Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia, de carácter obrigatorio, impártese no segundo semestre do cuarto curso do Grao en Economía e constitúe o complemento necesario da asignatura do primeiro cuadrimestre “Sistema Fiscal Español”.
O seu contido céntrase nos dous principais tributos que afectan ás empresas con personalidade xurídica propia: o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) e o Imposto sobre Sociedades (IS). En ambos casos analízanse os elementos esenciais de cada imposto, así como o proceso de cálculo da cota tributaria.
Ademais, abórdase a xestión administrativa de cada tributo, incluíndo obrigas formais e procedementos de declaración e liquidación, e examínanse as particularidades dos distintos réximes especiais previstos na normativa vixente.
1. Imposto sobre o Valor Engadido (IVE).
Natureza e funcionamento. Feito impoñible. Base impoñible. Suxeito pasivo, tipos, deduccións.
Rexímenes especiais
Xestión do imposto
2. Imposto sobre Sociedades (IS)
Natureza e funcionamento. Ámbito de aplicación. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Base impoñible. Débeda tributaria.
Rexímenes especiais
Xestión do imposto
Código Tributario
Albi, E. et al (última edición): Sistema Fiscal Español I, Ed.Ariel
Albi E. et al (última edición): Sistema Fiscal Español II, Ed.Ariel
Outra normativa tributaria
Durante o curso facilitarase bibliografía complementaria acorde coa temática impartida.
Competencias básicas
CB2. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos ao seu traballo ou vocación de forma profesional, e que dispoña das competencias necesarias que se adoitan demostrar mediante a elaboración e defensa de argumentos, así como a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que o estudantado teña capacidade para reunir e interpretar datos relevantes, normalmente no ámbito da súa área de estudo, co fin de emitir xuízos que inclúan unha reflexión crítica sobre aspectos sociais, científicos ou éticos.
CB4. Que o estudantado sexa capaz de comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a un público especializado como non especializado, empregando un rexistro adecuado a cada contexto.
CB5. Que o estudantado desenvolva as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
CG2. Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestión económicas a nivel xeral e resolver problemas sobre estas cuestión facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade económica, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios da economía.
CG5- Facerse cos coñecementos xerais de economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados en economía e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía e técnicas propias de representación e presentación de datos da disciplina.
Competencias transversais
CT1. Capacidade de análise e síntese, aplicada á comprensión e abordaxe de situacións complexas no ámbito da economía.
CT4. Habilidade para buscar, seleccionar, xestionar e utilizar de maneira eficaz a información relevante procedente de fontes diversas.
CT6. Capacidade para identificar, formular e resolver problemas de maneira eficaz, empregando metodoloxías e ferramentas adecuadas.
CT9. Desenvolvemento da autonomía na aprendizaxe, asumindo a responsabilidade do propio proceso formativo e sendo capaz de autoorganizar o estudo e a adquisición de coñecementos.
Competencias Específicas:
CE1. Coñecer e comprender a natureza da economía e o funcionamento do entorno económico, facendo especial fincapé na parte da economía pública que afecta aos impostos empresariais.
CE2. Dominar os coñecementos e técnicas de análise e representación propias da economía do sector público.
CE3. Coñecer e aplicar ferramentas de análise do ingreso público.
A metodoloxía da ensinanza combina diversas estratexias didácticas co obxectivo de facilitar unha aprendizaxe. Emprégase a clase maxistral para presentar os conceptos fundamentais e ofrecer unha base teórica sólida. Compleméntase coas clases prácticas e interactivas, con actividades complementarias que permiten achegar o alumnado á realidade práctica e actual do sector público estatal, autonómico e local. Nas interactivas trabállase coa normativa tributaria para a liquidación dos tributos autonómicos e locais.
Finalmente, promóvese a aprendizaxe baseada en proxectos ou casos prácticos, fomentando o traballo en equipo, a resolución de problemas e a aplicación directa dos contidos teóricos.
O alumnado ha de manexar a aplicación do campus virtual e o Teams, a través do que se compartirá material, probas, etc. Para elo é requerido o uso de RAI e ter acceso aos equipos informáticos (www.rai.usc.es/).
O sistema de avaliación será continuo e combinará diferentes instrumentos para avaliar o grao de adquisición das competencias do alumnado. Terase en conta a implicación e participación activa nos debates organizados e a observación sistemática do rendemento académico ao longo do curso.
O 10% da nota final corresponde á avaliación continua baseada na asistencia, a participación na aula e na preparación e defensa dos traballos encomendados. Realizarase unha proba parcial de IVE que supón o 30% da nota final. O 60% restante corresponde ao IS que se avaliará no exame final. A superación do exame parcial exime a materia de IVE do exame final; neste caso, o alumnado só terá que presentarse ao exame IS.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases de pizarra en grupo grande. 23h
Clases con ordenador/laboratorio en grupo reducido 13h
Titorías en grupo reducido sen ordenador/laboratorio 9h
Total horas traballo presencial no aula 45h
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
Estudo autónomo individual ou en grupo 50h
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 7,5
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio 5h
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar 5h
Total horas traballo persoal do alumnado 67,5h
Recoméndase que o alumnado realice un seguimento continuado das sesións presenciais, prestando especial atención ás explicacións do profesorado e participando activamente nas actividades propostas. É fundamental complementar o contido das clases coas lecturas recomendadas, que axudan a afondar nos conceptos clave e a contextualizar a teoría na práctica. Así mesmo, a asistencia ás actividades programadas, como conferencias ou seminarios, contribuirá a unha comprensión máis ampla e aplicada da materia. A elaboración rigorosa dos traballos, exercicios e tarefas propostas permitirá ao alumnado consolidar os coñecementos adquiridos, sendo este un elemento esencial no proceso de aprendizaxe e avaliación continua.
Atendendo a este programa o alumnado debe coñecer e comprender a realidade económica nacional e internacional, o sector público, as institucións económicas e a súa evolución, sendo precisos elementos básicos de contabilidade, modelos e técnicas de representación da realidade económica, para poder avanzar no ámbito da economía pública e na elaboración das políticas económicas.
Deste xeito, superadas as materias anteriores do grado e esta mesma, o alumnado debe ser capaz de contribuir á boa xestión da asignación de recursos público e privados, avaliar as consecuencias das distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, para a consecución dun obxectivo. Elaborar ou emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía internacional, nacional ou rexional. Derivar dos datos información relevante non doada de recoñecer por non profesionais e aplicar á análise dos problemas, criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos propios da economía.
Cómpre lembrar que nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o disposto no Regulamento da USC. Para a avaliación do rendemento académico do estudantado en situación de dispensa, deberá dirixir un email ao profesorado encargado da materia indicando os seus datos e a situación de dispensa.
Maria Cadaval Sampedro
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811664
- Correo electrónico
- maria.cadaval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Francisco Negreira Del Río
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- francisco.negreira.rio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Jaime Gaya Moreno
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- jaime.gaya [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
15:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
Mércores | |||
15:30-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
29.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
29.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
29.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
29.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
06.07.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 08 |
06.07.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
06.07.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 08 |
06.07.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 08 |