Créditos ECTS Créditos ECTS: 18
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 448 Clase Interactiva: 2 Total: 450
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Pedagoxía e Didáctica, Ciencia Política e Socioloxía, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Socioloxía, Lingüística Xeral
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer o centro e a súa relación co contorno.
2. Afondar na organización e xestión do centro.
3. Aproximarse á vida da aula e ás tarefas do profesorado.
4. Identificar o estilo docente e o seu reflexo na práctica.
5. Concretar as características evolutivas dos nenos do grupo clase, correspondentes á infancia temperá ou primeira infancia, e recoñecer as excepcións da norma evolutiva e os indicadores de risco que poidan aparecer.
6. Realizar unha primeira proposta ou propostas de intervención educativa segundo as necesidades e pautas que estableza o titor/a do centro de prácticas.
7. Reflexionar, sobre a base de aprendizaxes previas, acerca do contexto e do proceso de ensino-aprendizaxe.
BLOQUE 1. A ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DO CENTRO
A estrutura organizativa do centro e os seus mecanismos de funcionamento (espazos, xornada e tempos, órganos de funcionamento). A organización e xestión do centro en situacións educativas excepcionais. As súas relacións coa contorna física e sociocultural (entorno físico e os seus recursos, as institucións socioculturais e os recursos que ofrecen ao centro, etc.). Documentación do centro (proxectos de centro, etapa e ciclo; normativa; documentos institucionais; plans específicos, etc.). As relacións formais e informais (clima e cultura de centro, convivencia e conflitos no centro, relacións internas, relación coas familias, relacións coa administración educativa, etc.). Calidade e escolas de Educación Infantil.
BLOQUE 2. ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA AULA: ACTIVIDADES, TAREFAS E GRUPO-CLASE
Tarefas e vivencias do profesorado de Educación Infantil e documentos de planificación docente na aula (programacións curriculares, proxectos, plans específicos, etc.). A organización e xestión da aula: espazo, tempo e materiais (recantos / ambientes de aprendizaxe, materiais e recursos —tipoloxía, elaboración...—, diferenciación de tempos en aula, rutinas, actividades e tarefas de aula en educación infantil). Procesos e dinámicas de ensino-aprendizaxe (rutinas, recantos de aprendizaxe, traballo por proxectos, traballo por talleres, etc.). As relacións dentro da aula (clima de aula, convivencia e conflitos, relacións coas familias, etc.) A organización e xestión de aula en situacións educativas excepcionais.
BLOQUE 3. CARACTERÍSTICAS DOS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL
O alumno ou a alumna de educación infantil (características psicoevolutivas, psicoafectivas, cognitivas, lingüísticas, etc.). Estrutura, funcionamento e convivencia do grupo – clase. Necesidades do alumnado de educación infantil segundo as súas características evolutivas. O alumnado de educación infantil en situacións educativas excepcionais (necesidades, dificultades, actuacións, etc.).
BLOQUE 4. AS TAREFAS DO MESTRE E MESTRA DE EDUCACIÓN INFANTIL
Modelos didácticos e estilos docentes do profesorado de Educación Infantil e o seu reflexo na práctica cotiá. Coñecemento profesional e resolución de problemas prácticos do profesorado de Educación Infantil. A función/s do mestre/a e o ensino na sociedade actual (desafíos da educación infantil, novos escenarios educativos, sociedade dixital, cambios sociais, etc.). O mestre/a de educación infantil e o ensino ante situacións educativas excepcionais.
Bibliografía básica
Edo, M., Blanch, S., & Anton, M. (2016). El juego en la primera Infancia. Octaedro. Recuperado de https://octaedro.com/wp-content/uploads/2019/02/13154.pdf
Hernández, A., & De Barros, C. (2015). Fundamentos de Metodología Didáctica. OLÉLIBROS.COM. https://goo.gl/gJm9Rp
Hoyuelos, A., & Riera, M. A. (2015). Complejidad y Relaciones en Educación Infantil. Octaedro. https://octaedro.com/wp-content/uploads/2019/04/10537.pdf
Laguia, M. J., & Vidal, C. (2008). Rincones de actividad en la escuela infantil (0-6 años). Graó. https://books.google.es
Papalia, D. E., & Martorell, G. (2017). Desarrollo Humano. Mc Graw-Hill. https://psicologoseducativosgeneracion20172021.wordpress.com/
Rodríguez, S., & Romero, L. (2015). La función tutorial en Educación Infantil y Primaria: desempeño profesional del profesorado. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 18(2), 43-55. DOI: https://doi.org/10.6018/reifop.18.2.219131
Sarceda-Gorgoso, M. C., & Camino, R. (2017). La construcción de la identidad docente en Educación Infantil. Tendencias Pedagógicas, 30, 281-300. https://revistas.uam.es/tendenciaspedagogicas/article/view/8116
Sarceda-Gorgoso, M. C., & Rodicio-García, M.L. (2018). Escenarios formativos y competencias profesionales en la formación inicial del profesorado. Revista Complutense de Educación, 29(1), 147-164. https://doi.org/10.5209/RCED.52160
Zabalza, M. A., & Zabalza M. A. (2013). A mejor profesorado, mejor educación. El desafío de una Educación Infantil de calidad. RELAdEI. Revista Latinoamericana de Educación Infantil, 2(1), 47-69. http://www.usc.es/revistas/index.php/reladei/article/view/4667/5022
Bibliografía complementaria:
Agüera, I. (1998). Memorias de una maestra. Desclée de Brouwer.
Antón, M. (2008). Planificar la etapa 0-6. Graó.
Cela, J. & Palou, J. (2005). Carta a los nuevos maestros. Paidós. [Fragmento disponible en: https://static0planetadelibroscom.cdnstatics.com/libros_contenido_extra…]
Díez Navarro, C. (1999). Un diario de clase no del todo pedagógico. Ediciones de la Torre. Recuperado de https://books.google.es
Imbermón, F. (Coord.) (2005). Vivencias de maestras y maestros. Compartir desde la práctica educativa. Graó.
Loughlin, C. E. & Suina, J. H. (1987). El ambiente de aprendizaje. Diseño y organización. MEC-Morata. Recuperado de https://books.google.es
Majem, T. & Ódena, P. (2007). Descubrir jugando. Octaedro.
Perona, C. (2010). Preguntas y respuestas del profesorado de la enseñanza pública no universitaria. Wolters Kluwer.
Zavalloni, G. (2011). La pedagogía del caracol. Por una escuela lenta y no violenta. Graó.
Películas de temática educativa:
Hoy empieza todo (1999). Dir.: Bertrand Tavernier. Nac.: Francia.
Ser y tener (2002). Dir.: Nicolas Philibert. Nac.: Francia.
COMPETENCIAS BÁSICAS
B1. Que as e os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2. Que as e os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3. Que as e os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. B4. Que as e os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5. Que as e os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS XERAIS
G1. Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
G2. Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G3. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
G4. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G5. Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
G6. Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
G7. Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular da televisión na primeira infancia.
G8. Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia.
G9. Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G10. Actuar como orientador de pais e nais en relación coa educación familiar no período 0-6 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias.
G11. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.
Os tres grandes eidos nos que se concreta este Prácticum I para o alumnado refírense á observación participante ao redor da vida da aula, á análise das características dun centro educativo en relación ao seu contexto e, finalmente, á aprendizaxe e reflexión respecto de todas as dimensións do quefacer profesional docente. Ante as circunstancias educativas actuais e os desafíos aos que se enfronta o ensino na etapa de educación infantil, adquire especial importancia a intervención activa do alumnado para dar resposta ás posibles necesidades que poidan xurdir nas aulas e nos propios centros educativos.
Así pois, o papel do alumnado en prácticas irá máis aló da necesaria observación e reflexión da práctica docente, para intervir, apoiar e colaborar no desenvolvemento da actividade cotiá. Neste Prácticum búscase unha boa reflexión acerca do que significa ensinar e ser mestre/a de educación infantil no século XXI, atendendo aos principais desafíos aos que se enfronta esta etapa na época actual:revolución dixital e tecnolóxica, cambio climático, sustentabilidade, novos modelos de interacción social, etc. Igualmente, búscase que o alumno/a en prácticas realice os seus primeiros deseños e intervencións educativas nun contexto real, con necesidades e características propias.
Por estas razóns, este é o momento do período de formación inicial que o alumnado vivencia como máis determinante na súa aprendizaxe, porque sente que por fin toma contacto real co ambiente no que desenvolverá a súa futura actividade profesional.
Tendo en conta a natureza especial da materia, as actividades que se desenvolvan na Facultade irán orientadas nun primeiro momento a preparar ao alumnado para o período de estadía nos centros, e a posteriori orientaranse a reflexionar sobre as experiencias vividas (paralelamente ao desenvolvemento da propia estadía) e as tarefas realizadas. A metodoloxía docente será, polo tanto, interactiva e participativa.
Como ferramenta fundamental de seguimento, contacto e traballo, a materia posúe unha Aula Virtual na que se colgarán os principais avisos, se ofrecerá toda a información e documentación pertinente, e se realizará a entrega de tarefas solicitadas ao alumnado.
Concretamente o desenvolvemento da materia integra 5 fases, non necesariamente consecutivas, pero todas elas de asistencia obrigatoria para o alumnado, nas que se realizarán actividades diversificadas e pertinentes a cada momento. Nestas fases, contémplase a realización de relatorios a cargo de profesionais externos.
FASE DE ORGANIZACIÓN
Antes da incorporación do alumnado aos centros de prácticas, a Coordinación Xeral de Prácticum convocará ao alumnado a fin de concretar os termos e o centro no que cada estudante realizará a fase de estadía da materia. O alumno ou alumna que non asista a estas xuntanzas decaerá do seu dereito a continuar na materia.
Esas sesións celebraranse no salón de actos preferentemente, en datas que serán comunicadas con suficiente antelación ao alumnado.
Sesións de organización
- 1ª sesión organizativa (pre-prácticum): Informacións xerais sobre o desenvolvemento da materia no curso seguinte, entrega de documentación para solicitude de estadía de prácticas nun centro non ofertado pola coordinación xeral de Prácticum da Facultade (centros fóra de Lugo).
- 2ª sesión organizativa: Recollida de documentación do alumnado que realice unha estadía nun centro de prácticas non ofertado pola coordinación xeral de Prácticum; proceso de elección de centros ofertados pola coordinación xeral de Prácticum (centros en Lugo), resolución de dúbidas e casos individuais, etc.
- 3ª sesión organizativa: Explicación e entrega de documentación que o alumnado deberá levar aos centros de prácticas, presentación das normas xerais a ter en conta durante o período de estadía, resolución de dúbidas, etc.
FASE DE PREPARACIÓN
Constará dunha serie de sesións presenciais na Facultade cos supervisores/as asignados antes da incorporación do alumnado aos centros de prácticas. As sesións poderán ser individuais ou grupais para o alumnado que comparte supervisor/a, quen convocará a esas/eses estudantes para os días, horas e aulas que máis lles conveñan ás dúas partes.
Igualmente, algunhas desas sesións poden ser conxuntas para todo o alumnado para ofrecer indicacións xerais sobre a materia ou conferencias impartidas por profesionais externos á Facultade.
FASE DE ESTADÍA
Salvo casos que teñan oficialmente concedida outra distribución do tempo, a presenza do alumnado nos centros de prácticas non será inferior a 5 horas por día durante 5 días á semana, o que representa no seu conxunto algo máis de 5 semanas continuadas de práctica pre-profesional en réxime intensivo.
FASE DE SEGUIMENTO
Durante o desenvolvemento da fase de estadía, a supervisora ou supervisor non perderá contacto co seu alumnado supervisado e manterá a comunicación oportuna co titor/a do centro. Contactará, como mínimo, dúas veces co titor/a de prácticas: unha ao inicio da fase de estadía e outra cara ao final. A forma de contacto será aquela acordada por ambas partes. Na medida do posible, os/as supervisores/as realizarán unha visita aos centros colaboradores no Prácticum de Lugo.
Na fase de preparación, cada docente anunciaralle ao alumnado as indicacións sobre o desenvolvemento desta fase. En todo caso, realizarase, a mediados da fase de estadía, unha sesión de seguimento co alumnado supervisado (un luns e/ou un venres, para facilitar a asistencia do alumnado que estea fóra de Lugo). A data decidirase entre o profesorado supervisor e o alumnado correspondente.
FASE DE REFLEXIÓN
Data, horario e aula de realización da sesión (ou sesións) da fase de reflexión serán fixados de mutuo acordo (na fase de preparación) por cada supervisor/a co seu grupo particular de estudantado supervisado.
*Cada supervisor/a deberá encargarse de reservar con antelación a aula correspondente sempre que desexe realizar calquera sesión de traballo co alumnado da materia na Facultade nas distintas fases indicadas. Comunicaralle convenientemente de que aula se trata ao alumnado afectado.
DATAS LÍMITE DE ENTREGA DO INFORME:
A data límite de entrega do Informe de Prácticum correspóndese coa data oficial de exame que se pode consultar na web da materia.
PUNTUACIÓN:
Seguindo os criterios establecidos na ficha da materia Prácticum I que se recolle no plan de estudos do grao, os 10 puntos de cualificación máxima distribuiranse da seguinte maneira (en todo caso, na guía docente da materia especificaranse con máis detalle os criterios e os instrumentos de avaliación):
- Participación e implicación do alumando nas sesións presenciais na Facultade (organización, preparación, seguimento e reflexión): máximo 10% (1 punto).
- Avaliación da titora ou titor de prácticas: máximo 40% (4 puntos).
- Avaliación do Informe Final de Prácticum: máximo 50% (5 puntos).
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
- Asistencia obrigatoria e participación activa en todas as actividades.
- Avaliación positiva por parte da/do supervisor da Facultade.
- Entrega en tempo e forma do Informe Final de Prácticum ou calquera outro traballo que se solicite por parte do ou da supervisora da Facultade, e obter unha valoración positiva nos citados traballos.
- Asistencia ao centro de prácticas de xeito continuado, sen faltas, segundo o establecido no calendario de Prácticum I.
- Participar activamente en todas as actividades propostas polo titor ou titora do centro de prácticas.
- Avaliación positiva por parte da titora ou titor respecto do labor desenvolvido ao longo da fase de estadía no centro de prácticas.
O INFORME FINAL DE PRÁCTICUM:
Todo o material escrito que elabore o/a estudante para esta materia quedará reflectido/recollido nun Informe Final de Prácticum, do que se ofrecerá a debida concreción na guía docente da materia.
OUTRAS OBSERVACIÓNS RESPECTO DA AVALIACIÓN:
- A asistencia é fundamental para o éxito nesta materia. Por iso, todo o alumnado debe asistir e participar activamente nas actividades programadas. Se xorde algunha circunstancia de forza maior (enfermidade, falecemento familiar directo, citación xudicial…) que impida a asistencia a algunha sesión esta deberá ser xustificada e facelo adecuadamente.
Consideraranse faltas xustificadas aquelas que estean apoiadas por documentación apropiada, como certificados médicos de servizos oficiais, notificacións legais, ou circunstancias excepcionais debidamente verificadas (por exemplo, falecemento de familiares directos). É responsabilidade do estudante presentar dita documentación nun prazo máximo de 7 días tras a ausencia. A porcentaxe de faltas xustificadas non poderá ser superior ao 20% das horas totais desta materia. Superar esta porcentaxe, supoñerá un suspenso automático nesta materia.
- Os traballos que elabore o alumnado deberán ser inéditos, individuais e orixinais, e non conterán plaxio. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas (plaxio nos traballos e uso indebido de tecnoloxías na realización das probas) será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
- O informe de prácticas debe seguir expresamente os criterios establecidos para a súa elaboración neste programa e/ou na guía docente da materia, tanto en contido como en forma.
- As datas de entrega deben respectarse, ou informar con antelación ao supervisor/a de calquera dificultade que impida a entrega puntual dos traballos.
- A data límite para a entrega do Informe Final de Prácticum será aquela que conste como data oficial do exame (tanto en primeira como en segunda oportunidade). De todos os xeitos, poderá ser entregado con antelación a esa data. O lugar/espazo de entrega será especificado por cada docente na fase de
preparación, non obstante, habilitarase un espazo na Aula Virtual da materia para a súa entrega virtual, independentemente das pautas de entrega sinaladas polo docente supervisor/a.
- Na guía docente da materia especificaranse con detalle as opcións que ten á súa disposición o alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade ou na primeira convocatoria.
- O alumnado con avaliación negativa por parte do titor/a do centro, non terá oportunidade no curso académico para a recuperación da materia.
- O alumnado con avaliación negativa na memoria poderá presentala novamente na segunda oportunidade (xuño/xullo).
MATRÍCULAS DE HONRA:
Poderá optar á mención “Matrícula de Honra” o alumnado que obteña a máxima puntuación global na materia e sexa proposto polo seu supervisor/a. A concesión definitiva de Matrículas de Honra dependerá da decisión consensuada entre o profesorado supervisor do Prácticum. No caso de que o número de alumnas/os candidatos sexa igual ou menor ao número de matrículas dispoñibles, a concesión desta mención recaerá, sen máis trámites, nas persoas propostas e comunicadas á coordinación da materia.
De existir máis candidatos/as que Matrículas de Honra dispoñibles, a concesión desta distinción recaerá naquel alumnado que obteña unha maior puntuación na presentación e defensa oral do traballo ante unha comisión nomeada especificamente para tal fin. As condicións nas que se vaia desenvolver a defensa explicaranse na guía docente do Prácticum I.
Horas de presencialidade na Facultade (sesións de organización, preparación, seguimento e reflexión): 25 horas.
- 5 horas coa Coordinación Xeral de Prácticum
- 20 horas coa Supervisión (10 h. de actividades en grupo mediano e 10 h. de actividades en pequeno grupo/individuais).
Horas de estadía no centro de prácticas adscrito: 250 horas. Horas de traballo autónomo da/do estudante: 175 horas.
Horas totais de dedicación á materia: 450.
Na guía docente da materia aparecerá unha distribución pormenorizada de todas as horas en función das actividades previstas e do tempo asignado a cada unha delas.
*NOTA ACLARATORIA: infórmase ao alumnado que o tempo que se recoñece aos/as supervisores/as por cada alumno/a supervisado é de 2 horas.
- Ler a guía docente que o profesorado ofrecerá a inicios de semestre. Nese documento detallaranse con máis concreción numerosos aspectos referentes ao desenvolvemento da materia, nomeadamente os relativos a actividades de aprendizaxe e instrumentos e criterios de avaliación.
- Visita e consulta da Aula Virtual da materia, na que se establecerán as novas, informacións, documentación e outras cuestións pertinentes para a materia.
- Utilizar a conta de correo institucional como medio de comunicación entre o profesorado supervisor, o profesorado titor, as coordinacións, etc.
- Participar activamente en todas as sesións presenciais da materia na Facultade, así como asistir con boa disposición ao centro de prácticas todos os días da fase de estadía.
- É importante recordar que non se poden realizar fotografías do alumnado sen previo permiso do centro. Ademais está totalmente prohibido publicar información en calquera soporte dos nenos ou do colexios máis alá do Informede Prácticum (por exemplo, en redes sociais).
- Tal e como se indica no plan de estudos da titulación, será requisito indispensable para poder matricularse na materia superar polo menos 48 créditos do segundo curso do Grao en Educación Infantil.
- Nesta materia non se contempla dispénsaa/exención de docencia. Todas as actividades realizadas na materia de Prácticum son de asistencia obrigatoria, polo que esta materia non se verá afectada pola “Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a renuncia á asistencia a clase en determinadas circunstancias”. Todo o alumnado matriculado deberá realizar integramente todas as fases do Prácticum.
- O alumnado da materia que necesite algún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado supervisor asignado, pero só se terán en conta aqueles casos que fosen valorados e comunicados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria: www.usc.es/gl/servizos/sepiu), servizo da USC competente para o efecto.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade ambiental:
Se o supervisor ou supervisora solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
- Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregaranse grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non utilizar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
- Calquera traballo escrito presentado polo alumnado para esta materia no actual curso académico poderá ser recollido polo seu autor (no despacho do profesor correspondente, e no seu horario de titorías en calquera momento) durante todo o mes de setembro posterior ao seguinte curso académico (é dicir, o profesorado custodia o traballo durante dous cursos académicos completos). A partir do 1 de outubro seguinte, os documentos non recolleitos serán destruídos.
- Perspectiva de xénero:
No desenvolvemento das clases e na realización das diferentes actividades respectaranse os criterios de igualdade de xénero. Pódese obter información respecto diso en:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua… non sexista, publicado WEB USC.pdf
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non acomodado do mesmo.