Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Dotar ao alumnado dun coñecemento básico da economía mundial actual como marco no que se insiren as economías española e galega, ámbito no que as graduadas e graduados en Administración e Dirección de Empresas desenvolverán a súa actividade. En particular, preténdese:
• Dotar de coñecementos e capacidade de interpretación dos cambios recentes na evolución da economía mundial, con especial atención ao carácter interdependente dos elementos e relacións que configuran esta realidade.
• A comprensión do papel e funcionamento das institucións económicas internacionais.
• Dotar de coñecemento sobre os conceptos básicos da economía aplicada necesarios para a comprensión do contido da materia.
• A familiarización e comprensión coa prensa económica, en especial nos temas referidos á economía mundial.
1. Introdución ao estudo da economía mundial.
2. Os sistemas económicos e a formación do sistema capitalista.
3. Crecemento e cambio estrutural na economía mundial.
4. O comercio internacional. Estrutura, tendencias e marco regulador.
5. A internacionalización do capital produtivo. Investimento estranxeiro e multinacionais.
6. Sistema monetario e financeiro internacional.
7. Os procesos de integración económica. A integración Europea.
8. Desenvolvemento e subdesenvolvemento económico.
9. Os límites ecolóxicos do modelo de crecemento.
Bibliografía básica
Para cada tema os alumnos disporán, como lectura e material de traballo básico, dos textos necesarios para o correcto estudo dos contidos. Ademais, proporanse algunhas lecturas breves ou a consulta de datos estatísticos e outros seleccionados polo profesorado, así como as presentacións de clase.
Particularmente, será precisa a consulta das seguintes obras:
Cándido Muñoz, Belén Iráizoz e Manuel Rapún (2020): Introducción a la economía aplicada: magnitudes y cuentas económicas. Civitas Thomson Reuters.
José María Vidal Villa, Javier Martínez Peinado e Dolors Casares Vidal (2021): Economía mundial, 2ª edición. McGraw-Hill.
José Antonio Alonso (director), Lecciones sobre economía mundial, Thomson-Civitas. Última edición dispoñible.
Bibliografía complementaria
Carlos Berzosa; Pablo Bustelo e Jesús de la Iglesia (coordinadores), Estructura económica mundial, Síntesis, Madrid. Última edición dispoñible.
Mirem Etxezarreta (2015), ¿Para qué sirve realmente la economía?, Ediciones Paidós.
Pedro J. Gómez Serrano (coord,) (2017), La economía mundial. Enfoques Críticos, Fuhem Ecosocial-Catarata.
Enrique Palazuelos (dir) (2015), Economía Política Mundial, Akal.
Jaime Requeijo, Economía mundial, McGraw-Hill. Última edición dispoñible.
Rafael Muñoz de Bustillo e Rafael Bonete, Introducción a la Unión Europea: un análisis desde la economía, Alianza Editorial. Última edición dispoñible.
Gemma Durán Romero, José Manuel García de la Cruz e Angeles Sánchez Díez (2013), Estructura Económica Y Relaciones Internacionales, Gaceta.
Competencias básicas
CB1. Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
CG2. Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, empregando os seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
CG3. Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre da súa dimensión social, científica ou ética.
- Desenvolver a capacidade analítica necesaria para abordar estudos económicos.
Competencias específicas
A3. A realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público, institucións económicas e a súa evolución.
D6. Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
Competencias transversais:
CT1 Análise e síntese.
CT2 Organización e planificación.
CT3 Comunicación oral e escrita.
CT4 Xestión da información.
CT23 Estimulación intelectual.
Por ser un plan de estudos en extinción, a mateira non ten docencia. O estudantado terá dereito ás titorías para resolver dúbidas e solucionar problemas de aprendizaxe.
O sistema de avaliación consistirá nun exame final dos contidos da materia, realizado nas datas establecidas no calendario oficial, que suporá o 100% da cualificación. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
A materia ten 6 ECTS equivalentes a 150 horas.
En base á situación do plan en extinción, esta materia non ten docencia.
Maria Angeles Pereira Sanchez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- angeles.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Diego Sande Veiga
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811692
- Correo electrónico
- diego.sande.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Alexandre Vecino Aguirre
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811591
- Correo electrónico
- alexandre.vecino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
23.01.2026 09:00-12:00 | Grupo de exame | Aula B |
12.06.2026 16:00-19:00 | Grupo de exame | Aula 08 |