Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 9 Total: 84
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física, Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Xenética, Ciencias Clínicas Veterinarias
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer as características dos diferentes organismos modelo.
Identificar os diferentes tipos de organismos modelo: xenéticos, experimentais y xenómicos.
Adquirir coñecementos da utilidade dos organismos modelo en investigación básica e aplicada.
Utilizar e valorar as fontes de información e recursos electrónicos para a elección e uso de diferentes tipos de organismos modelo.
Saber aplicar normas básicas de sanidade e benestar animal en organismos modelo vertebrados.
1. Concepto de modelo
2. Clasificación dos organismos modelo
3. Organismos modelo invertebrados: Caenorhabditis elegans, Drosophila melanogaster.
4. Organismos modelo vertebrados: Danio rerio; Mus musculus
5. Elección do modelo. Estandarización
6. Sanidade e benestar en animais de experimentación
• TEMAS
TEMA 1. Introdución.
Concepto e características dos organismos modelo
TEMA 2. Invertebrados.
Caenorhabditis elegans. Manipulación. Secuenciación. Xenoma. Drosophila melanogaster. Mutaxénese. Xenómica comparada con vertebrados.
TEMA 3. Vertebrados I.
Danio rerio. Bioloxía do peixe cebra. Xenoma do peixe cebra. Liñas mutantes.Screening de compostos.
TEMA 4. Vertebrados II.
Mus musculus. Bioloxía do rato. Xenoma do rato. Liñas mutantes.
TEMA 5. Nocións básicas sobre lexislación, ética e benestar dos animais de experimentación. Características do comportamento animal normal e dos animais sometidos a tratamento. Recoñecemento do estrés e o disconfort.
TEMA 6. Bioloxía dos animais de laboratorio (anatomía e fisioloxía comparada).
Recoñecemento do estado de saúde e das enfermidades: Aspectos prácticos do seguimento do estado de saúde e das enfermidades. Manifestacións clínicas. Conceptos básicos de patoloxía. Exame-postmortem.
Bibliografía básica:
Baybem K., Turner P. (Eds). 2013. Laboratory animal welfare. Academic Press
Davis R.H. 2004. The age of model organisms. Nature Reviews Genetics, 5: 69-76.
Ferguson H.W. 2006. Systemic pathology of fish: A text and atlas of normal tissues in teleosts and their responses in disease. 2nd Ed., Scotian Press, London, UK.
Hedges B. 2002. The origin and evolution of model organisms. Nature Reviews Genetics, 3: 838-849.
Miklos G.L., Rubin G.M. 1996. The role of the genome project in determining gene function: insights from model organisms. Cell, 86(4): 521-529.
Recomendación 2007/526/CE, de 18 de junio de 2007, establece las líneas directrices relativas al alojamiento y al cuidado de los animales utilizados para experimentación y otros fines científicos.
Real Decreto 53/2013, de 1 de febrero, por el que se establecen las normas básicas aplicables para la protección de los animales utilizados en experimentación y otros fines científicos, incluyendo la docencia.
Zachary J.F., McGavin, M.D. 2016. Pathologic basis of Veterinary Disease. 6th ed. Ed. Elsevier-Mosby, St. Louis. Missouri, USA.
Bibliografía complementaria:
Outros recursos para consulta:
• The Zebrafish Information Network
https://zfin.org/
• Flybase
http://flybase.org/
• SGD
http://www.yeastgenome.org/
• ENSEMBL
http://www.ensembl.org/index.html
Competencias Básicas:
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ambientes novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Competencias Xerais:
CG01 - Capacidade de organización e planificación do estudo e a experimentación nas áreas de coñecementos implicadas.
CG02 - Integrar coñecementos e enfrontarse á toma de decisións a partir de información científica e técnica.
CG03 - Transmitir os resultados do estudo e a investigación a públicos especializados, académicos e xeneralistas.
Competencias Específicas:
CE01 - Comprender a relación entre a Xenómica e a Xenética e a saúde humana, animal e vexetal, necesaria para o desenrolo das diversas funcións dun profesional orientado ó avance da salúde.
CE05 - Adquirir coñecementos e habilidades no desenrolo do traballo científico nas ciencias da vida, ó menos unha das seguintes áreas de coñecemento: Xenética, Fisioloxía, Anatomía Patolóxica, Medicina Legal y Forense, Produción Animal, Produción Vexetal.
Competencias Transversais:
CT04 - Capacidade para a aprendizaxe e a integración no traballo en equipos multidisciplinares, a cooperación e o compañeirismo, incluíndo o ámbito internacional.
CT07 - Capacidade para elaborar, expor e discutir un texto científico-técnico organizado e comprensible
Leccións –explicación (presencialmente e/ou a través de contidos na aula virtual).
Lectura de análises de textos proporcionados polo/a profesor/a , presencialmente e/ou en aula virtual.
Talleres/ Seminarios presenciais ou en aula virtual.
Aprendizaxe colaborativo (traballos grupais e/ou participación en foros de debate presencial ou virtual).
Desenrolo de traballos académicos e defensa presencial.
Titorías personalizadas presenciais e online.
Traballo autónomo do alumnado non presencial.
• Proba escrita: Avaliarase mediante unha proba escrita a adquisición dos principais conceptos teóricos (60% da calificación da materia) e prácticos (10% da calificación da materia) por parte do alumnado (70% da calificación na materia). Poderá incluir preguntas test e/ou preguntas curtas e/ou temas.
• Avaliación continua: Avaliarase de maneira continua tanto a actitude do alumnado nas clases teóricas e prácticas como a calidade e claridade de exposición dos traballos presentados (30% de la cualificación da materia)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais: 24
Expositivas: 19
Titorías personalizadas: 3
Exame: 2
Horas de traballo do alumnado: 51
Resolver problemas e cuestións dos temas explicados. Consulta de bibliografía xeral e especializada. Formular preguntas nas clases expositivas e nos seminarios.
Maria Isabel Quiroga Berdeal
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- misabel.quiroga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Sonia Vázquez Rodríguez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- sonia.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Laura Elena Sánchez Piñón
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- lauraelena.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade