Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 40
Linguas de uso Alemán, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U Erasmus Mundus en Lexicografía (2ªed)
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os/As estudantes deberían
• Ser capaces de analizar textos científicos sobre os temas tratados, formular preguntas de carácter técnico e atopar solucións aos problemas formulados nos debates.
• Mellorar as destrezas comunicativas presentándolles os resultados das análises técnicas aos demais participantes dun xeito intelixible
• Mellorar a comunicación coas e cos compañeiros de clase.
• Dirixir un debate no curso e responder preguntas sobre o tema abordado.
• Utilizar ferramentas de terminoloxía estándares e modelar bases de datos para crear entradas terminolóxicas completas
1. Lexicografía, lexicografía de especialidade
2. Dicionarios de especialidade, enciclopedias
3. Ciencia da terminoloxía
4. Terminografía, bases de datos terminolóxicas
5. Organizacións para a estandarización, organización do traballo
6. Formas e métodos: traballo baseado en corpus, a ciencia das definicións, a formación da terminoloxía
7. Criterios de comparación de dicionarios de especialidade e terminoloxías
8. Corpus, formatos de intercambio, extracción de candidatos a termo, textos, ferramentas, obxectivos e aplicacións
9. Exemplos de proxectos
Hoffmann, Lothar/ Kalverkämper, Hartwig/ Wiegand, Herbert Ernst (ed.): Fachsprachen. Languages for Special Purposes. Ein internationales Handbuch zur Fachsprachenforschung und Terminologiewissenschaft (Handbücher zur Sprach- und Kommunikationswissenschaft Bd. 14.1). Berlin/New York 1998.
Hoffmann, Lothar/ Kalverkämper, Hartwig/ Wiegand, Herbert Ernst (ed.): Fachsprachen. Languages for Special Purposes. Ein internationales Handbuch zur Fachsprachenforschung und Terminologiewissenschaft (Handbücher zur Sprach- und Kommunikationswissenschaft Bd. 14.2). Berlin/New York 1999.
Roelcke, Thorsten: Fachsprachen. 3., neu bearb. Aufl. Berlin 2010.
Schierholz, Stefan J. (2003): Fachlexikographie und Terminographie. In: Zeitschrift für Angewandte Linguistik 39: 5-28. Wright, Sue Ellen/ Budin, Gerhard (ed.): Handbook of Terminology Management. Bd. 1: Basic Aspects of Terminology Management. Amsterdam/Philadelphia 1997.
Wright, Sue Ellen/ Budin, Gerhard (de.): Handbook of Terminology Management. Bd. 2: Applications-oriented Terminology Management. Amsterdam/Philadelphia 2001.
Un extenso listado de bibliografía relevante sobre o tema será proporcionado ás/aos participantes pouco antes do seminario.
Coñecementos e contidos: Con02, Con04, Con07
Habilidades o destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D09
Competencias: Comp05, Comp06, Comp09
Seminario (as datas e a duración serán anunciadas)
Primeira oportunidade:
As/os profesores escollen un dos seguintes sistemas:
a) Exame final de 90 minutos de duración sobre os contidos do seminario
b) Presentación na clase máis un breve traballo (10-15 páxinas)
c) Traballo máis longo (15-20 páxinas)
Segunda oportunidade
A avaliación da segunda oportunidade basearase nos mesmos criterios.
O alumnado con dispensa oficial será avaliado seguindo os mesmos criterios.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Horas presenciais: máx. 35.
Requisitos para a participación: as/os estudantes deben ter aprobados 25 ECTS no primeiro semestre.
Módulo optativo no segundo semestre.
Lingua de impartición: alemán e/ou inglés