Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 147.4 Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 0.6 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Historia da Arte, Filoloxía Inglesa e Alemá, Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Historia
Áreas: Filoloxía Catalá, Filoloxía Románica, Filoloxías Galega e Portuguesa, Historia da Arte, Filoloxía Alemá, Filoloxía Francesa, Filoloxía Italiana, Filoloxía Latina, Literatura Española, Teoría da Literatura e Literatura Comparada, Ciencias e Técnicas Historiográficas, Historia Medieval
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia pretende introducir ao estudantado e posibilitarlle un primeiro contacto con ámbitos de traballo que gardan unha relación direita coa civilización e cultura medievais. O estudantado pode familiarizarse así con determinadas técnicas e ferramentas de traballo e coñecer de primeira man a dimensión práctica de certos aspectos da cultura medieval sobre os que recibe a formación teórica precisa nas demáis materias da titulación.
Os contidos veñen definidos nos distintos proxectos formativos das institucións e centros nos que se realizan as prácticas.
A bibliografía para a realización das actividades, de ser necesaria, será determinada e proposta en cada caso polo centro no que se desenvolvan as prácticas.
- Coñecer e aprender a aplicar técnicas de traballo propias dos ámbitos que se ocupan da cultura medieval sexa desde un punto de vista histórico, artístico ou ben filolóxico.
- Coñecer os aspectos relevantes no que atinxe á conservación, exposición, posta en valor e difusión do patrimonio medieval galego.
- Capacidade para a clasificación e catalogación de documentación histórica e literaria.
- Capacidade para o manexo dos métodos que se aplican en arquivos e bibliotecas, tales como identificación, clasificación, descripción e instalación de documentación.
- Manexo dos instrumentos fundamentais para a descripción e análise de obras artísticas e de textos históricos ou literarios.
- Manexo de técnicas para a dixitalización de documentación medieval.
- Manexo de labores de difusión relativas á documentación medieval, como por exemplo edicións, mantemento de redes sociais ou elaboración de materiais didácticos.
- Coñecementos en labores de xestión e mantemento de certas revistas científicas do ámbito dos estudos medievais.
- Capacidade de análise para realizar investigacións sobre obras artísticas ou textos histórico-literarios de cara a futuras publicacións do estudantado.
-Coñecemento dos métodos de xestión cultural no ámbito dos museos.
- Manexo de pautas de traballo, dinamización e xestión en xeral ao alumnado en prácticas para a posta en marcha de actividades educativas, didácticas e divulgativas que permitan achegar ao público xeral ao patrimonio medieval.
- Coñecementos para editar, catalogar e estudar os textos históricos, histórico-artísticos e cronísticos do medievo.
- Adquisición e aplicación de habilidades na transferencia do coñecemento e no fomento da cultura científica.
- Coñecemento do funcionamento de distintas bases de datos de uso no ámbito dos estudos medievais.
Cada estudante conta cun titor académico que é docente do Mestrado, e cun titor profesional no centro de prácticas, o cal se encarga da organización e da supervisión do traballo do estudante.
O titor académico é o responsable de por en contacto ao estudante co titor profesional do centro e de velar polo axeitado desenvolvemento das prácticas.
Pola súa parte, o titor profesional encárgase de acordar co estudante o horario de prácticas e o plan de traballo que debe levar a cabo ao longo do periodo de prácticas.
A metodoloxía concreta de traballo é determinada, polo tanto, por cada un dos centros de prácticas.
A convocatoria de prácticas publícase por norma xeral a principios de novembro e resólvese antes do Nadal.
O periodo de prácticas nos centros iníciase no segundo cuadrimestre, en concreto no mes de abril.
Ao finalizar o periodo de prácticas o titor profesional avalía o aproveitamento das prácticas e o cumprimento dos obxectivos por parte do estudantado. Para elo debe cumprimentar o informe preceptivo, outorgando unha cualificación entre 0 e 5 puntos.
Pola súa banda, o estudantado debe entregar unha memoria das actividades desenvolvidas durante o periodo de prácticas ao seu titor académico que este avaliará tamén cunha cualificación de 0 a 5.
O 100% da nota final resulta, polo tanto, das dúas cualificacións parciais outorgadas polo titor profesional e polo titor académico.
O titor académica reflictirá no seu informe preceptivo as dúas cualificacións parciais e a nota final do estudante e remitirá toda a documentación (memoria de prácticas, informe do titor académico e informe do titor profesional) á coordinadora de prácticas externas, quen se encarga de cubrir e asignar as actas de todos os estudantes que realicen as prácticas.
Resumo:
Cualificación do titor profesional (que avalía o traballo desenvolto polo estudante): 50% da nota final + Cualificación do titor académico (que avalía a memoria de prácticas redactada polo estudante): 50% da nota final = 100% da nota final.
140 horas de prácticas.
10 horas para a elaboración da memoria de prácticas.
Total: 150 horas.
Centros e grupos de investigación nos que se poden realizar as prácticas externas:
1. Arquivo-Biblioteca Catedral de Santiago de Compostela.
2. Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela.
3. Arquivo Franciscano Provincial - Convento de San Francisco.
4. Biblioteca Franciscana Provincial - Convento de San Francisco.
5. Centro "Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades".
6. Instituto de Estudos Galegos 'Padre Sarmiento' (CSIC).
7. Museo-Fundación Catedral de Santiago de Compostela.
8. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico (SPIC).
9. Biblioteca do Instituto Teolóxico de Galicia-Seminario Maior de Santiago de Compostela
10. Grupo de investigación 1350 'Románicas' (Filoloxía, Literatura medieval)'.
11. Grupo de investigación 1353 'Grupo de análise de aspectos lingüístico-literarios na lusofonía'.
12. Grupo de investigación 1919 'Síncrisis. Investigación en formas culturais'.
13. Grupo de investigación 1907 'Iacobus: Proxectos e estudos sobre patrimonio cultural'.
14. Grupo de investigación 1908 'Estudos clásicos e Medievais'.
15. Grupo de investigación 1920 ' Textos e contextos alemáns: sincronía e diacronía'.