoas e colectivos afectados por distintas problemáticas ou circunstancias sociais.
Transversais:
CT1 - Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos lingüísticos, materiais e tecnolóxicos.
O proceso de ensinanza-aprendizaxe articúlase arredor dunha combinación equilibrada de accións expositivas, participativas e prácticas, sempre con fundamento no espírito do Proceso de Bolonia e orientado ao desenvolvemento de competencias. En cada sesión expositiva, a docente presenta brevemente os contidos teórico-conceptuais e, a continuación, apoiarase na reflexión colectiva mediante debates, estudo de casos e resolución de supostos nas sesións interactivas. Ademais, a maioría das prácticas realizaranse e entregaranse no mesmo día; por iso, a asistencia é imprescindible para participar e cualificar estas actividades. No caso de non poder asistir, será necesario xustificar a falta —achegando o correspondente xustificante ao apartado correspondente no Campus Virtual—.
De forma complementaria, todos os traballos e actividades escritas seguirán as normas APA (7ª ed.) para cita e referencia de fontes. Para facilitar a aprendizaxe autónoma e asincrónica, empregarase o Campus Virtual e as ferramentas institucionais (correo USC, Office 365), onde estarán dispoñibles os materiais de aula, as actividades e os espazos de feedback e foro.
Por último, sempre que sexa posible, desenvolveranse prácticas de campo (visitas, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) co obxectivo de conectar teoría e realidade profesional, avaliando estes exercicios de forma interdisciplinar e colaborativa.
Con esta metodoloxía, preténdese propiciar un aprendizaxe activa, significativa e comprometida, que prepare ao alumnado para a intervención efectiva, ética e reflexiva no eido da educación social.
O sistema de avaliación da materia seguirá o seguinte sistema, que combina avaliación continua, avaliación final e os requisitos específicos para o alumnado con dispensa ou exención de docencia, segundo o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024):
I. PARTICIPACIÓN ACTIVA NA AULA
.- Peso na cualificación: 20%
.- Instrumentos de avaliación: Listas de control, observación docente e actividades de clase.
.- Indicadores / pautas para a avaliación: A puntuación total desta sección será obtida polas e polos estudantes que asistan á clase de maneira asidua e participen activamente nas dinámicas propostas, contribuíndo de forma verbal e explicita nos debates e actividades, mostrando unha actitude proactiva e relevante para o tema tratado en cada sesión.
II. PRÁCTICAS E OUTRAS PRODUCCIÓNS
.- Peso na cualificación: 30%
.- Instrumentos de avaliación: Elaboración e entrega das actividades encomendadas no prazo establecido.
.- Indicadores / pautas para a avaliación: (I) Para conservar o dereito á avaliación continua, será necesario acadar unha nota mínima de 2.5 puntos sobre o total das prácticas realizadas. (II) As prácticas entregadas na primeira oportunidade que obteñan unha cualificación positiva manterán esta cualificación na segunda oportunidade. (III) As cualificacións obtidas nas diferentes dimensións da avaliación no presente curso non se manterán en cursos posteriores. Neste sentido o alumnado repetidor someterase ao réxime ordinario, isto é, deberá cumprir cos requisitos de asistencia e realizar todas as actividades previstas no programa docente, sen opción a alternativas específicas.
III. PROBA ESPECÍFICA
.- Peso na cualificación: 50%
.- Instrumentos de avaliación: Exame final que poderá consistir en preguntas curtas, tipo test e/ou un comentario crítico.
.- Indicadores / pautas para a avaliación: (I) A proba final avaliará os coñecementos adquiridos durante o curso. (II) Nota mínima: É imprescindible alcanzar unha nota mínima de 2.5 puntos nesta proba para que se teñan en conta as outras partes da avaliación (participación activa e prácticas).
ALUMNADO CON DISPENSA OU EXENCIÓN DE DOCENCIA
I. Alumnado con dispensa (segundo a Instrución núm. 1/2017, Secretaría Xeral da USC): Peso na cualificación: 100%. O alumnado con dispensa de asistencia será avaliado só na proba específica (exame final) e terá que entregar o xustificante pertinente da dispensa nos 10 primeiros días despois da resolución da mesma.
II. Alumnado con exención de docencia: O alumnado con exención de docencia deberá realizar as mesmas actividades que o alumnado asistente e someterase ao mesmo réxime de avaliación.
*NOTAS ACLARATORIAS
.- COPIA/PLAXIO, GRABACIÓNS NON AUTORIZADAS E USO DE IA:
Segundo a Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación (aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017), a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
.- ASISTENCIA A CLASE:
Tendo en conta o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024), a asistencia será preceptiva para superar a materia e para presentarse á realización do exame. Para isto, o alumnado deberá acudir ao 80% das sesións. Antes da realización da proba final, a docente informará ao alumnado que non cumpra con esta condición.
Horas presenciais do estudante: 44 horas
Horas non presenciais: 92 horas
Total horas: 136 horas
Na presentación da materia, ao inicio do curso, procedérase a distribuír estas horas nas diferentes actividades a desenvolver durante o mesmo.
- Os contidos desta materia están estruturados de tal forma que é preciso un traballo diario e constante para que o alumnado vaia alcanzando progresivamente o seu dominio. Iso permitiralle resolver os traballos que conforman a práctica, conseguindo os obxectivos propostos e as competencias da materia.
- Participación activa e boa actitude nas clases e en cantas actividades se realicen (charlas-coloquio, visitas pedagóxicas, proxeccións, dinámicas, etc.)
- Responsabilidade, compromiso e ética á hora de realizar e entregar os traballos (tanto individuais como grupais).
.- Horario de titorías da docente:
O horario de titorías estará exposto no despacho da docente e na páxina web oficial da facultade.
.- Datas de exames:
As datas dos exames están no calendario oficial da USC.
.- Responsabilidade medioambiental:
-Evitar o uso de tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernacións.
-Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar incluir anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
.- Perspectiva de xénero:
Recoméndase o uso de linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pódese obter máis información sobre isto no seguinte enlace: https://assets.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
.- Obrigatoriedade de uso da conta de correo institucional (RAI):
A comunicación entre o profesorado, titores, coordinacións e alumnado debe realizarse a través da conta de correo institucional RAI. É imprescindible que cada alumna e alumno teña activado o seu correo electrónico institucional.
.- Obrigatoriedade do uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais:
O alumnado deberá utilizar as ferramentas tecnolóxicas oficiais da USC, tales como o Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas e autorizadas pola universidade.
.- Uso do teléfono móbil:
Non se poderá empregar o teléfono móbil durante as clases, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente. O alumnado será responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso inapropiado do teléfono.
.- Privacidade no proceso de ensino-aprendizaxe:
O ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, entendendo por privado o proceso de comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o alumnado matriculado na materia.
.- Cumprimento da normativa de protección de datos:
O alumnado deberá respectar a normativa de protección de datos persoais. Pode consultar a política de privacidade no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Bibiana Regueiro Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813889
- Correo electrónico
- bibiana.regueiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
16:30-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
28.05.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
01.07.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |