Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os contidos da materia divídense en dous bloques, vinculados cos seguintes obxectivos:
Bloque 1. Oferecer ao estudantando a proposta e o desenvolvemento dunha nova esfera e focaxe de estudo no ámbito da cultura, entendida como o modo em que as persoas ven, clasifican e interveñen no mundo. Interpretar o traballo de investigación na cultura e a súa potencial relevancia.
Bloque 2. Ofrecer ao estudantado marcos teóricos que permitan a xeración dunha dinámica analítica de interpenetración fluída entre o coñecemento e estudo dos procesos sociais e as diversas producións culturais (con preeminencia do texto literario) que toman forma neles, dende eles e contra eles.
Bloque 1:
1.1. Estudos e Investigacións na Cultura. Unha nova disciplina? O literario e o cultural.
1.2. Cultura: comunidades, espazo público e territorio.
1.3. Cultura e comunidade: identidade, lealdade, patrimonio e cohesión colectivos. Marca(s) da comunidade.Sustentabilidade e afectividade identitarias.
1.4. A Cultura e o lugar, a cultura e o nacional, o cultural e intersistémico
1.5. Aproximación á Metodoloxía de investigación na Cultura.
1.6. Casos práticos. Deseño e avaliación dunha investigación.
1.7. Produción de coñecemento, aplicabilidade e transferencia nas investigacións na cultura..
1.8. Vías de aplicación das investigacións na cultura á actividade socio-económica.
Bloque 2:
1. Cultural Studies, meaning what? Marxismo e estudos da cultura, de Antonio Gramsci a Raymond Williams.
2. O exilio galego e a procura dunha cultura-nacional popular.
3. Exilio, resistencia e modernidade: o Laboratorio de Formas de Galicia como aporía do pensamento europeo de posguerra.
4. Cultura feminista, ¿voz posible? Campo cultural e autoría feminina.
5. Cincuenta anos dun marco cultural para a interpretación da (e intervención na) sociedade galega: colonialismo e cultura en Galicia.
Bibliografia básica (Teoría cultural):
Bourdieu, Pierre (1991), “Le champ littéraire”, Actes de la Recherche en sciences sociales, nº 89, pp. 3 46.
Bourdieu, Pierre, (1985): La distinction : critique sociale du jugement, Paris, Les Editions de Minuit.
Even-Zohar, Itamar (2005): Papers in Culture Research, www.tau.ac.il/~itamarez/. Último acesso, 2/04/2007.
Even-Zohar, Itamar (2007-2011), Polisistemas de Cultura: 2007-2010, Tel-Aviv, Laboratorio de Investigación de la Cultura, Univ. de Tel Aviv, 2007-2011.
Gramsci, Antonio (1977): Cultura y literatura. Selección y prólogo de Jordi Solé Tura. Barcelona: Península.
Hall, Stuart (2016): Cultural Studies, 1983. Durham and London, Duke University Press.
Hartley, J. e Potts, J. (2014). Cultural science: A natural history of stories, demes, knowledge and innovation, New York, Bloomsbury Academic.
Mesoudi, Alex Mesoudi (2011). Cultural Evolution: How Darwinian Theory Can Explain Human Culture and Synthesize the Social Sciences. Chicago, University of Chicago Press.
Torres Feijó, Elias (2012):” Reorientação dos estudos literários para a aplicabilidade e a transferência: da feitiçaria para a medicina e os capitais em jogo” http://ebooks.pucrs.br/edipucrs/anais/IIICILLIJ/Trabalhos/Palestras/fei…
Williams, Raymond (1977): Marxism and literature. Oxford – New York, Oxford University Press.
Bibliografía básica (Textos literarios, filmes, etc.):
Blanco-Amor, Eduardo (1959): A esmorga. Buenos Aires: Citania.
Díaz Pardo, Isaac, 1960. Discusión sobre organización de industrias manufactureras. A Coruña: Gráficas Moret.
Díaz Pardo, Isaac, 1970. “Significado y origen de la operación restauradora de Sargadelos”. Cuadernos del Laboratorio de Formas de Galicia, 1, pp. 17-23.
Díaz Pardo, Isaac, e Cartelle, Ramiro, 1970. O marqués de Sargadelos: historia contada polo cego Zago. Sada: Ediciós do Castro.
Espazo Clara Corbelhe (2021): Clara Corbelhe, 1. Poder e colonialidades: Espanha na Galiza de hoje.
Lamela, Brais (2022): Ninguén queda. Vigo: Euseino?.
Ledo Andión, Margarita (2008): Cienfuegos, 1913 (15’).
Ledo Andión, Margarita (2012): A cicatriz branca (92’).
de Pablo del Valle, Javier (2021): “La dimensión social del colonialismo interno. El caso gallego”. Anduli. Revista andaluza de ciencias sociales, 20, pp. 117-136.
Queizán, María Xosé (1992). Amor de tango. Vigo: Xerais.
Seoane López, Luís (1970). “Notas sobre el arte gallego y el Museo Carlos Maside”. Cuadernos del Laboratorio de Formas de Galicia 1, pp. 5-15.
V.V.A.A. (1983-2013). Festa da palabra silenciada (selección). Vigo: Feministas Independentes Galegas (https://consellodacultura.gal/fondos_documentais/hemeroteca/cabeceira/i…)
I. Competencias xerais:
- Que o estudantado pense con audacia en termos de inovación e relevancia.
-Posuir, comprender e saber aplicar os coñecementos que dan a oportunidade de ser orixinais no desenvolvimento e na aplicación de ideas, con frecuencia nun contexto de pesquisa.
-Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas em entornos novos ou pouco coñecidos, dentro de contextos mais amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo, a literatura universal.
-Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrentarse à complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclua reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas ligadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambiguidades.
- Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
2. Competencias transversais:
- Que o estudantado teña unha visión actualizada dos sistemas teóricos e metodolóxicos no campo dos Estudos e Investigacións na Cultura.
-Que o estudantado poida aprofundar nos coñecementos xa adquiridos, enriquecéndose desde umha perspectiva interdisciplinar.
-Que o estudantado saiba utilizar as ferramentas metodolóxicas e técnicas para a súa profesionalización e xestión da información dos bens culturais e recursos humanos.
-Que o estudantado posúa os instrumentos metodolóxicos que sirvan para desenvolver um espírito crítico e reflexivo, áxil e prático em relación a diferentes fenómenos culturais.
3. Competencias específicas:
-Que o estudantado sexa capaz de ampliar a noción de cultura, asi como a diversidade xenérica, social, cultural.
-Que o estudantado aborde o conceito de cultura dun modo aberto.
- Que o estudantado adquira unha ampla comprensión dos fenómenos culturais
- Que o estudantado se dote de ferramentas conceptuais e metodolóxicas para o deseño dunha actividade investigadora e profesional no ámbito da cultura.
RESULTADOS DA APRENDIZAXE
1. O estudantado estará en disposición de ter unha perspectiva clara da cultura como o modo en que as sociedades organizan a súa vida.
2. O estudantado estará em disposición de entender a relevancia dunha boa investigación no ámbito da cultura e a súa eventual aplicabilidade.
3.O estudantado estará en disposición de incorporar á construción da súa metodoloxía de investigación ferramentas tiradas do polo teórico dos Cultural Studies así como de aplicar estas ferramentas á análise de diversas producións culturais, principalmente literatura, mais tamén doutros eidos creativos como cerámica, arte pictórica, banda deseñada ou cinema.
A metodoloxía escollida esixe a presenza continuada nas aulas, a participación activa nelas e a realización das lecturas e dos exercicios marcados. O obxectivo é que os e as estudantes aprendan a realizar traballos de investigación e documentación de forma autónoma e que mediante estes traballos amplíen os contidos proporcionados a través do seguimento do programa. Do mesmo xeito, preténdese desenvolver competencias, destrezas e habilidades relacionadas co traballo cooperativo e en equipo, debate e argumentación, comunicación oral e escrita, creatividade, iniciativa, toma de decisións e resolución de problemas.
Todos os materiais precisos para o seguimento da materia serán pendurados na Aula Virtual ou, a non ser posíbel, será indicada a forma de conseguilos. É imprescindíbel acompañar a Aula Virtual da cadeira. No bloque 1 da materia está previsto, na análise cultural, o sistema de ensino-aprendizaxe a través de Aprendizaxe por Servizo (ApS)ou Aprendizaxe por Proxecto (ApP), que inclúe prácticas de campo.
1. Na avaliación final do estudantado aplicarase a ponderación de criterios xerais.
2. Para a calificación terá un papel importante a participación activa e informada, así como a realización das lecturas asignadas e o seu debate e outras propostas.
3. Tendo en conta as circunstancias de cada estudante, poderase solicitar a realización de traballos e/ou exame.
4. Na avaliación continua do estudantado terase en conta:
- Asistencia e participación en diferentes actividades das sesións (40% do total).
A asistencia é obrigatoria, polo que un número de ausencias sen xustificación do 25% das horas de ensinanza o, se fose o caso, do indicado polos regulamentos de aplicación a este Mestrado, implican o suspenso final.
5. – A resolución dos exercicios indicados na clase e/ou a entrega dun traballo que demostre a adquisición de habilidades (60% do total), podendo ser pedida a sua defensa oral na clase.
6. O sistema de avaliación para as persoas eximidas de asistir ás clases incluirá os puntos 5 e 6, que se complementan coa entrega dun conxunto de traballos breves (1.500 palabras en promedio, 4 como máximo), vinculados coa materia.
7. O sistema de avaliación na segunda oportunidade será o mesmo que se aplica a quenes teñen exención de asistencia ás clases.
8. Para os casos de rendemento fraudulento de exercicios ou problas, aplicaranse as disposicións do Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das calificacións”.
Para os escenarios 2 e 3 vid. o apartado “Observacións”.
A materia prevé un total de 24 horas docentes (das quais, 4 son non presenciais) distribuídas do seguinte modo: 12 horas de aulas expositivas, 9 horas de aulas interactivas e 3 horas de atendemento.
Lingua(s) utilizada(s): Galego/Portugués. Eventual e ocasionalmente, outros materiais e comunicacións poderán ser apresentados noutras linguas (español, francés, inglés, italiano, etc), sempre que a docente o considerar oportuno.
Elias Jose Feijo Torres
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- eliasjose.torres [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Pablo Garcia Martinez
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- pablogarcia.martinez [at] usc.gal
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D01-Seminario |
Martes | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D01-Seminario |
18:15-20:15 | Grupo /CLE_01 | Galego | D01-Seminario |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D01-Seminario |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D01-Seminario |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D01-Seminario |
23.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | D05 |
30.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | D05 |