Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 40
Linguas de uso Alemán, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U Erasmus Mundus en Lexicografía (2ªed)
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Con este curso perséguese como principal obxectivo que os alumnos:
1. Adquiran coñecemento máis profundo no campo da metalexicografía e da investigación sobre dicionarios.
2. Adquiran coñecemento interdisciplinario, posto que as posibilidades de aplicación práctica das teorías non se restrinxen á lexicografía, senón que se fan extensibles a ámbitos relacionados.
3. Analicen en detalle dicionarios (electrónicos) e portais lexicográficos co obxectivo de atinxir un coñecemento máis profundo da estruturación dos diferentes tipos de dicionarios.
4. Reflexionen críticamente sobre as teorías e métodos presentados.
5. Debatan de forma competente e adecuada sobre cuestións relevantes en relación coa lexicografía (electrónica).
1. Introdución, teoría e práctica en lexicografía: aclaracións terminolóxicas
2.
a) A teoría de funcións
b) A lexicografía como arte
c) Lexicografía e investigación sobre dicionarios
(destinatarios, funcións do dicionario, obxecto de análise dos dicionarios, forma dos dicionarios)
3. Métodos en lexicografía: condensación textual, tipoloxía, representacións estruturais.
4. Teoría do texto e teoría da acción como alicerces da investigación sobre dicionarios.
5. Macroestrutura: niños, nichos, estrutura alfabética e sistemático-conceptual.
6. Elementos lexicográficos nos dicionarios en papel e nos dicionarios electrónicos (extracción de datos, procesamento e avaliación).
7. Microestrutura: teoría e tipos.
8. Teoría das referencias cruzadas: medioestrutura, incluíndo vinculacións e tipos de ligazóns en dicionarios electrónicos.
9. Diferentes tipos de dicionarios e tipos de portais lexicográficos.
10. Megaestrutura: textos externos e internos (prólogo, epílogo, índices, esquemas)
11. Textos externos: guía do usuario.
12. Estruturas de acceso, estruturas da área de busca, arquitecturas textuais en dicionarios impresos e electrónicos (incluíndo diferentes deseños web).
13. Dicionarios en liña: elementos e rutas de busca, navegación.
Engelberg, Stefan/ Lemnitzer, Lothar: Lexikographie und Wörterbuchbenutzung. Tübingen 4., überarb. und erw. Aufl. 2009.
Gouws, Rufus H./Prinsloo, Daniël J. 2005. Principles and practice of South African lexicography. Stellenbosch (pdf-Version).
Gouws, Rufus H./ Schweickard, Wolfgang/Wiegand, Herbert Ernst Lexicography through the ages: From the early beginnings to the electronic age. In Gouws, Rufus H./ Heid, Ulrich/ Schweickard, Wolfgang/Wiegand, Herbert Ernst (Hg.) 2013. Dictionaries. An International Encyclopedia of Lexicography. Supplementary Volume: Recent Developments with Focus on Electronic and Computational Lexicography (HSK 5.4). Berlin/New York 2013: 1-24.
WLWF = Wiegand, Herbert Ernst/ Beißwenger, Michael/ Gouws, Rufus H./ Kammerer, Matthias/ Storrer, Angelika/ Wolski, Werner (Hg. 2010): Systematische Einführung/Systematic introduction: Wörterbuch zur Lexikographie und Wörterbuchforschung/ Dictionary of Lexicography and Dictionary Research. Bd. 1, A-C. Berlin/New York 2010.
Outras referencias bibliográficas serán presentadas ao longo do período de impartición da materia.
Coñecemento e contidos: Con01, Con02, Con07
Habilidades ou destrezas: H/D01, H/D02, H/D04
Competencias: Comp02, Comp05, Comp09
Seminario (as datas e a duración serán anunciadas)
Primeira oportunidade:
Existen varias opcións
a) exame final de 45 minutos de duración sobre os contidos do seminario máis un breve traballo.
b) presentación máis un breve traballo
c) traballo de maior extensión
a) 50% para o exame e 50% para o traballo
b) 50% para a presentación e 50% para o traballo
c) 100% para o traballo de maior extensión.
Segunda oportunidade
A avaliación da segunda oportunidade basearase nos mesmos criterios.
O alumnado con dispensa oficial será avaliado seguindo os mesmos criterios.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Horas presenciais: máx. 35. Traballo autónomo adicional.
Requisitos para a participación: as/os estudantes deben ter aprobados 25 ECTS no primeiro semestre .
Módulo optativo no segundo semestre. Este módulo ten unha forte orientación teórica; adoitase impartir ao comezo do curso pois proporciona bases fundamentais para moitos outros módulos.
Lingua de impartición: alemán e/ou inglés