Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Francesa
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Atinxir un nivel de competencia comunicativa na lingua francesa equivalente ao nivel B1 do MCER.
2. Dominio das catro destrezas lingüísticas ( expresión oral e escrita, comprensión oral e escrita ) nivel B1
3. Ter coñecementos socioculturais sobre a sociedade francesa e a súa lingua. Uso dos documentos auténticos.
4. Saber utilizar materiais e recursos didácticos.
5. Coñecer os principais métodos audiovisuais do francés e saber utilizalos.
Os contidos da asignatura distribúense en dous bloques, que se desenrolan simultáneamente : bloque lingüístico e bloque didáctico.
Dentro do bloque lingüístico procurarase capacitar ao alumnado para o manexo das principais estructuras e funcións da lingua estranxeira, pasará o mesmo co vocabulario básico relacionado con contextos da vida cotiá e profesional. Como obxectivo, preténdese o desenrolo das destrezas para a comunicación oral e escrita até atinxir un nivel de competencia B1 do MCER ( nivel intermedio) , que permita ao futuro docente afrontar situacións de ensino dunha lingua estranxeira (francés) con confianza e eficacia, introducir conceptos básicos de tipo lingüístico e sociocultural, e proporcionar un modelo axeitado de producción lingüística aos seus estudantes. Como resultado do desenrolo das destrezas de comprensión e expresión oral e escrita, o alumnado será capaz de :
1. Intercambiar información sobre temas cotiáns e resolver problemas.
2. Utilizar vocabulario básico relacionado co ensino de linguas e con situacións cotiáns ( educación, tempo libre, traballo, relacións humanas....).
3. Empregar estructuras morfosintáticas básicas ( tempos verbais, cláusulas de relativo, voz pasiva, oracións condicionáis, etc. ).
4. Usar de forma efectiva os compoñentes fonéticos da lingua ( sons, ritmo, entoación ).
5. Comprender textos orais e escritos breves sobre temas familiares ou de interese profesional, e extraer deles información xeral e específica.
6. Expresar oralmente razóns ou opinións, narrar aconteceentos e descrever situacións ou experiencias de forma clara e organizada.
7. Redactar textos narrativos, descriptivos ou argumentantivos sinxelos sobre temas de interese persoal ou relacionados co ensino da lingua estranxeira.
8. Recoñecer semellanzas e diferencias socioculturais con países onde se fala a lingua estranxeira e introducir aspectos socioculturais na aula.
Dentro do bloque didáctico, procurarase familiarizar ao alumnado con coñecementos básicos de tipo teórico e práctico sobre o ensino da lingua estranxeira ( francés) na etapa de educación primaria, para capacitalo para afrontar situacións de ensino - aprendizaxe.
-Flumian, C. et al. (2011), Nouveau Rond-Point 2, Livre de l'élève + Cahier d'exercices, Ed. Maison des langues.
-Grand-Clément, O. ( 2007), Civilisation en dialogues, niveau débutant + CD, CLE International, Paris.
-Grand- Clément, O . ( 2008) , Civilisation en dialogues, niveau intermédiaire +CD, CLE International, Paris.
-Grégoire, M. Thiévenaz, O., ( 1995), Grammaire progressive du français avec 500 exercices, CLE International, Paris.
-Miquel, C. (2009) Vite et bien 1, Méthode rapide pour adultes (A1, A2) +CD. CLE International, Paris.
-Idem, (2011), Vite et bien 2, CLE International, Paris.
-Idem, (2004), Communication progressive du français avec 300 activités + CD, niveau débutant, CLE International, Paris.
-Idem, ( 2004), Communication progressive du français avec 365 activités,+CD , niveau intermédiaire, CLE International, Paris.
-Idem ( 2005), Grammaire en dialogues, niveau débutant +CD, CLE International, Paris.
-Idem (2007), Grammaire en dialogues, niveau intermédiaire +CD, CLE International, Paris.
-Steele, R. ( 2002), Civilisation progressive du français avec 300 activités, CLE International, Paris.
Competencias e resultados que o/a estudante debe adquirir :
Competencias xerais (G) :
G.1. coñecer as áreas da Educación Primaria , a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redos dos procedementos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
G.2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesonais do centro.
G.3.Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais no curriculo escolar.
G. 4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero , á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conforme os valores da formación cidadá.
Competencias específicas (E) da materia :
E51 Afrontar situación de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
E52 Expresarse oralmente e por escrito nunha lingua estranxeira.
E53 Desenrolar e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos axeitados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
Competencias trnsversais (T) da materia :
T1,Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
A distribución semanal das clases constará dunha sesión de 1.5 horas en grupo expositivo e de 1.5 horas en grupos interactivos. Cada estudante contará asimesmo con 3 horas de titorías programadas. Puntualmente, empregárase a aula do Campus Virtual para entregar actividades grupais ou individuais, ou consultar documentos explicativos que completarán as clases presenciais.
As actividades formativas en grupo expositivo están concebidas para desenvolver, aclarar e comentar os contidos que ofrecen maior dificultade de comprensión, incidindo nos aspectos básicos e máis relevantes, ao tempo que se resolven os problemas de aprendizaxe iniciais que poida presentar o alumnado. O profesorado utilizará a exposición, e o alumnado resolverá determinados supostos de acordo cos contidos abordados. Permiten desenvolver fundamentalmente as seguintes competencias : G1,G2, G3, G4, E5O, E51, E52, E53,B2, B4, B5, T1.
As actividades en grupo interactivo desenvolveranse no marco de métodos de resolución de problemas lingüísticos e didácticos, preferentemente implicando tamén un importante traballo autónomo individual ou en grupo. Isto propiciará o desenvolvemente das competencias máis ligadas ao pensamento crítico : G3, E50, E51, E52, E53, B2,B4,T1.
Nas sesións de titorías programadas o alumnado será atendido en grupos moi reducidos, tratarase de orientar o seu traballo e de dirixir a súa aprendizaxe, co fin de desenvolver as competencias citadas.
A avaliación levarase a cabo en función do seguinte esquema :
Participación na aula (G3,G11,E50, E51, E52, E53, B1, B2, B3,T1) : 10%
Examen final ( G1,G3,G11,E51,E52,E53,B1,B2,B3,T1) : 50%
Informes escritos e outras produccións (G1,G3,E50, E51, E52, E53,B1,B2,B3,T1 ) : 30%
Presentacións orais (G1,G3,G11, E51,E52,E53, B1, B2, B3,B4,T1 ) : 10%
A asistencia ás sesións de clase nos diferentes grupos, a implicación nas actividades programadas, así como a entrega en tempo e forma dos traballos propostos, será polo tanto condición necesaria para a superación da materia.
CASUISTICAS NA AVALIACION-
1. CONDICIONS PARA SUPERAR A MATERIA : Como mínimo enténdese que deben ser dúas :obter un mínimo da metade da cualificación máxima reservada ao exame final e tamén obter un mínimo de 5 puntos no conxunto dos 4 apartados da avaliación.
A. Alumnado que asiste a clases entre o 50 e o 80% das sesións presenciais. Este alumnado non tería puntuación no apartado de participación na aula, pero podería presentar traballos e exposicións, se o docente o entende pertinente.
B. Alumnado que asiste a menos do 50% das sesións presenciais : Só ten dereito ó exame final.
C. Alumnado que non supera a materia na primeira oportunidade, período ordinario : Respetaranse as puntuacións obtidas no período ordinario, pero non se admitirán outros traballos para xuño.
D. Alumnado de 2ª convocatoria e posteriores (repetidor) : Debe pasar a falar co docente en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia.
E.Alumnado con exención de docencia teórica: Os alumnos deberán informar ao docente correspondente na mesma semana en que soliciten a exención, a fin de concretar de inmediato o seu plan de traballo e a avaliación na materia para adaptalos ás súas particulares circunstancias, sen menoscabo do principio de equidade na avaliación.
F. Alumnado con diversidade funcional : O alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, debe xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo servizo acreditado pola USC a eses efectos e informar ao docente dentro das dúas primeiras semanas do semestre correspondentes, a fin de que se poida acordar o plan de traballo do estudante na materia e, se é preciso, as adaptacións curriculares ou avaliativas que fosen pertinentes.
HORAS DE CLASES PRESENCIAIS : 51 horas en función de
-Actividades en grupo expositivos ( 24 h.)
-Actividades en grupo interactivo ( 24 h.)
-Titorías ( 3 h.)
HORAS DE TRABALLO AUTONOMO : 99 h
HORAS TOTAIS : 150 h
Estar interasado pola lingua e a cultura francesa ou francófona.
Mostrar disposición e interés hacia outras linguas e sistemas culturais.
Mostrar autonomía e flexibilidade para adaptarse ós diferentes escenarios plantexados.
Clases impartidas en francés.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Pauline Mauricette Christiane Blatt
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Teléfono
- 982821059
- Correo electrónico
- paulinem.blatt [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Francés | Aula de Idiomas |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_01 | Francés | Aula de Idiomas |
03.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
03.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 21 |