Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 26 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Dotar o estudantado dun coñecemento básico da economía mundial e europea actual como marco en que se insiren as economías española e galega, ámbito no cal as graduadas e graduados en Administración e Dirección de Empresas desenvolverán a súa actividade. En particular, preténdese:
• Dotar de coñecementos e capacidade de interpretación das mudanzas recentes na evolución da economía mundial e europea, con especial atención ao carácter interdependente dos elementos e relacións que configuran esta realidade.
• A comprensión do papel e o funcionamento das institucións económicas internacionais.
• Dotar de coñecemento sobre os conceptos básicos da economía aplicada necesarios para a comprensión do contido da materia.
• A familiarización e comprensión da prensa económica, en especial nos temas referidos á economía mundial e europea.
1. Introdución: enfoque estrutural e indicadores básicos para o estudo da economía mundial.
2. Correntes de pensamento no estudo da economía mundial.
3. Crecemento e cambio estrutural na economía mundial.
4. Desenvolvemento e subdesenvolvemento. Límites ecolóxicos do modelo de crecemento.
5. Comercio internacional. Estrutura, tendencias e marco regulador.
6. Internacionalización do capital produtivo. Investimento estranxeiro e multinacionais.
7. Sistema monetario e financeiro internacional.
8. Procesos de integración económica. A integración europea.
Bibliografía básica
Para cada tema os estudantes disporán, como lectura e material de traballo básico, dos textos necesarios para o correcto estudo dos contidos. Ademais, proporanse algunhas lecturas breves ou a consulta de datos estatísticos e outros seleccionados polo profesorado. Particularmente, será precisa a consulta das seguintes obras:
- Cándido Muñoz, Belén Iráizoz e Manuel Rapún (2020): Introducción a la economía aplicada: magnitudes y cuentas económicas. Civitas Thomson Reuters.
- José María Vidal Villa, Javier Martínez Peinado e Dolors Casares Vidal (2021): Economía mundial, 2.ª edición. McGraw-Hill.
- José Antonio Alonso (director): Lecciones sobre economía mundial. Thomson-Civitas. Última edición dispoñible.
Bibliografía complementaria
- Carlos Berzosa, Pablo Bustelo e Jesús de la Iglesia (coordinadores): Estructura económica mundial. Síntesis, Madrid. Última edición dispoñible.
- Mirem Etxezarreta (2015): ¿Para qué sirve realmente la economía? Ediciones Paidós.
- Pedro J. Gómez Serrano (coord.) (2017): La economía mundial. Enfoques Críticos, Fuhem Ecosocial-Catarata.
- Enrique Palazuelos (dir.) (2015): Economía política mundial. Akal.
- Jaime Requeijo: Economía mundial. McGraw-Hill. Última edición dispoñible.
- Rafael Muñoz de Bustillo e Rafael Bonete: Introducción a la Unión Europea: un análisis desde la economía. Alianza Editorial. Última edición dispoñible.
- Gemma Durán Romero, José Manuel García de la Cruz e Ángeles Sánchez Díez (2013): Estructura económica y relaciones internacionales. Gaceta.
C2. Comprender o contorno socioeconómico, os procesos de desenvolvemento económico, o papel das institucións económicas e o deseño e elaboración de políticas económicas.
C3. Interpretar o contorno histórico, social e institucional da empresa.
HD1. Examinar de maneira crítica datos provenientes de diversas fontes co fin de adquirir coñecementos adicionais e utilizalos para solucionar problemas e tomar decisións.
HD2. Comunicar oralmente e/ou por escrito de forma efectiva, con precisión e claridade, co propósito de transmitir coñecementos, metodoloxías, datos, resultados, dificultades e solucións.
HD3. Traballar en equipo, colaborando de maneira sinérxica.
HD4. Desenvolver a habilidade para a autoaprendizaxe.
CP1. Elaborar informes e proxectos das diferentes áreas funcionais da empresa, de xestión global ou sobre situacións de mercados concretos para a toma de decisións.
O ensino da materia desenvolverase a través de actividades de docencia expositiva e de docencia interactiva, todas elas de carácter presencial. A materia desenvolverase a través dos seguintes métodos e técnicas:
• Lección maxistral: explicación polo profesorado dos contidos da materia (conceptos, compoñentes e procesos estruturais, datos empíricos...) e busca da comprensión do estudantado mediante técnicas de interacción.
• Lectura e debate de textos e novas de actualidade no ámbito da economía.
• Busca e análise de información estatística económica.
• Elaboración e presentación de traballos.
Un soporte esencial está constituído pola aula virtual da materia, na cal o estudantado pode encontrar as instrucións das actividades a realizar e os materiais para traballar en cada unha das sesións de docencia interactiva (enunciado, lecturas e indicacións para a obtención de datos), así como outros materiais relevantes para o seguimento da materia.
A avaliación baséase en:
a) Sistema de avaliación continua, no cal se teñen en conta a asistencia e participación nas aulas e as actividades que se deben realizar ao longo do curso (valorando aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio de conceptos propios da materia e a participación activa).
b) Exame final sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia.
O peso da avaliación continua na cualificación final será o 30 %. O 70 % restante corresponderá á cualificación obtida no exame final. Para superar a materia deberase obter como mínimo o 40 % da nota do exame. A asistencia e a participación valoraranse como un factor máis na avaliación continua.
A dispensa de asistencia está regulada polo Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster. Para o caso do estudantado con dispensa de asistencia recoñecida, a avaliación basearase exclusivamente no exame final sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Traballo presencial na aula:
Docencia teórica: 24 horas.
Docencia interactiva seminario: 26 horas.
Titorización en grupo reducido: 1 hora.
Total horas de traballo presencial na aula: 51 horas.
Traballo persoal do estudante (non presencial): 99 horas.
TOTAL: 150 horas.
Recoméndase o seguimento continuado das aulas presenciais e da bibliografía básica e complementaria sinalada polo profesorado á medida que se desenvolve o programa. Tamén se considera conveniente consultar con frecuencia as principais fontes estatísticas recomendadas polo profesorado co fin de familiarizarse co seu uso e poder aplicar as técnicas de análise necesarias para o coñecemento da realidade económica que é obxecto de estudo.
Recoméndase, así mesmo, a consulta do material complementario que indique o profesorado á medida que este desenvolve o programa da materia. A lectura na prensa das noticias relacionadas co contido da materia debe ser un requisito básico. Xunto co anterior, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problema que puidese xurdir ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe da materia.
Manuel Gonzalez Lopez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811591
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Angeles Pereira Sanchez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- angeles.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Emilio Nogueira Moure
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811581
- Correo electrónico
- e.nogueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Beatriz Valcárcel Aguiar
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811558
- Correo electrónico
- beatriz.valcarcel [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Alexandre Vecino Aguirre
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811591
- Correo electrónico
- alexandre.vecino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:30-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A |
17:00-18:30 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula A |
Martes | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula A |
Mércores | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula B |
Xoves | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula B |
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A |
Venres | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula B |
16:30-18:00 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula A |
09.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 09 |
09.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula 09 |
09.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |
09.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 09 |
09.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula 09 |
09.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula 09 |
09.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
09.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 09 |
09.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula 09 |
09.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
09.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
09.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
09.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
09.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
09.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
09.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
09.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
09.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
26.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 09 |
26.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula 09 |
26.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula 09 |
26.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 09 |
26.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula 09 |
26.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 09 |
26.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula 09 |
26.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
26.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |
26.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
26.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
26.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
26.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
26.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
26.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
26.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
26.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
26.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |