Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 40 Clase Interactiva: 8 Total: 48
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Área externa M.U en Biofabricación, Ciencias Clínicas Veterinarias
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo da materia é dotar ao estudante de coñecementos, competencias e habilidades que lle permitan entender as bases da experimentación pre-clínica en modelo animal.
Ao terminar con éxito esta materia, os estudantes serán capaces de:
• Identificar, clasificar e diferenciar os principios, normas e modelos da experimentación pre-clínica con animais para fins científicos.
• Aplicar os principios, normas e modelos da experimentación pre-clínica con animais no ámbito da biofabricación.
PROGRAMA TEORICO
• Normativa relacionada coa adquisición, zootecnia, coidados e utilización de animais para fins científicos.
• Principios éticos da relación entre os seres humanos e os animais, valor intrínseco da vida e argumentos a favor e en contra da utilización de animais para fins científicos.
• Bioloxía fundamental e axustada a cada unha das especies en relación coa anatomía, os aspectos fisiolóxicos, a reprodución, a xenética e as modificacións xenéticas.
• Etología, zootecnia e enriquecemento ambiental.
• Métodos para o manexo de cada unha das especies.
• Xestión da saúde e hixiene dos animais.
• Recoñecemento da angustia, dor e sufrimento característicos das especies máis comúns de animais de laboratorio.
• Anestesia, métodos para acougar a dor e eutanasia
• Uso de puntos finais humanitarios.
• Requisitos de substitución, redución e refinamento.
• Deseño de procedementos e proxectos.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
• Visitas a centros de investigación.
• Deseño e aplicación de protocolos de anestesia e analgesia en procedimeintos experimentais.
• Deseño de procedementos e proxectos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Alexandra Dugdale. (2020). Veterinary Anaesthesia: Principles to Practice. Wiley Blackwell.
Kurt A. Grimm, Leigh A. Lamont, William J. Tranquilli, Stephen A. Greene, Sheilah A. Robertson (2015). Veterinary Anesthesia and Analgesia: Lumb and Jones. Wiley Blackwell.
McKELVEY, D., WAYNE HOLLINGSHEAD, K. 2003. Manual de Anestesia y analgesia Veterinaria. Multimédica.
MUIR, W.W, HUBBELL, J.A.E., BEDNARSKI, R.M. 2008. Manual de Anestesia Veterinaria. Ed. Elsevier Mosby.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Paulo Steagall., Sheilah Robertson., Polly Taylor. (2017). Feline Anesthesia and Pain Management. Wiley Blackwell.
Lindsay G. Ross, Barbara Ross. (2008). Anaesthetic and Sedative Techniques for Aquatic Animals. Wiley Blackwell
Lesa Longley. (2008). Anaesthesia of Exotic Pets. Saunders.
Cholawat Pacharinsak, Jennifer C. Smith. (2017). Handbook of Laboratory Animal Anesthesia and Pain Management: Rodents. CRC Press
P. Otero, D. Portela. (2017). Manual de Anestesia regional en animales de compañía. Intermédica.
PÁGINAS WEB:
- American College of Veterinary Anesthesia and Analgesia (http://www.acva.org/).
- European College of Veterinary Anaesthesia and Analgesia
(http://www.ecva.eu.com/).
-American College of Laboratory Animal Medicine (http://www.aclam.org/).
Competencias Xerais:
CG1: Dominar técnicas de recuperación de información relativas a fontes de información primarias e secundarias (incluíndo bases de datos co uso de computador) e de análise crítica da información.
CG2: Dispoñer de habilidades para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas, en contextos interdisciplinares e cun alto compoñente de transferencia do coñecemento.
CG3: Ter capacidade de liderado, creatividade, iniciativa e espírito emprendedor.
CG4: Saber aplicar coñecementos e capacidades para a planificación e a xestión integrada de proxectos.
CG5: Ter capacidade de comunicación oral e escrita e interacción científica con profesionais doutras áreas de coñecemento.
CG6: Capacitar para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
Competencias transversais
CT1: Saber expor un proxecto de investigación de forma autónoma.
CT2: Saber desenvolver traballos de colaboración en equipos multidisciplinares.
CT3: Usar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs) como ferramenta para a transmisión de coñecementos, resultados e conclusións en ámbitos especializados de modo claro e rigoroso.
CT4: Ter iniciativa para a formación continuada e a abordaxe de novos retos científicos e tecnolóxicos.
CT5: Capacitar para a comprensión do significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
CT7: Practicar a sustentabilidade e o compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
Competencias Específicas:
CE1: Coñecer os principais modelos animais utilizados en enxeñería de tecidos.
CE2: Desenvolver os protocolos máis adecuados para a avaliación preclínica das propiedades e o comportamento dos biomateriales segundo o contexto e aplicación.
CE3: Coñecer os principios, normas e modelos da experimentación pre-clínica animal, así como a obtención das capacidades para a análise, manexo e deseño de procedementos e proxectos para fins científicos.
CE4: Adquirir un sentido ético da investigación en ciencias da saúde.
ACTIVIDADES:
• Sesión maxistral
• Estudo de casos
• Visitas a centros de investigación/aboratorios
METODOLOGIAS
• Lección maxistral
• Estudo de casos
• Saídas de estudo
• Exame de preguntas obxectivas: 80% da nota
• Observación sistemática: 20 % da nota
36 horas expositivas
12 horas titorías
10 horas estudoio persoal
Os estudantes deberán asistir e participar nas sesións expositivas, e nas titorías. Recoméndase consultar os textos e as páxinas web propostos.
Seguindo os protocolos de integración da USC para atención á diversidade, os profesores desta materia garantiremos a integración e igualdade de oportunidades aos estudantes con necesidades educativas especiais.
Antonio Gonzalez Cantalapiedra
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- antonio.cantalapiedra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Monica Lopez Peña
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822329
- Correo electrónico
- monica.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Fernando Maria Muñoz Guzon
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822644
- Correo electrónico
- fernandom.munoz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-20:00 | Grupo 1/CLE_01 | Castelán | AULA SEMINARIO DE QUÍMICA INORGÁNICA 1 |
Martes | |||
15:00-20:00 | Grupo 1/CLE_01 | Castelán | AULA SEMINARIO DE QUÍMICA INORGÁNICA 1 |
Mércores | |||
15:00-20:00 | Grupo 1/CLE_01 | Castelán | AULA SEMINARIO DE QUÍMICA INORGÁNICA 1 |
Xoves | |||
15:00-20:00 | Grupo 1/CLE_01 | Castelán | AULA SEMINARIO DE QUÍMICA INORGÁNICA 1 |
Venres | |||
10:00-14:00 | Grupo 1/CLIL_01 | - | AULA SEMINARIO DE QUÍMICA INORGÁNICA 1 |