Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Enfermaría
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer o concepto de perspectiva de xénero e as implicacións que supón a súa aplicación no deseño e avaliación de programas.
- Deseñar e avaliar programas desde a perspectiva de xénero adquirindo un compromiso ético-metodolóxico na transformación da realidade social.
- Aplicar a perspectiva de xénero na práctica profesional.
1.- Deseño de programas desde a perspectiva de xénero: marco teórico-conceptual
1.1. Concepto de programa
1.2. Fases no deseño de programas
1.2.1. Diagnóstico
1.2.2. Planificación e Execución
1.2.3. Avaliación
2. Incorporación da perspectiva de xénero na avaliación de programas
2.1. Concepto e modelos de avaliación de programas
2.2. Fases do proceso de avaliación de programas
2.3. Enfoques metodolóxicos e deseños de avaliación
2.4. Técnicas de recollida e análisis e interpretación da información
3. Avaliación de políticas públicas e programas de xénero
Bibliografía Básica
Emakunde (1998). Guía metodológica para integrar la perspectiva de género en proyectos y programas de desarrollo. Vitoria: Instituto Vasco de la Mujer. http://www.emakunde.es/images/upload/guia_cast.pdf
Emakunde (2004). Manual de evaluación con enfoque de género. Para proyectos y programas de empleo. Instituto Vasco de la Mujer http://cinterfor.org.uy/public/spanish/region/ampro/cinterfor/temas/gen…
Rebolloso, E.; Fernández Ramirez, B., & Cantón, P. (2008). Evaluación de programas de intervención social. Síntesis
Bibliografía Complementaria
Álvarez Rojo, V. (Coord.). (2002). Diseño y evaluación de programas. EOS.
Anguera, Mª. T., Chacón, S., & Blanco, A. (2008). Evaluación de programas sociales y sanitarios: un abordaje metodológico. Síntesis.
Caro, D., Schueller, J., Ramsey, R., & Voet, W. (2005). Manual de integración de una perspectiva de género en programas de Salud reproductiva y VIH: del compromiso a la acción. Recuperado de http://www.prb.org/pdf05/ManualIntegrGendr_Sp.pdf
Emakunde (2000). Buenas prácticas de igualdad de oportunidades en los proyectos de empleo y formación. Instituto Vasco de la Mujer.
Expósito, J., & Olmedo, E. (2006). La evaluación de programas. Teoría, investigación y práctica. Grupo Editorial Universitario.
Instituto Andaluz de la Mujer (2002). Mainstreaming o enfoque integrado de Género: Manual de aplicación en Proyectos de Empleo. LIKADI.
Martínez Mediano, C. (2007). Evaluación de programas: modelos y procedimientos. UNED.
Pérez Serrano, Mª. G. (Coord.). (2000). Elaboración de proyectos sociais. Casos prácticos. Narcea.
VV.AA. (1999) Mainstreaming de género. Marco conceptual, metodología y presentación de “buenas prácticas”. Instituto de la Mujer.
Páxinas web
Secretaría Xeral de Igualdade: http://igualdade.xunta.es/es
Instituto de la Mujer: http://www.inmujer.es/
Centro de Documentación Instituto de la Mujer: http://www.inmujer.es/servRecursos/centroDocumentacion/home.htm
Revistas
Revista multidisciplinar de estudios de género: https://e-revistas.uc3m.es/index.php/FEMERIS
Revista Internacional de Estudios Feministas: https://revistas.udc.es/index.php/ATL
Journal of Feminist, Gender and Women Studies: https://revistas.uam.es/revIUEM
Competencias Básicas e Xerais
CG3 - Adquirir a capacidade de obtención e xestión da información e dispoñer da capacidade de decisión.
CG5 - Ser capaces de traballar en equipo utilizando parámetros de diversidade e multiculturalidade.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Competencias Transversais
CT2 - Ser capaces de efectuar avaliacións e análises de políticas públicas e de planificacións didácticas desde unha óptica de interconexións e transversal de xénero.
CT3 - Posuír a capacidade de impulsar e xestionar a implementación de accións favorecedoras da igualdade de xénero desde unha perspectiva transversal de xénero ( mainstreaming) nos distintos niveis da educación institucional formal, isto é, da educación infantil, primaria e secundaria, e tamén nos campos da educación formal no ámbito comunitario.
CT4 - Ser capaces de organizar accións favorecedoras da igualdade de xénero desde unha perspectiva transversal de xénero ( mainstreaming) en todas as esferas sociais, administrativas e políticas.
Competencias Específicas
CE3 - Poder efectuar e xestionar avaliacións das múltiples situacións sociais, culturais, educativas, económicas e políticas desde o punto de vista do coñecemento científico específico das mulleres e do xénero.
CE4 - Desenvolver e planificar accións educativas e de intervención socio-educativa nos múltiples contextos sociais e de planificación cultural, económica, política e administrativa desde o punto de vista do coñecemento científico específico das mulleres e do xénero.
A metodoloxía a seguir basearase na combinación de clases expositivas e interactivas, a través da exposición por parte do profesorado dos aspectos máis relevantes dos contidos propostos no programa, e a realización de actividades prácticas para afondar nas distintas temáticas traballadas na aula. Para o desenvolvemento da materia farase uso da aula virtual da USC na que o alumnado terá a súa disposición toda a documentación necesaria.
O sistema de avaliación estará baseado nun proceso de seguimento continuo a partir de traballos e prácticas relacionadas cos contidos da materia. A avaliación será continua e consistirá na realización en grupo dun traballo práctico relacionado cos contidos da mesma, que suporá o 100% da cualificación, no que se valorará a súa calidae asi como a observación derivada do seguimento do mesmo durante o seu desenvolvemento.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase ou exención de docencia, deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos primeiros 15 días posteriores á comunicación de dita concesión para presentar a documentación pertinente e acordar o plan de traballo. Para este alumnado o seguimento da materia se realizará a través do campus virtual e titorías individuais e a avaliación consistirá na realización dunha proba escrita (40%) e un traballo práctico relacionado cos contidos da materia (60%).
Na segunda oportunidade, o alumnado será avaliado unicamente por unha proba final que terá un peso do 100% na avaliación.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
Para poder ser avaliado o estudante debe asistir ao menos ó 80 % da actividade presencial, atendendo ao disposto no artigo 1.1.c do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificacións (Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
A un crédito ECTS lle corresponden 25 horas, das cales como mínimo 12 son de traballo persoal.
- Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia.
- Realización e participación activa nas actividades prácticas.
- Traballo do alumnado dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.
-Asistencia a Clase
A asistencia a clase axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024 (https://hdl.handle.net/10347/38041).
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual. No caso de que se solicite a entrega dalgún traballo en papel deberán cumprirse os seguintes requisitos de Responsabilidade medioambiental:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://assets.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- O proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Monica Antelo Martelo
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Correo electrónico
- monica.antelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Maria Josefa Mosteiro Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813842
- Correo electrónico
- pepa.mosteiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
17:00-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
09.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
09.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |