Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Italiano
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Italiana
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O alumnado deberá acadar o nivel C1 avanzado de competencia lingüística en italiano como lingua estranxeira.
Ó final do curso terá que ser capaz de comprender unha ampla gama de textos complexos e máis ben longos, expresarse de modo fluído e espontáneo sen un excesivo esforzo para buscar as palabras, usar a lingua de modo flexible e eficaz con fins sociais, profesionais e académicos, producir textos claros, ben estruturados e articulados sobre temas dunha certa dificultade, mostrando un seguro control das estructuras discursivas, dos conectivos e dos mecanismos de cohesión.
O alumnado terá que posuír un repertorio léxico moi amplo que comprenda tamén expresións idiomáticas e coloquiais e demostrará que sabe utilizar as palabras de maneira adecuada.
Haberá que privilexiar a dimensión da sintaxe que é determinante para unha seria profundización lingüística.
1. Teoría
Analizaranse as características básicas das seguintes linguaxes sectoriais:
- Linguaxe literaria
- Linguaxe técnica
- Linguaxe burocrática
- Linguaxe da arte e do turismo
- Linguaxe da medicina
- Linguaxe da economía
- Linguaxe xornalística
- Linguaxe teatral
2. Práctica
- Comprender as ideas e o significado fundamental de textos complexos.
- Comprender textos narrativos contemporáneos.
- Comprender os filmes nunha lingua estándar.
- Comprender o significado xeral das conferencias e entrevistas.
- Ler contidos en diferentes contextos de especialización.
- Expresarse claramente sobre diversos temas en diferentes situacións de comunicación.
- Falar correctamente e con naturalidade.
- Participar nos debates.
- Escribir textos claros sobre unha ampla gama de temas.
- Producir textos coherentes sobre temas de interese persoal.
Libro de texto
- M. Trifone, A. Filippone, A. Sgaglione, Affresco Italiano C1. Corso di lingua italiana per stranieri, Firenze, Le Monnier.
- Material da aula virtual.
Gramáticas e bibliografía complementaria
Alessandroni, D. Come preparsi all’esame del CELI 4, Perugia, Guerra.
Bozzone, R., Viaggio nell’italiano, Torino, Loescher.
Chiuchiù, A. & Chiuchiù, G., Italiano in, Perugia, Guerra, 2005.
Del Rosso, R. & Nivia Guerrini & Sommati, D., Insieme alle soglie del congiuntivo, Perugia, Guerra, 1993.
Esposito, Mª.A. & Errico, R., Grammatica di base. Risorse di grammatica italiana per stranieri, Perugia, Guerra, 2007.
Guida, P. & Pepe, M., Esercitarsi con la grammatica, Perugia, Guerra, 2007.
Marasco, M.V., Ramaccioni, P., Rini, M.V. e Rondoni, R., Come prepararsi all’esame del CELI 5, Perugia, Guerra.
Mazzetti, A., Nuovo qui Italia più, Firenze, Le Monnier, 2008.
Mezzadri, M., Grammatica Interattiva della Lingua Italiana. CD-Rom interattivo di grammatica italiana per studenti stranieri, Perugia, Guerra, 2003.
Nocchi, S., Grammatica pratica della lingua italiana, Firenze, Alma Edizioni, 2004.
Patota, G., Grammatica di riferimento della lingua italiana per stranieri, Milano, Garzanti, 2006.
Picchiassi, M. & Zaganelli, G., Contesti italiani. Viaggio nell’italiano contemporaneo attraverso i testi, Perugia, Guerra Edizioni, 2004.
Sensini, M., La grammatica della lingua italiana, Milano, Mondadori, 1999.
Serianni, L. & Della Valle, V. & Patota, G., L’italiano: i suoni, i segni, le parole, il testo: la norma e l’uso della lingua, Roma, Archimede, 1992.
Silvestrini, M., Dai Prova! Esercizi guidati di lingua italiana per stranieri, Perugia, Guerra Edizioni, 2007.
Storm, B., Invito al Buon Italiano. Grammatica, Perugia, Guerra, 1993.
Tartaglione, R. & Nocchi, S., Grammatica avanzata della lingua italiana, Alma Edizioni, 2006.
Trifone, P. & Palermo, M., Grammatica italiana di base, Bologna, Zanichelli, 2007.
Trifone, M., Filippone, A., e Sgaglione, A., Affresco Italiano C2, Firenze, Le Monnier, 2011.
Diccionarios
3.1.- Monolingües
De Mauro, T. (dir.), Grande dizionario italiano dell’uso, Torino, UTET, 6 vols.
Il Nuovo De Mauro https://dizionario.internazionale.it/
Dizionario Sabatini Coletti http://dizionari.corriere.it/dizionario_italiano/
Vincenzo Lo Cascio, Dizionario Combinatorio Italiano, Amsterdam: John Benjamins, 2 vols., 2014.
Portale Treccani: dizionario monolingue, dizionario di sinonimi e contrari, enciclopedia, dizionario biografico ed altri contenuti grammaticali e culturali: http://www.treccani.it/
Dizionario Garzanti della lingua italiana: https://www.garzantilinguistica.it/
Luciano Canepari, Il DIPI. Dizionario di pronuncia italiana, Bologna: Zanichelli, 2009. www.dipionline.it/
3.2.- Bilingües
Rossend Arqués Corominas & Adriana Padoan, Il Grande dizionario di spagnolo. Dizionario spagnolo-italiano, italiano-spagnolo, Bologna: Zanichelli, 2020.
Elena Baiotto (dir.), Espasa Paravia. Il dizionario spagnolo-italiano, italiano-spagnolo, Torino: Paravia, 2005.
Cesáreo Calvo Rigual & Anna Giordano Gramegna, Diccionario avanzado italiano-español, Barcelona: Herder, 2011.
Paola di Cataldo (dir.), Il Grande dizionario spagnolo: spagnolo-italiano, italiano-spagnolo, Milán: Garzanti Linguistica, 2009.
Dizionario Hoepli italiano-spagnolo: https://www.grandidizionari.it/dizionario_italiano-spagnolo.aspx?idD=4
Lorna Knight & Michela Clari, Collins Compact plus. Español-Italiano, Barcelona: Random House Mondadori, 2005.
Analizar as características fundamentais das seguintes linguaxes sectoriais: literaria, técnica, burocrática, artística, do turismo, teatral, médica, económica, xornalística.
Comprender as ideas e o sentido fundamental de textos complexos, de narrativa contemporánea, filmes en lingua estándar. Comprender o contido xeral de conferencias e entrevistas. Lectura en diferentes contextos. Expresarse claramente sobre diversos temas en diferentes situacións de comunicación, falar correcta e naturalmente, participar en debates. Redactar contidos claros sobre unha ampla gama de argumentos, producindo textos coherentes sobre temas de interese persoal.
Cada tema será tratado fundamentalmente desde un punto de vista práctico e as clases desenvolveranse en italiano. Esixiráselle ao alumnado unha constante e activa intervención na clase.
Cómpre dedicar un número de horas suficiente á realización dos exercicios e a repasar as estruturas gramaticais indicadas no programa. Exercicios. Algunhas actividades poderán desenvolverse fóra da facultade, na cidade, con falantes nativos italianos.
Farase uso da aula virtual.
A avaliación realizarase segundo os seguintes parámetros:
- Proba de comprensión oral: 10%
- Exame escrito: 50%
- Exame oral: 40%
Importante:
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na «Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións».
1. Para poder presentarse ao exame oral, o alumnado deberá obter unha nota igual ou superior a 5 no exame escrito (nota non ponderada).
2. Para superar o exame oral esixirase unha exposición sobre un dos libros de lectura e a resposta a preguntas relacionadas cos temas comunicativos previstos no programa. O profesor poderá utilizar o material (textos, fotos, artículos, etc.) que considere mais oportuno para a avaliación oral.
3. Para aprobar esta materia é necesario acadar unha nota igual ou superior a 5 (nota non ponderada), non so no exame escrito senón tamén na proba oral. Quen supere o exame escrito, pero non o oral na primeira oportunidade, poderá manter a nota da proba escrita para a segunda oportunidade, presentándose soamente á proba oral (previa comunicación ao profesorado, antes da data designada para a realización da proba escrita na segunda oportunidade). De non superar a proba oral, a nota final corresponderá ao resultado ponderado da proba escrita.
4. Os criterios de avaliación serán os mesmos para os estudantes con exención oficial de asistencia.
Acividades presenciais:
Sesións expositivas: 30 horas.
Sesións de seminario/laboratorio/aula di informática: 25 horas.
Sesións de titoría programada: 2 horas.
Sesións de avaliación: 3 horas.
Total: 60 horas.
Actividades non presenciais:
Estudo e preparación de actividades programadas en clase: 60 horas.
Lecturas: 10 horas.
Preparación de exames: 20 horas.
Total: 90 horas.
O alumnado deberá manipular o material lingüístico proposto e discutir sobre temas de carácter social, opinando razoadamente a favor ou en contra.
Haberá que traballar sobre textos constituídos por material auténtico e que pertenzan a distintos ámbitos tipolóxicos. Nestes textos destacaranse algúns fenómenos gramaticais, especialmente de carácter sintáctico, cos cales os estudantes terán que traballar e reflexionar a través de múltiples actividades.
Terán que desenvolver as actividades necesarias para unha apropiada e autónoma expresión en lingua estranxeira.
É aconsellable unha forma de autoavaliación continua co fin de superar a materia.
Lémbrase aos alumnos que o profesor poderá porse en contacto con eles a través do enderezo de correo electrónico que figure na súa ficha electrónica da USC.
Marilena Ceccarelli
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Correo electrónico
- marilena.ceccarelli [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | C03 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_01 | Italiano | C06 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_01 | Italiano | C05 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C06 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | C06 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C06 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | C06 |