Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Destacar o papel da Lingüística no estudo de manifestacións verbais singulares como é o caso da linguaxe en proceso de desenvolvemento. A proxección aplicada de procedementos de análise e de conceptos extraídos da Lingüística resulta indispensable para: (a) aproximarse ás dinámicas de emerxencia verbal en ontoxénese, (b) abordar as peculiaridades comunicativas da fala nesas etapas, e (c) cuestionar a súa posible estimación en situacións especiais de anomalía ou disfunción.
1. Introdución. Enfoques lingüísticos para o estudo de usos verbais especiais.
2. A relevancia de estudar a fala infantil. Rasgos xenuinos na lingua dos nenos. Algúns lugares comúns na adquisición da lingua que necesitan ser revisados.
3. Desenvolvemento da linguaxe e Lingüística dos usos. Importancia dos corpus no estudo da adquisición das linguas. Enfoques teóricos da emerxencia da fala no período infantil.
4. Por que cómpre valorar a linguaxe en proceso segundo as súas peculiaridades? Como entender a fala infantil?
Incluimos a seguir unhas recomendacións bibliográficas xerais que presentan aspectos fundamentais da materia e ilustran a súa orientación. No transcurso da materia incluiranse referencias máis concretas para cada tema que serán ofrecidas íntegramente ao alumnado por vía dixital.
Ambridge, Ben & Lieven, Elena (2011), Child Language Acquisition. Contrasting Theoretical Approaches, London, Cambridge University Press.
Barlow, Michael & Kemmer, Suzanne (eds.) (1999), Usage based models of language, Stanford, Center for the Study of Language and Information.
Blume, María y Lust, Barbara, 2016, Research Methods in Language Acquisition. Principles, Procedures and Practices, Berlin: De Gruyter Mouton.
Clark, Eve V. (2003), First Language Acquisition, Cambridge, Cambridge University Press.
Clark, Eve V. (2016), Language in Children, London, Routledge.
Elman, Jeffrey; Bates, Elisabeth; Johnson, Mark; Karmiloff-Smith, Annette; Parisi, Domenico & Plunkett, Kim (1999), Rethinking Innateness. A Connectionist Perspective on Development, Cambridge, The MIT Press, 1999.
Enríquez Martínez, Iván (2017), Del discurso a la gramática en el habla infantil. Cómo los marcadores evolucionan a conectores de construcciones complejas, Madrid, Arco Libros.
Fernández López, Isabel (2009), ¿Cómo hablan los niños? El desarrollo del componente fonológico en el lenguaje infantil, Madrid, Arco Libros.
Fernández Pérez, Milagros (2006): “Usos verbales y adquisición de la gramática. Construcciones y procesos en el habla infantil”, en Revista Española de Lingüística,36, 319-348.
Fernández Pérez, Milagros (coord.) (2011), Lingüística de corpus y adquisición de la lengua, Madrid, Arco Libros.
Fernández Pérez, Milagros (coord.) (2014), Lingüística y déficit comunicativos. ¿Cómo abordar las disfunciones verbales?, Madrid, Síntesis.
Fernández Pérez, Milagros & Lara Lorenzo (coords.) (2023), Datos y desarrollo de la lengua. Las gramáticas emergentes, Madrid: Arco/Libros.
Ferrer, Isabel (2012), La artesanía de la comunicación. Diálogo, escucha y lenguaje en la etapa 0-6, Barcelona, Graó.
Garayzábal, Elena & Codesido, Ana I. (2015), Fundamentos de Psicolingüística, Madrid, Síntesis.
Gregory, Richard L. (ed.) (1987), Diccionario Oxford de la mente, Madrid, Alianza, 1995.
Hoff-Ginsberg, Erika (1997), Language Development, Pacific Grove (California), Brooks/Cole Pub., 1997.
Horst, Jessica & Janne von Koss Torkildsen (eds.) (2019). International Handbook of Language Acquisition. London: Routledge.
MacWhinney, Brian (ed.) (1999), The Emergence of Language, New Jersey/ New York, Lawrence Erlbaum, 1999.
MacWhinney, Brian & William O'Grady (eds) (2015). Tha Handbook of Language Emergence, London, Wiley & Sons.
Mariscal, Sonia & Gallo, M.ª Pilar (2014), Adquisición del lenguaje, Madrid, Síntesis.
Paul, Rhea (20073), Language Disorders from Infancy through Adolescence, Mosby Elsevier, St. Louis, MO.
Rowland, Caroline F.; Anna L. Theakston; Ben Ambridge & Katherine E. Twomey (eds.) (2020): Current Perspectives on Child Language Acquisition: How children use their environment to learn. Amsterdam: John Benjamins.
Saxton, Matthew (2010), Child Language. Acquisition and Development, London, SAGE Publishing.
Slobin, Dan (ed.) (1997), The Crosslinguistic Study of Language Acquisition, vol. 5 (Expanding the Contexts), Hillsdale, Lawrence Erlbaum.
Tomasello, Michael (2003), Constructing a Language. A Usage-Based Theory of Language Acquisition, Cambridge, MA, Harvard University Press.
1. Habilidades para contemplar a Lingüística máis aló do sistema da lingua-produto definitivamente conformada.
2. Habilidades para cultivar aplicacións da Lingüística en situacións peculiares de usos evolutivos.
3. Destrezas para acometer análisis de fala espontánea singular.
4. Destrezas para xestionar datos de fala evolutiva procedentes de corpus.
- Sesións expositivas participativas: exposición, por parte da profesora responsábel da materia, dos contidos obxecto de estudo e das actividades que ten que desenvolver o alumnado.
- Sesións interactivas: dedicadas á resolución de tarefas, discusións dirixidas e ao debate a partir de lecturas seleccionadas.
- Actividades prácticas e exercicios: formúlanse exercicios relacionados coa materia e o estudantado debe resolvelos aplicando os coñecementos asimilados nas clases.
- Traballo tutelado: proxecto individual de curso sobre un aspecto concreto do programa da materia.
ESTUDANTADO PRESENCIAL
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
Avaliación continuada mediante tarefas e exercicios encomendados.
Traballo tutelado: 65%
Asistencia e participación: 15%
Outras actividades avaliables: 20%
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
O estudantado poderá presentar unha nova versión daqueles traballos de curso (actividades avaliábeis e traballo tutelado) que non tivesen acadado o nivel suficiente ou, de ser o caso, poderáselle encomendar unha serie de actividades substitutivas que se anunciarían oportunamente no momento de lle comunicar as notas da 1.ª oportunidade.
No caso de cualificación insuficiente no módulo de asistencia e participación, a nota do/s traballo/s mencionados constituirá o 100% da cualificación final.
ESTUDANTADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA: a puntuación acadada polas actividades e o traballo final suporá o 100% da cualificación final, tanto na primeira coma na segunda oportunidade.
INDICACIÓNS XERAIS PARA TODO O ESTUDANTADO:
1.- Debe terse moi en conta que para superar a materia, ademais de acadar o nivel requirido en canto a contidos e prácticas, será requisito indispensábel amosar na realización das diferentes probas –orais e/ou escritas– un nivel de dominio (exposición e argumentación, redacción e ortografía) conforme coa situación académica.
2.- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na 'Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións' [https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20110721/AnuncioG2018-190711-…]
3.- ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
O alumnado que precise dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria), organismo da USC encargado de valorar e informar sobre estes casos:
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social/inc…
Tendo en conta o calendario oficial aprobado pola USC, a distribución temporal da materia ao longo do semestre queda como segue:
Clase Expositiva: 9.00
Clase Interactiva Seminario: 12.00
Horas de Titorías: 3.00
Traballo do Estudante_ECTS: 51.00
- Nesta materia, a asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento chave na adquisición de competencias por parte do alumnado.
- Para superar a materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como no seu traballo persoal fóra da aula.
-Suficiente coñecemento das linguas galega e española (para facer un seguimento proveitoso das aulas) e mais da lingua inglesa (para poder realizar lecturas de artigos escritos nesta lingua).
- Amosar unha atención constante ás canles de comunicación virtual habilitadas (Campus virtual para un axeitado seguimento dos contidos da materia), para conseguir unha autoaprendizaxe guiada e orientada pola profesora e para establecer un proceso continuado de estudo.
(1) TITORÍAS: HORARIO, LUGAR E INFORMACIÓN DE CONTACTO
Horario: Fixado ao comezo do 1.º semestre
Lugar: Gabinete 122
Teléfono: 881 811 776
Enderezo electrónico: ana.codesido [at] usc.es (ana[dot]codesido[at]usc[dot]es)
(2) Lingua vehicular de docencia: galego
Ana Isabel Codesido García
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 881811776
- Correo electrónico
- ana.codesido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | B03-Sala de videoconferencia |
Mércores | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | B03-Sala de videoconferencia |
20.01.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | C02 |
20.01.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | C02 |
08.07.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | C02 |
08.07.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | C02 |