Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia optativa, impartida no segundo cuadrimestre do cuarto curso, constitúe o peche do itinerario formativo en economía pública no nivel de grao. O seu obxectivo principal é proporcionar ao alumnado unha visión integral da organización e da xestión do sector público desde unha perspectiva económica, combinando fundamentos teóricos con aplicacións prácticas.
A estrutura da materia artéllase en tres grandes bloques temáticos:
1.Análise económica do sector público:
Estúdase o funcionamento do sector público desde a óptica da teoría económica das organizacións, abordando os incentivos, estruturas e comportamentos que definen a súa actuación.
2.Novas técnicas de xestión pública:
Preséntanse enfoques contemporáneos de xestión no ámbito público, con especial atención aos mecanismos cuasi-competitivos, os procesos de privatización e as políticas de regulación. Examínanse ferramentas como a contratación externa, as concesións administrativas e os modelos de colaboración público-privada.
3.Avaliación de políticas públicas:
Abórdase o uso de metodoloxías de avaliación de impacto causal, co fin de medir os efectos das políticas públicas sobre variables de interese e valorar ata que punto se acadaron os obxectivos previstos.
En definitiva, esta asignatura proporciona ao estudantado as competencias necesarias para comprender e analizar criticamente a gobernanza e a eficiencia do sector público, así como para avaliar o deseño e os resultados das políticas públicas.
1. A análise do sector público desde a teoría económica das organización
2. As novas técnicas de xestión pública
2.1. Mecanismos cuasi-competitivos e de mercado
2.2. Privatizacións de empresas públicas
2.3. A independencia dos órganos e axencias de control
2.4. A colaboración público-privada
3. Métodos de avaliación de políticas públicas
3.1. A inferencia causal na avaliación de políticas pública
3.2. O estándar de ouro: A aleatorización
3.3. Os experimentos naturais
3.4. Os modelos de regresión e de emparellamento
3.5. Os métodos cuasi-experimentais: regresión discontinua, diferenzas en diferenzas, variables instrumentais, o método de control sintético
4. A avaliación de políticas públicas: Estudos de caso e exercicios
AIReF (2018-2026): Spending Review. Recurso electrónico abierto https://www.airef.es/es/spending-review/
Albi, E. y Onrubia, J. (2015): Economía de la Gestión Pública: Cuestiones fundamentales, Editorial Universitaria Ramón Areces. (Capítulo 2, Capítulo 6 y Apartado 7.1).
Artés, J. y Rodríguez-Sánchez, B. (2022): “Métodos de evaluación de políticas públicas”, Papeles de Economía Española, 172. Disponible en https://www.funcas.es/wp-content/uploads/2022/06/PEE_172_Joaqu%C3%ADn-A…
Bibliografía complementaria
En cada tema, a través do campus virtual, proporcionaranse referencias a traballos “para saber mais”
Competencias básicas
CB2. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos ao seu traballo ou vocación de forma profesional, e que dispoña das competencias necesarias que se adoitan demostrar mediante a elaboración e defensa de argumentos, así como a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que o estudantado teña capacidade para reunir e interpretar datos relevantes, normalmente no ámbito da súa área de estudo, co fin de emitir xuízos que inclúan unha reflexión crítica sobre aspectos sociais, científicos ou éticos.
CB4. Que o estudantado sexa capaz de comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a un público especializado como non especializado, empregando un rexistro adecuado a cada contexto.
CB5. Que o estudantado desenvolva as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
CG2. Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestión económicas a nivel xeral e resolver problemas sobre estas cuestión facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade económica, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios da economía.
CG5- Facerse cos coñecementos xerais de economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados en economía e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía e técnicas propias de representación e presentación de datos da disciplina.
Competencias transversais
CT1. Capacidade de análise e síntese, aplicada á comprensión e abordaxe de situacións complexas no ámbito da economía.
CT4. Habilidade para buscar, seleccionar, xestionar e utilizar de maneira eficaz a información relevante procedente de fontes diversas.
CT6. Capacidade para identificar, formular e resolver problemas de maneira eficaz, empregando metodoloxías e ferramentas adecuadas.
CT9. Desenvolvemento da autonomía na aprendizaxe, asumindo a responsabilidade do propio proceso formativo e sendo capaz de autoorganizar o estudo e a adquisición de coñecementos.
Competencias Específicas:
CE1. Coñecer e comprender a natureza da economía e o funcionamento do entorno económico, facendo especial fincapé na xestión e gobernanza do sector público.
CE2. Dominar os coñecementos e técnicas de análise e representación propias da economía do sector público.
CE3. Coñecer e aplicar ferramentas de análise e avaliación das políticas públicas para valorar a súa eficacia, eficiencia e impacto social.
A metodoloxía da ensinanza combina diversas estratexias didácticas co obxectivo de facilitar unha aprendizaxe significativa e aplicada. Emprégase a clase maxistral para presentar os conceptos fundamentais e ofrecer unha base teórica sólida. Compleméntase con asistencia a conferencias impartidas por profesionais e expertos do sector, co fin de achegar o alumnado á realidade práctica e actual da xestión pública. Ademais, trabállase con estudos de caso que permiten analizar situacións reais e desenvolver a capacidade crítica. Finalmente, promóvese a aprendizaxe baseada en proxectos ou casos prácticos, fomentando o traballo en equipo, a resolución de problemas e a aplicación directa dos contidos teóricos.
O alumnado ha de manexar a aplicación do campus virtual e o Teams, a través do que se compartirá material, probas, etc. Para elo é requerido o uso de RAI e ter acceso aos equipos informáticos (www.rai.usc.es/).
O sistema de avaliación será continuo e combinará diferentes instrumentos para valorar o grao de adquisición das competencias por parte do alumnado. Realizarase un exame composto por distintos apartados, que incluirán preguntas obxectivas tipo test, cuestións de desenvolvemento, así como a resolución de problemas e exercicios prácticos. Ademais, avaliarase o estudo de casos e a elaboración de traballos e exercicios vinculados coa aplicación dos contidos. Terase tamén en conta a participación activa nos debates organizados e a observación sistemática do rendemento académico ao longo do curso, valorando a implicación, o pensamento crítico e a capacidade de análise do estudantado.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expositivas 31h
Clases interactivas 17h
Titorías en grupos reducidos ou individualizadas 12h
Total horas traballo presencial no aula 60h
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
Estudo autónomo individual ou en grupo 50h
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 25h
Traballos en ordenador, consulta e busca 5h
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar 10h
Total horas traballo persoal do alumno 90h
Recoméndase que o alumnado realice un seguimento continuado das sesións presenciais, prestando especial atención ás explicacións do profesorado e participando activamente nas actividades propostas. É fundamental complementar o contido das clases coas lecturas recomendadas, que axudan a afondar nos conceptos clave e a contextualizar a teoría na práctica. Así mesmo, a asistencia ás actividades programadas, como conferencias ou seminarios, contribuirá a unha comprensión máis ampla e aplicada da materia. A elaboración rigorosa dos traballos, exercicios e tarefas propostas permitirá ao alumnado consolidar os coñecementos adquiridos, sendo este un elemento esencial no proceso de aprendizaxe e avaliación continua.
Cómpre lembrar que nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o disposto no Regulamento da USC. Para a avaliación do rendemento académico do estudantado en situación de dispensa, deberá dirixir un email ao profesorado encargado da materia indicando os seus datos e a situación de dispensa.
Maria Cadaval Sampedro
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811664
- Correo electrónico
- maria.cadaval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Santiago Lago Peñas
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- santiago.lago.penas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
27.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
27.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
27.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
10.07.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 08 |
10.07.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 08 |
10.07.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |