Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Enxeñaría Agroforestal, Proxectos de Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Saber organizar as actividades e a eficiencia no deseño nos diferentes sistemas de produción das explotacións de vacún leiteiro.
Competencias específicas: coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en sistemas de produción e organizacióndo traballo.
A memoria do título considera para esta materia os seguintes contidos:
Sistemas de produción extensivos de vacún de leite: sistemas en base a pastos, sistemas con baixo contido en concentrado. Sistemas de produciónintensivos de vacún de leite: sistemas unifeed, mestura seca, mestura húmida, sistemas “solo penso”. Eficacia e eficiencia técnica-produtiva. Calidade devida. Organización de equipos de traballo. Análise de eficiencia. Organización e planificación. Organización das instalacións da explotación. Riscos laboraisnos labores agrarios. Seguridade e saúde nas explotacións de vacún leiteiro. Seguros.
Estes contidos desenvolveranse acorde ao seguinte temario:
1.-DOCENCIA EXPOSITIVA (9 horas)
Sesión 1: Evolución nos sistemas de produción (1 h).
Sesión 2: Sistemas Produtivos: tipificación e caracterización (1 h).
Sesión 3: Sistemas Produtivos: normativa de aplicación, avaliación do benestar animal (1 h).
Sesión 4: Mellora da eficiencia no deseño (1 h).
Sesión 5: O medio ambiente nos sistemas de produción (1 h).
Sesión 6: Evolución e mellora en sistemas de traballo na explotación leiteira (1 h).
Sesión 7: Enxeñaría de métodos (1 h).
Sesión 8: Riscos laborais nos labores agrarios (1 h).
Sesión 9: Planificación das actividades nunha explotación (1 h).
2.- DOCENCIA INTERACTIVA (12 horas)
Práctica 1: Avaliación do benestar animal (2 h).
Práctica 2: Requisitos normativos e eficiencia no deseño en planta (2 h).
Práctica 3: Optimización da explotación respecto a variables ambientais (2 h).
Práctica 4: Análises de riscos nunha explotación gandeira (2 h).
Práctica 5: Descomposición dun proceso habitual na explotación (2 h).
Práctica 6: Programación do proceso produtivo con Project (2 h).
3.- TITORÍAS EN GRUPO (3 horas)
Tutoría 1: Programación de actividades, prácticas e traballo de curso.
Tutoría 2: Seguimiento das actividades.
Tutoría 3: Seguimiento das actividades.
Adicionalmente considerarase unha práctica de campo voluntaria (non avaliada) na que o alumnado visitará ou ben o CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, A Coruña) ou ben unha ou dúas granxas, para coñecer de primeira man como abordan a organización do traballo nas súas instalacións gandeiras.
Traballo non presencial (orientativo):
Lectura e preparación de temas (10 h).
Preparación de actividades prácticas (15 h).
Elaboración de traballos de curso (15 h).
Preparación de actividades de avaliación (9 h).
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Bickert, W.G. (et al.). (2000). Dairy freestall: housing and equipment. Ed. Midwest Plan Service, Ames, Iowa.
- Blanco, I.; Cantalapiedra, J.J.; Carreira, X.C.; Fernández, Mª.E.; Mariño, R.; Méndez, M.; Pereira, J.M.; Pérez, X.C.; Veiga, J.A.; Torres, M.L. (2013).Benestar animal e instalacións. Gando vacún leiteiro. Xunta de Galicia. Consellería do Medio Rural e do Mar. Santiago de Compostela.
- BTPL (Bureau Technique de Promotion Laitière). 2011. Le logement du troupeau laitier. Ed. France Agricole, Paris.
- Callejo Ramos, A. (2009). Cow comfort. Ed. Servet, Zaragoza.
- Callejo Ramos, A. (2016). Bioseguridad en las granjas de vacuno de leche. Ed. Servet, Zaragoza.
- Van Waveren W. (2009). Cost comparison report. (3º part) European Dairy Farmers Congress 2009. Quality of Life and Labour Management in DairyFarming. 24 to 26 June, Cork, Ireland.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Carreira Pérez, X. C. (1996). Aloxamentos para gando vacún de leite. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
- Donham, K.J.; Thelin, A. (2016). Agricultural medicine: rural occupational and environmental health, safety, and prevention. Ed. John Wiley & Sons,Hoboken, New Jersey.
- Iglesias Vázquez, C.; Rega Piñeiro, J. (coord.) (2010). Prevención de riscos laborais no agro galego. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
- International Labour Office. (2011). Safety and health in agriculture ILO code of practice. ILO, Ginebra.
- Levallois, R. (2018). Gestion de l'entreprise Agricole: de la Theorie a la Pratique. Ed. Presses de l’Université Laval, Quebec.
- Palmer, R.W. (2001). Dairy modernization planning guide. Dairy Business Communications, cop.
- Proceedings from Building freestall barns and milking centers: methods and materials Conference (2003). Natural Resource, Agriculture and EngineeringService, Ithaca.
- Proceedings from Dairy Housing and Equipment Systems: mananaging and planning for profitability Conference (2000). Natural Resource, Agricultureand Engineering Service, Ithaca
Coñecementos:
Con04. 1.4 - Comprensión crítica do amplo contexto multidisciplinar da enxeñaría e das interrelacións existentes entre coñecementos de diferentes ámbitos.
Habilidades/destrezas:
H/D03. 2.3 - Capacidade para identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría incompletamente definidos e/ou conflitivos que permitan diferentes solucións válidas, requirindo a consideración de coñecementos máis aló do específico da disciplina, e tendo en conta as implicacións sociais, sanitarias e de seguridade, ambientais, económicas e industriais; seleccionando e aplicando os métodos analíticos, de cálculo e experimentais máis axeitados, así como os métodos máis innovadores para a resolución de problemas.
H/D04. 2.4. - Capacidade para identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría en áreas emerxentes da súa especialidade.
H/D12. 5.2. - Competencias prácticas, como o uso de ferramentas informáticas para resolver problemas complexos, realizar proxectos de enxeñería complexos e deseñar e dirixir investigacións complexas.
H/D15. 6.2. - Capacidade para xestionar actividades ou proxectos técnicos ou profesionais complexos que requiran novos enfoques, asumindo a responsabilidade das decisións tomadas.
Competencias:
Comp24. CE17 - Coñecemento e capacidade adecuadas para desenvolver e aplicar tecnoloxía propietaria nas linguaxes e técnicas propias da organización e xestión da empresa agroalimentaria.
Materia cuatrimestral, con 9 horas de clases maxistrais. As prácticas realízanse en grupos de 20 estudantes, con aplicación de metodoloxías e técnicas acasos concretos. Realízanse 6 sesións de prácticas de laboratorio (de 2 horas cada unha). As clases prácticas consisten en clases na aula de informáticanas que se abordarán problemáticas de orde técnica, de aplicación para o alumnado no desenvolvemento da súa vida profesional. Así mesmo contémplanse tres horas de titorías en grupos reducidos nas que os/as alumnos/as abordarán conxuntamente problemas da temática abordada.
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumnado e profesor, imprimindo axilidade ádocencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumnado.
As metodoloxías de ensinanza aplicadas serán:
Leccións maxistrais participativas. Seminarios e conferencias. (Resultados: Con04. 1.4, Comp24. CE17, H/D15. 6.2)
Prácticas de laboratorio ou campo. Prácticas de aula informática. (Resultados: Con04. 1.4, H/D03. 2.3, H/D12. 5.2.)
Resolución de problemas. Elaboración e presentación de traballo/s de curso. (Resultados: Con04. 1.4, H/D03. 2.3, H/D04. 2.4., Comp24. CE17)
Tutorías individualizadas e colectivas.
Traballo autónomo e estudo independente do alumnado.
O sistema inclúe unha avaliación continua (asistencia e participación activa e realización de exercicios e de traballos de curso) combinada cunha probafinal (complementaria á avaliación continua), tal e como se describe a continuación:
- Asistencia e participación activa (20%) (Resultados avaliados: Con04. 1.4, H/D03. 2.3, H/D04. 2.4)
- Proba escrita (50%) (Resultados avaliados: Con04. 1.4, H/D03. 2.3, H/D04. 2.4.)
- Realización de exercicios (10%) (Resultados avaliados: Comp24. CE17, H/D12. 5.2., H/D15. 6.2.)
- Traballos entregados/expostos (20%) (Análise de condicionantes de modelos de produción – con manexo de información bibliográfica e técnica en linguas estranxeiras) (Resultados avaliados: Con04. 1.4, H/D03. 2.3, H/D04. 2.4.)
Observacións:
O sistema de avaliación será o mesmo na primeira convocatoria e na segunda convocatoria de cada curso, tanto para alumnado de primeira matrícula como alumnado repetidor. Para superar a materia haberá que acadar unha puntuación de 5 sobre 10 na suma de todos os apartados do sistema de avaliación. Tamén para todo o alumnado, as cualificacións obtidas en calquera dos apartados do sistema de avaliación terán validez en todas as convocatorias do curso académico na que se acaden, e non terán validez nos cursos subseguintes.
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia a clase pola Comisión de Título segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase, para aprobar a materia deberá realizar a proba escrita (exame que suporá o 80% da cualificación final e obter nel unha puntuación de 5 sobre 10) na data oficial fixada polo Centro e facer un traballo de curso (que suporá o 20% da cualificación final e debendo acadar nel unha nota mínima de 1 punto sobre 2).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O/a alumno/a recibirá 9 horas de docencia expositiva e participará en 12 horas de prácticas (docencia interactiva). Ademais contemplaranse tres horas presenciais de titorías en grupos reducidos. Adicionalmente o/a alumno/a deberá desenvolver traballo adicional non presencial, preparando documentación para as clases presenciais, realizando traballos e exercicios da materia, preparando a proba escrita obxecto de avaliación e realizando dita proba. A estas tarefas dedicaranse 51 horas de traballo persoal.
. Asistencia a todas as actividades docentes.
. Consulta da bibliografía recomendada.
. Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
Observación: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
María Elena Fernández Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- melena.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
José Francisco Vaamonde Longueira
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- josefrancisco.vaamonde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 18 (Pav.II-PPS) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Aula 18 (Pav.II-PPS) |