Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 45 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos específicos da Oncoloxía Clínica Veterinaria son os seguintes:
1. Coñecer os conceptos básicos da bioloxía tumoral.
2. Coñecer as principais características dos diferentes tipos tumorais e como estes influencian a estadificación e o grao das neoplasias.
3. Coñecer as diferentes modalidades diagnósticas aplicables a pacientes con cancro.
4. Coñecer as diferentes modalidades terapéuticas utilizadas nos pacientes con cancro incluídos os coidados paliativos.
5. Ser capaz de emitir un prognóstico nun paciente con cancro.
6. Recoñecer, diagnosticar e levar a cabo un plan terapéutico nos tumores máis frecuentes en medicina veterinaria.
7. Relacionar e aplicar os coñecementos doutras materias.
8. Coñecer e usar de forma crítica as fontes bibliográficas.
Contidos das clases EXPOSITIVAS (14 horas):
• Tema 1. Bioloxía e patoxenia das neoplasias. Carcinoxénese. Proliferación e metástase. Inmunoloxía das neoplasias.(2 horas)
• Tema 2. Diagnóstico das neoplasias I. Clasificación e gradación.(1 horas)
• Tema 3. Diagnóstico das neoplasias II. A citoloxía e a biopsia. Marcadores tumorais. Factores prognósticos.(2 horas)
• Tema 4: Síndromes paraneoplásicas e urxencias oncolóxicas. Identificación das principais síndromes paraneoplásicas. Manexo da hipercalcemia e da hipoglicemia. (1 hora)
• Tema 5: Diagnóstico por imaxe en oncoloxía: radioloxía, ecografía, tomografía computarizada, resonancia magnética, gammagrafía e tomografía de emisión de positróns. (2 horas)
• Tema 6. Cirurxía en oncoloxía: biopsia, indicacións da cirurxía, tipos de cirurxía: curativa, paliativa, preventiva, diagnóstica e citoreductiva. (1.5 horas)
• Tema 7. Quimioterapia en oncoloxía: indicacións, grupos farmacolóxicos usados, protocolos, modos de administración, manipulación de axentes, efectos secundarios e terapia metronómica. (2 horas)
• Tema 8. Radioterapia: planificación, cálculo e distribución de dose e programación de sesións. (1 hora)
• Tema 9: Coidados do paciente oncolóxico: control da dor, coidados de soporte e paliativos (1.5 horas)
Contidos dos SEMINARIOS (OCV-S1…S12-G1-G12) (12 horas):
OCV-S1-G1 e OCV-S2-G1: Neoplasias cutáneas máis frecuentes. Plan diagnóstico e terapéutico (2 horas)
OCV-S3-G1 a OCV-S4-G1: Sarcomas. Plan diagnóstico e terapéutico (2 horas)
OCV-S5-G1 e OCV-S6-G1: Neoplasias mais frecuentes dos órganos hematopoiéticos ou linforeticulares. Plan diagnóstico e terapéutico (2 horas).
OCV-S7-G1 e OCV-S8-G1: . Neoplasias máis frecuentes do aparato reprodutor. Plan diagnóstico e terapéutico (2 horas).
OCV-S9-G1 e OCV-S10-G1: Neoplasias dos órganos internos e serosas. Tórax. Plan diagnóstico e terapéutico (2 horas).
OCV-S11-G1 e OCV-S12-G1: Neoplasias dos órganos internos e serosas. Abdomen. Plan diagnóstico e terapéutico (2 horas).
Bibliografía básica:
ARGYLE, D.J.; BREARLEY, M.J.; TUREK, M. (2010). Decision Making in Small Animal Clinical Oncology. Blackwell Publications.
CRUMP, K.; THAMM, D.H. (2011). Cancer Chemotherapy for the Veterinary Health Team. John Wiley & Sons.
HENRY, C.J.; HIGGINBOTHAM, M.L. (2010). Cancer Management in Small Animal Practice. Saunders/Elsevier.
KNOTTENBELT. D (2015). Clinical Equine Oncology. Elsevier.
LASCELLES, D.; DOBSON, J.M. (2010). BSAVA Manual of Canine and Feline Oncology (BSAVA British Small Animal Veterinary Association). BSAVA Publications.
MEUTEN, D.J. (2002). Tumors in domestic animals. 4th ed. Iowa State Press.
MEUTEN, DJ (2016) Tumor in domestic animals. 5th edition. Wiley-Blackwell.
PENNINCK, D.; D'ANJOU, M. A. Atlas de ecografía en pequeños animales. Segunda edición. Multimédica. Sant Cugat del Vallés. Barcelona. 2017.
RASKIN, R.E.; MEYER, D. (2016). Canine and Feline Cytology: A Color Atlas and Interpretation Guide. Saunders (3ª ed).
RISSELADA. M (2020). Atlas of Surgical Approaches to Soft Tissue and Oncologic Diseases in the Dog and Cat. Wiley-Blackwell
RUANO BARNEDA, R. CIGÜENZA DEL OJO, P. DOMINGO ROA, V. (2018). Atlas de Diagnóstico Citológico en Animales de Compañía. Multimédica Ediciones.
SEGUIN, B.; KUDNIG, S.T. (2012). Veterinary Surgical Oncology John Wiley & Sons.
THRALL, D.E. Textbook of Veterinary Diagnostic Radiology. 6th Ed. W. B. Saunders Elsevier. Philadelphia. 2013.
THRALL, D.E. Textbook of Veterinary Diagnostic Radiology. 7th Ed. W. B. Saunders Elsevier. Philadelphia. 2018.
VAIL, D.M., THAMM, D., LIPTAK, J. (2019). Withrow and MacEwen's Small Animal Clinical Oncology 6rd Ed., Saunders.
VAIL, D.M., THAMM, D., LIPTAK, J. (2019). Withrow and MacEwen's Small Animal Clinical Oncology 6rd Ed., Saunders (dispoñible versión Española Sala Veterinaria ; VZ5 799)
ZACHARY, J.F.; McGAVIN, M.D. (2012). Pathologic basis of Veterinary Disease. 4th ed. Ed. Mosby, St. Louis. Missouri.
ZACHARY, JF. (2017). Pathologic basis of Veterinary Disease. 6th ed. Ed. Elsevier. Dispoñible en versión electrónica na biblioteca USC.
ZACHARY, J.F. (2021). Pathologic basis of Veterinary Disease. 7th ed. Ed. Elsevier-Mosby, St. Louis. Missouri, USA.
Bibliografía complementaria:
BUSHBERG J.T.; SEIBERT, J.A.; LEIDHOLD, E.M.; BOONE, J.M. The Essentials Physics of Medical Imaging. 3th. Edition. Lippincott Williams and Wilkins. 2011.
DANIEL, G.B.; BERRY, C.R. Textbook of Veterinary Nuclear Medicine. American College of Veterinary Medicine. 2006.
KUMMAR, V, ABBAS, AK, ASTER, J. Robbins and Cotran Pathologic Basis of Disease. 10th ed. Elsevier. Philadelphia. 2020.
MAI, W. Diagnostic MRI in Dogs and Cats. CRC Press. 2018.
WISNER, E.; ZWINGENBERGER, A. Atlas of Small Animal CT and MRI. Wiley Blackwell. 2015.
Recursos en internet:
https://www.facebook.com/groups/1420150964944380/ (Onco Clin Vet USC)
https://eclinpath.com
https://veterinarycytology.org/
https://vsso.org/
http://www.oncolink.org/types/index.cfm
http://www.vin.com (usar correo institucional da USC para solicitar alta. De balde para estudantes).
http://www. ivis. org (require darse de alta, é de balde).
Recoméndase a utilización dos recursos de internet especificados no apartado de Bibliografía, así como aquela bibliografía de acceso electrónico dispoñible na Biblioteca da USC A BUSC EN LIÑA https://busconline.gal. Tamén, a través de PÓRTICO (http://sfx.bugalicia.org/san/az) e EZproxy (https://www.usc.gal/gl/s
Competencias
Competencias xenéricas
GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
GVUSC05. Capacidade de aplicar los coñecementos na práctica.
GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipa.
GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias disciplinares:
CEDVUSC 07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
CEDVUSC 09. Bases xerais dos tratamentos médico-cirúrxicos.
Competencias específicas profesionais (saber facer, competencias a día 1, day-one skills)
D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
D1VUSC 07. Realizar os tratamentos médico-cirúrxicos básicos nos animais.
D1VUSC 08. Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Competencias específicas académicas (querer facer), aplicables a todos os perfís
CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
CEAVUSC 07. Ter coñecementos básicos dunha lingua estranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais:
CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC 02. Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC 04. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
CTVUSC 05. Habilidade no manexo das TICs.
CTVUSC 06. Utilización de información en lingua estranxeira.
CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
O traballo presencial en Oncoloxía Clínica Veterinaria desenvólvese en 14 horas de clases expositivas, 4 horas de titorías en grupos reducidos e 12 horas de seminarios.
As clases EXPOSITIVAS repartiranse ao longo de todo o semestre segundo figura no calendario oficial do centro. Nestas sesións expoñeranse os conceptos básicos da oncoloxía desde un punto de vista multidisciplinar.
Os SEMINARIOS (Onco.-S1......12-G1) abranguen 12 horas repartidas ao longo de todo o semestre segundo figura no calendario oficial do centro. Os seminarios centraranse na descrición das características histolóxicas e comportamento biolóxico das neoplasias específicas frecuentes en pequenos animais, así como na valoración diagnóstica e terapéutica. A abordaxe destes temas farase a través de casos clínicos.
Impartiranse 4 horas de TITORIAS (OCV-T1…T4-G1..G3) establecidas no calendario oficial do centro. Servirán para solucionar as dúbidas que puidesen xurdir nas clases expositivas, seminarios ou no desenvolvemento das distintas actividades que se propoñerán ao longo do curso como traballo non presencial.
As clases expositivas, seminarios e titorías serán presenciais con apoio sistemático do Campus Virtual.
Ao longo do curso propoñeranse unha serie de actividades baseadas na resolución de diferentes situacións clínicas e de busca de información (traballo non presencial). A USC virtual será de gran apoio para a realización e xestión de todos estes traballos adicionais por parte do estudante.
A través da USC virtual poñerase a disposición dos/das estudantes o material de apoio para o seguimento das clases expositivas e seminarios, así como o material complementario que inclúa lecturas recomendadas, casos clínicos, enlaces web, etc.
A avaliación da materia realizarase en base a un sistema de avaliación continua (45%) e unha proba final (55% da cualificación final).
- A avaliación continua do alumnado recollerá o traballo persoal do/da estudante mediante diferentes probas: exercicios escritos, programados ou non programados, participación activa en foros de discusión, así como a nota obtida nos diferentes traballos propostos ao longo do curso. O peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de xullo) será o mesmo que na primeira oportunidade. Non se gardará a calificación da avaliación continua para seguintes convocatorias.
- Proba final: avaliará os coñecementos teóricos-prácticos mediante unha proba presencial consistente na resposta a preguntas sobre os contidos abarcados nas clases expositivas e seminarios. Os contidos das clases expositivas serán avaliados mediante unha proba de coñecemento (sistema de formularios tipo test, de preguntas curtas, e/ou de ensaio, empregando os adecuados soportes gráficos). Os contidos impartidos nos seminarios e titorías serán avaliados mediante unha proba de razoamento e comprensión na que os estudantes poderán facer uso do material docente durante o exame. Para superar a materia será necesario aprobar esta proba final que suporá o 55% da nota total (proba de coñecemento: 25%; proba de razoamento: 30%). O examen final será obligatorio e complementario á evaluación continua.
En caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das diferentes probas (presenciais e telemáticas), será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A asistencia ás sesións expositivas, titorías e seminarios programados será obrigatoria e a súa avaliación será continuada, polo que non procede a dispensa de asistencia ás mesmas.
As avaliacións continuas das sesión expositivas e seminarios non se manterán en cursos posteriores.
Traballo presencial na aula:
• Clases maxistrais: 14 horas
• Seminarios: 12 horas
• Titorías en grupos reducidos: 4 horas
Traballo persoal do/da estudante
• Estudio individual: 25 horas
• Revisión bibliográfica, biblioteca, etc.: 8 horas
• Probas de autoavaliación e Resolución de casos/problemas: 10 horas
• Realización de exames: 2 horas
Total horas de traballo presencial: 30
Total horas de traballo persoal do/da estudante: 45
Total horas do/da estudante: 75
- Uso regular da USC virtual, xa que é o foro formal e único no que se informará de maneira detallada e regular sobre a planificación docente e se propoñerán tarefas complementarias.
- Asistencia obrigatoria a clases expositivas, seminarios e titorías.
- Traballo continuado e seguimento simultáneo do estudio coa docencia expositiva.
- Seguimento das datas establecidas para a entrega de traballos, e as datas de exame e planificación das tarefas co tempo suficiente.
- Utilización das titorías personalizadas presenciais ou a través das ferramentas de comunicación da USC virtual.
- Utilización do material aportado polo profesorado como guía de estudio: esquemas, bibliografía e apuntamentos postos a disposición na USC virtual.
- Utilización do material elaborado e das notas tomadas polo/pola estudante durante as clases presenciais.
- Emprego das fontes bibliográficas recomendadas: libros de texto, atlas de imaxes, páxinas web…
Germán Santamarina Pernas
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- german.santamarina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonio Gonzalez Cantalapiedra
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- antonio.cantalapiedra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Isabel Quiroga Berdeal
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- misabel.quiroga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Monica Lopez Peña
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822329
- Correo electrónico
- monica.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Luisa Suarez Rey
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822622
- Correo electrónico
- maruska.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Daniel Barreiro Vazquez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- josedaniel.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 8 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 8 |
12.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
10.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |