Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 8 Clase Interactiva: 13 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Área externa M.U en Xenómica e Xenética, Ciencias Clínicas Veterinarias
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer a metodoloxía e a tecnoloxía empregadas na xeración de modelos animais.
Interpretar a lexislación nacional e internacional no ámbito da experimentación animal.
Coñecer as técnicas de edición xenética, xeración de liñas mutantes e transxénicas.
1. O peixe cebra como modelo de experimentación biomédica.
2. Xeración de modelos en roedores. Do fenotipo ó xen: Mutacións inducidas.
3. Animais modificados xenéticamente. Transxénicos de sobreexpresión. Ratos knock-out e knock-in.
4. Modelos de enfermidades humanas: enfermidades neurodexenerativas, distrofias, enfermidades de orixe xenético, infección e envellecemento.
• TEMAS
TEÓRICOS
TEMA 1. Parte 1. Introducción ao peixe cebra: descrición xeral, ciclo de vida, mantemento e xenoma. Toxicidade e biodistribución: compostos e células.
Parte 2. Modificación xenética do peixe cebra en biomedicina.
TEMA 2. Utilización do peixe cebra para a modelización de enfermidades humanas
Parte 1. Modelización do cancro no peixe cebra.
Parte 2. Modelización do envellecemento no peixe cebra.
TEMA 3. Modelos animais de enfermidades humanas I. Enfermidades hereditarias complexas. Modelos murinos de inmunoterapia do cancro.
TEMA 4. Modelos animais de enfermidades humanas II. Enfermidades hereditarias simples. Modelos murinos de Diaplasia Ectodérmica Hipohidrótica.
TEMA 5. Novas tecnoloxías de edición xenética.
TEMA 6. (Seminarios) Patoloxía en roedores. Inmunoloxía en transplantes. Técnicas xerais de manexo de embrións de peixe cebra, toma de mostras e caracterización fenotípica.
TEMA 7. (Traballo autónomo do estudante). Bibliografía relevante sobre experimentación animal a nivel Autonómico, Nacional e Europeo.
PRÁCTICOS
TEMA 1. Necropsia e toma de mostras na rata e rato. Procesado de embrións.
TEMA 2. Xeración e caracterización de mutantes de peixe cebra mediante a técnica CRISPR/Cas9.
Bibliografía básica:
• Abate-Shen C., Politi K., Chodosh L., Olive K.P. (Eds). 2014. Mouse Models of Cancer: A Laboratory Manual. Cold Spring Harbor Laboratory Press, Cold Spring Harbor, NY.
• Bravo Moral, A.M. (2019). Técnica de necropsia y toma de muestras en rata y ratón. Monografías do Ibader - Serie Pecuaria. Ibader. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo. Acceso libre: http://www.ibader.gal/ficha/136/927/Tecnica-de-necropsia-y-toma-de-mues…
• Howe K., Clark M.D., Torroja C.F., Torrance J., Berthelot C., Muffato M., Collins J.E., Humphray S., et al. 2013. The zebrafish reference genome sequence and its relationship to the human genome. Nature, 496: 498-503.
• Hwang W.Y., Fu Y., Reyon D., Maeder M.L., Tsai S.Q., Sander J.D., Peterson R.T., Yeh J.R., Joung J.K. 2013. Efficient genome editing in zebrafish using a CRISPR-Cas system. Nature Biotechnology, 31: 227–229
• Melenchón Ramírez, F, Collins Rosado B, Bravo del Moral AM (2018). Manejo de animales de experimentación. Xunta de Galicia. Consellería do Medio Rural. Santiago de Compostela. Acceso libre https://libraria.xunta.gal/es/manejo-de-los-animales-de-experimentacion
• Zon L.I., Peterson R.T. 2005. In vivo drug discovery in the zebrafish. Nature Reviews Drug Discovery, 4: 35-44.
• Yang H., Wang H., Jaenisch R. 2014. Generating genetically modified mice using CRISPR/Cas-mediated genome engineering. Nature Protocols, 9: 1956–1968.
Bibliografía complementaria:
Cook M.I. (edited by), The Anatomy of the Laboratory Mouse, Academic Press, London and New York, 1965.
Dunn T.B., The Importance of Differences in Morphology in Inbred Strains, J. Nat. Cancer Inst., vol. 15, 573-85, 1954.
Hedrich HJ & Bullock G. The Handbook of Experimental Animals. The Laboratory Mouse, Elsevier Academic Press, Amsterdam, 2004
Maronpot R R. Pathology of the Mouse, Cache River Press, USA, 1999.
McInnes E, Background Lesions in Laboratory Animals. A color atlas, Saunders Elsevier, UK, 2012
McInnes E (editor). Pathology for Toxicologists. Principles and practices of Laboratory Animal Pathology For Study Personnel. John Wiley & Sons Ltd, Wiley Blacwell, UK, 2017
Percy DH & Barthold SW. Pathology of Laboratory Rodents and Rabbits. Blackwell Publishing, UK, 3rd edition 2007.
Rossant J & Tam PPL, Mouse Development. Patterning, Morphogenesis, and Organogenesis. Academic Press, San Diego, USA, 2002
Rugh R. The Mouse. Its Reproduction and Development, Oxfor University Press, UK, 1990.
Ward JM, Mahler JF, Maronpot RR, Sundberg JP, Frederickson RM, Pathology of Genetically Engineered Mice. Iowa State University Press, a Blackwell Publishing Company, USA, 2000.
Outros recursos para consulta:
• The Zebrafish Information Network
• https://zfin.org/
• Zebrafish Mutation Project
• http://www.sanger.ac.uk/resources/zebrafish/zmp/
• The Jackson Laboratory https://www.jax.org/
• Teaching resources from the American Association of Immunologists. https://www.aai.org/Education/Teaching-Resources
• Immunology animations
https://www.wpunj.edu/sec/vsec/science_courses/bio/BIOimmuANIM.html
Competencias Básicas:
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ambientes novos ou pouco coñecidos dentro de contextos mais amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Competencias Xerais:
CG01 - Capacidade de organización e planificación do estudo e a experimentación nas áreas de coñecementos implicadas
CG02 - Integrar coñecementos e enfrontarse á toma de decisións a partir de información científica e técnica.
CG03 - Transmitir os resultados do estudo e a investigación a públicos especializados, académicos e xeneralistas.
Competencias Específicas:
CE02 – Coñecer os métodos e tecnoloxías seguros para a aplicación dos novos desenrolos da Xenómica e a Xenética en diversos sectores produtivos.
CE05 - Adquirir coñecementos e habilidades no desenrolo do traballo científico nas ciencias da vida, a lo menos nunha das seguintes áreas de coñecemento: Xenética, Fisioloxía, Anatomía Patolóxica, Medicina Legal e Forense, Produción Animal, Produción Vexetal.
Competencias Transversais:
CT04 - Capacidade para a aprendizaxe e a integración no traballo en equipos multidisciplinares, a cooperación e o compañeirismo, incluíndo o ámbito internacional.
CT07 - Capacidade para elaborar, expoñer e discutir un texto científico-técnico organizado e comprensible.
Leccións teóricas e sesións prácticas –explicación (Sesións online síncronas, con presencialidade obrigatoria e/ou actividades a través de contidos na aula virtual).
Lectura de análise de textos proporcionados polo/a profesor/a de forma online síncrona e/ou na aula virtual.
Desenrolo de traballos académicos e defensa presencial.
Titorías personalizadas presenciais e online.
• Proba escrita: Avaliarase mediante unha proba escrita a adquisición dos principais conceptos teóricos por parte do alumnado (60% da cualificación na materia)
• Proba práctica: Mediante un exame avaliaranse os coñecementos adquiridos coa docencia práctica (20% da cualificación final na materia)
• Avaliación continua: Avaliarase de maneira continua tanto a actitude do alumnado nas clases teóricas e prácticas como a calidade e claridade de exposición dos traballos presentados (20% da cualificación da materia). Ao finalizar as clases presenciais teóricas e/ou prácticas tamén poderán empregarse recursos de avaliación a través de plataformas dixitales (p.e Kahoot)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais: 24
Expositivas: 7
Interactivas de Laboratorio (prácticas):7
Interactivas de Seminario: 5
Titorías personalizadas: 3
Exame: 2
Horas de traballo do alumnado: 51
É moi convinte que o alumnado teña coñecementos previos básicos de Xenética e Xenómica para un aproveitamento óptimo da materia.
É recomendable asemade ter un coñecemento informático básico para navegar en Internet e para manexar procesadores de texto (Microsoft Word,..) e de imaxes (Microsoft PowerPoint,…).
Posto que algúns contidos teóricos e prácticos vanse impartir en inglés, e moitos artigos de investigación e libros recomendados na bibliografía están en inglés, recomendase un nivel aceptable nesta lingua.
Para aproveitar ao máximo o estudo da materia recomendamos:
Asistencia regular ás clases teóricas.
Utilización do material aportado por o profesorado como guía de estudo: esquemas, apuntes, etc.
Uso das fontes bibliográficas xerais e especiais recomendadas: libros de texto, atlas de imaxes, páxinas Web…
Uso regular das horas de titorías para resolver problemas e cuestións dos temas explicados.
Estudo constante ao longo do semestre.
Participación activa e formulación de preguntas nas clases expositivas e nos seminarios.
Na materia empregamos regularmente a plataforma virtual por o que o estudantado deberá prestar atención á publicación constante de novas na materia virtual e aos avisos enviados desde a mesma.
Ana Maria Bravo Moral
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- ana.bravo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alba Pensado López
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Xenómica e Xenética
- Correo electrónico
- alba.pensado.lopez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h