Créditos ECTS Créditos ECTS: 10
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 10 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 40 Total: 80
Linguas de uso Alemán, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U Erasmus Mundus en Lexicografía (2ªed)
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Como principal obxectivo perséguese que o alumnado sexa capaz de
- aplicar as nocións, ferramentas e destrezas adquiridas nos cuadrimestres previos.
- entender e recoñecer a evolución da lexicografía e dos sistemas teóricos e metodolóxicos.
- recoñecer e abordar de modo crítico diferentes cuestións do mundo lexicográfico.
- resolver diferentes cuestións lexicográficas e propor novas vías de análise.
- expresarse mellor en linguas estranxeiras e emitir e comunicar os seus xuízos de valor.
Nesta materia abordaranse problemas vinculados coa lexicografía, sexa na súa dimensión teórica ou práctica. Entre os principais contidos destacan:
• Lexicografía en internet
• Dicionarios dixitais
• Uso de dicionarios
• Tradución e ferramentas lexicográficas
• Lexicografía especializada.
• Estrutura dos dicionarios
• Dicionarios especiais e novos e tipoloxía (dicionarios colaborativos, plataformas, etc.)
• Áreas de traballo dos/as lexicógrafos/as
• Ferramentas con aplicación lexicográfica
• Lexicografía e outras áreas/disciplinas.
Trátase dunha serie de videoconferencias, workshops, ciclos ou outras actividades científicas impartidas tamén por profesores de diferentes universidades. O alumnado terá a posibilidade de traballar de modo individual ou en grupo en diferentes aspectos do seu interese (de entre os citados arriba) e de discutir cos/coas docentes e compañeiros/as as conclusións das súas tarefas, que van desde a resolución de cuestións concretas, a elaboración de entradas, a redacción de reseñas científicas, a aproximación crítica a estudos teórico ou prácticos, etc. Todo iso será acordado previamente e de modo individualizado con cada un dos/das estudantes. Deste xeito, preténdese seguir un procedemento de traballo, tal e como é práctica habitual nos equipos de investigación.
Cada unha das unidades E-Learning da plataforma achega bibliografía básica e complementaria relacionada coa súa temática central.
Atendendo á selección de temas a analizar por cada estudante, estes recibirán unha listaxe bibliográfica adecuada á temática elixida.
Coñecementos ou contidos: Con03, Con08, Con09, Con10
Habilidades ou destrezas: H/D05, H/D06, H/D08, H/D09
Competencias: Comp06, Comp03, Comp05, Comp08
A metodoloxía aséntase en dous eixos centrais:
a) a aprendizaxe mediante e-learning. Para tal efecto está habilitada unha plataforma de aprendizaxe na que de modo conxunto traballarán os/as docentes e o alumnado.
A metodoloxía aséntase nos seguintes procedementos:
• Método inductivo e deductivo
• Sesións de Internet. Inclúense aquí as sesións nas que o alumno utiliza o computador como ferramenta (na propia aula ou na aula de informática)
• Sesións de titorías
As unidades están elaboradas en inglés e/ou alemán.
b) Participación en clase e actividades de investigación. Esta modalidade consiste na participación activa nas clases así como en actividades científicas relacionadas coa temática do curso.
Para superar esta materia os estudantes han de cumprir os seguintes requisitos:
1. Primeira Oportunidade
a) Participación activa e regular na aula, actividades e na plataforma (20%)
b) Realización das tarefas acordadas (80%)
O alumnado con dispensa de asistencia tendrá que facer un traballo académico final/2 traballos breves que representarán o 100% da nota (grupo 2).
3. Segunda Oportunidade
- As mesmas condicións que na primeira oportunidade. OU BEN
- As mesmas condicións que para o grupo 2.
No caso que o alumnado supere o apartado a) na primeira oportunidade, na segunda oportunidade terán que superar somentes b).
Para superar a materia cómpre aprobar todos e cada un dos apartados da avaliación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Presencialidade do alumnado: 28 horas
Traballo autónomo para estudo e elaboración de tarefas propostas polo/a docente: 222 horas
Recoméndase a asistencia continuada ao curso, o estudo progresivo e continuado, así como o uso dos recursos de aprendizaxe recomendados.
Dos/Das estudantes espérase:
-Participación activa e regular na aula
- Traballo continuado.
- Preparación - previa e posterior- das horas de clase.
- Lectura da bibliografía recomendada.
Ter superados 60 ECTS.