Ir o contido principal

Este curso estudará o fenómeno interpretativo dende os puntos de vista xurídico e musical. Analizarase a normativa (civil, penal, laboral e administrativa) que afecta a músicos e organizadores de eventos musicais, tanto da música clásica como da moderna; estudarase a nova lei sobre ensinanzas musicais e compararase coa regulación previa e, finalmente, utilizarase un instrumento, o órgano, como vehículo do discurso interpretativo.