Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Proporcionar ao estudante unha formación avanzada no estudo da literatura medieval europea e a teoría filolóxica.
- Instruír no coñecemento dos instrumentos teóricos, metodolóxicos e técnicos necesarios para a edición crítica da literatura medieval.
-Incentivar a integración e aplicación dos coñecementos á metodoloxía dos estudos literarios e culturais medievais.
- Incentivar a integración e aplicación dos coñecementos á metodoloxía da crítica textual.
-Aplicar os coñecementos xerais ao estudo e edición dos textos medievais.
- Desenvolver e aplicar a capacidade para interpretar textos medievais.
- Ofrecer unha formación superior teórica e práctica en aspectos concretos do estudo textual da literatura e da cultura medieval.
- Adquirir dun elevado nivel de especialización no estudo, edición e anotación de textos medievais.
- Capacitar na especialización nunha determinado xénero literario: a lírica trobadoresca galego-portuguesa.
- Capacitar na fixación textual dos textos medievais.
- Estimular a interpretación e análise dos textos medievais.
- Incentivar a innovación con achegas aos estudos precedentes.
-Fomentar a recuperación e revalorización de textos e autores medievais.
- Favorecer e crear unha rede de coñecemento, de investigación e de encontros no ámbito dos estudos literarios medievais que permita a libre circulación de ideas e a mobilidade de estudantes, profesores e investigadores.
- Promover o entendemento intercultural mediante a colaboración cos países de fóra da Unión Europea, especialmente Brasil e os países de expresión portuguesa.
1. O estudo e a edición de textos, da antigüidade aos nosos días. Produción, reprodución e circulación de textos: do manuscrito á imprenta. A edición de textos antigos. A edición de textos medievais. A edición de textos alto-modernos.
2. Introdución á lírica trobadoresca galego-portuguesa e a súa edición. Recursos bibliográficos, gravacións musicais e recursos en rede. Os cancioneiros e os outros testemuños manuscritos. Descrición, caracterización e relacións entre eles. O proceso de constitución dos cancioneiros e o stemma codicum.
3. O manuscrito: ecdótica, filoloxía, grafemática e paleografía. A escrita medieval e as súas peculiaridades. Oralidade e escrita no texto medieval. A transmisión manuscrita e os seus problemas.
4. Tipos de edición: facsimilar, diplomática, crítica, dixital e divulgativa. Criterios de edición, notas e aparato crítico. Edicións de cancioneiros, edicións por xéneros e edicións de autor.
5. A edición de textos trobadorescos galego-portugueses. Relevancia da análise lingüística. Problemas, propostas e conxecturas.
Os textos (Cantigas de Santa María)
Fidalgo, Elvira (coord.) (2003) As cantigas de loor de Santa María (edición e comentario). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Centro Ramón Piñeiro. <http://www.cirp.es/pub/docs/argamed/cantigas_loor.pdf>
Mettmann, Walter: (1959-1972): Afonso X, o Sabio. Cantigas de Santa María. [Coimbra]: Universidade, 4 vols. Reed.: Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2 vols., 1981. Reed.: Madrid, Castalia, 3 vols., 1986, 1988, 1989.
Montoya, Jesús (19972): Alfonso X el Sabio. Cantigas. Madrid: Cátedra, 1988.
Stephen Parkinson (2015): Alfonso X, the Learned. Cantigas de Santa Maria. An Anthology. Cambridge: Modern Humanities Research Association.
Os textos (prosa)
Lorenzo, Ramón (1975/1977): La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla. Edición crítica anotada, con introducción, índice onomástico y glosario. 2 vols. Ourense: Instituto de Estudios Orensanos “Padre Feijoo”.
Lorenzo, Ramón (1985): Crónica Troiana. A Coruña: Fundación Barrié de La Maza.
Lorenzo, Ramón (2004): Miragres de Santiago = Milagres de Santiago = Milagros de Santiago. [Valencia]: Scriptorium Ediciones Limitadas, 2 v.
Lorenzo Gradín, Pilar / José António Souto Cabo (coord.) (2001): Livro de Tristan e Livro de Merlin: estudio, edición, notas e glosario. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Martínez López, Ramón (1963): General Estoria. Versión gallega del siglo XIV. Ms. 0.I. 1. del Escorial. Edición e vocabulario. Oviedo: Universidad.
Parker, Kelvin M. (1975): Historia Troyana. Santiago: C.S.I.C. - Instituto P. Sarmiento de Estudios Gallegos.
Pensado Tomé, José Luis (1962): Fragmento de un Livro de Tristán galaicoportugués. Anexo XIV dos CEG.
Pensado Tomé, José Luis (1958): Miragres de Santiago. Madrid: Instituto Miguel de Cervantes.
Souto Cabo, José António (2001): Crónica de Santa María de Iria (atribuída a Rui Vasques). Santiago de Compostela: Cabido da S.A.M.I. Catedral / Sada: Ediciós do Castro.
Recursos en rede
Projeto littera, Cantigas Medievais Galego-Portuguesas: http://cantigas.fcsh.unl.pt/
Base de datos da Lírica profana galego-portuguesa: http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=MEDDB2
The Oxford Cantigas de Santa Maria database: http://csm.mml.ox.ac.uk/index.php?p=poem_list
Dicionario de dicionarios do galego medieval. Corpus lexicográfico medieval da lingua galega: http://sli.uvigo.es/DDGM/
Bibliografía
Fidalgo, Elvira (2002): As cantigas de Santa María. Vigo: Xerais.
Filgueira Valverde, José (1985): Alfonso X, el Sabio. Cantigas de Santa María. Madrid: Castalia, “Odres Nuevos”.
Lanciani, Giulia / Giuseppe Tavani (coord.) (1993): Dicionário da literatura medieval galega e portuguesa. Lisboa: Caminho.
Lorenzo, Ramón (1988b): “Normas para a edición de textos medievais galegos”, en Dieter Kremer (ed.): Actes du XVIII Congrès International de Linguistique et de Philologie Romanes (Université de Trier, 1986). Tübingen: Max Niemeyer, vol. 6, 76-85.
Lorenzo, Ramón (2002): “La interconexión de Castilla, Galicia y Portugal en la confección de las crónicas medievales y en la transmisión de textos literarios”, Revista de Filología Románica 19, 93-123.
Lorenzo, Ramón (2004): “Edición de documentos medievais. Problemas que presentan algunhas abreviaturas”, en Rosario Álvarez e Antón Santamarina (eds.): (Dis)cursos da escrita. Estudos de filoloxía galega ofrecidos en memoria de Fernando R. Tato Plaza. Instituto da Lingua Galega. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 449-458.
Monteagudo Romero, Henrique (1995): “Narracións galegas da inventio do sepulcro xacobeo”, Medioevo y Literatura. Actas del V Congreso de la Asociación Hispánica de Literatura Medieval (Granada, 27 septiembre-1 octubre 1993), edición de J. Paredes, Universidad de Granada, Granada, vol. III, pp. 361-396.
Bibliografía básica de crítica textual
Blecua, Alberto (1983): Manual de Critica Textual. Madrid: Castalia.
Cambraia, César Nardelli (2005): Introdução à crítica textual, São Paulo: Martins Fontes.
Castro, Ivo (1997): “Filologia”, en Biblos. Enciclopédia Verbo das literaturas de língua portuguesa. Lisboa: Verbo, vol. II, s.v.
Martines, Vicent (1999): L’edició filològica de textos. València, Universitat de València.
Orduna, Germán (2000): Ecdótica. Problemática de la edición de textos, Kassel: Reichenberger (Col. Teatro del Siglo de Oro. Estudios de Literatura, 44).
Pérez Priego, Miguel Ángel (1997): La edición de textos. Madrid: Síntesis. 20112.
Pérez Priego, Miguel Ángel (2001): Introducción general a la edición del texto literario. Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia.
Spaggiari, Barbara / Maurizio Perugi (2004): Fundamentos da crítica textual. Rio de Janeiro: Lucerna.
Spina, Segismundo (1977): Introdução à edótica: crítica textual. São Paulo: Cultrix.
Tavani, Giuseppe (1993): “Edição crítica”, en Giulia Lanciani / Giuseppe Tavani (org.): Dicionário da literatura medieval. Lisboa: Caminho, 229-233.
1. Competencias xerais:
- CG1: Posuír, comprender e saber aplicar os coñecementos que aportan oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- CG2: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos, dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo, a literatura universal.
- CG3: Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complejidad de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- CG4: Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
- CG5: Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
2. Competencias transversales:
- CT1: Que os estudantes teñan unha visión actualizada dos sistemas teóricos e metodológicos no campo dos Estudos Literarios e culturais.
- CT2: Que os estudantes poidan profundar nos coñecementos xa adquiridos, enriquecéndose desde unha perspectiva interdisciplinar.
- CT3: Que os estudantes saiban manexar as ferramentas metodológicas e técnicas para conseguir postos en distintas institucións nacionais e internacionais nos grandes grupos de comunicación, na administración e na xestión da información dos bens culturais e recursos humanos.
- CT4: Que os estudantes posúan os instrumentos metodológicos que sirvan para desenvolver un espírito crítico e reflexivo, áxil e práctico de face a distintos fenómenos culturais.
3. Competencias específicas:
- CEA1: Que os estudantes obteñan os coñecementos histórico-filológicos, retóricos e bibliográficos necesarios para o estudo e edición da literatura.
- CEA2: Que os estudantes adquiran as nocións e técnicas da metodoloxía da crítica textual.
- CEA5: Que os estudantes coñezan autores e obras da literatura universal, coas súas características fundamentais (textuales e críticas).
Manteranse en equilibrio as explicacións teóricas xerais coa práctica. Poranse ó dispor do alumno no campus virtual os medios materiais dispoñibles (testemuños principais das obras obxecto dun estudo textual), indicándolle os medios de consulta e acceso a eses textos (fotocopia, edición facsímile, reprodución dixital, páxinas web que ofrecen distinto tipo de recursos). Así mesmo, farase uso dos medios informáticos e tecnolóxicos dispoñibles, tanto na procura de información e na elaboración do traballo coma no sistema de impartición da docencia.
É importante o manexo dos recursos dixitais e en rede, seguindo as orientacións do profesor.
En particular, no campus virtual atoparanse moitos dos recursos que este empregará nas aulas.
A comezos de curso elaborarase un calendario pormenorizado de lecturas, exposicións, realización de traballos e outras actividades.
Para demostrar que se adquiriron as competencias e obter os créditos obrigatorios será necesario asistir ás sesións presenciais: só se permitirá a ausencia a un máximo do 20% do total das horas impartidas e haberá control de asistencia por lista de sinaturas. Ademais, cumprirá realizar un exercicio (escrito e oral) asociado á teoría e a práctica da materia, que consistirá na edición dunha cantiga. Para isto, realizarase un traballo baixo a orientación do profesor, que se exporá e discutirá na aula e que será despois redactado e entregado por escrito.
A asistencia e a participación das actividades na aula constituirán un 10% do total da nota. A exposición oral do traballo contará por un 20% da nota final. O traballo escrito suporá o 70% da nota. Este sistema será válido para as dúas oportunidades.
Os estudantes con dispensa de asistencia ás aulas terán que realizar o traballo obrigatorio de edición dunha cantiga (50% da nota) e realizar un exame sobre os contidos da materia (50% da nota).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Actividades formativas co seu contido en horas do alumno:
Horas traballo presencial no aula (aulas expositivas, clases con ordenador, debates, outras sesións con profesor, titorías en grupo, exposicións): 20 horas
Preparación de textos para o comentario na aula: 13 horas
Lectura dos textos literarios dos programas: 20 horas
Estudo e consulta da bibliografía: 22 horas
TOTAL HORAS DE TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO 75
É fundamental preparar a materia de xeito continuado e progresivo, seguindo as indicacións do profesor en relación coa lectura da bibliografía e a preparación de textos para o comentario en cada sesión. É importante o manexo dos recursos dixitais e en rede, seguindo as orientacións do profesor.
O groso do material de apoio para estudar a materia (presentacións en PWP, apuntamentos de apoio do profesor, reprodución de lecturas...) está a dispor dos/as estudantes no Campus Virtual.
A materia debe irse estudando conforme se vaia desenvolvendo o temario. É da maior importancia realizar as lecturas que se vaian indicando para poder participar nos debates.
As instrucións sobre os traballos/ exposicións de aula e o traballo de campo serán dadas oportunamente. Tanto un como o outro deben facerse baixo a orientación do profesor.
A edición de textos galegos medievais require un mínimo coñecemento da lingua galega ou doutra lingua románica emparentada. O profesor dará as clases en lingua galega. En caso necesario, resumirá as explicacións en castelán ou inglés se algún estudante o precisa.
Xose Henrique Monteagudo Romero
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811831
- Correo electrónico
- henrique.monteagudo [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:15-20:15 | Grupo /CLE_01 | Galego | D14 |
Martes | |||
18:15-20:15 | Grupo /CLE_01 | Galego | D14 |
20.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | D04 |
16.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | D04 |