Créditos ECTS Créditos ECTS: 15
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 359.5 Horas de Titorías: 12 Clase Interactiva: 3.5 Total: 375
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Historia da Arte, Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Historia da Arte, Filoloxía Italiana, Lingüística Xeral, Literatura Española, Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Proporcionar ao estudantado métodos e técnicas básicas e especializadas na investigación literaria e cultural.
- Guiar ao estudante no proceso de elaboración e defensa dun traballo de investigación.
- Ofrecer ao estudante a oportunidade de especializarse nun determinado campo dos Estudos da Literatura e da Cultura.
- Preparar ao estudante para levar a cabo de forma independente unha investigación a un maior nivel académico.
Os contidos do Traballo Fin de Máster (TFM) estarán determinados polo tema, área e proxecto de investigación seleccionados polo estudante e o seu director/a.
A bibliografía será proporcionada polo director/a elixido polo estudante.
- Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos literarios (históricos, críticos e teóricos) nunha investigación literaria.
- Que o estudantado saiba asimilar a bibliografía existente ao redor dun tema e aplicala ao seu obxecto de estudo.
- Que os estudantes sexan capaces de aportar a un estudo literario enfoques, ideas e interpretacións innovadoras e orixinais.
- Que os estudantes saiban organizar coherentemente un traballo de investigación escrito.
- Que os estudantes coñezan e usen correctamente os instrumentos metodolóxicos dun traballo de investigación.
- Que os estudantes saiban facer unha defensa oral que resuma a súa investigación e sexan capaces de responder ás preguntas e obxeccións do tribunal.
A/O estudante manterá reunións periódicas co seu director/a nas que discutirán o
tema da investigación a desenvolver, intercambiarán bibliografía e revisarán a evolución do traballo.
Agárdase que o Traballo Fin de Máster inclúa ou faga referencia, polo menos, aos seguintes aspectos:
•Obxectivos
•Hipótese de traballo
•Metodoloxía
•Conclusións
•Bibliografía
O Traballo Fin de Máster será valorado por un tribunal académico formado por profesores/as que impartan docencia no Máster, excluíndo ao director/a do traballo.
O estudante defenderá o traballo levado a cabo nunha sesión pública ante o tribunal
mediante unha exposición de entre 15 e 20 minutos, e terá a oportunidade de contestar
as preguntas e suxestións que lle formulen os membros do tribunal.
O tribunal terá en conta criterios como a orixinalidade e aportación ao avance do coñecemento, a claridade expositiva e a corrección na redacción do traballo.
O estudante deberá entregar aos membros do tribunal copia encadernada do traballo cunha antelación prudencial á defensa do mesmo. A defensa poderá ter lugar en xullo, febreiro ou setembro de cada curso académico
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na «Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións».
Ao redor de 350 horas deberá dedicar o estudante para realizar o seu TFM.
Recoméndase consultar a Normativa da USC relativa aos traballos fin de máster: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/xestionacademica/Pt…
O estudante pode participar en actividades formativas aconsellado polo director/a que este considere oportunas e encamiñadas ao desenvolvemento e defensa con éxito do traballo.
Recoméndase comezar canto antes coa elección de director/a, tema e redacción do traballo. O segundo cuadrimestre ten unha carga docente moi inferior ao primeiro co obxectivo de que o estudante poida dedicar tempo á elaboración do TFM. Ademais o estudante poderá aproveitar o mes de xaneiro sen docencia para ir perfilando tema, titor/a e estrutura do TFM.
É aconsellable que o TFM teña unha extensión de entre aproximadamente 12.000 e 18.000 palabras (entre 40 e 60 páxinas), a dobre espazo en un tamaño de letra Times New Roman 12. Tanto a redacción como a defensa do traballo poderán facerse en galego ou castelán.
No Máster de Estudos da Literatura e da Cultura o estudante poderá elixir con flexibilidade tema e titor/a, dada a ampla e variada traxectoria do profesorado implicando no Máster.
O TFM proporciónalle ao alumnado a oportunidade de especializarse nunha determinada área dos Estudos da Literatura e da Cultura e permite que este se forme para realizar unha futura investigación a nivel de doutoramento.