Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Produción Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Como disciplina formativa debe fomentar no alumno unha nova forma de observar e comprender os fenómenos relacionados co seu ámbito, abordándoos cunha actitude aberta, analítica e crítica.
Como disciplina informativa debe ofrecer ao alumno a infraestrutura suficiente para adquirir un coñecemento adecuado sobre:
- a terminoloxía básica empregada en Nutrición e Alimentación Animal
- as materias primas utilizadas en alimentación animal e a súa valoración nutricional
- a valoración das necesidades nutricionais apropiadas á especie e estado do animal
Estes 3 alicerces, xunto coa aplicación dos coñecementos de fisioloxía dixestiva e metabolismo previamente adquiridos, deben proporcionar ao alumno as bases adecuadas para o obxectivo final que é a formulación de racións e fabricación de pensos. Ao final do semestre o alumno debe ser capaz de identificar, calcular e valorar os puntos ou elementos craves para a formulación de racións adecuadas a cada tipo de animal.
DOCENCIA EXPOSITIVA (33 horas)
Bloque temático I: Introdución á Nutrición e Alimentación Animal. (11 horas)
Tema 1.- Conceptos, evolución e perspectivas da nutrición e alimentación animal
Tema 2.- Composición e dixestibilidade do alimento
Tema 3.- Valoración enerxética e proteica dos alimentos
Tema 4.- Necesidades de nutrientes dos animais
Tema 5.- Inxestión voluntaria de alimentos
Bloque temático II: Bromatoloxía zootécnica. (8 horas)
Tema 6.- Introdución. A auga de bebida
Tema 7.- Valor nutritivo das forraxes
Tema 8.- Valor nutritivo dos cereais gran e os seus subprodutos
Tema 9.- Valor nutritivo das fontes proteicas vexetais e de orixe animal
Tema 10.- Valor nutritivo de outros alimentos fibrosos
Tema 11.- Valor nutritivo de raíces, tubérculos, froitos e os seus subprodutos
Tema 12.- Valor nutritivo de graxas, aceites e glicerol
Tema 13.- Valor nutritivo dos minerais, aditivos e pre-mesturas
Tema 14.- Valor nutritivo dos pensos. Proceso de fabricación. Lexislación
Bloque temático III: Necesidades nutritivas, normas de racionamento e manexo da alimentación en monogástricos. (7 horas)
Tema 15.- Alimentación do gando porcino
Tema 16.- Alimentación do polo de carne
Tema 17.- Alimentación de poliñas e poñedoras comerciais
Tema 18.- Alimentación de coellos
Tema 19.- Alimentación do cabalo
Tema 20.- Alimentación do can e do gato
Tema 21.- Alimentación de peixes
Bloque temático IV: Necesidades nutritivas, normas de racionamento e manexo da alimentación en ruminantes. (7 horas)
Tema 22.- Alimentación do vacún leiteiro
Tema 23.- Alimentación do vacún de carne
Tema 24.- Alimentación do gando ovino
Tema 25.- Alimentación do gando cabrún
DOCENCIA INTERACTIVA. (36 horas)
NAA LB1 (3 horas): Composición química alimentos
NAA LB2 (3 horas): Valoración enerxética. Interpretación de táboas de composición. Identificación materias primas
NAA LB3 (3 horas): Valoración proteica. Interpretación de táboas de composición. Identificación materias primas
NAA LB4 (3 horas): Valoración calidade ensilados
NAA OR1 (3 horas): Lexislación sobre etiquetado de pensos
NAA LB5 (3 horas): Avaliación nutricional de alimentos para animais de compañía
NAA OR2 (3 horas): Formulación de pensos e racións (I)
NAA OR3 (3 horas): Formulación de pensos e racións (II)
NAA OR4 (3 horas): Formulación e valoración de racións para vacún de leite
NAA CA1 (4 horas): Visita a unha fábrica de pensos ou a empresas relacionadas coa alimentación animal (Prácticas de campo)
NAA C1 (5 horas): Control da alimentación en vacún de leite na Granxa Campus Terra (Visitas activas)
Bibliografía básica:
FEDNA (Fundación Española para el Desarrollo de la Nutrición Animal). [sitio web]. Tablas FEDNA de composición de alimentos. Normas FEDNA para la formulación de piensos. Control de calidad de materias primas. Dispoñible en: http://www.fundacionfedna.org/
I.N.R.A. (1990). Alimentación de bovinos, ovinos y caprinos. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
I.N.R.A. (2010). Alimentación de bovinos, ovinos y caprinos: necesidades de los animales, valores de los alimentos. Tablas INRA 2007. Ed. Quae, Versailles Cedex; Ed. Acribia, Zaragoza.
RUEDA, V. y ROLDÁN, C. (2013). Guía didáctica de Nutrición y Alimentación Animal: Bromatología y Monogástricos Ed. Unicopia A.G.S.L., Lugo.
Bibliografía complementaria:
BACH, A. y CALSAMIGLIA, S. (2002). Manual de racionamiento para el vacuno lechero. Ed. Servet, S.L.
CHURCH, D.C., et al. (2002). Fundamentos de nutrición y alimentación de animales. Ed. Limusa, México.
CASE, L. (2001). Nutrición canina y felina. Ed. Harcourt, Madrid.
I.N.R.A. (2012) Nutritition et alimentation des chevaux. Ed Quae. Versailles.
I.N.R.A. (2018). Alimentation des ruminants: Apports nutritionnels-Besoins et réponses des animaux-Rationnement-Tables des valeurs des aliments. Editions Quae Versailles.
KLEYN R. (2020). Broiler nutrition. Contetx Products, Leicestershire.
McDONALD, P., EDWARDS, R.A., GREENHALGH, J.F.D., MORGAN, C.A. (2006). Nutrición animal. Ed. Acribia, Zaragoza.
Mc L. DRYDEN (2008). Animal Nutrition Science. Ed. CABI. Cambridge, Massachussets.
MESCHY F. (2019). Nutrition minérale des ruminants. Ed. Quae. Versailles.
NATIONAL RESEARCH COUNCIL. (2016). Nutrient requirements of beef cattle. Ed. National Academy Press, Washington.
NATIONAL RESEARCH COUNCIL. (2021). Nutrient requirements of dairy cattle. Ed. National Academy Press, Washington.
NATIONAL RESEARCH COUNCIL. (2006). Nutrient requirements of dog and cats. Ed. National Academy Press, Washington.
NATIONAL RESEARCH COUNCIL. (2011). Nutrient requirements of fish and shrimp. Ed. National Academy Press, Washington.
NATIONAL RESEARCH COUNCIL. (2007). Nutrient requirements of horses. Ed. National Academy Press, Washington.
NATIONAL RESEARCH COUNCIL. (2007). Nutrient requirements of small ruminants. Ed. National Academy Press, Washington.
NATIONAL RESEARCH COUNCIL. (2012). Nutrient requirements of swine. Ed. National Academy Press, Washington.
NOBLET J., VAN MIILGEN J. (2013) Energy and energy metabolism in swine. Wiley-Blackwell, New Jersey.
SAUVANT, D., PEREZ, J.-M. y TRAN, G. (2004). Tablas de composición y de valor nutritivo de las materias primas destinadas a los animales de interés ganadero : cerdos, aves, bovinos, ovinos, caprinos, conejos, caballos y peces. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
WOLTER R. et al. (2014). L´álimentation du cheval. Ed. France Agricole, Paris.
ZEA, J., DÍAZ, M.D. (1990). Producción de carne con pastos y forrajes. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
Algúns recursos web:
https://www.mapa.gob.es/es/ganaderia/temas/alimentacion-animal/
https://fefac.eu/
https://cesfac.es/es/
https://feedtables.com/
https://nutricionanimal.info/
https://alimentacion-animal.elika.eus/
https://www.anembe.com/
https://extension.psu.edu/animals-and-livestock
https://ruminantdigestivesystem.com/
https://www.expertpetnutrition.com/
https://www.fediaf.org/
https://www.aafco.org/
https://www.anfaac.org/inicio/
https://www.3tres3.com/home_nutricion/
https://avicultura.com/nutricion-y-alimentacion-avicola/
https://aquafeed.co.uk/
Como competencias xenéricas do grao en Veterinaria, o alumno debe adquirir:
- Capacidade de análise e síntese. (GVUSC02)
- Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. (GVUSC05)
- Compromiso ético e asunción de responsabilidades. (GVUSC10)
Como competencias específicas disciplinares, o alumno debe adquirir coñecementos sobre:
- A cría, mellora, manexo e benestar dos animais. (CEDVUSC 03)
- As bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio ambiente. (CEDVUSC 11)
- As Normas e Leis do ámbito veterinario e os regulamentos sobre os animais e o seu comercio. (CEDVUSC 14)
- Os dereitos e deberes do veterinario, facendo especial incidencia nos principios éticos. (CEDVUSC 15)
- As técnicas analíticas básicas e a súa interpretación (CEDVUSC 16)
Como competencias específicas profesionais, o alumno debe ser capaz de:
- Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos. (D1VUSC 03)
- Identificar as materias primas destinadas á alimentación animal e manexo da dieta adecuada á especie e estado do animal. (D1VUSC 10)
- Valorar e interpretar os parámetros produtivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, medioambientais e de benestar, buscando a súa optimización. (D1VUSC 11)
- Realizar traballos de asesoramento e xestión, técnica e económica, de empresas de ámbito veterinario nun contexto de sustentabilidade. (D1VUSC 15)
- Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias. (D1VUSC 17)
Como competencias específicas académicas, o alumno debe:
- Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/da veterinario/a. (CEAVUSC 01)
- Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade. (CEAVUSC 02)
- Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente. (CEAVUSC 08)
Por último, dentro das competencias transversais, o alumno debe adquirir:
- Capacidade para o razoamento e a argumentación. (CTVUSC1)
- Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible. (CTVUSC03)
- Habilidade no manexo das TICs. (CTVUSC05)
- Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos. (CTVUSC 07)
A docencia expositiva consta de 33 sesións de 50 minutos de duración, cunha distribución en horas que se aproximará o máximo posible á que se mostra no apartado Contidos, facendo un uso sistemático do campus virtual e das TICS como apoio de estas sesións.
As sesións interactivas estimulan a actividade do alumno, a aplicación dos coñecementos proporcionados nas clases expositivas, así como o traballo e a discusión no grupo. As actividades prácticas tanto de laboratorio (Laboratorio e seminario de Nutrición e Alimentación Animal) como de ordenador (Aula de informática) están encamiñadas á formulación de racións e pensos. O alumno dispón de unha Guía de Prácticas para desenvolver o traballo. Empezase fixando os obxectivos da práctica e seguidamente dáse paso ao traballo que deben realizar os alumnos.
Á entrada do laboratorio figuran as normas básicas de bioseguridade que o alumnado debe observar no recinto.
As prácticas de campo en empresas relacionadas coa alimentación animal, fábricas de penso ou granxas permiten ao alumno clarificar conceptos, resolver dúbidas e coñecer os problemas máis frecuentes neste sector, facilitando así a súa aprendizaxe.
Nas visitas activas á Granxa Campus Terra, os alumnos deben completar un guión previamente elaborado polos profesores responsables da materia. A práctica consiste en analizar e/ou medir distintos parámetros co fin de valorar a ración que se subministra aos animais e elaborar un informe final sobre a ración.
A titoría (NAA T1; seminario de Nutrición e Alimentación Animal) pola súa parte, é unha técnica docente que representa un gran beneficio para a ensinanza, tanto para a resolución das dúbidas que o alumno ten sobre a materia, como para a orientación sobre a elaboración dos traballos propostos nas sesións prácticas.
O material didáctico utilizado ponse a disposición do alumno a través do Campus Virtual da USC.
Avaliáranse os coñecementos adquiridos tanto nas clases expositivas como nas sesións interactivas. A cualificación final da materia estará formada por:
- un 50% de avaliación continua. Avaliación da docencia práctica e outras actividades contempladas dentro da avaliación continua:
Traballos, informes e/ou probas de avaliación da docencia práctica.
Cuestionarios de contestación rápida que se farán durante as sesións interactivas.
A avaliación continua realizarase dentro do horario das sesións interactivas. En caso de que por algunha causa non fora posible finalizar a actividade ao remate da sesión, disporase dunha semana de prazo para a súa finalización e entrega.
Valorarase a participación con actitude positiva e participativa nas distintas actividades realizadas.
- un 50% do exame final da materia completa. Nesta proba final son avaliables os coñecementos adquiridos tanto nas sesións expositivas como nas sesións interactivas. O formato constará de frases para identificar como verdadeiras ou falsas, preguntas tipo test de elección múltiple e/ou preguntas de contestación curta. Aplicarase unha penalización sobre as preguntas mal contestadas. É necesario obter un mínimo de 5 puntos (sobre 10) para proceder a calcular a nota media final. Nese caso, sumarase a nota da avaliación continua. Se non se aproba o exame final, a nota que se aplicará será a obtida neste exame, relativizada a dez e non se fará sumatorio coas outras cualificacións.
A ter en conta que os problemas ou casos prácticos propostos nas probas de avaliación non serán necesariamente similares aos realizados en clase, senón que poden presentar situacións novas ás que aplicar os conceptos e as habilidades adquiridas, para poder avaliar incluso as opinións persoais e a linguaxe técnica empregada.
As prácticas considéranse actividades docentes de asistencia obrigatoria para todos os alumnos, se ben poderanse convalidar durante un ano, sempre que teñan a avaliación continua superada (5/10). Para os potenciais alumnos repetidores, dita nota será conservada para ese curso, salvo que voluntariamente desexen repetir as prácticas.
Nesta materia non se concede dispensa total. En base á Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral aqueles estudantes aos que se lle conceda dispensa parcial, non terán a obriga de asistir ás clases expositivas, pero mantense a obriga de asistencia a todas as actvidades interactivas, por ser necesaria a asistencia ás mesmas de xeito presencial. O sistema de avaliación para aqueles estudantes con dispensa parcial concedida en base á debandita instrución será o mesmo para todos os estudantes, xa que nas clases expositivas, para as que se concede a dispensa parcial, non se realizan actvidades de avaliación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
As 70 horas de traballo presencial de esta materia repártense en:
- 33 horas de sesións expositivas
- 36 horas de sesións interactivas:
27 h de laboratorio/ordenador
5 h de visitas activas
4 h de prácticas de campo
- 1 hora de titorías en grupo
Total horas de traballo presencial: 70
A pesar de que existe unha gran variabilidade na capacidade de aprendizaxe dos alumnos, o cal determina o tempo de estudo e de traballo persoal do estudante, tendo en conta a metodoloxía e o temario da materia, estimamos que un estudante “medio” precisa dedicar:
- 58 horas de estudo individual
- 7 horas para a elaboración de traballos
- 12 horas para resolución de casos/problemas
- 3 horas para a realización de exames
Total horas de traballo persoal do estudante: 80
Por tanto:
Horas non presenciais: 80 + Horas presenciais: 70
Total horas de traballo do estudante: 150
Para obter os mellores rendementos persoais, o alumno debería:
1- Facer un seguimento constante da materia.
2.- Ordenar, analizar e pensar semanalmente sobre a materia impartida.
3.- Beneficiarse das titorías para resolver e/ou propor cuestións ou temas más amplos.
4.- Acudir á revisión de exames.
5.- Ter presente que o profesor mantén una actitude positiva fronte ao alumno e as súas propostas.
Ao inicio de cada exame ou control comunicáselle por escrito ao alumno que “Unha parte importante de este exame consiste na comprensión e interpretación dos enunciados e preguntas propostas, así como na selección dos datos que debes utilizar. Por tanto o profesor non contesta preguntas durante a realización do exercicio. Calquera dato que falte ou consideres dubidoso podes supoñelo ou contrastalo a partir da documentación da que dispós. Non se permite desgrampar o exame, nin se recollen follas adicionais”. O tipo de preguntas ou cuestións propostas non se presta á divagación, aínda así recoméndase que o alumno sexa conciso, concreto y ordenado.
Margarita Rico Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- marga.rico.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ramiro Antonio Fouz Dopacio
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- ramiro.fouz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ana Isabel Roca Fernandez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- anai.roca [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Cynthia Lopez Novo
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- cynthia.lopez.novo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 2 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 2 |
29.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
29.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
29.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
30.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
30.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |