Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 45 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 16 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Fisioloxía, Patoloxía Animal, Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Fisioloxía, Sanidade Animal, Farmacoloxía, Ciencias Clínicas Veterinarias
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Unha das competencias disciplinarias dos profesionais veterinarios é a optimización dos sistemas de produción animal, entre os cales se inclúe a produción de leite por animais de renda. Esta competencia require que o veterinario teña coñecementos básicos sobre a lactación para, deste xeito, poder incidir na optimización do proceso de produción e intervir axeitadamente no diagnóstico, tratamento e prevención das enfermidades asociadas ao proceso de lactación, e no control da seguridade alimentaria de produtos lácteos.
Nesta materia abórdase o proceso da lactación de xeito transversal. Nunha primeira parte estúdanse os aspectos básicos relacionados coa composición do leite e os factores que afectan á súa variabilidade, as propiedades do leite, os procesos bioquímicos relacionados coa produción do leite e a obtención de derivados, e a regulación endócrina do proceso de lactación. A continuación trátanse aspectos aplicados e clínicos como o diagnóstico, tratamento e prevención de enfermidades relacionadas co proceso de lactación, e a seguridade de produtos lácteos.
OBXECTIVOS
- Coñecer os compoñentes do leite e a súa variabilidade
- Coñecer os procesos bioquímicos relacionados coa formación do leite
- Coñecer a regulación endócrina do proceso de lactación
- Coñecer como se diagnostican, tratan e preveñen enfermidades relacionadas co proceso de lactación
- Recoñecer na práctica clínica as principais patoloxías metabólicas do periparto e aprender a instaurar un tratamento axeitado
- Coñecer as medidas profilácticas a establecer non só no individuo senón na colectividade
- Reforzar a formación obtida en relación ás mamites bovinas, mediante a utilización de protocolos de actuación para o tratamento e o control desta enfermidade
- Resaltar a relevancia de residuos de fármacos en leite e proporcionar ferramentas para a avaliación de riscos de exposición, busca de regulacións oficiais e interpretación de resultados analíticos
Tema 1. Aspectos bioquímicos da lactación. Composición bioquímica do leite. Factores que afectan á variabilidade da composición do leite. Propiedades físico-químicas do leite. Procesos metabólicos implicados na formación dos compoñentes individuais do leite e a súa relación coa produción. Equilibrio osmótico e químico entre o sangue e o leite. Bases bioquímicas da produción de derivados do leite. (3 h clase expositiva).
Tema 2. Regulación endócrina da lactación. Desenvolvemento mamario. Lactoxénese. Galactopoiese. Ciclos da lactación. Transferencia de substancias reguladoras entre a nai e a cría (4 h clase expositiva, 2 h seminario).
Tema 3. Patoloxías metabólicas asociadas coa lactación. Enfermidades do periparto: hipocalcemia, retención de placenta, metrite, mamite, cetose e desprazamento de abomaso á esquerda (DAE) (1 h clase expositiva, 5 h seminario).
Tema 4. Protocolos de actuación en granxas en relación coas mamites bovinas. Aspectos prácticos dos diferentes factores de risco relacionados coas mamites bovinas. Realización e interpretación de antibiogramas. Tratamento, medidas de control e prevención de mamites bovinas. Resolución de casos clínicos en mamite bovina. (1 h clase expositiva, 7 h seminario).
Tema 5. Residuos farmacolóxicos en leite. Avaliación de riscos para a saúde humana. Fontes de información sobre límites máximos de fármacos permitidos en leite. Principais residuos en leite de fármacos de uso local e sistémico. Aspectos farmacocinéticos e usos extraindicados. Medidas de control e avaliación de resultados analíticos. (1 clase expositiva, 4 h seminario).
Aspectos bioquímicos da lactación
- McSWEENEY, P.L.H. & FOX, P.F. (eds.) Advanced dairy chemistry, vol. 1A: proteins, basic aspects, 4ª ed., Ed. Springer, New York, 2013.
- McSWEENEY, P.L.H., FOX, P.F. & MAHONY, J.A.,(eds.) Advanced dairy chemistry, vol. 2: lipids, 4ª ed., Ed. Springer, New York, 2020
- McSWEENEY, P.L.H. & FOX, P.F. (eds.) Advanced dairy chemistry, vol. 3: lactose, water, salts and minor constituentes, 3ª ed.,
Ed. Springer, New York, 2009.
– WALSTRA, P., WOUTERS, J.T.M. & GEURTS, T.M. (2006) Dairy Science and technology, 2ª ed. Boca Raton, FL: RCRC Press.
Regulación endócrina da lactación
– MACIAS H, HINCK L. (2012) Mammary gland development. Interdiscip. Rev. Dev. Biol. 1, 533-57
– HASSELQUIST D, NILSSON JA.(2009) Maternal transfer of antibodies in vertebrates: trans-generational effects on offspring immunity. Philos. Trans. R. Soc. Lond. B. Biol. Sci. 364, 51-60.
– NEGRÃO JA. (2008) Hormone release and behavior during suckling and milking in Gir, Gir x Holstein, and Holstein cows. J. Anim. Sci. 86, 21-6.
– FREEMAN ME, KANYICSKA B, LERANT A, NAGY G.(2000) Prolactin: structure, function, and regulation of secretion. Physiol. Rev. 80, 1523-631.
Enfermidades metabólicas relacionadas coa lactación
–Smith BP, Van Metre D, Pusterla N (2019). Large animal internal medicine. 6th ed. Mosby, Elsevier.
– SMITH, B.P. (2010). Medicina interna grandes animales. Elsevier. Madrid
– Constable PD, Hinchcliff KW, Done HD, Gruenberg W. (2017). Veterinary Medicine. A textbook of the diseases of cattle, horses, sheep, pigs and goats - two-volume set. 11th Edition. Elsevier.
– RADOSTITS, O.M., GAY, C.C., BLOOD, D.C., HINCHCLIFF, K.W. (2002). Medicina Veterinaria. Tratado de las enfermedades del ganado bovino, ovino, porcino, caprino y equino, 9ª ed. Mc Graw-Hill Interamericana, Madrid.
-Cockcroft, Peter D. (2015). Bovine Medicine. 3 ed. Willey.
(https://onlinelibrary.wiley.com/doi/book/10.1002/9781118948538) (Access by BUGalicia - Uni Santiago Compostela).
– DIVERS, T.J., PEEK, S.F. (2007). Rebhun's Diseases of Dairy Cattle, 2nd ed. Saunders-Elsevier.
– REBHUN, W.C. (1999). Enfermedades del ganado vacuno lechero. Acribia, Zaragoza.
– DEGARIS, P.J., LEAN, I.J. (2009). Milk fever in dairy cows: a review of pathophysiology and control principles. The Veterinary Journal. 176: 58-69.
– EDMONSON, A.J., LEAN, I.J., WEAVER, L.D., FARVER, T., WEBSTER, G. (1989). A body condition scoring chart for Holstein dairy-cows. Journal of Dairy Science. 72(1): 68-78.
– GOFF, J.P. (2008). The monitoring, prevention, and treatment of milk fever and subclinical hypocalcemia in dairy cows. The Veterinary Journal. 176: 50-57.
Mamites bovinas
– BRAND, A.; NOORDHUIZEN, J.P.T.M.; SCHUKKEN, Y.H. (1997): Herd health and production management in dairy practice. Wageningen Pers. Holanda.
– FOUZ, R. CORRALES, J.C.; FERNÁNDEZ, G.; YUS, E. (2005): Programa de mellora da calidade do leite: control das mamites bovinas
– FERNÁNDEZ, G.; FOUZ, R.; FUENTES, G.; GARCÍA, A. (1997): Calidad de la leche, recuento de células somáticas. Ed. Laboratorio Interprofesional Galego de Análise.
– RIVIERE, J. E., PAPICH, M. G. (2009) Veterinary pharmacology and therapeutics. Ed. Wiley-Blackwell. Ames, Iowa.
– GONZÁLEZ-PALENCIA, J., BARREAL, M.L., POMBO, M.A., FERNÁNDEZ, G., MÉNDEZ, A., VILARIÑO, I., SESTO, F. (2011). Guía Terapéutica en mamitis bovina. Ed. Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite. A Coruña. España
Residuos de fármacos no leite
– RIVIERE, J. E., PAPICH, M. G. (2018) Veterinary pharmacology and therapeutics. 10th Edition. Ed. John Wiley. & Sons Inc., Hoboken, NJ.
Competencias Xerais
- GVUSC02. Capacidade de análise e síntese
- GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
- GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades
Competencias específicas disciplinares
- CEDVUSC 02. Estrutura e función dos animais sans
- CEDVUSC 04. Bases físicas, químicas e moleculares dos principais procesos que teñen lugar no organismo animal
- CEDVUSC 07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal
- CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria
- CEDVUSC 09. Bases xerais dos tratamentos médico-cirúrxicos
Competencias específicas profesionais
- D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos
- D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico
- D1VUSC 05. Realizar estudos epidemiolóxicos e desenvolver programas de prevención, control e erradicación das enfermidades animais, con especial atención ás enfermidades de declaración obrigatoria e zoonose
- D1VUSC 08. Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
Competencias específicas académicas
- CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/a Veterinario/a
- CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade
- CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/a Veterinario/a.
Competencias transversais
- CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación
- CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Os contidos desenvolveranse en 10 horas de clases expositivas e 16 horas de seminarios. Durante todo o curso os/as estudantes disporán de apoio presencial, podendo realizar consultas aos distintos profesores/as da materia nas horas de titoría. Tamén dispoñerán de apoio a través da aula virtual.
Os contidos básicos da materia trataranse en clases expositivas na aula; a exposición apoiarase en presentacións de diapositivas elaboradas especificamente para cada tema. Para un mellor seguimento das clases os/as estudantes poderándescargar previamente material didáctico específico de cada tema a través da aula virtual.
Os contidos clínicos e os aspectos prácticos ou aplicados de cada tema trataranse en seminarios interactivos, coa seguinte distribución:
1. Transferencia de substancias reguladoras entre a nai e a cría (S1 e S2).
2. Casos clínicos sobre enfermidades metabólicas relacionadas coa lactación (S5-S6; S13-S15). Faranse grupos de 4-6 estudantes; cada grupo traballará unha parte dun caso clínico proposto e, posteriormente, poñeranse en común os diferentes traballos para dar solución ao caso. Lugar: Seminario Clínica Médica (HVU rof Codina, piso 1).
3. Antibiogramas (S10). Revisarase de forma interactiva como se fai e para que serve un antibiograma.
4. Resolución de casos clínicos en mamite bovina (S7-S9; S16-S18). Organizaranse actividades dentro da aula para convertelas nunha experiencia de aprendizaxe. Os/as estudantes traballarán en grupo para realizar as tarefas de xeito colectivo (aprendizaxe cooperativa). Lugar: Laboratorio de práctica de Farmacología, Pavillón 2.
5. Aspectos prácticos do estudo de residuos farmacolóxicos en leite por mor de tratamentos locais e sistémicos (S3-S4; S11-S12). Os/as estudantes traballarán en grupos reducidos para resolver os problemas de xeito colectivo. Lugar: Laboratorio de prácticas de Farmacoloxía, Pavillón 2.
Nos seminarios facilitarase o material bibliográfico necesario para a realizar as diferentes actividades.
O proceso de avaliación constará de dúas partes complementarias:
1. Avaliación continua (50% da cualificación global). Avaliaranse os informes sobre o traballo realizado nos seminarios (informes individuais ou en grupo) e os coñecementos adquiridos na resolución dos casos clínicos formulados, mediante probas obxectivas.
2. Exame (50% da cualificación global). Avaliaranse os coñecementos adquiridos na materia mediante un exame tipo test; cada pregunta terá 4 opcións de resposta, das cales só unha será correcta. O exame final será presencial.
Para superar a materia o alumno/a deberá obter unha cualificación mínima de 5/10 tanto no examen como no apartado de avaliación continua. A cualificación correspondente ao apartado de avaliación continua manterase nas dúas oportunidades de cada convocatoria (1ª e 2ª oportunidade). No caso de non superar a materia non se conservará ningunha das cualificacións obtidas para sucesivos cursos académicos.
Non se contempla a dispensa de asistencia á clases expositivas e seminarios.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
1. Clases presenciais e exames: 30 horas, distribuidas do seguinte xeito:
- Clases expositivas: 10 h
- Seminarios: 18 h
- Titorías en grupo reducido: 2 h
2. Tempo de estudo e traballo persoal: 45 horas, distribuidas do seguinte xeito:
– Estudo individual: 20 horas
– Resolución de casos clínicos: 10 horas
– Elaboración de traballos/informes: 10 horas
– Revisión bibliográfica: 3 horas
- Exame: 2 h
TEMPO TOTAL DE TRABALLO PARA O ALUMNO/A: 75 horas
- Recoméndase revisar os materiais da materia de Enfermidades Infecciosas (mamites bovinas) e de Farmacoloxía e Farmacia, e Farmacoterapia (antibioterapia).
- Os/as estudantes deberán completar o material didáctico facilitado cos apuntamentos e notas tomadas en clase.
- En relación cos seminarios de aprendizaxe cooperativa os/as estudantes deberán esforzarse na súa colaboración cos demais estudantes do grupo, xa que a súa avaliación dependerá tanto do seu resultado individual coma do traballo colectivo do grupo.
Marta Ines Miranda Castañon
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- marta.miranda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Antonio Villamarin Cid
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- antonio.villamarin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Mercedes Camiña Garcia
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- merchi.camina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Del Carmen Vale Gonzalez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 982822223
- Correo electrónico
- mdelcarmen.vale [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alberto Prieto Lago
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- alberto.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Natalia Vilariño Del Río
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- natalia.vilarino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 8 |
Xoves | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 8 |
Venres | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 8 |
05.12.2024 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 8 |