Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía, Socioloxía e Política Agraria
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Proporcionar os coñecementos necesarios para comprender os problemas básicos da xestión das explotacions de leite integrando a información técnica coa económica para a análisis e mellora dos seus resultados:
a)Integrando os conceptos financeieros, operativos, estratéxicos, de mercado y de risco
b)mediante a comprensión dos métodos e instrumentos para a toma de decisions
2. Mellorar as habilidades de pensamento crítico dos estudantes
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
As bases económicas da produción de leite e do mercado e da formación de prezos na cadea de produtos lácteos.
As contas da explotación.
A valoración da situación económica e financeira da explotación a curto e medio prazo.
As análises de tendencias e comparativos na xestión técnico-económica das explotacións.
O asesoramento técnico nas explotacións de vacún de leite.
Estos contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
DOCENCIA EXPOSITIVA (9 horas)
1.O mercado e as políticas agrarias na cadea láctea
2.As bases técnicas e económicas da produción de leite.
3. O inventario da explotación e a organización dos recusrsos produtivos.
4.As contas económicas e financeiras da explotación.
5. O plan estratéxico e xestión estratéxica
6. Análise de tendencia e comparativo na xestión das explotacións de leite.
DOCENCIA INTERACTIVA (12 horas)
-Rexistro de datos nas explotacións de leite
-Elaboración e análise de resultados dunha explotación de leite
-O plan estratéxico
-Análise de grupos de explotacións e xestión de bases de datos
BÁSICA
-BAKER G., GRUNEWALD O., GORMAN W.( 2002). Introduction to Food and Agribusiness Management. Prentice Hall
-BOEHLJE, M. D. e EIDMAN, V. R. (1984). Farm management. John Wiley & Son, - BUCKETT, M., (1988). An introduction to farm organisation and management, 2ª ed. Pergamon Press, Oxford.
-GAUDIN M., JAFFRÊS C., RÉTHORÉ A. (2011). Gestion de l´exploitation agricole. Sciences, Techniques, Applications. Ed Tec&Doc, Lavoisier, Paris.
-OLSON K. (2003). Farm Management: Principles and Strategies. Wiley-Blackwell.
COMPLEMENTARIA
-OLSON K. (2010).Economics of Farm Management in a Global Setting.
Coñecementos
Con04. 1.4 - Coñecemento con sentido crítico de amplo contexto multidisciplinar da enxeñaría e da interrelacción que existe entre os coñecementos dos distintos campos.
Habilidades/destrezas
H/D02. 2.2- A capacidade de concebir novos produtos, procesos e sistemas.
H/D04. 2.4- Capacidade para identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría en áreas emerxentes da sua especialidade.
H/D07. 4.1- Capacidade para identificar, atopar e obter os datos requeridos.
Competencias
Comp35. CEPL01- Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia na xestión técnico-económica de explotacións de leite
Presentación e desenvolvemento dos contidos fundamentais da materia por parte do profesor, mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos dirixidos ao conxunto dos alumnos. Durante as sesións se animará o alumno a participar activamente nas mesmas e mediante a resolución de casos prácticos. (Competencias traballadas: Comp35. CEPL01, Con04. 1.4, H/D02. 2.2, H/D04. 2.4, H/D07. 4.1)
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccional entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da asignatura, e facilitando o acceso á documentación aos estudantes (Competencias Traballadas Comp35. CEPL01)
Asistencia obrigatoria ao conxunto das actividades presenciais que deberá ser superior no seu cómputo xeral ao 75%, con participación activa.
Exame obrigatorio de carácter teórico-practico da dos contidos do programa: 3,0 puntos (30%). Competencias avaliadas: Comp35. CEPL01, Con04. 1.4, H/D02. 2.2, H/D04. 2.4
Asistencia e participación do alumnado nas actividades da aula: 1 punto (10%). Comp35. CEPL01, Con04. 1.4, H/D02. 2.2, H/D04. 2.4, H/D07. 4.1
Presentación e defensa dun traballo (Xestión Técnico-Económica dunha explotación): 2puntos (20%). Comp35. CEPL01, Con04. 1.4, H/D02. 2.2, H/D04. 2.4, H/D07. 4.1
Realización de exercicios propostos durante o curso: 2 puntos (20%). Comp35. CEPL01, Con04. 1.4, H/D02. 2.2, H/D04. 2.4, H/D07. 4.1
Aproveitamento das prácticas: 2 puntos (20%). Comp35. CEPL01, Con04. 1.4, H/D02. 2.2, H/D04. 2.4, H/D07. 4.1
OUTROS DATOS RELEVANTES
Tanto na primeira oportunidade coma na segunda o alumno será avaliado conforme os criterios anteriores. Na segunda oportunidade se conservaran os exercicios e traballo que o alumno houbese superado. No caso de alumnos repetidores se conservarán os exercicios entregados en cursos anteriores, que se repitan no novo curso.
O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título, segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase, se avaliará cun exame final específico que suporá o 70% da cualificación. O 30% restante será avaliado mediante a realización dun exercicio.
O fraude na realización das probas de avaliación comporta o suspenso na convocatoria.
Lectura e preparación de temas 12
Realización de exercicios 12
Prácticas e traballo posterior sobre as mesmas 6
Elaboración de traballos de curso 6
Preparación de probas de avaliación 12
TRABALLO EN AULA 24
TRABALLO PERSOAL 48
AVALIACIÓN 3
Asistencia a todalas actividades docentes.
Consulta da bibliografía recomendada.
Facer uso frecuente das titorías para calquer tipo de cuestión relacionada coa materia. Levar a materia o día.
Iban Vazquez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía, Socioloxía e Política Agraria
- Correo electrónico
- iban.vazquez.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 (Pav.II-PPS) |
Mércores | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula 18 (Pav.II-PPS) |