Créditos ECTS Créditos ECTS: 30
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 22.5 Clase Interactiva: 8.5 Total: 31
Linguas de uso Alemán, Inglés
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ao longo dos dous anos de duración deste mestrado, o alumnado debe acadar unha serie de obxectivos e competencias, dos que se vai amosar o nivel alcanzado grazas á realización do Traballo fin de Mestrado. Entre os principais obxectivos destacan:
• Desenvolver unha hipótese de investigación na que se dea conta das capacidades necesarias (busca de información, manexo dos recursos pertinentes…).
• Conceptualizar, deseñar e elaborar ferramentas e materiais lexicográficos nunha sociedade multicultural e multinacional.
• Aplicar os coñecementos adquiridos en materias previas.
• Concibir, deseñar, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con seriedade académica e ser capaces de comunicar as súas conclusións.
• Empregar unha metodoloxía axeitada aos contidos.
• Elaborar unha conclusión na que se destaque a novidade do traballo desenvolto.
• Utilizar o rexistro lingüístico axeitado ao contexto académico, tanto a nivel escrito coma oral, na defensa do TFM perante a Comisión avaliadora. As linguas de redacción son o inglés ou o alemán.
Os contidos, en estreita relación coa temática do mestrado, estarán determinados polo tema, área e proxecto de investigación seleccionado polo/pola estudante e o seu titor/a sua titora.
O TFM ofrécelle ao estudantado a posibilidade de elixir con flexibilidade tema e titor/a, dada a variada traxectoria académica e investigadora dos/das docentes que forman parte do título.
Atendendo ó tema do TFM, o alumnado recibirá unha listaxe bibliográfica adecuada á temática elixida.
Coñecementos ou contidos: Con01 - Con10
Habilidades ou destrezas: H/D01- H/D10
Competencias: Comp01, Comp02, Comp03, Comp04, Comp05, Comp07, Comp08
O estudantado manterá reunións periódicas co/coa titor/titora. Nelas discutirán o tema do proxecto e a estrutura do mesmo, intercambiarán bibliografía e revisarán a evolución do traballo de investigación.
1. Oportunidade:
Na cualificación terase en conta o informe de seguimento do/da titor/a, ademais do contido e presentación do traballo formal (80% da cualificación total) e da defensa oral do traballo xunto coa capacidade do/da estudante para dar resposta ás intervencións dos membros do tribunal (20% da cualificación total).
Valoraranse, en especial, os aspectos seguintes:
- A fundamentación teórica do TFM
- O rigor científico e metodolóxico da investigación presentada
- A capacidade crítica sobre a investigación
- A presentación escrita
- A defensa oral do traballo
2. Oportunidade:
Os mesmos criterios que na primeira oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta do traballo será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
O traballo fin de mestrado corresponde a 30 créditos.
• A identificación dun plaxio no interior do TFM conduce á descualificación inmediata. Entendese por plaxio a apropiación de ideas, da metodoloxía ou mesmo de citas literais que se presenten sen facer referencia ao autor correspondente.
• O alumnado poderá presentar o traballo, só se ten superado o resto dos créditos establecidos no programa.