Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 16 Total: 34
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecemento de sistemas vinculados á tecnoloxía da produción animal: mecanización do muxido e do manexo de alimentos. Coñecemento de instalacións para garantir a hixiene e benestar animal. Saber deseñar aloxamentos para gando e coñecemento dos elementos específicos que forman parte das súas instalacións.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Sistemas de muxido mecanizado: salas e robots. Mecanización da recolección de forraxe. Distribución mecanizada de alimentos e camas. Deseño de naves para produción animal. Deseño de salas de muxido. Deseño de silos de forraxe. Particularidades da instalación eléctrica e de fontanería en aloxamentos gandeiros. Instalacións complementarias: sistemas de limpeza, fosa de zurro, camiños, cercas, almacéns, colares para alimentación, dispositivos para detección de celos, ventiladores, amamantadoras, etc.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario (a duración asignada a cada tema é aproximada):
A) CLASES MAXISTRAIS (16 horas presenciais / 32 horas de traballo non presencial)
Tema 1. Distribución mecanizada de alimentos e camas (1 h / 2h).
Tema 2. Instalacións de muxido: construción, funcionamento, ensaios mecánicos (4 h / 8 h).
Tema 3. Os sistemas de muxido robotizados (2 h / 4h).
Tema 4. Mecanización do tratamento e distribución de residuos (1 h / 2h).
Tema 5. Deseño de naves para produción animal (4 h / 8 h).
Tema 6. Deseño de salas de muxido (2 h / 4h).
Tema 7. Deseño de silos de forraxe (1 h / 2h).
Tema 8. Instalacións complementarias(1 h / 2h).
B) PRÁCTICAS (16 horas presenciais / 32 horas de traballo non presencial)
Práctica 1. Identificación e compoñentes das instalacións de muxido (2 h / 4 h).
Práctica 2. Funcionamento e ensaios mecánicos de instalacións de muxido (2 h /4 h).
Práctica 3. Ensaios dinámicos (2 h / 4 h).
Práctica 4. Dimensionado de naves tendo en conta a hixiene e o benestar animal (3 h /6 h) .
Práctica 5. Deseño integrado da explotación (4 h / 8 h).
Práctica 6. Particularidades da instalación eléctrica e de fontanería (1 h /2 h).
Viaxe de campo. Realizarase unha viaxe na que se verán aplicacións prácticas de aspectos relacionados co temario da materia (2 h / 4 h).
C) TITORÍAS EN GRUPO REDUCIDO (2 horas presenciais)
Nas sesións de titorías en grupo abordaranse as dúbidas sobre os problemas formulados nas sesións teóricas e nas prácticas.
Bibliografía básica:
AENOR. UNE-ISO 5707:2019 Instalaciones de ordeño. Construcción y funcionamiento. UNE-ISO 6690:2022 Instalaciones de ordeño mecánico. UNE 68048:1998. Instalaciones de ordeño. Vocabulario. AENOR. Madrid.
Blanco, I.; Cantalapiedra, J.J.; Carreira, X.C.; Fernández, Mª.E.; Mariño, R.; Méndez, M.; Pereira, J.M.; Pérez, X.C.; Veiga, J.A.; Torres, M.L. 2013. Benestar animal e instalacións. Gando vacún leiteiro. Xunta de Galicia. Consellería do Medio Rural e do Mar. Santiago de Compostela 96 pp.
Callejo Ramos, A. 2009. Cow comfort. Ed. Servet, Zaragoza.
Giordano, J.M.; Gallardo, M.; Bragachini, M.; Peiretti, J.; Cattani, P.; Casini, C. 2010. Mecanización de la alimentación. INTA E.E.A. Manfredi. Córdoba (AR) 100 pp.
Hulsen, J.; Rodenburg, J. 2012. Robotic milking. Roodbont publishers. Zutphen 52 pp.
ISO 3918:2007. Milking machine installations – Vocabulary. International Standards Organization, Geneva, Switzerland.
ISO 5707:2007. Milking machine installations – Construction and performance. International Standards Organization, Geneva, Switzerland.
ISO 6690:2007. Milking machine installations – Mechanical test. International Standards Organization, Geneva, Switzerland.
Pereira, J.M.; Bueno, J. 2011. Gestión de residuos orgánicos de uso agrícola: Manipulación y tratamiento de purines en las explotaciones ganaderas. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela pp. 85-96.
Pereira, J.M.; Castro, A. 2014. Una visión actual de los sistemas de ordeño robotizado. Rev. AFRIGA, vol. 112, pp. 32-46. Asociación Frisona Galega.
Bibliografía complementaria:
BTPL (Bureau Technique de Promotion Laitière). 2011. Le logement du troupeau laitier. Éditions France Agricole, Paris, Francia.
Buxadé Carbó, C. 2002. El ordeño en el ganado vacuno: Aspectos clave. Ed. Mundi-prensa. Madrid.
Callejo Ramos, A. 2016. Bioseguridad en las granjas de vacuno de leche. Ed. Servet, Zaragoza.
Garcia, P. 2019. Le petit guide illustré du bien-être du bovin. Besoins fondamentaux et comportements. Éditions France Agricole, Paris, France.
Holmes, B.; Cook, N.; Funk, T.; Graves, R.; Kammel, D.; Reinemann, D.; Zulovich, J. 2013. Dairy Freestall Housing and Equipment. MidWest Plan Service, Iowa State University, Iowa, USA.
Hulsen, J.; Rodenburg, J. 2013. Building for the cow. Roodbont Publishers, Zutphen, The Netherlands.
IDL (Institut de l´Élevage). 2009. Traite des vaches laitières: matériel, installation, entretien. Ed. IDL, Paris, France.
Coñecementos:
Con02. 1.2. Un profundo coñecemento e comprensión das disciplinas da enxeñería propias da súa especialidade, no nivel necesario para adquirir o resto das competencias do título.
Con04. 1.4. Coñecemento con sentido crítico do amplo contexto multidisciplinar da enxeñaría e da interrelación que existe entre coñecementos de diferentes ámbitos.
Con07. 5.5. Coñecemento e comprensión das implicacións sociais, de saúde e de seguridade, ambientais, económicas e industriais da práctica da enxeñería.
Habilidades/destrezas:
H/D01. 2.1. Capacidade para analizar novos e complexos produtos, procesos e sistemas de enxeñería novos e complexos dentro dun contexto multidisciplinar máis amplo; seleccionar e aplicar os métodos máis adecuados de análise, cálculo e experimentais xa establecidos así como métodos innovadores e interpretar de forma crítica os resultados de ditas análises.
H/D04. 2.4. Capacidade para identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría en áreas emerxentes da súa especialidade.
H/D07. 4.1. Capacidade para identificar, atopar e obter os datos requiridos.
H/D08. 4.2. Capacidade para realizar buscas bibliográficas, consultar e utilizar con criterio bases de datos e outras fontes de información, para realizar simulacións co obxectivo de realizar investigacións sobre temas complexos da súa especialidade.
H/D09. 4.3. Capacidade para consultar e aplicar códigos de boas prácticas e seguridade na súa especialidade.
H/D11. 4.5. Capacidade para investigar a aplicación das tecnoloxías máis avanzadas na súa especialidade.
H/D12. 5.2. Competencias prácticas, como o uso de ferramentas informáticas para resolver problemas complexos, realizar proxectos de enxeñería complexos e deseñar e dirixir investigacións complexas.
H/D13. 5.4 Capacidade para aplicar os estándares da práctica da enxeñaría.
H/D14. 6.1. Capacidade para integrar coñecementos e manexar conceptos complexos, para formular xuízos con información limitada ou incompleta, que inclúa reflexión sobre a responsabilidade ética e social relacionada coa aplicación do seu coñecemento e opinión.
H/D15. 6.2. Capacidade para xestionar complexas actividades técnicas ou profesionais ou proxectos que requiran novos enfoques de aproximación, asumindo a responsabilidade das decisións adoptadas.
H/D16. 7.1. Capacidade para utilizar diferentes métodos para comunicar as súas conclusións, de forma clara e sen ambigüidades, e o coñecemento e os fundamentos lóxicos que as sustentan, a audiencias especializadas e non especializadas co tema, en contextos nacionais e internacionais.
H/D17. 7.2. Capacidade para funcionar eficazmente en contextos nacionais como membro ou líder dun equipo que pode estar formado por persoas de distintas disciplinas e niveis, e que poden utilizar ferramentas de comunicación virtual.
H/D18. 8.1. Capacidade para realizar a propia formación continua de forma independente.
H/D19. 8.2. Capacidade para adquirir coñecementos ulteriores de forma autónoma.
Competencias:
Comp01. CG1. Capacidade para planificar, organizar, dirixir e controlar sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agrario e a industria agroalimentaria, nun marco que garanta a competitividade das empresas sen esquecer a protección e conservación do medio ambiente e a mellora e desenvolvemento sostible do medio rural.
Comp03. CG3. Capacidade para propoñer, dirixir e realizar proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación en produtos, procesos e métodos empregados en empresas e organizacións vinculadas ao sector agroalimentario.
Comp04. CG4. Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos para a solución de problemas plantexados en situacións novas, analizando a información procedente do contorno e sintetizándoa de forma eficiente para facilitar o proceso de toma de decisións en empresas e organizacións profesionais do sector agroalimentario.
Comp05. CG5. Capacidade para transmitir os seus coñecementos e as conclusións dos seus estudos ou informes, utilizando os medios que a tecnoloxía de comunicacións permita e tendo en conta os coñecementos do público receptor.
Comp07. CG7. Aptitude para desenvolver as habilidades necesarias para continuar a aprendizaxe de forma autónoma ou dirixida, incorporando á súa actividade profesional os novos conceptos, procesos ou métodos derivados da investigación, o desenvolvemento e a innovación.
Comp18. CE11. Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en sistemas vinculado á tecnoloxía da produción animal.
Sesións expositivas: con 16 horas de leccións maxistrais nas cales se facilitará a comprensión de conceptos complexos (resultados da aprendizaxe: Con02. 1.2, Con04. 1.4, Con07. 5.5, Comp01. CG1, Comp03. CG3, Comp04. CG4, Comp18. CE11).
Sesións interactivas: con 16 horas de sesións interactivas de prácticas de laboratorio, prácticas en aula de informática e visita técnica.
As prácticas de laboratorio realizaranse en grupos de 20 alumnos, con aplicación de metodoloxías e técnicas a casos concretos. Utilizaranse as instalacións de muxido localizadas na nave taller e o instrumental necesario para realizar os ensaios mecánicos necesarios para controlar o funcionamento da máquina; nas aulas de informática abordaranse os programas informáticos de control e xestión de sistemas de muxido robotizado (resultados da aprendizaxe: H/D01. 2.1, H/D04. 2.4, H/D07. 4.1, H/D09. 4.3., H/D12. 5.2., H/D13. 5.4, H/D14. 6.1., H/D15. 6.2., H/D18. 8.1, H/D19. 8.2, Comp18. CE11. Comp04. CG4, Comp18. CE11).
Realizarase unha viaxe técnica que complementará o aprendido na materia coa problemática e aplicación en condicións reais de traballo (resultados da aprendizaxe: Con04. 1.4, Con07. 5.5, Comp01. CG1, Comp18. CE11).
Titorías de grupos reducidos: contémplanse 2 horas de titorías en grupos reducidos nas cales os alumnos abordarán conxuntamente problemas da temática abordada e a exposición de traballos (resultados da aprendizaxe: H/D01. 2.1, H/D04. 2.4, H/D07. 4.1, H/D09. 4.3., H/D12. 5.2., H/D13. 5.4, H/D14. 6.1., H/D15. 6.2., H/D18. 8.1, H/D19. 8.2, Comp03. CG3, Comp07. CG7, Comp18. CE11).
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información entre alumnado e profesorado, imprimindo axilidade á docencia da materia e facilitando o acceso á documentación por parte do alumnado.
- Asistencia e participación activa (10%). Avaliación mediante lista de asistencia e rexistro anecdótico. Resultados da aprendizaxe avaliados: Con02. 1.2, Con04. 1.4, Con07. 5.5, Comp18. CE11.
- Aproveitamento das prácticas (20%). Avaliación mediante proba escrita. Resultados da aprendizaxe avaliados: H/D07. 4.1, H/D13. 5.4, H/D14. 6.1., H/D15. 6.2., Comp04. CG4, Comp18. CE11.
- Proba escrita (50%). Avaliación mediante exame que pode incluír preguntas obxectivas, preguntas de desenvolvemento e/ou resolución de problemas/exercicios. Resultados da aprendizaxe avaliados: Con02. 1.2, Con04. 1.4, Con07. 5.5, H/D07. 4.1, Comp01. CG1, Comp04. CG4, Comp18. CE11.
- Traballos entregados/expostos (20%). Aplicación de ferramentas informáticas para control de sistemas de muxido. Descrición dunha instalación de gando vacún para produción de leite -con uso de información en inglés e francés-). Resultados da aprendizaxe avaliados: H/D01. 2.1, H/D04. 2.4, H/D07. 4.1, H/D09. 4.3., H/D12. 5.2., H/D13. 5.4, H/D14. 6.1., H/D15. 6.2., H/D18. 8.1, H/D19. 8.2., Con02. 1.2, Con04. 1.4, Con07. 5.5, Comp01. CG1, Comp05. CG5, Comp07. CG7, Comp18. CE11.
Os criterios de avaliación son os mesmos para a oportunidade ordinaria e para a oportunidade extraordinaria de recuperación do curso académico vixente.
Os criterios de avaliación son os mesmos para todo o alumnado da materia, é dicir, estudantes de primeira matrícula, estudantes repetidores, así como estudantes con dispensa académica (dispensa de acordo coa orde aplicable da Secretaría Xeral da USC).
Observacións:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O alumno recibirá 16 horas de docencia expositiva, participará en 16 horas prácticas de docencia interactiva incluíndo unha viaxe de campo. Ademais contémplanse 2 horas presenciais de titorías en grupos reducidos e 2 horas para a realización de probas orais e escritas do sistema de avaliación. Adicionalmente o alumno deberá desenvolver traballo non presencial, preparando documentación para as clases, realizando traballos, resolvendo problemas da materia e preparando as probas escritas obxecto de avaliación. A estas tarefas dedicaranse 66 horas de traballo persoal.
• Asistencia a tódalas actividades docentes.
• Consulta da bibliografía recomendada.
• Facer uso frecuente das titorías individuais para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
María Elena Fernández Rodríguez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- melena.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Manuel Pereira Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- j.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade