Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia pretende contribuír á formación do estudantado nas competencias vinculadas á titoría e mentoría na formación. Así, buscará favorecer a consecución dos seguintes obxectivos:
- Coñecer a función titorial e de mentoría nas accións formativas.
- Desenvolver competencias especializadas da titoría e da mentoría nos procesos formativos ante novos ámbitos de intervención profesional.
- Planificar propostas de acción titorial e mentoría nos procesos formativos adecuándose ás características específicas das persoas usuarias.
- Deseñar e avaliar técnicas e recursos de asesoramento titorial e de acompañamento formativo, apoiándose en estratexias e ferramentas do coaching e doutras disciplinas.
Para a consecución dos obxectivos da materia, propóñense os seguintes contidos:
Bloque I. Conceptos básicos
• Tema 1. Conceptualización dos procesos de axuda na formación (titoría e mentoría)
• Tema 2. O coaching como axuda ao desempeño profesional
• Tema 3. A mentoría como proceso de desenvolvemento personal
Bloque II. Guía e apoio nos procesos formativos
• Tema 4. Desenvolvemento de competencias en mentoría e acompañamento formativo
• Tema 5. Deseño, avaliación e ferramentas para accións de titoría e mentoría
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Deserti, E. O. (2021). La tutoría-mentoring y el proceso de formación de recursos humanos. Retos de la nueva normalidad. Revista educ@rnos.
De Medrano Ureta, C. V. (2009). Competencias del profesor-mentor para el acompañamiento al profesorado principiante. Profesorado, Revista de currículum y formación del profesorado, 13(1), 209-229.
Sánchez García, M. F., Manzano Soto, N., Rísquez López, R. A., e Suárez Ortega, M. (2011). Evaluación de un modelo de orientación tutorial y mentoría en la Educación Superior a distancia. Revista de Educación, (356), p. 719-732.
Valderrama, B. (2009). Desarrollo de competencias en mentoring y coaching. Prentice-Hall.
Soto, N. M., Cuadrado, A. M., García, M. S., Risquez, A., e Ortega, M. S. (2012). El rol del mentor en un proceso de mentoría Universitaria/(The role of mentor in higher education mentoring process). Educacion XXI, 15(2), 93.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bou, J. F. (2009). (3ª Ed.). Coaching para docentes. El desarrollo de habilidades en el aula. Club Universitario.
Castillo Arredondo, S., Torres González, J. A., e Polanco González, L. (2009). Tutoría en la enseñanza, la universidad y la empresa: Formación y práctica. Pearson Educación.
Colomer, J., Santos, L., Casado Muñoz, R., del Arco, I., e Casellas, R. M. (2010). Programas de tutoría y mentoría: Respondiendo al desafío de la universidad centrada en el estudiante. In VI CIDUI: Nuevos espacios de calidad en la educación superior: un análisis comparado y de tendencias (pp. 5346-5367). [Sl: sn], 2010.
Correa, L. J. L. (2008). El coaching como estrategia para la formación de competencias profesionales. Revista Escuela de Administración de negocios, (63), 127-144.
Díaz Larenas, C., e Bastías Díaz, C. (2013). Los procesos de mentoría en la formación inicial docente. Revista internacional de investigación en ciencias sociales, 9(2), 301-315.
García Ricondo, B. (2016). Coaching práctico en educación: transformando sueños en aprendizajes. Dextra.
Giráldez Hayes, A. (2016). Coaching educativo. Paraninfo.
Goldwarg, D. (2015). Competencias de coaching aplicadas: con estándares internacionales. Granica.
Gordillo, M. V. (2008). Nuevas perspectivas en orientación. Del counseling al coaching. Síntesis.
Launer, V. (2012). Coaching: un camino hacia nuestros éxitos. Pirámide, D.L.
Marques Dos Santos, P., Almeida, S., Santos, J., Almeida, F., Sampaio, R., Martins, I., ... e Coutinho, E. (2020). Constrangimentos na implementação de um programa de mentoria implementado numa instituição de ensino superior. Millenium Journal, 7(2), 123-131.
Macías, A. V., de Miguel, C. R., Jiménez, E. G., e Rodríguez, S. R. (2003). Innovación en la orientación universitaria: la mentoría como respuesta. Contextos educativos: Revista de educación, (6), 87-112.
Pérez, P. R. Á., Aguilar, D. L., e Rosales, G. S. (2021). Los planes de tutoría de carrera en la Universidad de La Laguna. In Buena orientación, buena elección: II Congreso Internacional de Orientación Universitaria (p. 36). Universidad de Valladolid.
Ponce Ceballos, S., García-Cabrero, B., Islas Cervantes, D., Martínez Soto, Y., e Serna Rodríguez, A. (2018). De la tutoría a la mentoría. Reflexiones en torno a la diversidad del trabajo docente. Páginas de educación, 11(2), 215-235.
Valverde Macías, A., García Jiménez, E., e Romero Rodríguez, S. (2003). La función tutorial en la Universidad de Sevilla. La mentoría como respuesta: el proyecto SI. MUS. Tutoría universitaria (pp. 271-284).
Wisker, G., Exley, K., Antoniou, M., e Ridley, P. (2012). Trabajando individualmente con cada estudiante: Tutoría personalizada, coaching, mentoría y supervisión en Educación Superior (Vol. 34). Narcea Ediciones.
COMPETENCIAS XERAIS
X1. Coñecer e usar variedade de recursos e técnicas especializadas para a construción de coñecementos científicos sobre a formación.
X2. Formular e resolver problemas extraídos da práctica, chegando a empregar esquemas de resolución non coñecidos (ser creativo/a).
X3. Adopción de actitudes favorables cara á participación e implicación en procesos de formación e cara á colaboración como pauta de relación profesional.
X4. Organizar e xestionar o uso e o funcionamento de recursos humanos, materiais e tecnolóxicos en contornas formativas.
X6. Asumir un compromiso ético e metodolóxico coa práctica científica e profesional.
X8. Adecuarse a situacións novas ou cambiantes, reaccionar positivamente e aceptar, entender ou introducir novos puntos de vista cando a situación o precise.
X11. Actuar con rigor, obxectividade e cautela á hora de emitir xuízos atendendo aos valores democráticos.
X12. Desenvolver unha actitude crítica na actuación profesional.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E3. Comprender e aplicar técnicas e estratexias metodolóxicas axeitadas para a resolución de casos.
E4. Identificar aspectos específicos das problemáticas e tendencias educativas actuais.
E5. Desenvolver una actitude positiva cara á incorporación das técnicas e/ou procedementos de recollida de información no traballo profesional.
E8. Deseñar e poñer en marcha procesos formativos de calidade que respondan a necesidades da práctica profesional e nichos formativos emerxentes.
E15. Detectar e avaliar os diferentes factores tanto persoais, interpersoais ou sociais que inciden en determinadas situacións e que son xeradores ou manteñen situacións de exclusión.
A metodoloxía proposta integra dous elementos fundamentais para o correcto desenvolvemento da materia: teoría e práctica. Polo tanto, combinaranse sesións de carácter teórico-expositivo e sesións de carácter interactivo que contribúan á posta en práctica dos coñecementos adquiridos por parte do estudantado en tarefas concretas que permitan a reflexión persoal, a análise, a creación propia, o descubrimento ou a busca de información, entre outros aspectos. Asemade, o traballo nas sesións presenciais debe complementarse, necesariamente, co traballo autónomo por parte do estudantado fora da aula.
As sesións expositivas desenvolveranse na aula e incluirán diversas actividades:
- Exposicións por parte do profesorado sobre os contidos.
- Exposicións por parte do estudantado de actividades formativas realizadas de xeito autónomo, -mapas conceptuais, análise/comentarios de texto, análise de vídeo, entre outros.-.
- Discusións sobre os contidos do tema, previa análise por parte do estudantado.
As sesións interactivas servirán para o desenvolvemento de actividades prácticas individuais e grupais dentro da aula. Procurarase así o traballo en grupo e a aprendizaxe cooperativa.
As actividades nas aulas interactivas realizaranse tanto individualmente como en pequenos e grandes grupos, segundo requira cada proposta. Estes grupos serán conformados e reformados polo estudantado no desenvolvemento da materia.
É importante sinalar que a proposta de actividades terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia, ademais da coordinación coas materias do semestre.
No que respecta ao traballo autónomo fóra da aula, concretarase en diversas actividades de aprendizaxe que se irán especificando para cada tema e para cada sesión interactiva. Ditas actividades deberán entregarse, en prazo e forma, a través da Aula Virtual ou ben no formato que indique o profesorado, se fose pertinente outro tipo de soporte.
Así, cómpre indicar que o uso da Aula Virtual será de especial relevancia, debendo entenderse como unha ferramenta esencial a través da que acceder aos recursos e para a comunicación, favorecendo deste modo os procesos de ensino-aprendizaxe.
O 40% da materia realizarase de maneira non presencial, a través das ferramentas tecnolóxicas institucionais. Máis concretamente, levaranse a cabo actividades de participación individual e/ou en grupo a través de foros, reunións/titorías en liña, etc., onde se analizarán temas de interese e actividades específicas para cada tema que complementen os contidos impartidos nas sesións presenciais.
Ademais, serán fundamentais as titorías de carácter presencial, se ben poderán realizarse parcialmente de xeito virtual a través da plataforma Microsoft Teams. En calquera caso, salvo excepcións previamente acordadas, levaranse a cabo no horario do profesorado sinalado na páxina web da Universidade. Estas sesións servirán ao desenvolvemento teórico-práctico da materia e á orientación dos traballos que se realicen ao longo do curso.
Por último, é importante sinalar que deberá empregarse o correo electrónico da USC, - [at] rai.usc.es (-[at]rai[dot]usc[dot]es)-, polo que será imprescindible que estea activo ao inicio da materia.
Seguirase unha avaliación continua formativa para todo o estudantado, incluido aquel con dispensa de asistencia á clase. Dita modalidade avaliativa contempla o emprego de diversos instrumentos, normas e circunstancias que inciden na avaliación e que se detallan a continuación:
1. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
1.A. PARTICIPACIÓN ACTIVA NA AULA, -PRESENCIAL OU VIRTUAL-.
Carácter: obrigatorio.
Peso na cualificación: 20%, -2 puntos-. Máximo 2 puntos e mínimo 1 punto para superar esta parte.
Instrumentos principais de rexistro:
- As listaxes de asistencia e seguimento das actividades na Aula Virtual.
- A observación directa do profesorado nas sesións presenciais.
- O seguimento das actividades propostas.
Criterios de avaliación:
- Asistencia regular ás aulas, -expositivas, interactivas e virtuais-.
- Participación activa nas actividades que se realicen na aula e na plataforma.
- Realización de tarefas de aula que se irán desenvolvendo en grupo ao longo da materia.
1.B. PRÁCTICAS DA MATERIA
Carácter: obrigatorio.
Peso na cualificación: 80%, 8 puntos-. Máximo 8 puntos e mínimo 4 puntos para superar esta parte.
Realización en grupos de actividades prácticas que se desenvolverán dentro (e fora) da aula. Para superar e acadar unha valoración positiva na materia, será preciso realizar e facer entrega en prazo as actividades de avaliación requeridas.
Criterios xerais de avaliación:
- Axustarse ás directrices aportadas polo profesorado en canto a forma, contido e aspectos formais.
- Cumprir cos prazos de entrega establecidos.
- Claridade expositiva e coherencia na redacción dos contidos tratados.
- Empregar unha linguaxe de calidade e unha expresión lingüística sen erros ortográficos nin de sintaxe.
- Rigor científico na presentación dos contidos.
- Calidade e claridade na exposición oral.
Os traballos deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente edición da convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Así mesmo, na realización dos traballos/prácticas seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-, que se poden consultar no seguinte enlace: https://apastyle.apa.org
Datas de exames: no calendario oficial.
2. NORMATIVA E CONDICIÓNS DA AVALIACIÓN
Con carácter xeral, para superar a materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:
- Cualificación mínima: establécese unha puntuación mínima de 5 puntos para obter a cualificación de aprobado na materia. Esta puntuación debe obterse a partir da puntuación mínima concretada nas epígrafes 1.A. Participación na aula, e 1.B. Prácticas de la materia
- Asistencia: terá unha incidencia directa na avaliación continua:
a) Asistencia a un 80% ou mais das sesións presenciais: asistir como mínimo ao 80% das sesións presenciais e implicarse activamente nas actividades solicitadas.
b) Estudantado que asista a menos do 80% das sesións presenciais: con ausencias superiores ao 20% do total das sesións presenciais (por razóns xustificadas ou non), deberá continuar o traballo de maneira individual.
DISPENSA DE ASISTENCIA
O estudantado con dispensa de asistencia a clase concedida (Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela) deberá pórse en contacto co profesorado para establecer un plan de seguimento.
As actividades e traballos a realizar serán as mesmas que para o estudantado asistente (mais neste caso desenvolveranse individualmente ou en parella) a diferenza do punto 1.A. Participación activa na aula, que neste caso será avaliada a través de titorías periódicas de seguemento (presencial ou virtualmente).
DIVERSIDADE FUNCIONAL
O estudantado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento normalizado da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) da USC (https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social), e informar do seu caso ao profesorado dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de poder acordar o plan de traballo e as adaptacións e apoios oportunos para un adecuado seguimento da materia.
XULLO
O estudantado, de ser o caso, deberá superar as partes pendentes da materia (entrega de traballos prácticos grupais e/ou individuais).
ESTUDANTADO REPETIDOR
No caso do estudantado repetidor, só terá que presentarse ás partes da materia non superadas no curso anterior (requisito de asistencia e participación e entrega de traballos prácticos).
As horas de traballo dentro da materia, distribúense do modo en que sigue:
- Horas presenciais: 24 horas.
sesións expositivas: 9 horas + 3,6 horas en liña.
sesións interactivas: 12 horas + 4,8 horas en liña.
titorías: 3 horas + 1,2 horas en liña.
- Traballo autónomo sobre contidos teóricos: 31 horas.
documentación e estudo: 20 horas
lecturas recomendadas: 11 horas.
- Elaboración do traballo grupal: 20 horas.
- A asistencia continuada ás sesións presenciais e a entrega en tempo e forma das actividades que se propoñan.
- Contar con coñecementos de informática a nivel básico.
- Desenvolver un estudo comprensivo e non memorístico da materia.
- É moi importante realizar un traballo continuado todas as semanas, xa que a materia está formulada de tal forma que a realización dunhas actividades precisa ter realizadas as anteriores.
- Amosar, tanto nas intervencións na aula como nas actividades, unha actitude ética e de compromiso co traballo.
- Titorías: recoméndase ao estudantado que faga uso das titorías presenciais sempre e cando teña algunha dúbida ou cuestión pertinente.
- Consulta frecuente da Aula Virtual e, por extensión, dos materiais e recursos aí postos á disposición do estudantado.
- Preparación previa dos materiais que se vaian a traballar en aula cando se indique.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
- Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
- Responsabilidade medioambiental. Se a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
• Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
• Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
• Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
• Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
• Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia das prácticas, tales como o recoñecemento e consideración das situacións particulares das alumnas, a promoción dun clima de interaccións igualitario, a organización paritaria de grupos sempre que sexa posible, a visibilización das achegas científicas e técnicas das mulleres na materia e das propias alumnas e a introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do estudantado.
PROTECCIÓN DE DATOS
Será obrigatorio cumprir coa normativa vixente na USC para a protección de datos (https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos).
COMUNICACIÓN
O estudantado deberá empregar necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado.
Horario de titorías do profesorado: exposto nos despachos, na aula virtual e na páxina web da Facultade.
Será obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
O proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é privado, entendendo como tal un proceso de comunicación e intercambio entre os docentes e o estudantado matriculado na materia.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS
Para facilitar un axeitado desenvolvemento da docencia nesta e noutras materias, é conveniente que respectemos os horarios de entrada e saída da aula. En consecuencia, por razóns organizativas e de respecto aos demais, espérase de todas/os que fagamos o esforzo de ser puntuais.
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polos docentes, responsabilizándose ao estudantado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Rebeca Garcia Murias
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881 8-138
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
26.05.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
01.07.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |