Ir o contido principal

Este curso de verán ofrecerá unha aproximación integral ás múltiples formas de abordar a morte en contextos arqueolóxicos e históricos, desde a Prehistoria ata a Tardoantigüidade. O obxectivo é comprender as diferentes formas nas que as sociedades do pasado representaron, xestionaron e ritualizaron a morte a través de ósos, pedras, cerámica e textos, así como analizar a morte desde unha perspectiva interdisciplinar, integrando enfoques arqueolóxicos, históricos e bioantropolóxicos.