Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 49.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Produción Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O futuro veterinario debe integrar a perspectiva económica nas súas formulacións profesionais, dentro do marco dun desenvolvemento sostible, e ser consciente do significado da utilización polo home de recursos escasos en todas as actividades de produción, entre elas as gandeiras, sometidas ás leis da economía de mercado. Os animais de renda explótanse con fines exclusivamente económicos, e a rendibilidade das empresas gandeiras é condición sine qua non para a súa supervivencia.
O futuro veterinario debe, polo tanto coñecer os principais conceptos económicos e empregar adecuadamente a terminoloxía correspondente. Debe ser capaz de entender os comportamentos dos axentes económicos da demanda e da oferta no mercado, grazas á axuda dos modelos micro económicos.
Así mesmo debe coñecer os principais aspectos da comercialización dos produtos agrarios, manexar os conceptos básicos de contabilidade da empresa gandeira e de contabilidade sectorial mediante a análise das principais macro magnitudes agrarias, e familiarizarse cos obxectivos xerais e mecanismos principais da Política Agrícola Común.
Programa de clases teóricas:
- A Economía de Mercado: introdución. Actividades económicas, intercambio, produción e consumo. Bens, factores de produción, produto e renda. Organización da economía (1 sesión teórica).
- O consumo. A función de utilidade. A preferencia do consumidor. As relacións entre os bens e o consumo (1 sesión teórica).
- A demanda. O equilibrio xeral do consumidor. As variacións da demanda segundo a renda e os prezos. Elasticidades da demanda. A lei da demanda (1 sesión teórica).
- A produción. Produción e eficiencia técnica. A función da produción dun factor variable. Produtividade total, media e marxinal (1 sesión teórica).
- A oferta. O equilibrio da produción. Custos fixos e variables, medios e marxinais. A función da oferta. A lei da oferta. A elasticidade oferta - prezo. Análise do beneficio. O equilibrio a longo prazo (1 sesión teórica).
- O mercado. A formación do prezo e o equilibrio do cambio. A lei da oferta e a demanda. As variacións dos prezos. O retraso na adaptación e o teorema da tela de araña. A clasificación dos mercados (1 sesión teórica).
- Mercados gandeiros. Interpretación de reporte (1 sesión teórica).
- Fontes de referencia de custos de produción: Observatorios de prezos. Grupos de Xestión. Rengrati (1 sesión teórica)
- A comercialización a través das D.O.P./I.X.P. (1 sesión teórica)
- Seguros gandeiros. Conceptos básicos. Agroseguro. (2 sesións teórica)
- Modelos de integración na produción gandeira (1 sesión teórica)
- Xestión en clínicas veterinarias (1 sesión teórica).
Programa de clases prácticas (OR1 a OR5, 18 horas):
- Exercicio de Contabilidade Agraria. Análise dos elementos patrimoniais e elaboración do balance de apertura do exercicio económico. Manexo das Contas de diñeiro e de gastos de ingresos durante o exercicio. Determinación dos resultados do exercicio contable. Elaboración do balance final do exercicio e da conta de gastos e ingresos. Peche do exercicio. Beneficio, perdas e ganancias, marxe bruta e neta e outros conceptos. Cálculo de diversos ratios para a análise da empresa.
- Macro magnitudes Agrarias: manexo de datos. Análise estrutural das contas do sector agrario español e de Galicia. Elaboración do cadro de composición e distribución da Produción da Rama Agraria. Análise dos indicadores económicos. Análise dos datos do comercio exterior agrario.
-Prezo do leite
Bibliografía básica:
- LLOPIS B. 2022. Economía Agraria: concepto, elementos y tipología. Editorial Civitas, Pamplona
- Boletines anuales de prácticas de Economía Agraria
- CALDENTEY A. y de HARO GIMÉNEZ T. 2004. Comercialización de productos agrarios. Editorial Agrícola Española, S.A. - Ediciones Mundi-Prensa, Madrid
- VANDENBERGHE N. 1995. Breve Teoría del Mercado para la Economía Agraria. Editorial Acribia, Zaragoza
- VANDENBERGHE N. y CEULAR VILLACÉ A. 2006. Elementos de Contabilidades para Veterinaria. Unicopia Artes Gráficas, Lugo
Bibliografía complementaria:
- Portal da División de Desarrollo Sostenible del Departamento de Asuntos Económicos y Sociales de Naciones Unidas (ONU)
- Portal do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA)
- Portal da Organización Mundial de Comercio (OMC)
- Portal da Unión Europea (UE)
- Teoría Económica y Economía Agraria. https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/2495781.pdf
- Plan general de contabilidad. https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2007-19884
Recoméndase o emprego dos recursos de internet tanto básicos coma complementarios especificados no apartado de Bibliografía, así coma aquela bibliografía de acceso electrónico dispoñible na Biblioteca da USC A BUSC EN LIÑA https://busconline.gal. Tamén, a través de pórtico (http://sfx.bugalicia.org/san/az) e EZproxy (https://ezbusc), xestionados por BUGalicia, poderanse realizar buscas de revistas científicas e libros electrónicos (coas credenciais da USC). Para temas concretos, os profesores poderán facilitar artigos de acceso aberto ou recomendarán a busca a través de PubMed ou Google Schoolar.
Competencias sinaladas na Memoria de Grado de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela:
*(GVUSC) Competencias Xerais:
- GVUSC02. Capacidade de análise y síntese
- GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo
*(CEDVUSC) Competencias Disciplinares:
- CEDVUSC 11. Coñecemento das bases del funcionamento e optimización
dos sistemas de produción animal y vexetal e as súas repercusións sobre o
medio ambiente
- CEDVUSC 13. Coñecer os aspectos organizativos, económicos e de xestión
en todos aqueles campos da profesión veterinaria
*(D1VUSC) Competencias Profesionais:
- D1VUSC 11. Valorar e interpretar os parámetros produtivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, medio ambientais
e de benestar, buscando a súa optimización
- D1VUSC 15. Asesoramento e xestión, técnica e económica, de empresas de
ámbito veterinario nun contexto de sostibilidade
*(CEAVUSC) Competencias Académicas:
- CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos
ámbitos profesionais do veterinario
- CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os
coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais
mediante un proceso de formación permanente
*(CTVUSC) Competencias Transversais:
- CTVUSC 01 Capacidade para o razoamento e a argumentación
- CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
- O horario de clases teóricas distribúese de maneira homoxénea entre os diversos temas do programa.
A docencia expositiva da materia de Economía Agraria representa 13 horas de clases maxistrais interactivas nas que se solicita a atención dos estudantes e a súa participación para lograr unha perfecta comprensión da disciplina (os estudantes poden interromper as explicacións en calquera momento para expor preguntas e solicitar aclaracións). Espérase de cada estudante nestas clases unha participación activa e a recollida directa de información para a elaboración de apuntamentos persoais.
As explicacións correspondentes á docencia expositiva apóianse na proxección de gráficos, cadros e táboas exclusivamente, indicando a súa procedencia en cada caso para facilitar a súa localización e utilización polos alumnos para o estudo da materia, complementando as notas tomadas en clase para a elaboración de apuntamentos persoais e a consulta da bibliografía indicada para cada tema. Desta maneira os alumnos poden atender mellor en clase sen ter que preocuparse por copiar os gráficos, cadros ou táboas que se proxectan, xa que coñecen perfectamente a fonte de onde proceden.
- A docencia práctica representa 18 horas repartidas en 4 sesións de 4 horas (PRÁCTICAS OR1 G1-G6, OR2 G1-G6, OR3 G1-G6, OR4 G1-G6) e unha sesión de 2 horas (PRÁCTICA OR5 G1-G6), presenciais, adicadas á aproximación interactiva a elementos de contabilidade empresarial, diversas macromagnitudes agrarias e elementos de contabilidade nacional, e principais instrumentos da PAC.
- Este horario de docencia expositiva e práctica compleméntase cunha hora adicional de titoría (fundamentalmente de carácter presencial ainda que poderán programarse titorias virtuais respetando as franxas horarias que figuran no horario aprobado para el curso) na que os estudantes poden expor todo tipo de dúbidas ou preguntas acerca da materia e a súa impartición.
- Toda a ensinanza levarase a cabo co apoio das TIC e emprego sistemático do Campus Virtual como soporte docente.
Asistencia regular ás sesións expositivas e ás actividades prácticas programadas. Para poder realizar o exame e necesario asistir ao 100% das sesións prácticas incluíndo o traballo encomendado nas mesmas.
A avaliación final do alumno basearase nun examen presencial que inclúe a materia impartida en clases expositivas (50% da nota final).
As tarefas e/ou probas relacionadas coas sesións prácticas (avaliación continua) suporán o 50% da nota final.
É necesario obtener un mínimo de 5 puntos (sobre 10) en cada parte (expositiva e prácticas) para proceder a calcular a nota media final. No caso de aprobar só unha das partes (teoría ou práctica), gárdase o aprobado ata o exame da segunda oportunidade.
As calificacións de prácticas e avaliación continua gardaranse durante 1 curso.
-A asistencia ás sesións expositivas e prácticas e obrigatoria e a súa avaliación será continuada, polo que non procede a dispensa de asistencia.
- En caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Sinálase por imperativos normativos e de maneira xeral un tempo de 32 horas adicadas a diversas tarefas e un total de 43 horas de traballo persoal do estudante. Agora ben, estas cifras deben tomarse con gran reserva xa que en realidade estes conceptos resultan dificilmente cuantificables, e ademais cabe sinalar que as necesidades de estudo e traballo dos estudantes presentan unha gran variabilidade de acordo coas circunstancias persoais de cada un deles.
TRABALLO PRESENCIAL EN AULA
Clases maxistrais 13 h
Prácticas de ordenador 18 h
Titorías en grupos reducidos ou individualizadas 1 h
Total horas traballo presencial 32
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDIANTE
Estudo individual 32 h
Elaboración de traballos 4 h
Resolución de casos/problemas 4 h
Realización de exames 3 h
Total horas de traballo persoal 43
TOTAL HORAS 75
Recoméndase asistir á clase de maneira activa e continuada, atendendo a todas as explicacións dos profesores, estudar de maneira complementaria o tempo necesario ata a perfecta comprensión dos conceptos da materia, e elaborar os diversos traballos solicitados.
Margarita Rico Gomez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- marga.rico.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Javier Dieguez Casalta
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Isabel Roca Fernandez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- anai.roca [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Castelán | Aula 2 |
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Seminarios da materia |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán, Galego | Seminarios da materia |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego, Castelán | Seminarios da materia |
20.12.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
20.12.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
20.12.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
25.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
25.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |