Créditos ECTS Créditos ECTS: 10
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2.5 Clase Interactiva: 1 Total: 3.5
Linguas de uso Alemán, Inglés
Tipo: Prácticum Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Italiana
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Familiarizar ao alumnado coa aplicación dos coñecementos, habilidades e competencias adquiridos nas diferentes materias do Mestrado.
• Establecer conexións entre a Universidade e o mundo da empresa e o mercado de traballo.
• Familiarizar o alumnado co funcionamento de institucións e compañías: organización, traballo, clientes, proxección nacional e internacional das mesmas.
En liñas xerais, os contidos centraranse en:
• Actividades lexicográficas relacionadas coa concepción e desenvolvemento de dicionarios e materiais lexicográficos.
• Estratexias e mecanismos básicos propios dunha editorial ou centro de investigación no que se elaboran dicionarios, glosarios, corpora lexicográficos etc.
• Ferramentas e técnicas para o desenvolvemento de materiais con aplicación lexicográficas.
Os contidos serán especificados máis polo miúdo no centro de prácticas.
De ser o caso, as persoas responsables da titorización en cada centro de prácticas, así coma o/a titor/a académico/a proporcionaranlle ao alumnado a bibliografía necesaria.
Coñecementos ou contidos: Con01 - Con10
Habilidades ou destrezas: H/D01 - H/D10
Competencias: Comp01, Comp05, Comp06, Comp08
• Introdución ao funcionamento e ás actividades desenvolvidas na institución, compañía ou empresa.
• Participación supervisada do alumnado nas actividades da institución, compañía ou empresa.
• Memoria final sobre os coñecementos prácticos aprendidos.
• As actividades que se van realizar inclúen:
1. Selección da institución, compañía ou empresa, supervisada polo/a titor/a académico/a da Universidade.
2. Reunións co/a titor/a académica e coa persoa que asume a titoría no centro de prácticas.
3. Participación supervisada do alumnado nas actividades da institución, compañía ou empresa.
4. Redacción da memoria final por parte do alumnado.
A avaliación terá en conta as diferentes etapas do proceso e incluirá os aspectos seguintes:
-Valoración por parte do titor ou titora de prácticas na institución, compañía ou empresa na que se desenvolveu a actividade.
- Memoria final presentada polo alumnado.
- Avaliación por parte do/a titor/a académico/a na Universidade.
O/a titor/a académico/a deberá recibir a memoria elaborada polo alumnado nun prazo máximo de 30 días trala finalización do período de prácticas. Esta memoria, así como a valoración do traballo desenvolvido no centro de prácticas, serán os dous parámetros utilizados polo/a titor/a académico/a co fin de avaliar o período de prácticas.
Naqueles casos nos que se determine unha realización fraudulenta do Practicum, aplicarase o contido recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
10 créditos ECTS corresponden, de xeito aproximado, a 250 horas de traballo do estudantado. Na dedicación do alumnado inclúense as sesión de titorías e o tempo necesario para a redacción da memoria correspondente ás actividades realizadas no período de prácticas.
É aconsellable que o alumnado se poña en contacto co/a titor/a académico/a tan pronto como se fagan públicos os destinos, con fin de poder perfilar e organizar mellor a súa actividade.
Adxudicación de prazas: a Comisión do Título procederá a adxudicar de oficio as prazas en función das preferencias manifestadas polos/as solicitantes.
Naqueles casos nos que haxa máis solicitantes que prazas dispoñibles nunha empresa/ institución, os candidatos serán baremados segundo os criterios acordados pola Comisión académica (nota media máis alta no mestrado e expediente académico).