Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Con esta materia preténdense alcanzar os seguinte resultados:
1) Coñecer aspectos teóricos e prácticos relacionados coa investigación lexicográfica.
2) Comprender os problemas que presenta o estudo do significado e a adquisición das estratexias para delimitalo, definilo e explicalo con criterios rigorosos e científicos.
3) Desenvolver as capacidades para descifrar as potencialidades do léxico
De maneira máis concreta, perséguese que o/a estudante sexa quen de:
1) Analizar e explotar con fins lexicográficos córpora e bases de datos lingüísticos
2) Familiarizarse con recursos e ferramentas para a elaboración de dicionarios
3) Deseñar e elaborar produtos lexicográficos empregando métodos de traballo modernos e estandarizados.
4) Coñecer os problemas que implica a redacción dunha obra lexicográfica e os recursos para resolvelos.
1. Os corpus e os sistemas de produción de dicionarios
1.1.As fontes para o labor lexicográfico
1.2 Deseño de corpus con fins lexicográficos
1.3 Explotación de corpus con fins lexicográficos
1.4 Sistemas de produción de dicionarios
2. A macroestrutura dos dicionarios monolingües e bilingües
2.1. A selección léxica
2.2. A lematización. Lemas e sublemas
3. A microestrutura dos dicionarios monolingües e bilingües
3.1. A información lexicográfica. Tipoloxía e organización
3.2. As acepcións. Identificación e ordenación
3.3. A definición no dicionario monolingüe. Tipos, técnicas, problemas
3.4. Equivalentes, discriminadores e división do significado nos dicionarios bilingües
Bibliografía básica
Atkins, B. T. Sue / M. Rundell (2008): The Oxford Guide to Practical Lexicography. Oxford: Oxford University Press.
Durkin, Philip (ed.) (2018): The Oxford handbook of lexicography. Oxford: Oxford University Press.
Svensen, B. (2009): A handbook of Lexicography. The Theory and Practice of Dictionary-Making. Cambridge: Cambridge University Press.
Bibliografía complementaria
Fontenelle, Thierry (ed.) (2008): Practical Lexicography. A Reader. Oxford: Oxford University Press.
Fuertes-Olivera, Pedro A. / Henning Bergenholtze-Lexicography (2013): the Internet, digital initiatives and lexicography. London: Bloomsbury.
Fuertes_Olivera, Pedro A. (2018): The Routledge handbook of lexicography. Milton Park, Abingdon, Oxon ; New York, NY : Routledge
Granger, Sylviane / Magali Paquot (eds.) (2012): Electronic lexicography. Oxford: Oxford University Press.
Haensch, Gunter et al. (1982): La lexicografía. De la lingüística teórica a la lexicografía práctica. Madrid: Gredos.
Martínez de Sousa, José (2009): Manual básico de lexicografía. Gijón: Ediciones Trea.
Medina Guerra, Antonia M. (coord.) (2003): Lexicografía española. Barcelona: Ariel.
Ostermann, Carolin (2015): Cognitive Lexicography. Berlin: De Gruyter
Porto Dapena, José-Álvaro (2002): Manual de técnica lexicográfica. Madrid: Arco Libros.
Porto Dapena, José-Álvaro (2009): Lexicografía y metalexicografía. Estudios, propuestas y comentarios (Anexo 12 da Revista de Lexicografía). A Coruña: Universidade.
Rodríguez Barcia, Susana (2016): Introducción a la lexicografía. Madrid: Síntesis.
Sterkenburg, P.G.J. van (2003): A practical guide to lexicography. Amsterdam/Philadelphia: John Benjamins Publishing Company.
BÁSICAS E XERAIS
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos
novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos
especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que terá que ser
en gran medida autodirixido ou autónomo.
CG3 - Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao
campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora.
CG4 - Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas
de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais
CG5 - Capacidade dos estudantes para comprender interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que
integran o máster.
TRANSVERSAIS
CT1 - Expresión correcta, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
CT4 - Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
CT6 - Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben
enfrontarse.
CT8 - Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance
socioeconómico e cultural da sociedade.
ESPECÍFICAS
CE4 - Capacidade dos estudantes para aplicar a metodoloxía da lingüística baseada na análise de corpus lingüísticos.
CE5 - Capacidade para a selección adecuada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido.
Os tipos de actividades que se realizarán son os seguintes:
• Clases expositivas e interactivas presenciais. A profesora traballará de forma aplicada contidos previamente expostos e introducirá a través dun método indutivo algúns conceptos do programa. Así mesmo, as actividades desenvolvidas servirán para fixar coñecementos e verificar a correcta comprensión dos contidos expostos.
• Traballo tutelado. Terá carácter obrigatorio e individual e nel aplicaranse contidos e/ou metodoloxía relativos á materia. En principio, o prazo de entrega deste traballo remata o día que estableza o calendario para o exame da materia en ambas as dúas oportunidades. Con todo, estas datas poderán variar se así o solicita o alumnado, tras previo acordo coa docente.
• Actividades de curso. Trátase de exercicios, traballos, comentarios, exposicións, actividades de resolución de problemas... de carácter obrigatorio. O número de traballos pode variar en función do desenvolvemento e a marcha do curso (mínimo de 3, máximo de 5). A data de entrega destes pequenos traballos establecerase de acordo co alumnado en función da carga de traballo que teñan en cada momento.
• Lecturas. Ao longo do curso a profesora encargará unha serie de lecturas obrigatorias, que se deberán preparar en horas non-presenciais e que poderán servir de base para a realización dalgúns dos traballos sinalados no apartado anterior.
Nesta materia empregaranse os recursos da aula virtual.
As porcentaxes indicadas son aplicables ás dúas oportunidades de avaliación:
• Traballo tutelado: 55% da cualificación global
• Actividades de curso: 30% da cualificación global
• Asistencia e participación: 15% da cualificación global
As/os estudantes que obteñan a dispensa de asistencia a clase por parte da Xunta de Facultade e a acrediten debidamente rexeranse polo seguinte sistema de avaliación, nas dúas oportunidades:
• Traballo tutelado: 60% da cualificación global
• Actividades de curso: 40% da cualificación global
En ambos os casos, as actividades de curso serán exercicios, breves traballos ou comentarios que o alumno ou alumna deberá entregar no prazo indicado pola profesora.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
• Clases: 25 horas (15 Pres., 10 Non pres.)
• Traballo tutelado: 18 horas (Non pres.)
• Titorías en grupo: 7 horas (3,5 Pres., 3,5 Non pres.)
• Lecturas: 25 horas (Non pres.)
Maria Alvarez De La Granja
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811786
- Correo electrónico
- maria.alvarez.delagranja [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | B03-Sala de videoconferencia |
30.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C03 |
02.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C03 |