Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Área externa M.U en Estudos da Literatura e da Cultura, Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Favorecer no estudantado a análise e reflexión crítica propia do medio académico e científico
1. Reflexionar sobre as transformacións e situación actual de nocións tales como cultura popular, cultura de masas e alta cultura e valorar a súa operatividade social, mediática e académica.
2. Implicar os hábitos de consumo cultural do estudiante coa análise e reflexión crítica propia do medio académico e científico.
3. Analizar os repertorios narrativos dominantes e a súa intermedialidade ou transficcionalidade consustanciais e reflexionar sobre as transformacións e situación actual de nocións tales como arquetipo, estereotipo, tipo, mito… literarios e culturais. Valorar o seu emprego coloquial e académico.
4. Proporcionar unha visión dinámica, complexa e productiva dos procesos adaptativos implicados nas reescrituras interxenéricas, interartísticas ou intermediais, alén da concepción tradicional, xenética e binaria da "adaptación" centrada nas obras literarias e a súa correspondente versión audiovisual.
5. Procurar as canles metodolóxicas necesarias, fundamentalmente ferramentas semióticas e narratolóxicas, para facer operativa e rigurosa a actividade interpretativa das narrativas literarias, gráficas e audiovisuais.
6. Comentar textos (novela, cinema, televisión, banda deseñada, videoxogo, etc.) onde se evidencien os diversos fenómenos intermediais e prácticas adaptativas.
7. Facilitar os instrumentos de documentación básicos neste ámbito (bibliografía, bases de datos, Internet).
8. Capacitar para a elaboración de traballos académicos (recensións, papers ou comunicacións), así como para a súa presentación oral apoiada en presentacións informáticas.
9. Iniciar ao estudiante na investigación personal neste ámbito.
Programa
I. Profesor Antonio Gil González.
Introducción ós comparative media studies.
1. A noción cultural e artística de medio. Intermedialidade intrínseca e extrínseca.
2. Multimedialidade, transmedialidade e remedialidade.
3. A transmedialidade como imitación, como reescritura e como transficción.
4. Transmedialidade e cultura mainstream: novela, cinema, televisión, banda deseñada, e videoxogo. Novelización, peliculización, teleserialización, historietización e ludonarrativización.
5. Análise de casos. Efectuaranse presentacións e discusións sobre diferentes obras, fenómenos e corpora neste ámbito.
II. Profesora Marta Álvarez Rodríguez
Pantallas superheroicas: figuras, formas, políticas
1. ¿Do héroe ao superhéroe?
2. Transmedialidade e intermedialidade superheroicas.
3. ¿Un nuevo género cinematográfico?
4. Superheroíñas e superhéroxs.
5. A política das figuras superheroicas.
Bibliografía básica
Eco, U., Apocalípticos e integrados ante la cultura de masas, Barcelona, Lumen, 1984
García Escrivá, Vicente. “El auge del género de superhéroes y la nueva industria cinematográfica global”, Revista mediterránea de Comunicación, 9, 1, 2018, 483-491.Gil González, A. J. y Javier Pardo (eds.), Adaptación 2.0. Estudios comparados sobre intermedialidad, Binges, Orbis tertius, 2018
Pineda, Antonio (coord.). ¿Quién vigila a los vigilantes? Superhéroes, justicieros e ideologías políticas, Sevilla, Advook, 2022.
McCausland, Elisa, Wonder Woman: El feminismo como superpoder, Valle del Pas, Errata Naturae, 2017.
Bibliografía complementaria
Balló, J., e Pérez, X., Yo ya he he estado allí. Ficciones de la repetición, Barcelona, Anagrama, 2005
Bolter, J. e Grusin, R., Remediation. Understanding New Media, Cambridge, Mass., MIT Press, 1999
Bruhn, Jørgen. The Intermediality of Narrative Literature: Medialities Matter. Basingstoke, Hampshire: Palgrave MacMillan, 2016.
Cascajosa Virino, C., El espejo deformado: versiones, secuelas y adaptaciones en Hollywood, Sevilla, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Sevilla, 2006.
Elleström, L., Media borders, Multimodality and Intermediality, Palgrave Macmillan, 2010
Fernández Porta, E., Afterpop: la literatura de la implosión mediática, Córdoba, Berenice, 2007.
Fernández Rodríguez, Nerea. Pervivencia y evolución del concepto literario en el cómic norteamericano de superhéroes: apolíneos, dionisíacos y prometeicos, tesis doctoral, Universidad de La Rioja.
Fernández Sarasola, Ignacio. Los superhéroes y el Derecho, Valencia, Tirant lo Blanch, 2018.
García-Conde Maestre. “Cine en viñetas y cómic en celuloide: retroalimentación en el universo de Frank Miller”, Quaderns de cine, 15, 2020, 45-63.
Gaudreault, A. e Groensteen, T. (eds.), La transécriture, Editions Nota Bene-Centre National de la Bande Desinée, 1998
Genette, G., Palimpsestos. La literatura en segundo grado, Madrid, Taurus, 1989
Gil González, A. J., +Narrativa(s). Intermediaciones novela, cine, cómic y videojuego en el ámbito hispánico, Salamanca, Universidad, 2012
Grishakova, Marina e Marie-Laure RYAN (eds.). Intermediality and Storytelling. Berlin/New York: Walter de Gruyter, 2010.
Gisbert Cantó, Raúl. Semiótica y adaptación. La representación de los superhéroes de DC en cómics y cine: el caso de Superman y Batman, tesis doctoral, Universitat de Valencia.
Herzogenrath, Bernd (ed.). Travels in Intermedia[lity]: ReBlurring the Boundaries. Hanover, NH: Dartmouth College Press, 2012.
Jenkins, H., Convergence Culture, Barcelona, Paidós, 2008
McCausland, Elisa y Diego Salgado. “Debate en torno a las formas del audiovisual contemporáneo de superhéroes”, CuCo: cuadernos de cómic, 6, 2016, 93-118.
Mora, V. L., El lectoespectador, Barcelona, Seix Barral, 2012.
Papazian, Gretchen y Joseph Michael SOMMERS (eds.). Game On, Hollywood! Essays on the Intersection of Video Games and Cinema. Jefferson, NC/London: McFarland & Co., 2013.
Pennacchia Punzi, Maddalena (ed.). Literary Intermediality: The Transit of Literature Through the Media Circuit. Berna: Peter Lang, 2007.
Pardo, P. J. e J. Sánchez Zapatero (eds.), Sobre la adaptación y más allá: Trasvases filmoliterarios, Salamanca, Ediciones Universidad de Salamanca, 2014.
Pérez Bowie, J. A., La adaptación cinematográfica de textos literarios. Teoría y práctica. Salamanca, Plaza Universitaria Ediciones, 2003
Pérez Bowie, J. A. (ed.), Reescrituras fílmicas. Nuevos territorios de la adaptación, Salamanca, Ediciones Universidad de Salamanca, 2010
Pérez Bowie e Pedro Javier Pardo (eds.), Transescrituras audiovisuales, Madrid, Pigmalion, 2015
Pérez Bowie e Javier Sánchez Zapatero (eds.), «Transmedialidad y nuevas tecnologías». número monográfico de 1616. Anuario de la Sociedad Española de Literatura General y Comparada, 5, 2015.
Pérez Bowie, J. A. e A. J. Gil González (eds.), Ficciones nómadas. Procesos de intermedialidad literaria y audiovisual, Madrid, Pigmalión, 2017
Rajewsky, Irina O. “Intermediality, Intertextuality, and Remediation: A Literary Perspective on Intermediality”. Intermédialités, 6 (automne 2005): 43-64. En línea en: http://cri.histart.umontreal.ca/cri/fr/intermedialites/p6/pdfs/p6_rajew….
Ryan, Marie-Laure (ed.). Narrative Across Media: The Languages of Storytelling. Lincoln/London: University of Nebraska Press, 2004.
Ryan, Marie-Laure e Jan Noël THON (eds.). Storyworlds Across Media: Toward a Media-Conscious Narratology. Lincoln: University of Nebraska Press, 2014.
Sánchez Merino, José Ramón. Superhéroes: un estudio desde el caso concreto de Iron Man, tesis doctoral, Universidad de Córdoba, 2022.
Saint-Gelais, Richard. Fictions transfuges. La transfictionnalité et ses enjeux. Paris: Seuil, 2011.
Scolari, C., Narrativas transmedia, Barcelona, Deusto, 2013.
VV.AA, Universos transmedia y convergencias narrativas. Caracteres, 3, 2014
Recursos en liña
Os recursos electrónicos –e no seu caso, a docencia en remoto– organízanse fundamentalmente en torno á aula virtual da materia no campus virtual, e moi especialmente ó portafolio de aula e edublog específico da materia integrado nela, accesible directamente en: https://narrativademasas.wordpress.com/
Competencia crítica e analítica para o estudo comparado da literatura verbo doutros discursos culturais e artísticos e para desenvolver unha comprensión global e crítica da cultura a partir das interaccións dos diversos sistemas e tradicións artísticas e culturais.
Propoñer e desenvolver un pequeno proxecto de investigación sobre os contidos da materia.
Redactar en rexistro de investigación sobre os contidos do proxecto e da materia.
Expoñer públicamente e discutir en rexistro académico e investigador sobre os contidos do proxecto e a materia.
Participar activamente e editar no edublog da materia.
Elaborar presentacións e contidos dixitais sobre os contidos da materia.
Claramente marcada pola estreita relación dos contidos teóricos coa súa exemplificación práctica e a presentación e análise de casos concretos.
Combinarase nas horas presenciais a exposición audiovisual e verbal dos contidos coa participación do alumnado.
As exposicións intentarán ofrecer visións sinópticas das relación entre os campos e medios estudados e fornecer os principais aspectos teóricos.
As sesións combinarán a presentación dos marcos disciplinares e conceptuais, a selección de exemplos representativos e a análise de casos específicos. Proporcionaranse as ferramentas metodolóxicas e analíticas adecuadas ós textos que ilustren as cuestións tratadas.
Facilitarase a comunicación cos estudiantes e o seguimento dos seus traballos nas horas de titoría destinadas a tal fin, apoiadas no edublog e no correo electrónico.
O modelo de ensino-aprendizaxe proposto ten un carácter activo e participativo por parte da/o estudante, cuxo traballo poderá comportar a realización de lecturas, presentacións, traballos escritos e outras actividades propostas, tanto individuais como en grupo.
Avaliación continua sen proba final
Farase unha avaliación continua mediante a ponderación do traballo e a participación informada do estudante no desenvolvemento das clases e da materia no seu conxunto. A avaliación fundamentarase na presentación individual dunha análise de caso no formato acordado coa profesora en cada unha das partes da materia. A cualificación de cada unha das partes ponderará ó 50% da nota final.
Segunda oportunidade de avaliación
No caso de non superar a avaliación continua ou non acreditar a asistencia na primeira oportunidade de avaliación, poderase acceder á segunda oportunidade da materia nas mesmas condicións que a primeira. Na segunda oportunidade de avaliación o estudante deberá presentar os traballo académicos mencionados no apartado anterior, de entidade e esixencia equivalente aos da primeira oportunidade, que acrediten plenamente a adquisición das destrezas e obxectivos establecidos na programación.
Poderanse conservar as notas parciais obtidas, ou presentar a corrección das carencias dos traballos presentados. Nas convocatorias sucesivas será necesario cursar integramente e superar de novo todo o proceso de avaliación.
Non se contempla en ningún caso a realización de exames.
A asistencia as sesións é obrigatoria, nas porcentaxes establecidas pola comisión académica ou a memoria da titulación. O incumplimento deste requisito non é subsanable na segunda oportunidade de evaluación, agás dispensa formalmente recoñecida ou causa xustificada de carácter extraordinario, documentalmente acreditada.
Observación importante sobre o plaxio: O plaxio no examen ou na realización dos traballos programados ou a utilización indebida e non indicada de maneira adecuada das fontes impresas ou de Internet pode implicar o suspenso na convocatoria correspondente coa cualificación más baixa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
De acordo coa programación do crédito ECTS:
Horas presenciais: 20 (x factor 1.5) = 35 horas de traballo autónomo
Preparación dos traballos, intervencións ou presentacións de formato seminario: 15 horas de traballo autónomo
Lecturas: 15 horas de traballo autónomo
Avaliación (x factor 7): 2 horas de traballo autónomo
Titorías: 3 horas presenciais
Antonio Jesus Gil Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Correo electrónico
- aj.gil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Marta Álvarez Rodríguez
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Estudos da Literatura e da Cultura
- Correo electrónico
- marta.alvarez2 [at] rai.usc.gal
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D07 |
21.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | D05 |
26.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | D05 |