Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 80 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 5 Clínicos EEES: 28 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Recoñecer as enfermedades cardio-respiratorias e dixestivas nas diferentes especies, realizar o examen clínico e a historia clínica.
2. Coñecer a etiopatoxenia das enfermedades relacionando clínicamente a información obtida do animal enfermo e recoñecer os síntomas que padece o animal.
3. Establecer as posibles diagnoses diferenciais e seleccionar aquelas técnicas de diagnose que permitan concretar a diagnose e incluso determinar con exactitude a etioloxía.
4. Coñecer as diferentes modalidades terapéuticas.
5. Coñecer as medidas profilácticas que se deben establecer, non só co propio animal senón na colectividade.
6. Emitir unha prognose da enfermidade, tendo en conta a rendibilidade, funcionalidade ou vida do animal.
7. Desenvolver á actividade clínica cunha actitude científica e ética.
8. Relacionar e aplicar os coñecementos doutras materias.
9. Coñecer e usar de forma crítica a fontes bibliográficas.
CONTIDOS TEORICOS (36 horas):
BLOQUE I: APARATO DIXESTIVO MONOGÁSTRICOS E GLÁNDULAS ANEXAS (10 horas)
•Afeccións orofarínxeas. Aproximación ao paciente con disfaxia e problemas de deglución.
•Afeccións do esófago. Aproximación ao paciente con regurxitación. Megaesófago. Esofaxite. Obstrución e corpo estraño.
•Afeccións do estómago. Aproximación ao paciente con vómito. Gastrite: aguda e crónica. Úlcera gástrica. Dilatación-torsión gástrica. Alteracións da motilidade.
•Afeccións do intestino. Estudo clínico da diarrea aguda e crónica. Aproximación ao paciente con diarrea/ estrinximento. Enfermidades do intestino delgado. Enfermidades do intestino groso
•Afeccións hepatobiliares. Aproximación ao paciente con afección hepatobiliar. Hepatopatias do can. Hepatopatías do gato.
•Afeccións do páncreas exócrino. Pancreatite. Insuficiencia pancreática exócrina
BLOQUE II: APARATO DIXESTIVO GRANDES ANIMAIS (10 horas)
•Alteracións reticuloruminais motoras e da parede. Timpanismo espumoso. Timpanismo gasoso. Reticuloperitonite traumática. Indixestión vagal
•Alteracións reticuloruminais fermentativas. Indixestión simple, alcalose ruminal. Acidose ruminal aguda e crónica
•Afeccións do abomaso. Desprazamentos e torsión de abomaso. Dilatación e torsión de cego en ruminantes. Úlcera de abomaso. Impactación de abomaso
•Patoloxía dixestiva en lactantes. Indixestión no período de destete. Abomasite dos becerros lactantes. Acumulación de leite no rume. Diarrea neonatal
•Estudo clínico da síndrome cólica en équidos
BLOQUE III: APARATO RESPIRATORIO (8 horas)
•Afeccións das vías respiratorias altas (cavidade nasal e larinxe). Aproximación clínica ao paciente con secreción nasal e aproximación clínica ao paciente con estridor /estertor respiratorio.
•Afeccións das vías respiratorias baixas (traquea e bronquios). Aproximación clínica ao paciente con tos.
•Afeccións do parénquima pulmonar. Aproximación clínica ao paciente con dificultade respiratoria.
•Afeccións da cavidade pleural. Aproximación clínica ao paciente con derrame pleural.
BLOQUE IV: SISTEMA CARDIOVASCULAR (8 horas)
•Estudo clínico da insuficiencia cardíaca
•Afeccións do endocardio. Endocardiose valvular. Endocardite infecciosa
•Afeccións do miocardio. Cardiomiopatía dilatada. Cardiomiopatía hipertrófica. Cardiomiopatía restritiva. Miocardite
•Afeccións do pericardio. Derrame pericárdico. Pericardite en ruminantes
•Enfermidades cardíacas conxénitas. Malformacións valvulares. Malformacións cardiovasculares que causan derivación sanguínea
•Estudo clínico das arritmias cardíacas. Bradiarritmias, taquiarritmias supraventriculares e arritmias ventriculares
PRACTICAS DE ENCERADO (5 Horas)
CONTIDOS PRACTICOS (28 horas):
As actividades realizadas polos estudantes durante as prácticas son as seguintes:
•Obtención de datos da historia clínica e exame físico.
•Introdución destes datos no historial informático de cada paciente.
•Identificar os principais problemas do paciente e elaborar unha lista de problemas e analizar (verificar que existe o problema, localizar a súa orixe, localizar o seu mecanismo fisiopatolóxico, especificar a que enfermidade concreta se atribúe) aqueles máis representativos que poidan servir de base para establecer un diagnóstico diferencial.
•Identificar aqueles problemas que requiran atención terapéutica inmediata e o seu diagnostico específico deba ser postergado.
•Seleccionar as probas complementarias para a confirmación ou descarte das sospeitas tendo en conta criterios como a frecuencia de presentación dos procesos, elección de probas menos invasoras, que acheguen máis información e que sexan asumibles economicamente polos propietarios.
•Toma de mostras.
•Interpretar os resultados obtidos das diferentes probas complementarias utilizadas en cada paciente.
•Establecer un plan terapéutico (tratamento de soporte, específico, sintomático ou paliativo) axeitado a cada situación clínica.
•Establecer unha avaliación axeitada de custos beneficios no caso dos animais de renda.
•Establecer un plan de seguimento axeitado a cada proceso, seguimento e notas de progresión, cada problema detectado debe ser reavaliado seguindo o Método (Subxectivo Obxectivo Análise Plan) SOAP.
•Manexo de animais hospitalizados.
•Sesións clínicas: revisión e discusión de casos clínicos vistos durante as prácticas clínicas coa participación activa dos estudantes seguiendo os principios da medicina basada na evidencia e razonamiento clínico.
•Sesión de diagnóstico diferencial e tratamento: desenvolver e presentar un proceso diagnóstico e un plantexamento terapéutico sobre un suposto clínico asignado.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
• Bonagura JD, Twedt DC. (2014). Kirk's Current Veterinary Therapy XV. Philadelphia, Saunders Elsevier. VMD-398
• Bruyete D, (2020). Clinical small animal internal medicine. New Jersey, Willey-Blackwell. https://onlinelibrary-wiley-com.ezbusc.usc.gal/doi/book/10.1002/9781119…
• Cockcroft, Peter D. (2015). Bovine Medicine. 3 ed. Willey. VZ2-350. https://onlinelibrary-wiley-com.ezbusc.usc.gal/doi/book/10.1002/9781118….
• Constable PD, Hinchcliff KW, Done HD, Gruenberg W. (2017). Veterinary Medicine. A textbook of the diseases of cattle, horses, sheep, pigs and goats - two-volume set. 11th Edition. Elsevier. Access by BUGalicia - Uni Santiago Compostela (https://www.sciencedirect.com/book/9780702052460/veterinary-medicine )
• Divers, T.J.; Peek, S.F. (2018). Rebhun’s Diseases of Dairy Cattle. 3rd Edition. Elsevier..Access by BUGalicia - Uni Santiago Compostela (https://www.sciencedirect.com/book/9780323390552/rebhuns-diseases-of-da…) (https://onlinelibrary.wiley.com/doi/book/10.1002/9781118948538) (Access by BUGalicia - Uni Santiago Compostela).
• Ettinger, S.J., Feldman, E.C., Cote, E. (2017). Textbook of veterinary internal medicine Expert Consult. 8th ed. Elsevier. VZ5-783
• Ettinger, S.J., Feldman, E.C., Cote, E. (2021). Tratado de Medicina Interna Veterinaria. 2 vol. 8 ed. Axon España. (castellano)
• Fidalgo, L.E., Rejas, J., Ruiz de Gopegui, R., Ramos, J.J. (2003). Patología Médica Veterinaria. Universidades de León, Santiago de Compostela y Zaragoza, España. VMD 276, 279 y 343
• Maddison JE, Volk HA, Church DB. (2022). Clinical Reasoning in Veterinary Practice: Problem Solved. 2nd edition. Ed Wiley-Blackwell. VMD-278
• Nelson R.W., Couto C.G. (2010). Medicina interna de pequeños animales. Ed. Elsevier. Mosby. Barcelona. (castellano) https://web-s-ebscohost-com.ezbusc.usc.gal/ehost/detail/detail?vid=0&si…
• Nelson R.W., Couto C.G. (2019). Small Animal Internal Medicine. 6th ed. Ed Mosby- Elsevier.
• Nelson RW, Couto CG. (2020). Medicina interna de pequeños animales. 6ª ed. Elsevier. Mosby. VZ5-764, 765.
• Pastor, J. (2019). Razonamiento clínico y diagnósticos diferenciales. Ed SERVET
• Radostits, O.M., Gay, C.C., Blood, D.C., Hinchcliff, K.W. (2002). Medicina Veterinaria. Tratado de las enfermedades del ganado bovino, ovino, porcino, caprino y equino. Mc Graw-Hill Interamericana, 9ª ed., Madrid. (castellano)
• Rand Jacquie (2006). Problem-based Feline Medicine. Elsevier. VZ5-362
• Smith BP, Van Metre D, Pusterla N (2019). Large animal internal medicine. 6th ed. Mosby, Elsevier.
• Smith, B.P. (2010). Medicina interna grandes animales. Elsevier. Madrid (castellano)
• Tilley LP, Smith FWK (2010). Blackwell's Five-Minute Veterinary Consult: Canine and Feline PDA. 4th ed. Wiley-Blackwell. VZ5 685
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
• King, L. (2006) Enfermedades respiratorias del perro y el gato. Multimédica. (castellano)
• Johnson, L.R. (2011). Medicina respiratoria clínica en el perro y el gato. (castellano).
• Smith F.W.K. (2017). Manual de Cardiología Canina y Felina. 5ª edición. Multimedia Ediciones Veterinarias, Barcelona. (castellano).
• Tams, T.R. (2005) Manual de gastroenterología en animales pequeños. 2ª ed. Intermédica.
• Chandler, M (2011). Saunders solutions in veterinary practice: small animal gastroenterology. Saunders USA.
RECURSOS DE I
Competencias xenéricas
•GVUSC05. Capacidade de aplicar los coñecementos na práctica.
•GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
•GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias disciplinares:
•CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
•CEDVUSC 09. Bases xerais dos tratamentos médico-cirúrxicos.
•CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
Competencias específicas profesionais (saber facer, competencias a día 1, day-one skills)
•D1VUSC 01. Realizar a historia e a exploración clínica dos animais.
•D1VUSC 02. Recoller e remitir espécimes co seu correspondente informe.
•D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
•D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
•D1VUSC 06. Atender urxencias e realizar primeiros auxilios en Veterinaria.
•D1VUSC 07. Realizar os tratamentos médico-cirúrxicos básicos nos animais.
•D1VUSC 08. Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
•D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Competencias específicas académicas (querer facer), aplicables a todos os perfis
•CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
•CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
•CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
•CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
Competencias transversais:
•CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
O traballo presencial en Clínica Médica Veterinaria II desenvólvese en 36 horas de clases expositivas, 5 horas de prácticas de encerado, 28 horas de prácticas clínicas e 1 hora de titoría.
As clases EXPOSITIVAS comprenden unha parte importante das horas presenciais do alumno, con 36 horas na aula. Estas horas repartiranse ao longo de todo o semestre segundo figura no calendario oficial do centro.
A PRACTICAS DE ENCERADO abranguen 5 horas repartidas ao longo de todo o semestre segundo incrustadas na franxa horaria das clases expositivas que figura no calendario oficial do centro. Nestas prácticas desenvolveranse de forma interactiva conceptos aplicativos asociados coa materia impartida.
As sesións expositivas realizaránse con apoio das TIC e con emprego sistemático do Campus Virtual como soporte da docencia. A presencialidade requirirá da aplicación das medidas hixiosanitarias determinadas polas autoridades (hidroxel, obligatoriedade de máscara facial, distancia mínima de seguridade). De forma excepcional, a docencia presencial poderá combinarse coa docencia virtual ata un 10% das horas totais da materia.
Os alumnos recibirán 28 horas PRÁCTICAS que se impartirán nas Instalacións e Servizo de clínica ambulante do HVU Rof Codina e na Granxa Experimental Gayoso Castro do seguinte modo ao longo do semestre:
CMV II C1: Sesión de diagnóstico diferencial e tratamento en horario de 9 a 11 (2 horas)
CMV II C2: Clínica Pequenos Animáis 3 días en horario de 10:00 a 14:20 (16 horas)
CMV II C3: Sesión clínica 1 día en horario de 9 a 11 (2 horas)
CMV II C4: Clínica Grandes Animáis 1 día en horario de 10 a 14 horas (4 horas)*
CMV II C5: Clínica Grandes Animáis 1 día en horario de 10 a 14 horas (4 horas)*
*as prácticas de grandes animáis poden ter un horario lixeiramente máis extenso debido aos desprazamentos as granxas
Impartirase 1 horas de TITORÍA -CMV II T1-. A titoria terá lugar o primeiro día do semestre e nela explicarase a organización docente da materia (normas, prácticas, examen, etc.).
A maiores, ao longo do curso propoñeranse unha serie de actividades baseadas na resolución de diferentes situacións clínicas e de busca de información, etc. (traballo non presencial). O Campus virtual será de grande apoio para a realización e xestión de todos estes traballos adicionais por parte do estudante.
A través do Campus virtual poñerase a disposición dos alumnos o material de apoio para o seguimento das clases expositivas, prácticas de encerado y clases prácticas, así como o material complementario que inclúa lecturas recomendadas, casos clínicos, enlaces web, etc.
Nesta asignatura non procede a dispensa de asistencia a clase.
A avaliación da materia realizarase sobre a base dun sistema de exame final (80%) e avaliación continua (20%).
EXAME FINAL (80% da cualificación final): consta dunha proba de contidos teóricos (exame test) e unha proba de razoamento clínico (exame de preguntas curtas que se van desenvolver). Para supera-la disciplina o alumno terá que aprobar ámbalas probas independentemente unha doutra.
• Proba de CONTIDOS TEÓRICOS (60% da nota de exame final). Esta proba constará de preguntas tipo test. As preguntas tipo test son de resposta única. As preguntas queren contestadas sumarán 1 punto, as mal contestadas restarán 0.50 puntos e as non contestadas non computan. O exame divídese por bloques temáticos que deben ser superados de forma independente. Para superar o exame de contidos teóricos é necesario que se alcance unha puntuación mínima do 50% da puntuación total, e que en cada un dos bloques temáticos se contestase correctamente como mínimo o 50% das preguntas.
• Proba de RAZONAMENTO CLÍNICO (40% de lumes). Esta proba constará de 10 preguntas de desenvolvemento curto relacionadas cos temas da materia. Cada pregunta terá un valor máximo de 1 punto. Para superar a proba de razoamento clínico é necesario que se alcance unha valoración mínima de 5/10.
A nota do EXAME FINAL será a media ponderada das notas da proba de Contidos teóricos e da proba de Razonamento clínico. En caso de superar na primeira oportunidade só unha destas probas a nota manteríase só ata a segunda oportunidade do mesmo curso académico.
AVALIACIÓN CONTINUA (20% da cualificación final): ao longo da actividade docente regrada realizaranse controis do progreso e esforzo do alumno na disciplina a través do Campus Virtual. Estes controis inclúen as probas dos contidos teóricos, as probas das sesións clínicas e a sesión de diagnóstico diferencial e tratamento. As sesións de diagnóstico diferencial e tratamento ponderan o 40% da Avaliación continua e o 60% restante os achegan as probas dos contidos teóricos.
A nota da avaliación continua dos alumnos terá unha vixencia dun ano académico (o ano académico seguinte) sempre que a cualificación sexa superior a un 7.5/10. Pasado este perigo o estudante deberá volver realizala. Todos aqueles estudantes que teñan nota da avaliación continua do curso anterior superior a 7.5 poden volver realizala para mellorar a súa cualificación. Considerarase para efectos de cualificación final a de mellor puntuación global.
ASISTENCIA A PRÁCTICAS.
A asistencia a prácticas clínicas é obrigatoria. Unha vez realizadas consideraranse vixentes ata que o alumno supere a materia
CUALIFICACION GLOBAL
Para superar a materia será necesario aprobar o examen final (ambas, proba de Contidos teóricos e da proba de Razoamento clínico). A cualificación obtida no exame final suporá o 80% da nota total do estudante, o 20% restante obtense das cualificacións da avaliación continuada.
Nesta asignatura non procede a dispensa de asistencia a clase
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial (70 horas):
•Clases maxistrais: 36 horas
• Prácticas de encerado: 5 horas
•Practicas clínicas: 28 horas
•Titoría: 1 hora
Traballo persoal do estudante (80 horas):
• Estudo individual: 53,5 horas
• Resolución de casos/problemas e tarefas, revisión bibliográfica e memorias: 22,5 horas
• Realización de exames: 4 horas
•Asistencia a clases teóricas, prácticas e prácticas de encerado.
•Traballo continuado e seguimento simultáneo do estudo coa docencia expositiva e práctica.
•Fixarse na datas establecidas para a entrega de traballos e as datas de exame e comezar a preparación con antelación.
•Utilización das titorías personalizadas presenciais ou a través das ferramentas de comunicación da USC virtual.
•Utilización do material achegado polo profesorado como guía de estudo: apuntamentos e material de prácticas postos a disposición na USC virtual.
•Utilización do material elaborado e das notas tomadas polo alumno durante a clases presenciais e prácticas.
•Emprego das fontes bibliográficas recomendadas: libros de texto, atlas de imaxes, páxinas web...
Germán Santamarina Pernas
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- german.santamarina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marta Ines Miranda Castañon
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- marta.miranda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Luisa Suarez Rey
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822622
- Correo electrónico
- maruska.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luis Eusebio Fidalgo Alvarez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- luis.fidalgo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lucas Rigueira Rey
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- lucas.rigueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luciano Espino Lopez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822623
- Correo electrónico
- luciano.espino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Inmaculada Orjales Galdo
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822611
- Correo electrónico
- inma.orjales [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Jessica Blanco Fernandez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- j.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 4 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Galego | Aula 4 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán | Aula 4 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Castelán | Aula 4 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula 4 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula 4 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Castelán | Aula 4 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Galego | Aula 4 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 4 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula 4 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula 4 |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula 4 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
Martes | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
Xoves | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
16.12.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
16.12.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
03.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |