Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Introducir os temas de investigación e os enfoques e métodos propios das distintas ramas da lingüística aplicada.
1. Contextualización das Aplicacións da Lingüística. Lingüística teórica versus Lingüística aplicada. A Lingüística Aplicada no conxunto global da Lingüística. O seu raizame e a súa fundamentación.
2. Perfís actuais das áreas da Lingüística aplicada. A Glosodidáctica que salienta os problemas da aprendizaxe de linguas. A Traductoloxía que destaca os procesos de transferencia e o concepto de equivalencia comunicativa. A Planificación lingüística que integra problemas de adaptación de corpus y de funcións(estatus). A Lingüística clínica que aborda as patoloxías verbais como disfuncións da comunicación. A Lingüística forense que subliña o papel de rasgos lingüísticos particulares nas peritaxes de identificación; as asesorías en comunicación. A Lingüística tecnolóxica (lingüística de corpus, lingüística informática e lingüística computacional) que deseña ferramentas para procesar automáticamente as linguas.
3. Proxeccións de teoría aplicada na aprendizaxe e no ensino de linguas. A Glosodidáctica. Teoría e modelos en tradución.
4. As aplicacións requeridas nas disfuncións comunicativas. A Lingüística Clínica.
5. Modelos e teorías aplicables en planificación lingüística. Política e planificación lingüísticas.
6. Aplicacións da Lingüística e novas tecnoloxías. A Lingüística tecnolóxica.
7. Aplicacións en asesorías de comunicación e nas peritaxes. A Lingüística forense.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA E COMPLEMENTARIA
Brumfit, Christopher (1997), “How applied linguistics is the same as any other science”, International Journal of Applied Linguistics, 7/1, pp. 86-94.
Celi Pereira, Regina & Roca, Pilar (2009), Lingüística aplicada. Um caminho con diferentes acessos, Sao Paulo: Contexto.
Chapelle, Carol (ed.) (2012), The Encyclopedia of Applied Linguistics, London: Wiley & Sons, 10 vols.
Cook, Guy (2003), Applied Linguistics, Oxford: Oxford University Press.
Crystal, David (2008), "Who pays the piper calls the tune: changing linguistic goals in the service of industry. A case study". En Prys, D. & Williams, B. (eds): Global Understanding in Multilingual, Multimodal and Multimedia Contexts (GUM3C) (Bangor: Language Technologies Unit), 39-46.
Davies, Alan & Elder, Catherine (2003), “General Introduction. Applied Linguistics: Subject to discipline?”, en Davies, A. & Elder, C. (eds.), pp. 1-15.
Davies, Alan & Elder, Catherine (eds.) (2003), Handbook of Applied Linguistics, Oxford: Blackwell.
Fernández Pérez, Milagros (coord.) (1996), Avances en Lingüística Aplicada, Santiago de Compostela: Publicaciones de la Universidad, Colección "Avances en" nº 4.
Fernández Pérez, Milagros (2005), “Aplicaciones de la Lingüística y nuevas tecnologías. De hecho, pareja”, en Cal, M.; Núñez, P. & Palacios, I. (eds.), Nuevas tecnologías en Lingüística, Traducción y Enseñanza de lenguas, Santiago de Compostela: Publicaciones de la Universidad de Santiago, 2005, cap. 1, pp. 29-44.
Fernández Pérez, Milagros (2013), “Algunas líneas maestras de la linguística actual”, en Pamies, Antonio (ed.), De lingüística, traducción y léxico-fraseología. Homenaje a J. de Dios Luque, Granada: Comares, pp. 321-333.
Fernández Pérez, Milagros (2017), “La Lingüística Aplicada en la actualidad. Algunas dimensiones sobresalientes”, en Olímpio de Oliveira, M. E. y Penadés, I. (eds), Investigaciones actuales en Lingüística, vol.1 (Sobre la Lingüística y sus disciplinas), Alcalá: Publicaciones de la Universidad, 141-174.
Giacalone-Ramat, Anna; Rigotti, Eddo & Rocci, Andrea (eds.) (2003), Linguistica e Nuove Professioni Proceedings of the Pavia-Lugano conference on "Linguistics and the New Professions", Milano: Franco Angeli.
Hall, Christopher J.; Smith, Patrick H. & Wicaksono, Rachel (2017), Mapping Applied Linguistics, London: Routledge.
Hensley, Joel (2010), “A Brief Introduction and Overview of Complex Systems in Applied Linguistics”, Journal of the Faculty of Global Communication, University of Nagasaki No 11, pp. 83-95.
Kaplan, Robert (2010), The Oxford Handbook of Applied Linguistics. Oxford: Oxford University Press.
Kemmer, Suzanne & Barlow, Michael (1999), “Introduction: A Usage-Based Conception of Language”, en Barlow, M. & Kemmer, S. (eds.) (1999), Usage based models of language, Stanford: Center for the Study of Language and Information, pp. vii-xxviii.
Larsen-Freeman, Diane & Cameron, Lynne (2008), Complex Systems and Applied Linguistics, Oxford: Oxford University Press.
Llisterri, Joaquim (2003), "Lingüística y tecnologías del lenguaje", Lynx. Panorámica de Estudios Lingüísticos, 2, 9-71.
Moita Lopes, Luiz Paulo da (org.) (2013), Linguística aplicada na modernidade recente, Sao Paulo: Parábola.
Payrató, Lluís (1998), De profesión, lingüista. Panorama de la lingüística aplicada, Barcelona: Ariel.
Pennycook, Alastair (2018), Posthumanist Applied Linguistics, London: Routledge.
Simpson, James (ed.) (2011), The Routledge Handbook of Applied Linguistics, London: Routledge.
Schmitt, Norbert & Rodgers, Michael P.H. (ed.) (2020). An Introduction to Applied Linguistics, London: Arnold.
Slama Cazacu, Tatiana (1984), Linguistique appliquée: une introduction, Brescia: La Scuola.
Stegu, Martin (2011), “La Linguistique appliquée : discipline ou groupement de disciplines indépendantes ?”, Histoire, Épistémologie, Langage, 33/ 1, pp. 129-139.
Tomic, Olga M. & Shuy, Roger W. (1987) (eds.), The Relation of Theoretical and Applied Linguistics, New York: Plenum.
Wei, Li. (ed.) (2014), Applied Linguistics, London: Blackwell.
Widdowson, Henry (2005), “Applied linguistics, interdisciplinarity, and disparate realities”, en Bruthiaux, P. (2005) (éd.), Directions in Applied Linguistics. Essays in Honour of Robert B. Kaplan, Clevendon: Multilingual Matters, pp. 12-25.
Competencias básicas:
Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, sobre todo nun contexto de investigación.
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á compexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais:
CG1 - Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
CG2 - Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
CG3 - Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora.
CG4 - Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais.
CG5 - Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o Máster.
Competencias específicas:
CE1 - Coñecemento dos principios básicos, das técnicas fundamentais e algúns resultados destacados da investigación actual en lingüística aplicada.
CE2 - Capacidade para comprender a diversidade teórica e metodolóxica das aplicacións en Lingüística.
CE3 - Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística aplicada.
CE6-Coñecemento das principais áreas da lingüística aplicada.
CE7-Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas comunicativos reais (ensino de linguas, tradución, asesoramento e mediación lingüística, planificación lingüística, disfuncións da linguaxe, tecnoloxías da lingua).
Competencias transversais:
Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras.
Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
As actividades que se realizarán serán:
Clases expositivas e interactivas.
Traballos sobre problemas e cuestións derivados do curso
Actividades de curso: exercicios, cuestionarios, comentarios, debates; todas de carácter obrigatorio. Algunhas actividades poderán ter carácter non presencial.
Lecturas específicas de carácter obrigatorio.
Sistema de avaliación
1ª Oportunidade:
Traballos sobre problemas e cuestións derivados do curso 60%
Asistencia e participación nas clases 15%
Outras actividades evaluables 25%
2ª Oportunidade:
O alumnado poderá optar xa sexa a un exame (100% da cualificación), sexa a avaliación continua: actividades na aula vencelladas ao desenvolmento do programa (40%) e dous traballos sobre problemas e cuestións derivados do curso (parellos ás dúas partes da materia) (60%).
Estudantes con dispensa oficial de asistencia a clase: exame 100% para as dúas oportunidades.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de evaluación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Sesións maxistrais: 20 horas presenciais/ 15 horas non presenciais (lecturas obrigatorias).
Actividades prácticas: 5 presenciais/ 5 non presenciais
Traballos: 15 horas
Actividades presenciais (expositivas, interactivas): 30 horas.
Actividades, prácticas, exercicios e traballos sobre problemas e cuestións derivados do curso: 15 horas.
Lecturas: 15 horas
Sesións maxistrais: 20 horas presenciais/ 15 horas non presenciais (lecturas obligatorias).
Actividades prácticas e titorías de traballos: 5 presenciais/ 5 no presenciais
Traballos sobre problemas e cuestións derivados do curso: 15 horas
Milagros Fernandez Perez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 881811799
- Correo electrónico
- magos.fernandez.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Pablo Gamallo Otero
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 881816426
- Correo electrónico
- pablo.gamallo [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | B13-Sala de videoconferencias |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | B13-Sala de videoconferencias |
20.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C09 |
20.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C09 |
01.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C09 |
01.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C09 |