Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O1. Coñecer e entender o novo concepto de intelixencia.
O2. Entender e xestionar a diversidade intelectual na aula.
O3. Desenvolver habilidades para identificar a variabilidade intelectual no alumnado.
O4. Coñecer as necesidades educativas derivadas da discapacidade intelectual.
O5. Coñecer as necesidades educativas derivadas das altas capacidades.
O6. Coñecer diferentes experiencias, modelos e programas de intervención destinados a discapacidade intelectual e/ou a altas capacidades.
O7. Saber deseñar e aplicar pautas de actuación específica con alumnado con discapacidade intelectual e con alumnado de altas capacidades.
Contidos Teóricos (Expositivas)
Tema 1. Diversidade cognitiva. As diferencias cognitivas no desenvolvemento humanos.
(Definición de cognición e diversidade cognitiva; Procesos cognitivos básicos e superiores; Modificabilidade cognitiva).
Tema 2. Aspectos conceptuais e criterios de identificación no ámbito educativo da Discapacidade Intelectual (DI).
(Tipoloxía e características do alumnado con DI; Detección e identificación do alumnado con DI no contexto educativo).
Tema 3. Aspectos conceptuais e criterios de identificación no ámbito educativo das Altas Capacidades (AACC).
(Tipoloxía e características do alumnado con AACC; Detección e identificación do alumnado con AACC no contexto educativo).
Tema 4. Escolarización e intervención educativa na Diversidade Cognitiva. Necesidades educativas e medidas de atención á diversidade na DI e AACC. Programas e modelos.
(Medidas educativas de atención á diversidade; Intervención educativa no ámbito comportamental, cognitivo e socioemocional; Programas e modelos de intervención no ámbito educativo).
Contidos Prácticos (Interactivas)
Nas sesións interactivas realízanse diferentes actividades, de carácter eminentemente práctico e grupal. Os criterios de avaliación destes traballos poderán variar para cada un deles, considerándose aspectos xerais da avaliación a calidade dos contidos do traballo, a calidade expositiva, a participación do grupo, o grao de axuste ás directrices, as achegas críticas…
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Basedas, E. (2010). Alumnado con discapacidad intelectual y retraso mental. Grao.
Martínez, M. T. e Guirado, A. (2010). Alumnado con altas capacidades. Grao.
Xunta de Galicia (2010, 2011). Alumnado con discapacidade inteletual. Orientacións e respostas educativas. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Xunta de Galicia (2019). Protocolo para a atención educativa ao alumnado con altas capacidades intelectuais.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Alonso, J. A. (2003). Manual internacional de superdotación. EOS.
Bueno, J.J. (2001). Atención educativa a la diversidad en el nuevo milenio. Servicio Publicaciones de la UDC.
Calero, M.D. (1995). Modificación de la inteligencia: sistemas de evaluación e intervención. Pirámide.
Etchepareborda, M. C., E Abad-Mas, L. (2005). Memoria de trabajo en los procesos básicos del aprendizaje. Revista de neurología, 40(1), 79-83.
Fernández, M.T. e Fernández, M.T. (2011). Cómo intervenir educativamente con los alumnos de altas capacidades intelectuales: guía para profesores y orientadores. Alcalá de Guadaira.
Gómez, M.T. (2011). Altas capacidades en niños y niñas: detección, identificación e integración en la escuela y en la familia. Narcea.
Gross, J. (2004). Necesidades educativas especiales en educación primaria. Morata.
Heward, W. (2003). Niños excepcionales: una introducción a la educación especial. Prentice Hall.
López, M., López, M. e Lloret, V. (2009). La discapacidad: aspectos educativos y sociales. Aljibe.
Luque, D.J. (2006). Orientación educativa e intervención psicopedagógica en el alumnado con discapacidad. Aljibe.
Martínez, M. e Guirado, A. (coords.) (2012). Altas capacidades intelectuales: pautas de actuación, orientación, intervención y evaluación en el período escolar. Grao.
Meilán, J. J. G., Salgado, V. M., Arana, J. Mª., Carro, J. e Jenaro, G. (2008). Entrenamiento cognitivo y mejora de la memoria prospectiva en jóvenes con retraso mental leve. Revista de Investigación Educativa, 26(1), 227-245.
Moreno, M. e Montero, P.J. (2007). Intervención educativa en la discapacidad intelectual. Talleres y aplicaciones prácticas. Editorial EOS.
Muntaner, J. J. (2010). Escuela y discapacidad intelectual: propuestas para trabajar en el aula ordinaria. Ediciones de la UI.
Pomar, C. (2014). Guía para profesores. O triángulo máxico das altas capacidades. CSIF-Galicia.Prieto, M.D. (1996). Programas para la mejora de la inteligencia. Síntesis.
Prieto, M.D. (1997). Identificación, evaluación y atención a la diversidad del superdotado. Aljibe.
Taboada, E.M., Iglesias-Souto, P.M., e Dosil, A. (2013). Guía para a asignación de servizos sociais a persoas en situación de dependencia. Xunta de Galicia.
Competencias Básicas
B.2. Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias Xerais
X4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
Competencias Específicas
E4. Identificar dificultades de aprendizaxe, informa delas e colaborar no seu tratamento.
E6. Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
E17. Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria.
Competencias transversais
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4 - Competencia informacional.
Proponse o desenvolvemento dunha metodoloxía activa e participativa, potenciando o traballo autónomo do alumnado. Tanto as clases expositivas coma as interactivas pretenden situar ao alumnado nun contexto específico do seu desenvolvemento profesional que ten como obxectivo a formación no ámbito da diversidade cognitiva.
As actividades presenciais co grupo de clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecementos para promover a significatividade das aprendizaxes. Os materiais empregados nelas estarán a disposición do alumnado no Campus Virtual.
As actividades en grupo mediano teñen como obxectivo favorecer a docencia interactiva, cun peso a miúdo importante do traballo en equipo, favorecendo a cooperación e o intercambio de experiencias. Son adecuadas para un maior protagonismo do alumnado, en ocasións servíndose de recursos audiovisuais e/ou informáticos para buscar información, realizar presentacións, reflexión nos subgrupos, postas en común, e desenvolvendo outro amplo abanico de tarefas diversas relacionadas con métodos como o desenvolvemento de proxectos, estudo de caso, xogo de roles, discusión, etc., ou unha experiencia ou prácticas específicas a desenvolver. Inclúense tamén aquelas actividades nas que se avalíen as aprendizaxes e o ensino en grupos medios.
As actividades en pequeno grupo ou individuais serán preferentemente en grupos de tamaño reducido ou mesmo titorías individuais. Implican unha atención máis personalizada por parte do profesorado, con actividades como a discusión ou comentario de determinados traballos, diálogo sobre cuestións dubidosas ou sobre temas de interese, comentario e orientación sobre lecturas e traballos escritos máis específicos, en función das características e necesidades máis particulares.
Ademais das presentacións escritas elaboradas polo profesorado, o alumnado contará con bibliografía básica online (libre) para o traballo autónomo dos contidos da materia. Todos os materias estarán dispoñibles no Campus Virtual. Asemade, para algún tema específico poderá cargarse algún capítulo concreto da bibliografía complementaria máis relevante.
A cualificación global do alumnado na materia provirá:
-Un 50% da cualificación dos traballos individuais/grupais realizados nas sesións expositivas e interactivas. É preceptivo ter aprobado esta parte para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da materia.
-Un 50% da cualificación dun exame final, que será tipo test (25 preguntas, 3/4 alternativas de resposta con só 1 correcta). É preceptivo ter aprobado esta parte para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da materia.
Con axuste ao Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (2024), a asistencia ás clases interactivas é preceptiva para aprobar a materia (agás faltas por motivos xustificados, que son aqueles que se recollen no Artigo 3 do citado Regulamento.
Ademais, o alumnado deberá ter participado, realizado e presentado, polo menos, un 80% dos traballos obrigatorios requiridos nas sesións interactivas e expositivas. Aquelas persoas que non asistan ás sesións expositivas/interactivas relacionadas cun traballo concreto, e carezan dun motivo xustificado, non poderán entregalo.
A non realización dun 80% das actividades propostas nas sesións expositivas ou nas sesións interactivas levará consigo unha cualificación de "suspenso (0)" neste apartado. Cando non se superen as actividades vinculadas ás sesións expositivas ou ás sesións interactivas, a cualificación que figurará nesta parte será de "suspenso" co valor numérico máis próximo ao 5 obtido nun ou outro apartado de avaliación.
O alumnado con exención/dispensa de asistencia será avaliado nas condicións máis similares posible ao alumnado asistente. Así, a cualificación global do alumnado de dispensa e de exención na materia provirá:
-Un 50% da cualificación dos traballos propostos para as sesións expositivas e interactivas (que realizarán de xeito autónomo cando correspondan con sesións ás que foron dispensadas/os de asistir). É preceptivo ter aprobado esta parte para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da materia.
-Un 50% da cualificación do exame final. É preceptivo ter aprobado o exame para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da materia.
En caso de suspender algunha das partes que sexa imprescindible aprobar para ser sumadas á nota final da materia, a nota que constará na acta será a nota máis alta obtida en calquera dos apartados (sen levar a cabo ningunha suma).
A materia ten en torno a 35 horas de clases presenciais, distribuídas en actividades en gran grupo (clases expositivas), actividades en grupo mediano en seminarios (clases interactivas), titorías e actividades de avaliación formativa e sumativa (clases expositivas, interactivas ou traballo autónomo).
Estímase que o alumnado deberá dedicar 90 horas de traballo persoal para poder superar a materia, incluíndo 15 horas de lectura de materiais, 35 horas de elaboración de informes e traballos, e 40 horas de estudo.
Recoméndase que o alumnado cursase as materias obrigatorias vinculadas: Dificultades de aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento (6 cr.) e Deseño, desenvolvemento e innovación curricular (6 cr.).
ASISTENCIA A CLASES
Este programa axústase ao Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado por Consello de Goberno o 25 de novembro de 2024.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar exención ou dispensa oficial de docencia. Nestes casos, o alumnado debe poñerse en contacto co profesorado, nun prazo máximo de 15 días, para indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia.
Infórmase ao alumnado que:
-Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, en tódolos casos, a través da aula virtual, dacordo cos principios de responsabilidade medioambiental.
-En atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/normalizacion-linguistica/mellorar…
-Todas as comunicacións deben realizalas de forma obrigatoria empregando a conta de correo rai.
-Ten que empregar obrigatoriamente as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
-Non pode empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente. O alumnado responsabilízase das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-O proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o alumnado matriculado na materia.
-É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
-No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión cualificacións.
Susana Cid Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813736
- Correo electrónico
- susana.cid [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Natalia Rosa Bohorquez Villanueva
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Correo electrónico
- natalia.bohorquez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 + Dobre Grao 3º | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
29.05.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
08.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |