Ir o contido principal

Este curso de verán propón reflexionar, dende unha perspectiva multidisciplinar, sobre o papel da amizade en redes e nas relacións sociais dinámicas contemporáneas nas que esta adquire unha dimensión especificamente política e transformadora ademais de afectiva. A través da amizade impúgnanse as fronteiras do xénero, parentesco, sexualidade, racialización, idade ou clase social. Analizaranse as relacións de amizade entre mulleres, as disidencias sexuais e de xénero e outros colectivos subalternizados como ferramenta para o sostemento da vida, as estratexias para sobrelevar as vulnerabilidades e o cuestionamento das desigualdades sociais, así como as estratexias de apoio mutuo, a corresponsabilidade e a reciprocidade baseadas na amizade e no feminismo.