Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia ten como obxectivo que o alumnado adquira coñecemento báiscos sobre os aspectos tributarios das empresas, co fin de proporcionar unha comprensión sólida dos tributos directos que gravan a realización de actividades económicas. O estudo céntrase de forma especial na fiscalidade empresarial e na súa imposición directa, IRPF e IS, previa introducción da Lei Xeral Tributaria.
Entre os obxectivos específicos da materia, destacan os seguintes:
- Estudo e análise dos ingresos públicos, prestando especial atención aos ingresos tributarios e aos procedementos de aplicación dos mesmos.
- Exame das obrigas tributarias asociadas á realización de actividades económicas, focalizándose na imposición directa.
- Coñecemento dos tributos que as diferentes administracións españolas aplican en relación coas actividades económicas.
- Comprensión de cómo se debe aplicar a lexislación fiscal no marco da práctica tributaria.
Este enfoque permitirá ao alumnado dominar as ferramentas legais e fiscais necesarias para a súa aplicación práctica no ámbito económico.
1. Introducción ao sistema impositivo
1.1. Características do sistema fiscal en España. Estructura e organización e ámbito de aplicación
1.2. Principios tributarios e o sistema impositivo vixente
1.3. Lei Xeral Tributaria. Principios e conceptos tributarios
2. Imposición directa: IRPF
2.1. Natureza, obxecto do IRPF e rendementos do traballo
2.2. Rendementos do capital
2.3. Rendementos de actividades económicas
2.4. Ganancias e perdas patrimoniais
2.5. Liquidación do IRPF
2.6. Xestión do imposto
3. Imposición directa: Imposto sobre Sociedades (IS)
3.1. Natureza, obxecto do IS e conceeptos básicos
3.2. Determinación da base impoñible
3.3. Minoracións na base impoñible e na cuota
3.4. Liquidación do IS
1. Albi, E. et al. (última edición). Sistema fiscal español I, Ariel Economía.
2. Albi, E. et al. (última edición). Sistema fiscal español II, Ariel Economía.
3. Manual Práctico de IRPF (última edición). Agencia Tributaria. https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/manuales-practicos.html
4. Manual Práctico de Sociedades (última edición). Agencia Tributaria https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/manuales-practicos.html
- Normativa legal e fontes oficiais actualizadas:
o Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria
o Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas
o Real Decreto 439/2007, do 30 de marzo, Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas
o Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades.
o Real Decreto Lexislativo 5/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Imposto sobre a Renda de non Residentes.
Bibliografía complementaria
-Memento Fiscal. (última edición) Ed. LEFEBVRE
-Memento Fiscal de IRPF. (última edición) Ed. LEFEBVRE
-Memento Fiscal de IS. (última edición). Ed. LEFEBVRE
Competencias básicas
CB2. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos ao seu traballo ou vocación de forma profesional, e que dispoña das competencias necesarias que se adoitan demostrar mediante a elaboración e defensa de argumentos, así como a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que o estudantado teña capacidade para reunir e interpretar datos relevantes, normalmente no ámbito da súa área de estudo, co fin de emitir xuízos que inclúan unha reflexión crítica sobre aspectos sociais, científicos ou éticos.
CB4. Que o estudantado sexa capaz de comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a un público especializado como non especializado, empregando un rexistro adecuado a cada contexto.
CB5. Que o estudantado desenvolva as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
CG3. Ser capaz de identificar, reunir e interpretar datos relevantes relacionados co ámbito empresarial, incorporando na formulación de xuízos e propostas aquelas consideracións de carácter social, científico ou ético que resulten pertinentes.
CG4. Ser capaz de comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución no ámbito empresarial, dirixidas tanto a públicos especializados como non especializados, facendo un uso adecuado da linguaxe oral e escrita, así como dos medios e técnicas propias de representación e presentación de datos da disciplina.
Competencias transversais
CT1. Capacidade de análise e síntese, aplicada á comprensión e abordaxe de situacións complexas no ámbito académico ou profesional.
CT4. Habilidade para buscar, seleccionar, xestionar e utilizar de maneira eficaz a información relevante procedente de fontes diversas.
CT6. Capacidade para identificar, formular e resolver problemas de maneira eficaz, empregando metodoloxías e ferramentas adecuadas.
CT9. Desenvolvemento da autonomía na aprendizaxe, asumindo a responsabilidade do propio proceso formativo e sendo capaz de autoorganizar o estudo e a adquisición de coñecementos.
CT13. Compromiso coa ética persoal e profesional, actuando con responsabilidade social e integridade no exercicio da actividade académica e laboral.
Competencias Específicas:
A3: Comprender a realidade económica nacional e internacional, os sectores produtivos, o sector público, as institucións económicas e a súa evolución ao longo do tempo.
B7: Coñecer e aplicar os sistemas de apoio á dirección, incluíndo as súas funcións de planificación, análise, deseño e implantación dos sistemas de información.
D4: Emitir informes de asesoramento sobre situacións específicas de empresas e mercados, proporcionando recomendacións precisas e relevantes.
D8: Derivar información relevante a partir de datos complexos que serían imposibles de interpretar por non profesionais, facilitando a súa comprensión e toma de decisións.
Docencia expositiva
Para o desenvolvemento do programa da materia conxúgase o método didáctico da clase expositiva, que ten como obxetivo a exposición completa, sistemática e ordeada do contido dos temas e epígrafes descritos con anterioridade; xunto coas clases interactivas, nas que se require da participación e traballo do alumnado.
Docencia interactiva
Despois da docencia expositiva, realizaranse diferentes exercicios nas aulas interactivas. O alumnado ha de manexar a aplicación da aula virtual e o Teams, a través do que se compartirá material, probas, etc. Para elo é requerido o uso de RAI e ter acceso aos equipos informáticos (www.rai.usc.es/).
A avaliación do alumnado basearase na realización de traballos e probas ao longo do semestre, así como nun exame final. O 30% da cualificación final corresponderá ás entregas solicitadas polo profesorado, ás actividades realizadas e á participación nas aulas, tanto nas sesións expositivas como nas interactivas.
O 70% restante da cualificación final obterase a través dunha proba de avaliación final. O profesorado resérvase o dereito a realizar probas de avaliación parciais con carácter liberatorio para cada un dos temas incluídos nos contidos da materia. Estas probas parciais unicamente liberan materia de cara á proba de avaliación final en cada convocatoria.
De acordo co Regulamento de asistencia ás clases das ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela a asistencia ás aulas constitúe un requisito imprescindible para superar a materia mediante o sistema de avaliación xeral. Por este motivo, o profesorado levará a cabo un control de asistencia tanto nas sesións expositivas como nas interactivas. No caso de acumular un 30% ou máis de faltas de asistencia non xustificadas, o alumnado poderá ser excluído do sistema de avaliación xeral, non podendo participar nas probas parciais.
A xustificación das faltas de asistencia deberá presentarse no prazo de 10 días naturais desde a súa produción, achegando a documentación acreditativa conforme ao regulamento vixente. Antes da realización das probas de avaliación da materia, publicarase unha listaxe co alumnado que ten dereito a participar nas probas parciais.
O alumnado repetidor será incluído, por defecto, no sistema de avaliación xeral, salvo que comunique expresamente ao profesorado responsable, mediante correo electrónico e antes do comezo das sesións interactivas, a súa vontade de acollerse ao sistema de avaliación final. Non se admitirán solicitudes fóra deste prazo.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expositivas 31h
Clases interactivas 17h
Titorías en grupos reducidos ou individualizadas 12h
Total horas traballo presencial no aula 60h
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
Estudo autónomo individual ou en grupo 50h
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 25h
Traballos en ordenador, consulta e busca 5h
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar 10h
Total horas traballo persoal do alumnado 90h
Recoméndase que o alumnado se familiarice co manexo de documentación legal e lexislación tributaria. O estudantado debe aprender a manexar as leis dos impostos analizados nesta materia, así como comprender as súas disposicións e aplicación no eido empresarial.
Cómpre lembrar que nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o disposto no Regulamento da USC. Para a avaliación do rendemento académico do estudantado en situación de dispensa, deberá dirixir un email ao profesorado encargado da materia indicando os seus datos e a situación de dispensa.
Maria Cadaval Sampedro
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811664
- Correo electrónico
- maria.cadaval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Santiago Lago Peñas
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- santiago.lago.penas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jaime Gaya Moreno
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- jaime.gaya [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Maria Imelda Capote Martin
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- mariaimelda.capote [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula B |
Mércores | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 08 |
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
Venres | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
11:30-13:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 08 |
17:30-19:30 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula B |
29.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
29.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
29.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
29.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
29.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
29.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3a | Aula A |
29.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3b | Aula A |
29.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula A |
29.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula A |
29.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3b | Aula B |
29.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula B |
29.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula B |
29.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
29.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
29.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
29.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
29.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
29.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3a | Aula B |
03.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
03.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
03.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
03.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
03.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3a | Aula A |
03.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3b | Aula A |
03.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula A |
03.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula A |
03.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |