Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.7 Horas de Titorías: 1 Clase Interactiva: 0.3 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Filoloxía Inglesa e Alemá, Departamento externo vinculado ás titulacións, Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Filoloxía Catalá, Filoloxía Románica, Filoloxías Galega e Portuguesa, Filoloxía Alemá, Filoloxía Inglesa, Área externa M.U en Estudos da Literatura e da Cultura, Filoloxía Francesa, Filoloxía Grega, Filoloxía Italiana, Filoloxía Latina, Lingüística Indoeuropea, Lingüística Xeral, Literatura Española, Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Estas prácticas están orientadas a completar a formación dos alumnos/as e titulados/as universitarios así como a facilitar o seu acceso ao mundo profesional. Búscase facilitar o contacto entre as empresas e os estudantes.
A práctica prodúcese despois dun diálogo sobre as necesidades da entidade obxecto da mesma e a Comisión do Máster e baixo orientación dun titor/a.
Búscase a detección por parte do estudante das súas oportunidades, fortalezas, debilidades e obstáculos en relación á esfera de acción, de mecanismos de mellora e desenvolvemento; en definitiva dos elementos máis importantes da súa formación activados durante a práctica e das eventuais carencias e complementos precisos.
Se for preciso, esta será proporcionada ao alumno/a polo titor/a académico e a persoa responsable da práctica da entidade.
.
Capacidade de comunicación e dirección de persoas e equipos.
Capacidade para identificar e intervir en aqueles aspectos relacionados coa cultura nas organizacións empresariais.
Capacidade para recoñecer oportunidades profesionais.
Capacidade para desenvolver os procesos necesarios para iniciar unha actividade empresarial relacionada coa cultura.
Traballarase de xeito conxunto con entidades públicas e privadas, de todo tipo, e cun carácter activo e sostido.
O estudante elabora un informe previo de obxectivos específicos en coordinación con seu titor/a e diálogo co seu futuro titor/a na entidade.
A práctica debe situarse ao redor das 150 horas e finalmente debería ir acompañada dunha breve memoria final, un informe da persoa responsable da práctica da entidade e un informe do titor/a académico.
As empresas e fundacións colaboradoras emitirán un informe do rendemento do estudante (que incluirá tamén recomendacións sobre eventuais aspectos susceptibles de mellora) no que se valorarán os seguintes apartados:
1. Interese e grado de implicación nas tarefas realizadas.
2. Capacidade de traballo en equipo e iniciativa persoal.
3. Aplicación das destrezas e coñecementos adquiridos no máster.
4. Adquisición de novas destrezas e coñecementos derivados do exercicio práctico diario.
5. Valoración global.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na «Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións».
Ao redor de 150 horas totais de traballo na empresa, institución ou fundación colaboradora e na realización da breve memoria final.
As prácticas externas réxense polo Real Decreto 1707/2011 (http://www.boe.es/boe/dias/2011/12/10/pdfs/BOE-A-2011-19362.pdf) e polo Regulamento de prácticas académicas externas da Universidade de Santiago aprobado polo Consello de Goberno de 29 de xullo de 2015: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/documento…